Historia Clube

 

 

CLUBE DEPORTIVO AS PONTES

 

                                                    POR ANTÓN FERREIRO

 

 

FUNDACIÓN

 

         Anque o fútbol en As Pontes xa se practicaba dende os anos trinta (este verán cumpríronse 75 anos da creación do lendario CLUB DEPORTIVO “PUENTES”), non sería ata 1960 cando o club da vila pasa a xogar en competición oficial. Foi o 28 de setembro dese mesmo ano cando se afilia á federación galega tomando o nome de  CLUB FÚTBOL CALVO SOTELO (a empresa de entón, electricidade, abonos e fertilizantes) e participa na máxima categoría rexional.

         O 12 de xullo de 1973 tomou a denominación de CLUB DEPORTIVO ENDESA, ó adquirir o complexo industrial a Empresa Nacional de Electricidad S.A. O 15 de decembro de 1982 engádeselle o nome da vila (CLUB DEPORTIVO ENDESA-AS PONTES) e o 9 de xuño de 2002 recupera o seu primeiro nome, CLUB DEPORTIVO AS PONTES. É un dos históricos do fútbol galego.

 

 

UNIFORMIDADE

 

         Nun principio a súa vestimenta oficial foi camisa branca e roxa a raias verticais, pantalón azul e medias roxas con volta de branco. Na temporada 1966/67 cámbiase pola de camisa e pantalón azuis e medias azuis con volta de cor branco.

         Na temporada 1983/84 a uniformidade oficial pasa a camisa azul, pantalón branco e medias azuis con volta de branco. Na temporada 2001/02, tómase como vestimenta a camisa roxa, pantalón azul escuro e medias roxas. Na temporada 2007/08 recupérase a vestimenta azul e branca.

 

 

PALMARÉS

 

         O máximo teito deportivo do club foi na temporada 1991/92 ó clasificarse en cuarta posición do grupo primeiro de Segunda División “B” e xogar a fase de ascenso a Segunda “A”. Foi campión de terceira división en dúas temporadas (1986/87 y 1994/95); en varias temporadas quedou subcampión, así como nos primeiros anos foi campión da primeira categoría rexional e subcampión galego de afeccionados en dúas ocasións.

         Ten no seu haber a copa de Galicia 1968 e participou nove temporadas na segunda división “B”, doce en terceira división e vintesete en categoría rexional. Ademais conta con numerosos trofeos, entre eles a Copa Deputación 1996, o trofeo Concepción Arenal 1992 e varios do “Vila de As Pontes” e “Cidade de Viveiro”.

         Nos seus corenta e oito anos de historia (de 1960/61 a 2007/08) disputou 1.772 partidos de competición oficial, dos que gañou 774, empatou 454 e perdeu 574, marcando 2.699 goles e recibido 2.174.

 

 

EQUIPOS DE BASE

 

         Unha das principais actividades do club é a de promocionar este deporte entre os rapaces. Dispón de equipos nas categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil (que a pasada temporada estivo na División de Honra) que compiten nas primeiras categorías galegas, cun total de 150 rapaces, e que ano tras ano logran títulos de liga e copa. E esta temporada, a iniciativa dunhas cantas mozas creouse o equipo feminino que competirá na liga autonómica.

 

 

PRESIDENTES

 

        O primeiro presidente do club foi Ramón Tobar Ochoa de Alda, que estivo as dúas primeiras temporadas (60/61 y 61/62). Seguiulle Fernando Alarcón Hernández (12 temporadas, desde 1962/63 a 1973/74)). En 1973 pasa a presidir a entidade Lucio Rubio de Antonio (1974/75), despois Juan Manuel Cabal García (1975/76 e 1976/77), Luis Soto Soria (tres, 1977/78 a 1979/80)), Ricardo Barredo González (catro, 1980/81 a 1983/84), Fermin Gil Alonso (tres, 1984/85 a 1987/88).

O desaparecido Constantino Parajón Parajón, que con anterioridade fora vicepresidente, faise cargo da presidencia do club en 1988 (once temporadas e media en tres etapas, 1988/89 a 1991/92, 1993/94 a 1995/96 e 2000/01 ata maio de 2005). Francisco Dasilva Bello (cinco, 1992/93 e 1996/97 a 1999/00). Dende maio de 2005 é presidente Xaime Castro Paz.

 

 

RESUMO POR CATEGORÍAS

 

CATEGORÍA

TEMPORADAS

SEGUNDA DIVISIÓN “B”

9

1987/88, 1988/89, 1989/90, 1990/91, 1991/92, 1992/93, 1995/96, 1996/97, 1997/98

TERCEIRA DIVISIÓN

12

1964/65, 1966/67, 1967/68, 1984/85, 1985/86, 1986/87, 1993/94, 1994/95, 1998/99,    1999/00,     2000/01,     2001/02

SERIE “A” REXIONAL

REXIONAL PREFERENTE

20

1960/61, 1961/62, 1962/63, 1963/64, 1965/66, 1968/69, 1969/70, 1970/71, 1971/72, 1973/74, 1974/75, 1981/82, 1982/83, 1983/84, 2002/03, 2003/04,   2004/05,     2005/06,    2006/07,     2007/08  

PRIMEIRA REXIONAL

3

1978/79, 1979/80, 1980/81

SEGUNDA REXIONAL

4

1972/73, 1975/76, 1976/77, 1977/78

TOTAL

48

TEMPORADAS

 

 

As Pontes, Setembro de 2008

 

 

Esta entrada foi publicada en Historia do Clube. Ligazón permanente.

1 Response to Historia Clube

  1. erika di:

    Buen estreno, para haber sido vuestro primer partido oficial no estuvo mal. Mucho público, muchas ganas y por suerte mucho sol. Para el próximo en casa habrá que sumar más goles pero en la portería rival. Allí estaremos para animaros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s