PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 4 – CD SANTABALLÉS 0
Triunfo rotundo no derbi no Poboado
Importante vitoria do As Pontes na súa pelexa por evitar o descenso no que tras tres empates no que vai de tempada hoxe foi claramente superior no derbi co Santaballés.
Pronto se adiantaban por medio do goleador Lucki, que xa leva oito, o que máis do equipo, incorporado en inverno, e antes do descanso Sergio dribla no borde da área a un defensa e acaba marcando ante a saída do porteiro.
Remataron a conta no segundo tempo Dani Bellas tras disparar cruzado un centro dende banda dereita e o recén saído Iván que cabeceou ao fondo das mallas unha xogada de estratexia.
Boiro 19, Xallas 17, As Pontes 15, Santaballés 7, Escairón 1, último clasificado que visita o Poboado na vindeira xornada, que non ten fortuna este ano co equipo pontés pois perdeu 0-5, 3-0 e 0-4.
LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 1 – RACING DE FERROL B 2
Derrota no derbi na mañá soleada de sábado no Anexo Jose
Derrota do Xuvenil pontés 1-2 na mañá soleada deste sábado no derbi ante un Racing de Ferrol B que puxo terra de por medio con dous goles consecutivos tralo descanso e pese a que os locais pouco despois recurtaron distancias por medio de Javi nun penalti no que ademais os verdes quedaban cun menos non tiveron fortuna tan sequera para lograr o empate nos 40 minutos restantes.
Boiro 20 e Racing B 16, con 10 queda o As Pontes, 8 Dumbría e 7 Conxo B. Próxima xornada descanso, seguinte visita ao Boiro, para pechar a liguiña na casa ante o Conxo B.
Nova cortesía Xose Ferreiro
—
TERCEIRA VETERANOS CORUÑA. CD AS PONTES 3 – CD SAN MARTIÑO SD 0
Partido sábado á tarde no Evaristo Puentes
Vitoria do equipo pontés 3-0 ante o San Martiño, tantos de Púas, e dous de Iván Ferreiro, fronte ao quinto clasificado, o conxunto de Cerceda.
A semana pasada foi unha xornada agridoce, o As Pontes perdía seu primeiro partido na casa do terceiro, Batallador, 1-0, mentres o Sigras gañaba 1-2 no derbi ante o Cambre, cuarto, en ambos casos nos derradeiros minutos.
Isto fixo que o Sigras (48) adiantase na clasificación ao As Pontes (47), nun caso ben curioso porque o conxunto blaugrana gañou 16 partidos e so perdeu os seis puntos de ambos enfrontamentos co As Pontes, 3-2 e 1-7, no inicio de cada volta, pero semella complicado perda algún partido de aquí ao final.
Aos azuis quedanlle a complicada visita a Cambre, Ural Español e Rodis e un único encontro na casa ante Gaiteira veteranos.
LIGA FERROL FEMININA. CD AS PONTES 2 – SCD A CAPELA 0
Vitoria no derbi este venres á tarde no Evaristo Puentes
Vitoria do equipo feminino 2-0 no derbi ante A Capela no encontro que poñía fin á Liga no que respecta aos partidos como local no Puentes Durán.
No primeiro período Carol adiantaba de penalti ás locais e no segundo tempo poñía terra de por medio Paula Baamonde co segundo tanto. Entremedias destacar unha ocasión moi perigosa das verdibrancas que salva o pulmón Yoli, que está a todos os balóns, a Marta Torrejón do equipo azul, baixo paus.
O As Pontes suma 18 puntos, por 20 do previsible campión Maniños, e 13 do Caranza, equipo co que presumiblemente se xogarán o segundo posto na derradeira xornada.
Aínda cun último partido e a Copa pendente, moi boa temporada do cadro de Iván, Alex e Cascudo, sobre todo ao ter que contar con poucos efectivos partido tras partido.
Que tempos aqueles, apenas en 2008, con tanto gusto feminino pontés polo balonpé que houbo que facer equipo de fútbol once e fútbol oito, con preto de 40 cativas.
Así que ben polas que sacaron a tempada e o equipo adiante. Xogaron, a gran Silvia de porteira, Yoli, Indira, Noelia, Paula Castro, Carlota, Carolina e Paula Baamonde.
Nova cortesía Xose Ferreiro
—
SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-CIDADE DE NARÓN (1-4)
Derrota do Esteo antes de pechar a Liga en Santiago
Afrontaba o Esteo a derradeira xornada como teórico local, si ben é certo que nesta campaña xogou os 30 partidos de Liga todos a domicilio, trece deles nas Somozas.
Pero no derbi deste sábado o dominador foi o Cidade de Narón, que xa marchou ao descanso con 0-2 en ambos despistes defensivos, no primeiro nun doble remate so de Guillermo no que Failde fixo o que puido, e o segundo nunha xogada de estratexia que anotou completamente so Diego co tempo cumprido.
A pesar de recurtar distancias Troncho a pouco do reinicio, o segundo tempo so serviu para que o equipo azul aumentase o marcador con tantos de Pablo e o ex pontés Jacobo, e case igualase a ventaxa de catro goles do Esteo na ida.
Complicada situación do equipo pontés de cara a entrar no play off, no que necesitaría gañar na capital galega ao histórico Santiago, segundo, pois o Segosala está a un so punto e recibe a un Ribeira que non se xoga nada. Si ben é certo que tal e como comezou a Liga o equipo pontés a temporada xa está máis que conseguida.
CIDADE DE NARÓN. Buxía, Diego, Brais, Rubén, Jacobo – Eric, Guillermo, Roberto, Iván, Fernando, Pablo.
GOLES. 0-1, Guillermo (17´), 0-2, Diego (20´). 1-2, Troncho (22´), 1-3, Pablo (33´), 1-4, Jacobo (37´).
Incidencias. Amarelas a JFailde, Héctor, Guillermo. Expulsado con doble cartón Guillán (39´). Máis de 100 espectadores no Pavillón das Somozas.
Nova cortesía Xose Ferreiro
—
PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – XALLAS FC 1.
Taboas entre o segundo e terceiro clasificado
Empate entre As Pontes e Xallas de Santa Comba no encontro disputado na tarde de hoxe no Poboado. Rápido chegaron os goles, por medio Carlos e despois empatou Lucki, apenas alcanzado o cuarto de hora de partido, que nin un nin outro equipo souberon resolver ao seu favor.
Con Boiro xa virtualmente salvado (19), Escairón descendido (0), e alonxado o Santaballés (6), semella que As Pontes (12) e Xallas (11), se van xogar a segunda, e sobre todo a terceira praza, con posible arrastre, dependendo tamén dos puntos que fagan os terceiros dos outros grupos, de momento Pobra (9) e Boimorto (10).
Comezaba esta temporada 2021-22 o CD As Pontes con 3459 goles anotados en partidos oficiais, e rematada a longa primeira fase alcanzabanse os 3496, Lucki anotaba o 3497 en Santa Comba, e Toni de penalti facía o 3498 ante o Santaballés.
Había moitas posibilidades de alcanzar a cifra redonda en Escairón, e vaia si a houbo, que se conseguiron catro goles. Pero o destino fixo que non fora Moreda co primeiro, Iván co terceiro, nin Traba co cuarto. Na comarca de Lemos, foi o segundo, anotado por Lucki, o que supuxo o gol 3500, e o seu sexto tanto como azulón en 14 partidos.
Sucede asi o friolés Diego Fraga Fraga ao irmanísimo Javi Rochela, autor do gol 3.000. O gran lateral dereito non se prodigaba moito en tarefas ofensivas, e co primeiro equipo “so” anotou tres goles en cinco campañas, os tres na 2013-14. Fora o primeiro tanto anotado nun As Pontes 4 – Laracha 2, que se internou por banda dereita, batendo por baixo ao porteiro larachés, un 4 de Xaneiro de 2014, víspera de Reis, co que se alcanzou esa máxica cifra.
I é que os goles conmemorativos do As Pontes parecen ser cuestión de familia, de Javi, irmán de David, Campión Europeo e Subcampión Mundial Sub17, pasamos ao gran medio centro Edgar Alvariño “Edi”, gran parte da súa carreira no Somozas, que anotara o tanto 2.500 nun Sarriana 0 – As Pontes 1, xogado en 2005. Curiosamente o tanto 1.000 marcarao seu pai, o mítico Juan “Recemel”, nun Rápido de Neda 1 – Endesa 4, o terceiro gol desa tarde de 1978.
Outros tantos históricos, o 2.000, anotarao o bravo centrocampista coruñés Ramiro, un dos mellores xogadores da historia deste clube, nun 3-0 ao Deportivo B en 1995, o primeiro gol dese partido, no ano que se gañou a Liga de Terceira, a segunda trala de 1987, e se ascendeu a Segunda B.
O gol número 1.500 marcarao Aneiros, nun Endesa 3 – Lemos 0, o terceiro gol dese día, en 1986, ano da fatídica eliminatoria de ascenso a 2ªB co Polideportivo Almería, e o 500 fora nun Arcade 0 – Calvo Sotelo 7, o sexto dese encontro, aínda que non hai constancia dos goleadores dese partido de 1970.
Esta fin de semana na primeira proba da Copa do Mundo
Xenial o arqueiro pontés Miguel Alvariño García que sumou este domingo un novo éxito ao seu palmarés co ouro na Copa do Mundo de Antalya (Turquía).
Xa nas calificatorias Maikel marcara o segundo mellor rexistro con 673 puntos, so un por debaixo do representante de Taipei, Chih Chun Tang.
Nas roldas eliminatorias Maikel foise desfacendo sucesivamente do sueco Sjoberg (7-3), o finés Vikstrom (6-2), o puertoriqueño Muñoz (6-4), o belga De Smedt (7-3), o gran Brady Ellison (6-5, 10-9 na frecha de desempate) nas semifinais, e cun sobrado 6-0 ao australiano Tyack na gran final.
A piques estivo de lograr outro éxito en forma de metal na proba mixta, coa catalana Elia Canales, pero tras gañar a Francia (5-4) e China Taipei (5-3), caeron coa posterior campiona India en semifinais (3-5) e con Estados Unidos (3-5) na loita polo bronce.
Na competición por equipos, Alvariño, Acha e Ken Sánchez (por desgraza Dani foi o cuarto dos españois), perderon na primeira eliminatoria 6-0 con Ucraina.
Empate sen goles no encontro disputado na tarde de hoxe no Campo do Poboado. Fixo algo máis por levar os tres puntos o As Pontes, pero ao final o empate podese dar por bo.
Por parte local resaltar unha boa xogada de Berto que pica o balón ante a saída dun defensa e remata a rentes do pau, unha acción na que aparecen compeltamente sos no segundo pau Berto e Criado, e este último remata a medio metro da porta salvando in extremis Juan. O propio Criado non alcanza a rematar un perigoso centro de Brais que se pasea pola área pequena.
Tamen resaltar un bo disparo de Lucki, o autor do gol 3.500, do que falaremos, que rexeita un defensa baixo paus. Pero nesa tesitura tamén tiveron dúas moi claras os visitantes, un remate no primeiro tempo de Piñeiro que salva Berto sobre a liña, e unha ocasión moito máis clara do propio xogador, completamente so, preto do final, na que está Paco salvador.
Xogaron Paco, Criado (Moreda 83´), Berto, Iván (Montes 60´), David, Traba, Lucki, Toni, Vilela (Brais 65´), Sergio (Jaime 65´), Bellas (Edgar 76´). Polos visitantes Juan, Paco, Pablo (expulsado no 88´), Borja, Saviola, o ex azul Eloy, Romero, Suso, Juanma (Astray 77´), Jon (Calo 77´), Piñeiro (Luis 88´).
Reparto de puntos que deixa ao Boiro con 16 virtualmente salvado, e transcendental partido que se xogará a vindeira semana entre As Pontes (11) e Xallas (10).
Nova cortesía Xose Ferreiro
—
LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 1 – CD BOIRO 5
Derrota de Venres Santo no Campo Anexo Jose
Mal partido do Xuvenil pontés que perdeu este Venres Santo ante o Boiro por un contundente 1-5, tanto da honra de Samuel Seco.
Pouca oda ao fútbol fixo o equipo azul xusto hoxe que se cumprían 15 anos do ascenso do Xuvenil pontés a División de Honra tras gañar 3-1 ao Racing de Ferrol. Lonxe quedaron eses tempos.
Lidera Boiro con 14 puntos, virtualmente salvado, por 10 do Racing B, 7 de Conxo B e As Pontes e 2 do Dumbría.
A Federación Galega non perdoou a Semana Santa tanto ao Xuvenil como ao equipo Senior, que gañou 0-4 en Escairón logrando o gol 3.500.
PREFERENTE NORTE. CD SANTABALLÉS 1 – CD AS PONTES 1
Terceiro empate da temporada no derbi
Reparto de puntos e 1-1 no derbi disputado nesta tarde soleada de hoxe no Campo da Liga entre Santaballés e As Pontes.
Na primeira metade dominou máis o cadro local pero o As Pontes marchou ao descanso con ventaxa tras unha zancadilla dun defensa local sobre Moreda que acaba en penalti transformado por Toni (30´).
Na segunda metade seguía apretando o cadro local pero o As Pontes tivo varias para sentenciar, como unha xogada na que Brais queda só ante Ivo que se lle bota encima, un balón morto que casi empala Iván na área pequena ou un centro de Criado que se pasea pola área, balón ao que non chega Lucki.
Pero nos últimos minutos o Santaballés foi con todo a polo empate xaleado polo público, e acabou empatando co tempo cumprido nunha xogada de estratexia na que remata Palomo só ante Paco. Anteriormente o ex xogador azul Miguel Casas picou ante a saída do gardameta ferrolán pero o balón marchou por pouco.
Gran entrada cuns 200 espectadores. Quinto encontro oficial entre ambos equipos e cuarta igualada, cun único 0-4 en Santaballa en 2010. Quedan Boiro con 12 puntos, Xallas e As Pontes con 7, Santaballés con 6, e pecha Escairón aínda sen puntuar, feudo que visitará o As Pontes en unha semana.
LIGA CADETE FERROL. CD AS PONTES 2 – RACING SAN PEDRO 1
Vitoria pontesa no último encontro na casa
O Cadete pontés do As Pontes gañóu este venres 2-1 ao San Pedro, con goles de Yeray e Tadios no último suspiro.
Lidera Eume xa campión con 25 puntos, por 19 de O Val, e 15 de As Pontes. Próxima visita último partido en Neda.
Nova cortesía Raimundo Carballo
—
LIGA VETERANOS. MUEBLES EUME 5 – LA GALAXIA VENUS 1
O líder toma distancia tralo duelo entre os dous primeiros clasificados
Este domingo á mañá enfrontabanse líder e colíder da Liga pontesa de Veteranos con clara vitoria do Muebles Eume por 5-1. Noutros marcadores da xornada Estanco Mari Carmen segue apretando tras gañar 5-0 a Jeycar, MMYPEM gañou 3-0 a As Pontes 74, e Farmavida logrou a súa primeira vitoria 3-0 ante o Bar Encanto.
Lidera Muebles Eume con 28 en nove vitorias por un so empate, seguido por La Galaxia Venus con 25, Estanco Mari Carmen con 24, e A Cepa ten 21. En zona intermedia, MMYPEM 13, e 12 para Bar Encanto Lecar 712. Por abaixo Jeycar suma 5, 4 para As Pontes 74, e cos seus tres primeiros puntos pecha Farmavida.
LIGA FERROL FEMININA CD AS PONTES 4 – CD ROSALÍA 2
Sufrida vitoria 4-2 do equipo feminino ate o Rosalía de Vilaboa.
Sufrida vitoria 4-2 do equipo feminino ante o Rosalía de Vilaboa. Pese a comezar perdendo ao pouco do inicio, un bo tanto de Paula, que xa tivera unha ocasión antes, de forte disparo ao primeiro pau, e unha cabezada de Indira tras corner poñían o 2-1 antes do chegar ao descanso.
Trala reanudación Carol transformaba un penalti tras agarrón a Paula, pero as visitantes recurtaban distancias noutro penalti, neste caso máis sibilino, que acerta Iria pero non consigue despexar. Xa co tempo cumprido o pulmón do equipo Yoli anotaba o 4-2 definitivo.
Tres valiosos puntos para afianzar a segunda praza con 11 antes de visitar ao Discalzas. Xogaron Iria, Yoli, Indira, Noelia, Paula, Carlota, Carolina e Uxía.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
TERCEIRA VETERANOS CORUÑA. CD AS PONTES 3 – CARNOEDO DM SADA 0
O As Pontes afianza o liderato unha semana máis
Boa vitoria do As Pontes ante o cuarto clasificado nun encontro que xa quedou sentenciado na primeira metade cos tantos de Borja Pellón (2) e Iván Ferreiro.
O equipo pontés de veteranos suma doce vitorias por tan so dous empates, precisamente na ida ante o rival de onte, e na casa co Batallador.
O equipo azul manten un man a man pola primeira praza co Sigras, equipo ao que, con 38 puntos, aventaxa en dous, pero ten o goal average máis que gañado, 3-2 e 1-7. Equipo de Oleiros que, todo hai que dicilo, non deixou escapar un punto do terceiro para abaixo.
Con oito encontros para o remate da Liga, próxima visita derbi, o único da Liga, ante a Cultural Maniños. Na ida, 6-0.
O Esteo situase na cuarta praza no play off con catro puntos de ventaxa
Gran e sufrida vitoria do Esteo 3-2 ante o Ribeira de Piquín para apuntalar a cuarta praza e deixar ao quinto clasificado a catro puntos.
No décimo segundo encontro dos ponteses nesta tempada nas Somozas comezaban adiantándose pronto cun tanto de Jhony axustado ao pau tras pase de Cokito, e pouco despois era Troncho quen empalaba un balón morto ao fondo das mallas tras un primeiro disparo de Guillán.
Asi se chegou ao descanso. No segundo período os de Marcos e Senén contemporizaban o marcador ata que faltando poucos minutos anotaba Christian tras un balón que desviaba un defensa e despistaba a Failde. Pero pouco despois voltaba a ampliar o marcador Héctor.
Houbo que sufrir ata o final, pois Fucho reducía o marcador ata o 3-2 definitivo pero xa co tempo cumprido, e os ponteses sumaban unha nova victoria que os sitúa con 48 puntos antes de visitar ao Racing de Mieres.
Incidencias. Amarelas a Troncho, Fucho, Christian, Javier. Máis de 100 espectadores no Pavillón das Somozas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
LIGA FERROL FEMININA. CD AS PONTES 1 – SCDR GALICIA DE CARANZA 0
Partido nocturno este venres no campo artificial
Bo triunfo do equipo feminino ante o Caranza, ao que gañou 1-0 comezado o segundo tempo cun tanto nunha disputa entre Indira e a porteira, a parte dun bo disparo de Carlota que marchou por riba do longueiro. Polas caranceñas destacar un tiro ao longueiro e un gol anulado por falta á porteira.
O conxunto hoxe de Cascudo remata a primera volta no segundo posto con 8 puntos, reiniciando a segunda volta recibindo ao Rosalía de Vilaboa. Xogaron Iria, Yoli, Indira, Noelia, Paula, Carlota, Carolina e Silvia.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
LIGA CADETE FERROL. CD AS PONTES 3 – EUME DEPORTIVO CF 6
Partido este sábado á tarde no Anexo Jose
Triunfo convincente do líder Eume este sábado á tarde no Campo Anexo Jose por 3-6, goles de Mateo (2) e Antón, ante un conxunto pontés que estivo máis atinado de medio campo cara arriba que hacia atrás.
Os de Pontedeume consiguen a súa 15ª vitoria consecutiva nesta campaña. Deuse a curiosa circunstancia de que xogaron con unha das segundas camisolas do As Pontes.
Os locais, que nesta campaña suman 9 triunfos por 3 derrotas e 3 igualadas, marchan terceiros neste grupo dos mellores con 12 puntos antes de visitar ao Caranza B, cuarto con 10.
SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-LEIS PONTEVEDRA FS (4-2)
O Esteo situase cuarto e garante a salvación
Gran vitoria do Esteo 4-2 ante o Leis de Pontevedra para apuntalar a cuarta praza e pelexar polos postos de play off nestas seis xornadas restantes, pero sobre todo para garantir a salvación no peor dos casos con 41 puntos, que non é pouco para un equipo que chegou a ir de último.
Nun encontro no que visitaba Somozas o histórico Leis de Pontevedra que xogara na Primeira División na 2007-08, empatado a puntos cos ponteses, adiantabanse os de Marcos e Senén tras un forte disparo de Alberto, e a poucos segundos do descanso era Héctor quen marcaba internándose polo segundo pau. Entremedias empatara Simón dun bo disparo pola escadra.
Na segunda parte o Esteo adicouse a manter a ventaxa con apenas ocasións de perigo visitante ben desbaratadas polo gardameta, ata que a falta de sete minutos sorprendía Saúl cun disparo a media altura a MFailde.
Pero cando parecía que o encontro camiñaba cara a igualada, Jandro, e Héctor ao borde do final poñían o 4-2 en sendas contras para os locais, que se sitúan cuartos con 41 puntos antes de visitar ao perigoso Universidad de Valladolid.
Gran partido con animación e agasallos nas Somozas, con moita cativería por primeira vez, i é que por desgracia a rapazada nesta campaña 2021-22 non puido disfrutar de fútbol sala en As Pontes.
Incidencias. Amarelas a Héctor, Troncho, JFailde, Joni, Álvaro, Adri. Máis de 100 espectadores no Pavillón das Somozas.
Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández
—
PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – RIBADEO FC 1
Inxusta derrota do As Pontes no último minuto
Derrota dolorosa do As Pontes na tarde de hoxe ante o Ribadeo, que coma na ida, voltou gañar no último minuto.
O segundo período foi de total dominio local, e sen ter ocasións moi claras, si cabe resaltar dous lanzamentos por riba de Bellas, unha cabezada de Brais por riba do longueiro, un man a man de Moreda e outro de Lucki co gardamallas visitante, ou un balón que se pasea pola área pequena que termina en remate bombeado de Sergio.
O Ribadeo buscaba as contras, sen apenas perigo, pero foi expulsado Criado no desconto, e ir todo o equipo local cara arriba que quedou a retaguardia desguarnecida e no último suspiro anotou completamente só Santi ante Paco, que salvara outra antes, e nada puido facer.
O equipo da Mariña fixo o Agosto esta campaña co pontés, pois xa na ida, gañando todo o encontro 0-1, ao quedar cun máis empataron co tempo cumprido e logo gañaron no último minuto.
De feito esta é a segunda vitoria en As Pontes do Ribadeo, por doce do As Pontes. As dúas últimas visitas, 5-0 na 2017-18 e 4-0 na 2018-19.
Corenta anos habería que remontarse para a única vitoria do Ribadeo no Poboado, 1-2 na Preferente da 1981-82. Último partido da primeira fase ante o Residencia de Lugo.
CD As Pontes. Paco, Criado, Berto, Iván, David (Toni 62´), Traba, Lucki, Jaime (Moreda 62´), Brais (Pájaro 69´), Vilela, Bellas.
Árbitro: Beatriz Cuesta Arribas (A Coruña). Auxiliada por Gil Soriano e Costas Rodal. Amarelas a Santi, Xairo, Antón, Vilela. Expulsou con vermello directo a Sergio Criado (92´).
Incidencias. Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
LIGA FERROL FEMININA. CD AS PONTES 2 – CULTURAL MANIÑOS SD 3
O As Pontes mereceu o empate tras marchar ao descanso con 0-3
Derrota do equipo feminino este domingo á mañá no campo artificial por 2-3 ante a Cultural Maniños.
As de Fene comezaron como un ciclón e apenas aos dez minutos xa se puxeron 0-3 con tantos de María por dúas veces e Lorena.
Pero no segundo período as azuis foron a por todo e recurtaban distancias tras unha boa xogada de Paula Castro que remataba a capitana Carlota de cabeza ao fondo das mallas.
Logo era Indira a que anotaba un golazo pola escadra tras un disparo dende banda esquerda. Dispuxo de ocasións o cadro local para acadar o empate, coma un remate de Nuria que sacou con apuros a gardamallas, pero o marcador non se moveu.
O equipo de Iván Rodríguez chegaba cun empate 0-0 ante o Rosalía de Vilaboa e unha vitoria 2-1 ante o Discalzas de Cedeira.
Xogaron Iria, Yoli, Indira, Noelia, Paula, Carlota, Carolina, Silvia e Nuria. Cuartas con catro puntos. Próxima xornada complicada visita á Capela.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 1 – OLÍMPICO DE RUTIS CF 1
Partido este martes no Anexo José
Bo Empate do xuvenil pontés neste martes festivo chuvioso ante o segundo clasificado, que se adiantou xusto antes do descanso, pero viu como a falta de cinco minutos perdía o liderato cun desafortunado tanto en propia meta do seu porteiro.
Con esta igualada, o Olímpico queda a un punto do líder Caranza, e o As Pontes segue noveno con 17 puntos, antes de visitar ao Polvorín, que suma 9.
Triunfo do As Pontes no partido disputado este sábado de Entroido nos últimos minutos, tal como acontecera hai 15 días co Victoria, o equipo que saiu con máis esmero acabou atopando o triunfo no último suspiro, nesta ocasión foi Javi Rey que aproveitou moi ben un balón morto e unha defensa algo contemplativa tras saque de córner de Vilela para anotar o tanto dos tres puntos.
Anteriormente neste segundo período resaltar dous bos zapatazos de Vilela, e incluso nas postrimerías puido sentenciar Pajaro cun remate dentro da área, mentes que polos de Alberto López apenas resaltar algún tímido acercamento nas botas de Sidibe.
O equipo situase quinto con 33 puntos antes de visitar ao líder Sarriana. Decimo quinto encontro oficial no Poboado e sétimo triunfo local, por tres visitantes e cinco empates.
Ultima vitoria visitante foi 0-2 na 2004-05, que respondeu o cadro azul cun 0-3 na segunda volta nese sprint final no que subiu a Terceira o Atlético Mineiro (actual Xallas) e Lemos, quedando ás beiras, terceiro, o As Pontes, ao que o valor doble dos goles na eliminatoria entre o Bouzas e Móstoles, 2-2 e 1-1, afastou ao cadro olívico da Segunda B, e aos azuis da Terceira por un suspiro.
CD As Pontes. Kike, Criado (Berto 82´), David, Iván, Montes, Vilela, Lucki (Traba 91´), Jaime (Rey 73), Moreda (Pájaro 65´), Sergio, Bellas (Brais 82´),