ESPECIAL FIN TEMPADA

ESPECIAL XOSE FERREIRO
 
PARA O EQUIPO FEMININO DO C.D. AS PONTES
GRAZAS POR TODO!!!!!!!
 
A historia dun comezo…
 
1ª FOTO DE EQUIPO (AS PONTES – FRIOL) 07.09.08
ULTIMA FOTO DE EQUIPO (AS PONTES – DUBRA) 07.03.09
 
Definición do equipo feminino en palabras de Xose:
 

"Hola a todas, bueno, hoxe gustaríame facer o analisis xogadora por xogadora … así que aproveitade que vos aviso para escapar correndo … A ver … bueno … vale … xa non queda ninguén …

 

Bueno, antes que nada, destacar a grandísima labor de Salido, e dicir que fuchedes mellorando moitísimo co paso dos partidos, se cadra faltavos algo de forza, físico, experiencia, algunhas sodes moi novas, e algo máis de espíritu, ás veces metenvos gol e vídesvos abaixo, non se acaba o mundo porque marquen as rivais, que vosoutras tedes moito fútbol dentro. As veces farían falta 11 Laus, con esa garra e ese carácter. Pero acabades de empezar e a tempada estivo moi ben, magoa dos partidos co Pastoriza, Tordoia ou Melide, pero do 0 ó 10, un 11. Algunhas en un par de anos daredes moito que falar.

 

Empezo, parezco o clásico profesor cando vai a dar as notas, jajaja, a ver, Mara e July só xogaron un partido, e a Cati, Arancha e Carla Castro vinnas pouco, a ráfagas, pero cumpliron.

 

Leti: Co paso dos partidos foi collendo confianza nos balóns por alto e nas saídas ata convertirse en unha porteiraza. A única que xogou tódolos partidos e tódolos minutos. A porteira nunca falla.

 

Emma: Buaa, aquí vanseme notar moito os colores, “My heart belong to Emma”, jajaja. Impecable como central, seguridade, anticipación, colocación, sae co balón controlado. Que inxusta é a vida. Esta cativa é imprescindible para o equipo e para o CD As Pontes en tódolos sentidos.

 

Jani: Sensacional central que tamén se foi afianzando co tempo, moi completa e a auténtica referencia na defensa. Moi segura, trasmite confianza ó resto do equipo.

 

Laura: Afianzouse no lateral, segura e sen complicacións, incluso últimamente saía co balón controlado ó estilo Beckembauer e todo. Tamén pode xogar de central.

 

Silvia: Excelente a campionísima do taekwondo, cumple a gran nivel tanto de central como por banda esquerda, contundente e segura.

 

Paula: Gustoume máis en defensa que en ataque, sobre todo de lateral dereito, atópase máis cómoda e con máis confianza.

 

Alba: Axil, hábil, rápida, a mellor regateadora do equipo, no partido contra o Melide fixo un master en regates, mellor de extremo que de lateral, pois en defensa cumple, pero é moito máis incisiva de cara a portería. A Cristiana Ronalba do equipo.

 

Andrea: Esta cativa merece un capítulo aparte, completísima medio centro, omnipresente, sempre que hai un balón no medio do campo está Andrea correndo detrás del, "encimando" e sen deixar respirar á rival, nos últimos encontros ata se permitiu o luxo de facer de excelente organizadora distribuindo ben o xogo ás bandas, incluso podería xogar de central. De cara a portería faltalle algo máis de picardía, pois ten bo disparo, e ten que confiar máis en si mesma pois é un auténtico diamante que Salido terá que pulir no futuro. Indiscutiblemente a rubia debeu estar en Marbella con Yaiza, Paty e a galega sub16.

 

Carlota: Que dicir desta, con ese irmán que ten (o crack Iván Pena) … calidade, regate, dribling, escúrrese entre as defensas, fíxolle un quiebro a unha do Brión para grabar, un puñal por banda esquerda, moi incisiva, incluso marcou 3 goles, ten moito perigo esta rapaza.

 

Lara: Outra igual que Andrea, polivalente e completa, non exenta de calidade, dao todo, sacrifícase, e pode xogar de central, lateral, medio centro e extremo. Impecable e moi necesaria para o equipo.

 

Lau: Que dicir, xunto con Patri véselle un punto por riba do resto, como diría eu, xa leva tempo nisto, pode xogar tanto de dianteira marcagoles como de central, incluso de medio centro, rayando a un gran nivel, aínda que esperaba máis goles dela, moita calidade, moi bo disparo, loita, forza, talento, potencia …

 

Patri: A SuperCapitana, a Messi do equipo, calidade para dar e tomar, talento, visión e creación no medio do campo, ademáis, fixadevos nunha cousa, a capitana sempre loita e turra, non se lle caen os aneis, quedanlle 20 anos ó máis alto nivel, e as máis novas deberán aprender moito dela.

 

Sara: Con esta pasoume como con Yaiza, a primeira vez que a vin, aínda sen tocar o balón, xa se lle vían maneiras, rápida, moi boa e habilidosa por banda, fíxolle un regate a unha experimentada defensa do Boiro e deixouna sentada. Faltalle medrar e gañar forza porque aínda é unha nena e ás veces o campo faiselle grande como unha pista de aterrizaxe. Ten moito futuro.

 

Candela: Outra que tendo o irmán que ten pouco se pode dicir dela, é moi nova e nun futuro poderá ser unha boa central ou unha dianteira estilo Vieri.

 

Carlitta: Unha das miñas nenas favoritas, no partido ante o Noia vin moi completa á número 9, jeje, anque como a pobre xogou a ráfagas, e sobre todo fóra, pois non a puiden ver todo o que eu quixera, quédome coa súa ocasión no partido ante o Muralla, mandouna fóra si, pero estaba ahí, ese é o instinto das dianteiras. Esta cativa leva o fútbol no sangue, igual que Emma, e teñen que volver canto antes, pois ambas son imprescindibles.

 

Diana: Hábil e talentosa co balón nos pés, sábese escapar moi ben das defensas, por calidade vexoa máis media punta que punta, de último pase. Moi aproveitable.

 

Mar: Peleona, de raza e carácter, ten bo disparo, e é máis perigosa en punta, dentro da área, que escorada a bandas ou de media punta. É moi oportunista, meteu un gol ante o Tordoia e metería outro ante o Melide, pero a súa porteira sacou unha man digna de selección española.

 

Nerea: Outra peleona, físicamente é a dianteira perfecta, como dixen, ten instinto e definición, rinde mellor cando máis cerca está da portería.

 

Paty: gran futuro, empezo polos detalles a mellorar, que, sen dúbida, co paso do tempo, perfeccionará, ten bo regate pero pode ser aínda máis desequilibrante, en canto lle chega o balón ás veces debería reaccionar con máis rapidez, e sobre todo, ás veces, non se debe obsesionar co balón e con marcar, debe levantar a cabeza e abrir os ollos, que non pasa nada porque o público vexa eses ollos tan bonitos que ten, jajaja. E debe quitarse esa vergonza de encima, que da gusto vela no campo. Ten moi bo disparo, desde calquer sitio, e sabe moverse, desmarcase, desplazase moi ben entre liñas, e arrastra ás defensas rivais, que a vida dunha dianteira non é fácil. Nunha conversación que tivemos, dixome que fallara 4 ou 5 goles, e eu comenteille que os fallara porque creara ocasións, hainas que nin eso, xenerou ela soa 4 ou 5 boas ocasións, que non entraron, xa entrarán outro día, que ten 15 anos e moito futuro por diante. Chegará a ser Van Nistelrooy e a fútbol sala ten que ser un primor, jeje. Digollo todo con cariño que ela ben sabe que é unha das miñas princesitas.

 

Yaiza: Un flechazo desde a primeira vez que a vin, cos seus catro goles ó Noia deixoume totalmente embelesado, jajaja. Con ela pasoume como con Sara, polos seus movementos, sen tocar o balón, xa se lle vían maneiras. Menos de porteira, xogou de todo o que se pode xogar, cumplindo a un excelente nivel, de lateral, dereito, esquerdo, extremo dereito, central, punta … no futuro vexoa de central tipo Ramos ou de dianteira estilo Huntelaar, a min gustaríame máis vela arriba. Ah! E un detalle, nunca falla a ningún partido. Como xa lle digo, ten que crecer, e si o cree máis, perde o medo e ten algo máis de ambición chegará lonxe, é do máis crack que ten o equipo, a parte de que se me caen os ollos por ela, ben o sabe.

 

… AMÉN … jajaja … Despois da dor de cabeza e mareos que teredes ó ler todo esto, recomendovos que vos tumbedes no sofá, boca arriba, e xa veredes como en 5 minutos xa se vos pasa … jajaja … Ah! E agradecer a todas as cativas, especialmente a EMMA, Carlitta, Yaiza e Paty, polo aguante e paciencia que tiveron conmigo durante este ano … Bicasooos pa toas …"

 

 

Esta entrada foi publicada en Apoio do noso pobo. Ligazón permanente.

4 Responses to ESPECIAL FIN TEMPADA

  1. Xose di:

    Jajaja, pois si señor, así me gusta, as diferentes opinións, a gran Carlitta acabame de dicir que lle gusta máis Alba de lateral dereito e Yaiza atrás. Grande Carlitta. Como xa che comentei, a miña opinión, que non é unha verdade universal nin moito menos, jeje, é que Cristiana Ronalba, xD, é moito mellor de extremo que de lateral, porque o seu regate é demoledor e abre moito as defensas, e no lateral esquerdo xa temos a Silvia, que cumple de sobra. Non quero dicir que Alba non o faga ben de lateral nin moito menos, pero, é máis incisiva e aproveitable de extremo, e ademáis nos últimos encontros xogou atrás porque a defensa estaba en "cadro". E no lateral dereito, habería over booking, Laura, Yaiza, Paula .. Alba … E con respecto a Yaiza, é moi boa nos dous sitios, pero que pasa, que Yaiza arriba atopase moi soa e pesalle moito a responsabilidade, pois hai que recordar que é unha cativa de 15 anos, abaixo en defensa atópase máis cómoda, pois son catro na zaga e está máis respaldada. Pero así me gusta Carlitta, cada día eres máis especial, jajaja. De todas formas este "informe" é moi mellorable eh!, jajaja, así que a que queira dar a súa opinión … e si ti dis que Alba ten que ser lateral dereito e Yaiza xogar en defensa, feito, que pra min o que ti digas vai a misa, jajaja … Bicasooos …

  2. Carla di:

    Jajaja, que onste que min Alba de extremo encántame! Pero é un bo "comodín" para cando a defensa esté incompleta! Pero Yaiza… a min ségueme gustando máis atrás!xDUn bico!

  3. Xose di:

    Jajaja, Carlitta, por suposto que Alba vale para os dous postos, e o de Yaiza, é que o fai ben en calquer sitio, arriba ou atrás, pero é que a min Yaiza deixoume estupefacto, é unha rapaza que con 14 anos debuta e mete 4 goles en 22 minutos!!! Iso é un record que está ó alcance de poucos. Tan sorprendente como eso foi que o resto da tempada non volvese a marcar. Certo é que xogou a maioría de partidos atrás, e tivo moi mala sorte, pois no partido ante o Tordoia iba a marcar pero no último instante pasoulle o balón por riba do pé, ou no partido ante o Pastoriza tivo unha boa ocasión que ó final non entrou … ey! que eu fíxome en todo, jajaja. Non sei, o caso de Yaiza é un caso a analizar, pois esta cativa con outra mentalidade digamos máis agresiva arriba, sería un "Luca Toni" de la vida, jajaja. Pero non sei, ben sabes que eu teño moi en conta a túa opinión pois a parte de que eres unha rapaza "cultivada" na materia futbolística, levas moito tempo xogando con estas dúas ou sexa que mellor que ti, non as coñece ninguén, jajaja. Hala, voume coas ovellas!!! jajaja … Bicasooos

  4. Mar di:

    Yo no viera esto hasta ahora, mi madriña. Yo, de corazón, espero que esto pueda seguir para el año, que se apunte más gente y que sigamos como un equipo así de bueno siempre. Muchas grac.ias por el apoyo de Ferreiro, del club, de As Pontes, pero sobre todo a Emma y a todas mis compañeras. Un bico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s