Por Anton Ferreiro

Partidos das categorías inferiores do CD As Pontes.

 Importantísima
victoria do equipo Xuvenil de Liga Nacional ante un rival directo, o
Arousa, por 1 a 0. Tres puntos vitais para os azuis que agora mesmo son
14º con 18 puntos, empatados co Calasanz coruñés. Por detrás estarían
Arousa, 17, Xuventu Aguiño, 16, Montañeros B, 13, E Choco, 9.
Precisamente esta fin de semana xogarán contra o Xuventú Aguiño noutro
choque directo por evitar o descenso. Carballo alineou de saída a Iván,
Antón, Carlos, Fran, Juan, Junior, Tara, Xavi Pellón, Borja, Chus
Cañizares e Fernando.

 Victoria
dos maiores contra o Foz 0-1 gracias ó gol nos últimos instantes de
Jorge Parada. Siguen 4º, a 10 puntos do Dorneda, 9 do Betanzos e 4 do
Mesón do Bento, anque cun partido menos. Este domingo reciben ó Val.     

 Por
outra banda, na Liga Feminina, As Pontes e O Val xogaron este sábado os
sete minutos que restaban por disputar do encontro correspondente á 15ª
xornada celebrado o 3 de Xaneiro, que fora suspendido ós 83 minutos.
Como o marcador estaba 1-2 nese momento saliu o As Pontes en busca do
gol do empate con un prantexamento ofensivo por parte de Salido, pero
foron as visitantes as que sentenciaron no último minuto tras falta
dentro da área por cesión que se encargou de materializar Eva (1-3). O
As Pontes sigue sexto e recibirá o vindeiro fin de semana ó colista
Tordoia. Xogaron Leti; Paula, Jani, Crichy, Lara; Yaiza, Clara,
Carliña, Carlota; Paty e Chipy.

 O Xuvenil B perdeu 2-0 en Mugardos e marcha 12º na Liga con 16 puntos. Esta fin de semana descansarán os de Marcos Roca.

Os
cadetes de Calpita perderon en Caranza contra os líderes por un
incontestable 6 a 1. Marchan quintos con 32 puntos e a semana que ven
recibirán ó Perlío

 Pletórico
o equipo infantil que este fin de semana despachouse cunha goleada 15-0
ante o Amistade de Meirás, e a falta de unha xornada suma todos os seus
encontros por victoria, 17 en total. Sólo lles resta por xogar un
partido ante o Numancia de Ares a domicilio.

 O Alevín A gañou 4-2 ó Racing San Pedro no Poboado, son novenos e este sábado visitarán ó Ortigueira.  O Alevín B venceu en Narón por 1-3. Son séptimos e este fin de semana recibirán o Cedeira.

 O
Benxamín A gañou 2-11 en Fene ó Perlío B, van en 6º posición e este
sábado reciben ó Barallobre. O Benxamín B perdeu 1-5 tamén co Perlío,
neste caso, co equipo A, marchan 14º, e no seu próximo encontro xogarán
en Ortigueira.

 O
Prebenxamín A perdeu 5-2 co Ferrol e xogará este sábado co líder
Ánimas. Van 5º clasificados. O Prebenxamín B descansou esta xornada e
na vindeira visitará ó perigoso Caranza. Son novenos.


Esta entrada foi publicada en Resultados. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s