Xose Ferreiro

Cinco futbolistas do CD As Pontes convocados coa selección de Ferrol.‏

 

A delegación ferrolá comezará a semana que ven a preparar o Trofeo Caixa Galicia 2011, nas súas tres respectivas categorías, alevín sub12, cadete sub15, e xuvenil sub17.

Nesta primeira convocatoria haberá cinco representantes do CD As Pontes, á selección alevín irán o goleador Josiño Pico e o polivalente Andrés Pita, á selección cadete vai o dianteiro David Rey, meritoria convocatoria sendo aínda infantil de segundo ano, con respecto á selección xuvenil vai o extremo esquerdo que xa estivo na sub15, Alex Cabarcos, e o medio centro Juan Prieto, convocatoria cantada tendo en conta que ambos xogan en Liga Nacional sendo aínda xuvenís de primeiro ano.

Nas vindeiras semanas a delegación ferrolá fará sucesivas convocatorias e probará sen dúbida a máis xogadores, agardemos que con presencia de moitos azuis, destinadas a confeccionar os equipos que xogarán contra A Coruña e Lugo na Fase Norte do Trofeo Caixa Galicia. Na Fase Sur estarán Vigo, Pontevedra, Ourense e Santiago.

Os alevíns e cadetes adestrarán o xoves ás 16:00 no Campo da Gándara, namentres que os sub17 farano o mesmo día ás 15:30 en Perlío.

As convocatorias completas son:

 

ALEVÍN SUB12

Racing de Ferrol: Javier Sanmartín, Fernando Fernández, Santiago Otero, Manuel Permuy, Carlos Berea

SRD Portuarios: Kevin Bellas, Zoel Daza, Miguel Piñeiro, Alejandro Piñón, Rubén Franco

CD San Sadurniño: Diego Sanjurjo, David Varela, Jaime Díaz, Mario García, Diego Durán

Galicia de Caranza CF: Bruno Pena, Cristian Grajales, Miguel Torrente

Narón BP: Ismael Moreira, Airam Camacho

Cedeira SD: Brandan Otero, Miguel Ponce

CD As Pontes: Andrés Pita, Xóse Pico

Eume Deportivo : Raúl Fernández

CCRD Perlío: Javier Varela

FC Ortigueira: Andrés Barcón

SD Rápido de Neda:  Jose Pérez

 

CADETE SUB15

SRD Portuarios: Mike Pérez, Iago Gómez, Óscar Ares, Adrián Pérez, Jorge Prieto, David Breijo

Racing de Ferrol: Iago de Santiago, Manuel Mariña, Omar Ismail, Iago de Diego, Ignacio Pato

Meirás CF: Bruno Yáñez, Jonathan Picos

Galicia Caranza CF: Daniel Espiñeira

SD O Val: Manuel Brandeiro

CD As Pontes: David Rey

 

XUVENIL SUB17

Racing de Ferrol: Diego Fernández, Ignacio Paz, Jesús Peña, Kevin Martínez, Eduardo Iglesias

Galicia de Caranza CF: Boris Pico, Adrián Priegue, Yeray Garel, Jorge Díaz

Eume Dep: Francisco Seijas, Fernando Rodríguez

Meirás CF: Sergio Orjales, Carlos Ramallo

SRD Portuarios: David López, Óscar Freire

CD San Sadurniño: Iago Montero, Alberto Campos

CD As Pontes: Alex Cabarcos, Juan Prieto

Galicia Mugardos: Alejandro Pita

Numancia de Ares SDR: Carlos Arnoso

Cedeira SD: Óscar Regueiro

Esta entrada foi publicada en Resto de CAtegorias C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s