Por Anton Ferreiro

FÚTBOL
SALA:  PRIMEIRA  NACIONAL  “B”

BOSTON
OURENSE – O ESTEO FS (5-5)

         AS
PONTES (Antón Ferreiro)
.- Mal partido do Esteo en Ourense,
onde non pasou do empate diante do Boston (5-5). Medio cento de
espectadores no pavillón dos Remedios, da cidade das Burgas.

         BOSTON
OURENSE
: Luis, Raúl, Tizón, Jacobo, Luis Ángel –cinco
inicial- Iván, Kiko, Pablo, Fanda, Guano e Rubén.

         O
ESTEO FS
: Ito, Anxo, David, Fran, Noé –cinco inicial- Gerardo,
Rubi, Juan e Pellón.

         ÁRBITROS:
Roldán Pérez e Omero Baltasar (Pontevedra). Amoestaron a Rubi e Pellón,
do Esteo.

           
GOLES: Min. 3 (0-1),
Anxo. Min. 4 (1-1), Tizón. Min. 6 (2-1), Luis.
Min. 15 (2-2), Pellón. Min. 19 (3-2), Raúl. Min. 22 (3-3),
Noé. Min. 25 (3-4), Pellón. Min. 30 (4-4), Fanda. Min. 37
(4-5), Fran. Min. 38 (5-5), Raúl.

COMENTARIO: Non andan moi
finos os xogadores do Esteo nas últimas xornadas, xa que levan tres sen
coñecer a vitoria e tras este novo empate están agora a tres puntos do
líder, Casas-Brulak. Comezaron ben as cousas para os ponteses, pero
varios erros defensivos propiciaron que os locais se foran con vantaxe
no marcador ó descanso (3-2). A segunda parte cambiou a imaxe e o xogo
dos ponteses, que nestes segundos vinte minutos dominaron ó cadro
ourensán e en dúas ocasións foron por diante no marcador para chegar o
empate definitivo a falta de menos de dous minutos para o remate, aínda
que o Esteo tivo a oportunidade de gañar o encontro en dous
dobre-penalti que Pellón estrelou nos paus da portería local.

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s