Por Antón Ferreiro e Xose Ferreiro

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

 

Sensacionais noticias nos chegan desde Monforte onde o equipo feminino logrou unha contundente victoria ante un conxunto complicadísimo como é o Monte Forte por 0-4. As de Lugo a semana pasada venceran ó Tordoia por 1-5. Xunto ó triunfo o ano pasado ante o Pastoriza por 0-2, un dos partidos máis históricos nas tres temporadas das azuis. O equipo de Salido ponse líder con 6 puntos, magoa do complicadísimo grupo no que caeron e lástima que quedan aínda catro xornadas e deberán asegurar polo menos un par de victorias si queren ser un dos dous conxuntos que accedan á seguinte fase. Pra a semana que ven recibirán ó Tordoia, que anque pareza o rival menos forte do grupo, hai poucas semanas derrotou ó As Pontes por 3 a 0, asi que non será doado sacar os tres puntos nin moito menos. Hoxe no partido xogado no Campo Luis Bodegas e arbitrado por Cristian Penas Vilaboa xogaron Leti, Yaiza, Mireia, Jani, Silvia, Lara, Clara, Noelia, Lau (Alba 77´), Carlota e Carliña (Candela 65´). Marcaron a talentosa Carlota (12´), o todo terreo Lau (53´) e a prometedora Clara fixo dobrete (24´e 70´). (Xentileza de Emma) 

Gran victoria do Xuvenil de Liga da Ría 0-1 en Meirás, gol de Manu. Ánimas ten 66 puntos, Cedeira que venceu ó Narón 1-0 ten 63, os mesmos que Perlío, a falta de cinco xornadas este tres equipos semella que se van xogar as dúas prazas de ascenso, logo con 57 está o Narón BP e As Pontes 55. A semana que ven reciben ó Numancia de Ares.

Xenial o cadete de Iván Rodríguez que gañou 4-1 ó Aspirantes de Ferrol, anque desgraciadamente solo lles serviu para descolgar un pouco ó Meirás que perdeu 4-0 en Ares, pois o resto dos seus rivais non so gañaron senon que ademáis o fixeron con contundencia. Así a clasificación queda Caranza 57, As Pontes 52, Eume 49, Ortigueira 47, O Val 46 e Meirás 44. A semana que vén terán un difícil compromiso en Cadaval ante o Narón. Marcaron o media punta Galego (2), o capitán Tiny e o ex extremo-dianteiro reconvertido a bo central Gonza.

 

Empate con sabor agridoce do segundo equipo feminino ante o Narón Balonpé Piñeiros. As azuis de Salido e Pita rematan a primeira volta con un saldo de 3 victorias, 1 empate, e 3 derrotas, 17 goles a favor por 14 en contra. A pesar de que comezaban dominando as visitantes, Chipy, a goleadora do fútbol 8, abría a lata, que máis tarde unha inmensa Nato de falta ampliaba. Sen embargo pouco antes do descanso as rivais recurtaban distancias. No segundo tempo, outra vez Nato de falta poñía o 3 a 1. Pero agora que rematou a primeira volta queda confirmado, todas as rivais do As Pontes suman máis anos, nalgúns casos, bastantes máis, son maiores, e nos últimos minutos dos encontros acabase impoñendo o físico e a resistencia. As visitantes tiveron dúas ocasións moi boas, tamén Chipy, e Nato, de falta estivo a un paso do hat trick, pero foron as locais con dous goles en propia meta, o segundo no último minuto, en sendos intentos de despexe, que poñerían o definitivo 3-3 no marcador. Xa no desconto o fútbol non foi xusto e Nato (foto) enviou un balón á cruceta. Xogaron Alba, Chipy, Sabela, Patri Rochela, Nato, Antía, Janira, Lía, Carmela, Laura, Uxía e Cris García.

Sensacional tamén o infantil que gañou 1-7 en Sinde ó Val. Difícil papeleta a dos azuis que a semana que vén xogarán en casa ante un Meirás que gañou contundentemente na súa visita ó gran equipo do Narón, 0-3. No outro encontro o Eume sacou un punto da Malata ó empatar co Racing 2-2. Os goles foron anotados por Brais Blanco, nin más nin menos que catro dianas marcou, e non é a primeira vez no que vai de temporada, dous do talentoso media punta Alex Fernández e un do seleccionado David Rey. Ó descansar o conxunto alevín campión de Liga esta semana debutou Josiño cos infantís, a pesar de ter dous anos menos.

O Alevín B perdeu honrosamente 2-1 na casa do segundo clasificado, Galicia de Caranza B. Seguen na séptima posición con 36 puntos recibindo a semana que vén ó Rápido de Neda, que vai de penúltimo.

O Benxamín A perdeu 1-5 co EFR FErrol B na súa despedida de temporada, tanto de Mateo,  derrota que non debe empañar a súa brillante traxectoria, xa que gañou 16 partidos, e so perdeu catro, os dous contra os ferroláns, segundos, e outros dous contra O Val B, campión con todos os partidos gañados, dous conxuntos un peldaño por riba do resto. Rematan terceiros e agora ós azuis esperalles a Copa onde quedaron encadrados no Grupo 4 con San Sadurniño, Caranza C, San Pedro e O Val. Ó Benxamín B correspondeulle o grupo 3 onde están Ánimas B, Eume, Numancia, Caranza D e Miño. Pasan a cuartos de final os seis primeiros de cada grupo máis os dous mellores segundos.   

 

O Prebenxamín A perdeu no seu derradeiro partido de Liga 2-7 co segundo clasificado Ortigueira, goles de Dani e Joan, e rematan sextos con 35 puntos. Na competición de Copa tocoulles o Grupo 1 con EFR Ferrol C, San Pedro, O Val, Cedeira e Barallobre. Os máis noviños están no grupo cuarto con Caranza C, Numancia, Narón B e Perlío. Os primeiros de cada un dos catro grupos pasan a semifinais.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Resto de CAtegorias C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s