Pretempada C.D.As Pontes FE

1º DIA DE PRETEMPADA C.D. AS PONTES FEMININO
 
Onte ás 20:00 hrs o C.D. As Pontes Feminino comezou por segundo ano consecutivo a súa andaina como equipo federado da Liga Autonómica.
A liga dará comezo o 13 de Setembro, e abrirase cun encontro na casa contra un rival ata este ano descoñecido – de nova formación, o Milagrosa, pero que conta con xogadoras xa coñecidas na Liga Galega e que proceden doutros equipos da zona de Lugo.
 
O As Pontes Feminino conta con 16 renovacións: Leti, Jani, Silvi, Lau, Alba, Yaiza, Lara, Andrea, Emma, Patri D., Carliña, Paty, Sara, Carlota, Mar e Paula.
Ademáis das anteriores, dase unha nova incorporación con seguridade: Clara. O resto de fichaxes realizaranse durante a pretempada, contando con moitas das rapazas que xa adestraron a tempada pasada co equipo.
 
 
Fotos de Anton Ferreiro
Esta entrada foi publicada en Novas equipo feminino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar un comentario