Historia Futbol Feminino

 

HISTORIA DO FUTBOL FEMININO

 

O fútbol practicado por mulleres, xeralemente referido como fútbol feminino é o máis prominente deporte de equipo entre as mulleres en moitos países, sendo unha das poucas disciplinas deportivas con ligas profesionais neste ámbito.

 

Historia do fútbol feminino

A muller foi importante no desarrollo e evolución do fútbol ata os nosos días. As primeiras evidencias datan dos tempos da dinastía Han na que xogaba unha variante antiga do xogo chamada Tsu Chu. Existen outros reportes que indican que no seculo XII, era usual que as mulleres xogaran a xogos de pelota, especialmente en Francia e Escocia. En 1863, definironse as normas para evitar a violencia no xogo con tal de que fora socialmente aceptable para as mulleres. En 1892, na cidade de Glasgow, Escocia, rexistrouse o primeiro partido de fútbol entre mulleres.

O documento máis coñecido acerca dos comezos do fútbol feminino datan de 1894 cando Nettie Honeyball, unha activista dos dereitos da muller, fundou o primeiro clube deportivo denominado British Ladies Football Club. Honeyball, convencida da súa causa declarou que con isto quería demostrar que a muller podía lograr emanciparse e ter un lugar importante na sociedade que por aquel entón excluía a moitas mulleres.

A Primeira Guerra Mundial foi clave na masificación do fútbol feminino en Inglaterra. Debido a que moitos homes saíron ao campo de batalla, a muller foise introducindo masivamente na forza laboral. Moitas fábricas tiñan os seus propios equipos de fútbol que ata ese entón eran privilexio dos varóns. O máis existoso destes equipos foi o Dick, Kerr’s Ladies de Preston, Inglaterra. Dito equipo foi exitoso, acadando resultados como o dun partido contra un equipo escocés no que gañaron por 22-0.

Sen embargo, á fin da guerra, a FA non recoñeceu ao fútbol feminino a pesar do éxito de popularidade que acadou. Isto levou á formación da English Ladies Football Association cuxos inicios foron difíciles debido ao boicot da FA que os levou incluso a xogar en canchas de Rugby e a outras non afiliadas á FA.

Trala Copa Mundial de Fútbol de 1966, o interese das aficionadas creceu ata tal punto que a FA decidiu reincorporalas en 1969 trala creación da rama feminina da FA. En 1971, a UEFA encargou aos seus respectivos asociados a xestión e fomento do futbol femenino, feito que se consolidou nos seguintes anos. Así, países como Italia, Estados Unidos ou Xapón teñen ligas profesionais competitivas cuxa popularidade non envidia á acadada polos seus símiles masculinos.

Desarrollo do fútbol feminino en España

O fútbol, deporte rei por excelencia, desperta pasións entre os aficionados españois. Sen embargo, na súa vertente feminina segue a ser un dos grandes olvidados do deporte español, non ocorre o mesmo en EEUU, onde o fútbol feminino goza de maior popularidade..

O crecemento do fútbol feminino en España queda lonxe da maioría dos países europeos, sendo tan só o 2% de fichas rexistradas pertencentes ao xénero feminino (casi alcanzan as 17.000).

Competicións

O crecente interés polo fútbol feminino queda ao descuberto coa realización de competicións nacionais e internacionais. As máis destacadas a nivel mundial son:

·       Campionato Feminino da UEFA

En 1937, o equipo Dick, Kerr’s ladies xogou con Edimburgh Ladies no "Campeonato de Gran Bretaña y el Mundo"; Sen embargo, non existiu unha competición internacional ata 1982 no que o primeiro Campionato Europeo para Equipos Representativos de Mulleres da UEFA foi lanzado. A final de 1984 foi gañada por Suecia. A esta competición seguiulle o Campionato Feminino da UEFA, coñecido tamén como Euro Femenino. En 1987, Noruega gaño Dito campionato e nas seguintes edicións houbo un absoluto dominio da Selección feminina de fútbol de Alemania en seis das sete posteriores edicións, sendo o seu último título o obtido no ano 2005.

·       Primeiros Mundiais Femininos

No ano 1970 organizouse o primeiro mundial de fútbol feminino en Italia, a onde acudiron seleccións representantes de varios países por invitación. Este primer mundial foi extra-oficial e non aparece nin sequiera na historia do fútbol feminino narrada nas páxinas oficiais da FIFA, probablemente porque non foi organizado nin é recoñecdo por esta federación. Sen embargo ese mundial e o que lle seguiu en 1971 despertou a atención dun gran número de afeccionados. O mundial de 1970 gañouno Dinamarca quen se impuxo por 2-0 ao seleccionado de Italia. O segundo Mundial foi celebrado en México en 1971. A pesar do gran éxito e a gran expectación creada por estos primeiros mundiais femininos, a desorganización fixo que se perdera a continuidade e non fora ata 2 décadas despois, co respaldo da FIFA, cando se organizou o primeiro campionato mundial de fútbol feminino con recoñecemento oficial.

·       Copa Mundial Feminina de Fútbol

Antes da súa primeira edición, realizada por China -e gañada polos Estados Unidos- en 1991; houbo varios campionatos internacionais extraoficiais como a Copa Feminina de Invitación da FIFA, tamén organizada por Dito país en 1988. A partir de 1999, esta competición logra ter un interese internacional, consolidándose nas seguintes edicións.

·       Xogos Olimpicos

Ante a crecente popularidade do fútbol feminino, o COI decidiu incluilo no programa dos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, torneo que, ao igual que en Atenas 2004, gañou Estados Unidos. O ouro nos Xogos de Sidney 2000 foi para Noruega. Para Pekín 2008 clasificaronse todas as selecciones medallistas (Brasil, China e Alemania ademáis das gañadoras).

Esta entrada foi publicada en Historia do Clube. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s