Por Xose Ferreiro

Adestramentos da selección española con vistas á preparación do Mundial
 
A selección española de hockei sobre patíns adestrou estes días na pista do IFEVI de Vigo, que será a sede do 39ª Campionato Mundial da especialidade. Os xogadores convocados para a cita polo seleccionador Carlos Feriche son Sergi Fernández, Romá Bancells, Mía Ordeig, Marc Torra, Titi Roca, Jordi Bargalló, Jordi Adroher, Marc Gual, Pedrito Gil e Guillem Trabal. (Na xornada de onte adestraron co grupo tres xogadores xuvenís do Liceo, Eduardo Lamas, Toni Pérez e Adrián Vallina, que moi probablemente acudan en Setembro ó Mundial Sub19 de Italia, no que España defende o título conquistado hai dous anos en Chile, cun xovencísimo Lamas entre os protagonistas).
 
España tratará de favorecerse da súa condición de local e conquistar o título a pesar das ausencias de Masoliver, Borregán, Panadero e Teixidó. Os seus maiores rivais serán sen dúbida Portugal e Arxentina, os lusos xogán ó lado de casa e contan cun bon equipo con xogadores da talla de Reinaldo Ventura, Ricardo Pereira ou Luis Viana. Por parte de Arxentina destaca o talento dos liceistas Pablo Álvarez e Reinaldo García ademáis do xogador do Oporto Emmanuel García, adestrados polo gran Martinazzo. Tampouco hai que descartar á selección de Italia, que a pesar de que hai uns días foi goleada (4-0) por Cataluña na final da Golden Cup, nunca hai que confiarse ante o caracter competitivo e gañador dos transalpinos.  
 
O Mundial de Hockei a Patíns disputarase en Vigo do 4 ó 11 de Xullo e será retransmitido pola TVG, TVE e Teledeporte. No Grupo A xogarán Angola, Mozambique, Colombia i España, no B Suiza, Brasil, Andorra, Holanda, no C Portugal, Arxentina, Chile e Estados Unidos e no D Italia, Francia, Alemania e Inglaterra.
 
Portugal suma 15 titulos na competición, por 13 de España, 4 de Italia e 4 de Arxentina, namentres que Inglaterra se adxudicou as dúas primeiras edicións.
 
Esta entrada foi publicada en Noticias y política. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s