EMMA … ENORME …

SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. SILLEDA 2 CD AS PONTES 2.
 

SILLEDA 2. 
 
CD AS PONTES 2. Leti, Yaiza, Mireia, Jani, Silvia, Clara, Lara, Alba, Patri (Natalia 77´), Chipy (Carlota 24´) e Carliña (Andrea 61´).
 
Goles: 0-1, Chipy, minuto 2, 0-2, Alba, minuto 14, 1-2, minuto 50, 2-2, minuto 75.
 
Árbitro: Suso González Vázquez.
 
Campo: Outeiriño
 

 
Empate do equipo feminino en Silleda ante o cadro local (2-2). As azuis comezaron en tromba con dous goles de Paula Chipy e Alba apenas transcorrido un cuarto de hora. Puideron aumentar a distancia con varias ocasións, algunhas moi claras, cun penalti fallado e un tiro ó longueiro de Carliña. No segundo tempo o cansancio do equipo visitante e a maior experiencia do cadro local conduciron ó empate. Non obstante resaltar o punto conseguido e a derrota mínina a pasada semana en Val do Ulla (2-1) neste inicio de temporada no que o conxunto feminino tivo a súa particular etapa de montaña rendindo visita ós dous gallitos da categorías descendidos de Primeira División. As notas positivas, o debut de Mireia Cabarcos (dará que falar) e a volta ós terreos de xogo tras lesión da gran Carlota. O peor, que Chipy e a Capitana se retiraron tocadas.  
 

 
Esta entrada foi publicada en Novas equipo feminino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s