Por Xose Ferreiro

PONTESES POLO MUNDO

 Victoria en Liga para o Deportivo ante o Athletic de Bilbao por 3-1, o equipo situase 5º en postos UEFA e empatado a puntos co 4º o Mallorca. Adrián estivo no banquiño. Xa na Copa, a pesar de querdar eliminados, meritoria victoria do Depor en Sevilla por 0-1. Adríán xogou todo o encontro a un gran nivel, pero o momento máxico produciuse ás 23:27, cando Rochela saltou ó terreo de xogo e disputou os seus primeiros minutos (20´) co Deportivo en un partido oficial, antes xa xogara varios amistosos. Un momento casi tan feliz como o domingo 13-05-2007 ás 19:36 cando quedou campión de Europa.  

 Paso de xigante do Alcorcón que venceu o fin de semana ó histórico Oviedo (2-0) e onte en partido aprazado á Ximnástica de Torrelavega (1-0), e marcha líder con 46 puntos e 7 de ventaxa sobre o segundo clasificado, o Guadalajara. Sen embargo Bermúdez non disputou ningún dos dous encotnros e no seu lugar xogou Rubén Anaurbe.

 O primo de Patri, Diego Dopico, non tivo fortuna esta fin de semana, pois o Montañeros empatou co colista Compostela (2-2), e perderon unha gran oportunidade de achegarse ós postos de play off. Pero van en unha meritoria 6ª posición con 33 puntos. Diego xogou os 90 minutos.

 O Deportivo B de David Rochela volveu a gañar, esta vez 1-0 ante o Vilalonga, e siguen líderes con 47 puntos.

 O Narón asentase en postos de play off (3º con 41 puntos), tras gañar, con remontada incluida, ó Ordes por 3 goles a 2. Simón e Adrián foron titulares.

 Paso adiante dun Bergantiños que venceu 2-1 ó Santa Comba, Elmer e Javi Rochela xogaron os 90 minutos, e situánse 12º con 25 puntos.

 Peor lle foron as cousas ó Somozas que perdeu 3-0 co Coruxo e sigue antepenúltimo a 8 puntos da salvación. Xogaron Edi e Nando.

 O Santaballés arrancou un empate ante o Chantada (2-2), pero sigue último con 11 puntos

Esta entrada foi publicada en Deportistas destacados/as ponteses/as. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s