Por Antón Ferreiro e Xóse Ferreiro

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES.

 

O segundo equipo do As Pontes non xogou o seu partido contra o Narahío correspondente á séptima xornada pola negativa do colexiado. Son segundos por detrás do Caranza, cun partido menos, e a semana que vén terán unha importante visita ó terceiro clasificado, AD Miño.

Xenial o xuvenil B, a alegría da xornada, venceron 0-8 ó Cultural Maniños, e son terceiros con 17 puntos. A próxima xornada reciben ó Galicia de Mugardos.

Derrota dos cadetes en O Val (3-1). Son sextos con 9 puntos e a semana que ven reciben ó terceiro clasificado, Ortigueira.

Paso adiante dos infantís, gañaron 0-2 ó San Pedro, tantos de Raquel e Nahúm, e seguen líderes empatados a puntos co Narón BP. O vindeiro sábado descansan.

Mala xornada para os máis pequenos, o alevín A descansou, e vai segundo a tres puntos do Eume pero cun partido menos, a próxima xornada reciben ó Rápido de Neda B.

O alevín B perdeu 0-4 co líder San Sadurniño que este xoves levará a cinco xogadores á selección de Ferrol. Os ponteses son novenos con catro puntos e a semana que ven visitan ó Canido.

En benxamíns o As Pontes A perdeu 10-1 co líder O Val B. Son sextos con tres puntos e a seguinte xornada reciben ó Rápido de Neda.

O benxamín B perdeu 0-7 co San Pedro e son séptimos con tres puntos. O próximo sábado visitarán ó Eume.

Nos prebenxamíns, o A perdeu 7-1 co líder Caranza. Tamén recibirá ó Neda, que o próximo sabado fará triple visita ó Poboado. O B, perdeu 0-14 co Val, e o seguinte fin de semana xogarán en Ferrol co Portuarios.

Esta entrada foi publicada en Resto de CAtegorias C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s