Por Anton e Xose Ferreiro

REXIONAL
PREFERENTE.
CD AS PONTES 4 BOIRO 0. OS
PONTESES RECUPERAN O LIDERATO.


4.
CD AS PONTES. Kiko, Esmorís (Rivas 66), Álvaro (Jorge 40), Chote, Brais,
Dani Fernández, Rebolo (Pablo 45), Iván González, Adriano, Bossa (Suso
Peña 70), Carballeira.

0.
BOIRO. Pajarillo, Borja (Abel S. 75),Alex, Santi, Trasbach, Bernardo,
Anxo, Abel (Nando 60), Pablito, Manuel Ángel (Álvaro 60), Walter (Jacobo
70).

Árbitro:
Óscar López Fernández (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Lens Ares e
Del Río Amor. Amonestou a Esmorís, Chote, Bossa, Carba e Pajarillo.

Campo
e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde
soleada. Partido correspondente á 30ª xornada.

Goles:
 1-0, minuto 51, Adriano. 2-0, minuto 54, Iván. 3-0,
minuto 58, Bossa, de penalti. 4-0, minuto 66, Iván.

Tres
importantísimos puntos os logrados polo As Pontes na tarde de hoxe ante
o complicado quinto clasificado, o Boiro, na súa loita por conseguir o
ascenso.

Comezaron
dominando os locais, xa no minuto 3, Carba tira ó longueiro e o seu
rexeite cabeceao Rebolo tamén ó longueiro. Cinco minutos despois Rebolo
queda so, pero no último instante despexa o defensa. No 13´ gran xogada
de Iván González, pasa a Carba, este cede a Dani que remata de tiro
cruzado que se vai por pouco. No 24´outra nova ocasión para Rebolo que
dispara frouxo. A pesar das oportunidades chegouse ó descanso coas
táboas no marcador.

Na
segunda metade, ós 50 minutos puido chegar o castigo, Pablito queda so,
pero non consigue definir ante Kiko. E o que son as cousas, ahí chegou o
momento máxico do As Pontes, con catro goles en quince minutos. No 51´
Iván manda o balón ó pau, colle o rexeite Carba que cede a Adriano e
este fusila a placer. Tres minutos máis tarde, centro desde banda de
Carba, rebota nun defensa visitante e o balón cae nos pes de Iván que
marca con maestría. No 58´ Iván vaise so e o porteiro faille penalti que
se encarga de  transformar maxistralmente Bossa. No 66´
pase en profundidade de Pablo a Iván que se desmarca ben e pica ante a
saída do porteiro.

Co
partido xa sentenciado salientar un tiro ó longueiro de Santi no 73´ e
que o As Pontes xogou os cinco últimos minutos con dez por unha aparente
leve lesión dun Iván que hoxe estivo pletórico.

A
falta de oito xornadas para o final, As Pontes lidera con 66 puntos,
Mesón do Bento ten 64, Betanzos 61 e Dorneda 59. A semana que ven o As
Pontes xogará en Chantada.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s