Por Carliña e Xose Ferreiro

PARTIDOS
FEMININOS.


 

O As
Pontes feminino
perdeu hoxe á mañá en Coruña ante o glorioso Victoria
por 5 goles a 0 no terceiro partido de Copa. Derrota sen paliativos das
azuis que o deron todo ante o mellor equipo da categoría e que xa
garantiu o primeiro posto no grupo e o acceso á seguinte rolda. O
partido clave das pontesas disputarase este Xoves Santo, recibirán ás
lucenses do Milagrosa e necesitan polo menos un punto e o apoio do
público pontés para intentar acceder a seguinte fase.

Salido
formou con Leti, Yaiza, Paula, Jani, Silvia (Iria 73), Lara (Carliña
79), Clara, Alba, Paty, Carlota e Chipy. As visitantes alinearon
a Ángela, Begoña, Laura, Vanessa, Lucía, Rita, Olalla, Ana, Lucía,
Isabel e Virginia. Arbitrou o encontro o colexiado coruñés Iván
Domínguez de Bernardo.

O
equipo feminino B
sumou o seu segundo triunfo na Liga Comarcal de Fútbol
8, vencendo en Ferrol nun partido moi disputado ó Aspirantes por 0 a 1,
tanto anotado por Clara. Salido e Pita xogaron con Natalia, Sabela,
Andrea, Paula Vilaboy, Cris García, Cris Moirón, Uxía, Antía, Janira,
Paula López, Clara, Carla e Alba.

Lidera
a clasificación o Cariño con pleno de victorias na primeira volta, 12
puntos, e un partido máis, segundo estaría o As Pontes con 6, Aspirantes
e Ortigueira teñen 3 e cerra a taboa o Meirás con 0 puntos.

Precisamente
as de Valdoviño serán as próximas rivais das azuis no partido que pecha
a primeira volta.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo feminino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s