Por Xose Ferreiro

UN SENSACIONAL BORJA PRIETO CONSIGUE 5 MEDALLAS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA.

O palista pontés Borja Prieto Valera conseguiu esta fin de semana nada máis nin nada menos que  5 medallas nos Campionatos de España que se disputaron no embalse de Pontillón, en Verducido (Pontevedra), rematando asi a tempada con 1 ouro, 1 plata e 3 bronces.

   FELICIDADES BORJA!!!

O primeiro metal chegaba onte á mañá na proba de K1 1000 metros, bronce, tras o 4º clasificado nos Europeos, o asturiano Javier Hernanz (3:33:70) e o bañezano Jose Julián Becerro (3:34:63). Borja entrou cun tempo de 3:37:05.

No K4 1000 metros o palista pontés e os seus compañeiros Acuña, Portela e Craviotto (2:56:34) quedaron segundos a 25 milésimas do ouro que se levou o Kayak Tudense de Diego Piña, Iván Alonso, Jovino González e Víctor Rodríguez (2:56:32). Terceiro foi o Talavera.

Xa na xornada de onte á tarde de novo Borja volveu ser bronce no K1 500 metros, por detrás do campión mundial de relevos o asturiano Fran Llera (1:39:38), segundo Hernanz (1:40:22), terceiro Borja (1:40:40).

A única proba do sábado na que o palista pontés non conseguiu medalla foi no K2 500, onde xunto ó campión mundial en 2002 Jaime Acuña ó ver que non conseguían metal deixaronse levar para reservarse para o K4 e concluiron na 8º posición final, nunha proba gañada polo campión olímpico Perucho máis o xove Germade, plata para Llera-Fiuza, bronce para Vindel-Baños.

O colofón á xornada do sábado chegou no K4 500 coa victoria de Borja-David Portela-Saúl Craviotto e Jaime Acuña cun tempo de 1:22:81, por diante de Aldán (Perucho-Germade-Tiebo-Dono-1:23:23) e Tudense (Jovino-Piña-Ardit-Rodriguez-1:23:51).

Xa na xornada do domingo nas probas de 200 metros, Prieto conseguiu unha medalla máis, o bronce no K2 200. Borja e mailo campión olímpico, o ilerdense Saúl Craviotto, gañaron a contrareloxo clasificatoria, e nas semifinais foron terceiros conseguindo o pase para a gran final na que gañou o dúo formado polo campión olímpico Perucho e Rodrigo Tiebo (33:09), segundos o campión mundial de relevos Pablo Andrés e Asier García (33:56) e Borja e Saúl bronce con 33:57.

Na outra proba das sete nas que competiu esta fin de semana, o K1 200 metros, de moitísimo nivel, Borja foi 6º na súa semifinal, pero sen embargo gañou a final B cun tempo de 37:25 por diante de Jaime Acuña e Rodrigo Tiebo. Na final A ouro para Craviotto, plata para  Andrés, bronce para o galego Dono.

Desgraciadamente nin Borja nin Saúl competiron no K4 200 polo que fuxiu a opción da sexta medalla nun campionato que non deixa de ser tremendamente exitoso para os intereses do palista pontés.

Por equipos gañou Tudense con 2307 puntos, segundo Sevilla con 1226, e terceiro o PiraguaMadrid de Borja con 1020. O Firrete de Pontedeume foi décimo con 500 puntos.

Esta entrada foi publicada en Deportistas destacados/as ponteses/as. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s