Por Antón Ferreiro

FÚTBOL VETERANO DE AS PONTES: CAMPIONATO DE LIGA 2010/11

A falta dunha xornada para o remate da liga, xa está todo decidido na liga de fútbol veterano de As Pontes, co Santaballés como campión da presente campaña. Na penúltima xornada rexistráronse resultados esperados, destacando a goleada de A Cepa sobre Los Bidones. Como dato sinalar que o conxunto de Xuntanza fixo o tradicional corredor ó campión desta temporada, o equipo do Santaballés

RESULTADOS 21ª XORNADA
A Cepa – Los Bidones (8-0)
La Galaxia – M. Eume (2-4)
Farmavida – As Pontes 74 (3-0)
Santaballés – Xuntanza (3-1)
C. Guerreiro – C. Bahía (2-3)
Descansa: MMYPEN
A clasificación xa está decidida nas tres primeiras posicións, co Santaballés, como campión de liga, con 51 puntos. Na segunda posición queda Mobles Eume con 44 puntos, mentres que As Pontes 74, queda na terceira praza, con 39 puntos. A continuación están C. Guerreiro (31), C. Bahía (30) Farmavida (27), A Cepa (20), Xuntanza (18), La Galaxia e Los Bidones con 15 puntos e pecha a clasificación MMYPEN con só dous puntos.

En canto ós goleadores, continúa na primeira posición Toni, de Mobles Eume, con 26 goles; seguido de Fernández (A Cepa), con 19. A continuación están Pepe (M. Eume), con 17; e Iván Rodríguez (Santaballés), con 14, e Michel (C.Guerreiro), con 13.

22ª XORNADA (2/3-04-2011)
Xuntanza – A Cepa (2, 18,00)
MMYPEN – La Galaxia (2, 19,00)
As Pontes 74 – Santaballés (3, 10,00)
M. Eume – Farmavida (3, 11,00)
Los Bidones – C. Guerreiro (3, 12,00)
Descansa: C. Bahía 

PARTIDO ATRASADO
C. Guerreiro – Farmavida (2, 20,00)

Finalmente salientar que o vindeiro 9 de abril comezará a competición de copa, na que os once equipos foron divididos en dous grupos:

GRUPO A: C. Guerreiro, MMYPEN, C. Bahía, Xuntanza, M. Eume e Santaballés.
GRUPO B: Los Bidones, La Galaxia, Farmavida, As Pontes 74 e A Cepa. 

1ª XORNADA (9/10-04-2011) C. Bahía – MMYPEN (9, 19,00) La Galaxia – As Pontes 74 (9, 19,00) Santaballés – Xuntanza (10, 10,00) Farmavida – A Cepa (10, 11,00) C. Guerreiro – M. Eume (10, 12,00) Descansa: Los Bidones
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Resto de CAtegorias C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s