CD As Pontes Feminino

FALECEU RICARDO BARREDO, EX–PRESIDENTE DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

 

AS PONTES (Antón Ferreiro):  Este mércores 30 foi enterrado na cidade berciana de Ponferrada Ricardo Barredo González, que foi presidente do Club Deportivo As Pontes na década dos anos oitenta do século pasado. Por aquel entón o club pontés denominábase CD Endesa As Pontes.

Ricardo Barredo nacera en Ponferrada no ano 1925 chegando a As Pontes na década dos setenta como empregado de Endesa. Entrou como presidente na temporada 1980/81 co Club pontés en Rexional Preferente, logrando o terceiro ascenso á Terceira División despois de dezaseis anos na temporada 1983/84. Abandonou a presidencia na temporada 1984/85. Foi substituído no cargo por Fermin Gil, con quen dúas temporadas despois, o conxunto pontés ascendeu á Segunda División B.

Con motivo dos actos de celebración do 50º aniversario da federación do Club, Ricardo Barredo recibiu a insignia de ouro desta histórica entidade deportiva pontesa, xunto ós outros nove presidentes que tivo o Club dende 1960 ata hoxe.

Con motivo do seu pasamento, no partido que disputarán no Poboado o vindeiro domingo o As Pontes e o Racing de Ferrol gardarase un minuto de silencio e os xogadores ponteses portarán brazaletes negros na súa memoria.

Esta entrada foi publicada en Noticias y política. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s