Por Anton Ferreiro

FALECEU RAMÓN TOBAR

PRIMEIRO PRESIDENTE DO CLUB FÚTBOL CALVO SOTELO

 

       AS PONTES (Antón Ferreiro): O que fora primeiro presidente do CF Calvo Sotelo, actual CD As Pontes e o primeiro club federado das Pontes, Ramón Tobar Ochoa de Alda, foi soterrado onte (luns 29) na Coruña, cidade onde faleceu á idade de 82 anos.

       Trala federación do club Calvo Sotelo en setembro de 1960, Ramón Tobar ocupou as dúas primeiras temporadas a presidencia do histórico club pontés. Con Tobar na presidencia o cadro das Pontes, despois dunha primeira campaña de adaptación á competición oficial, logrou na seguinte, 1961/62, o campionato de liga do grupo norte da serie A –actual preferente autonómica- e na fase de ascenso á terceira división quedou ás portas do ascenso de categoría. Ascenso que logrou, por coeficiente de goles, o Bueu, xunto ó CD Foz.

       Nesa mesma temporada o Calvo Sotelo, adestrado por Rodrigo Vaquero Casal, acadara o subcampionato galego de afeccionados, título que lograra o Pontevedra B despois de remontar en Pasarón (2-0) o resultado da ida no Poboado con vitoria do Calvo Sotelo por 1-0. Naquel Calvo Sotelo estaban, entre outros, Man, Nando, Nené, Modesto, Barreira, Anillo, Cayetano, Requeté, Sito, Pensa, Lexo, Peci, Teruel e Burgos.

       Ramón Tobar foi substituído por Fernando Alarcón, quen ocupou a presidencia do Calvo Sotelo durante doce temporadas consecutivas, ó término das cales o club pasou a denominarse CD Endesa.

 

 

Calvo Sotelo 1960/61

Calvo Sotelo Xuvenil 1961/62

Ramon Tobar, Rodolfo Yebra, Bra, Lolo Ferreiro, Vitolo, Puentes, Evaristo, Tato, Celso Roca, Silva, Germán.

Esta entrada foi publicada en Noticias y política. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s