www.amigus.org (AF)

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: CALOTO LOYO – O ESTEO (5-2)

Segunda derrota do Esteo no que vai de temporada diante do Caloto Loyo, de Sarria, por 5-2 (2-0 ó descanso). Medio cento de espectadores no polideportivo do Chanto de Sarria.

Segunda derrota da liga do Esteo nun partido que estivo moi igualado e ó que o conxunto pontés acudiu coas baixas de Gerveno, Santi, Ito e Rubi e por se isto non fora pouco, ós dous minutos de xogo sufriu a lesión de Gerardo. A igualdade foi a tónica do partido, sendo a clave a efectividade dos lugueses que souberon aproveitar as súas ocasións, non así os ponteses. Na primeira metade o conxunto de Sarria marcou logo dun saque de esquina que rematou Darío. Posteriormente Carlos, de potente disparo e pola escuadra, logrou o segundo para o seu equipo. A tónica do segundo tempo foi a mesma, igualdade no xogo e efectividade nos locais que a falta de oito minutos gañaban por 3-0 despois do gol de Carlos, que anotou tres tantos para o seu equipo. Nos últimos cinco minutos o Esteo sacou porteiro-xogador creando moitos problemas na portería local, logrando Pellón o primeiro para o seu equipo, pero nunha indecisión dos ponteses o Caloto establecía o 4-1 por obra de Carlos e no derradeiro minuto de xogo Anxo e Jairo estableceron o definitivo 5-2 co que rematou o partido. Pese á derrota o Esteo xa é campión de liga e na vindeira xornada descansa para viaxar na derradeira á casa do Rececende, da Pontenova.

CALOTO LOYO: Luis, Marcos, Carlos, José, Darío –cinco inicial- Dani Rodríguez, Paco, Donino e Quini.Jairo, Adrián, Ángel e Roberto.

O ESTEO FS: Chotto, Pellón, Anxo, Fran, Gerardo –cinco inicial- Chavo, Diego e Pelu.

ÁRBITROS: Rivas Fouz e Naray Álvarez, de Viveiro. Amoestaron a José, Darío, Pellón e Anxo.

GOLES: Min. 6 (1-0), Darío. Min. 17 (2-0), Carlos. Min. 32 (3-0), Carlos. Min. 38 (3-1), Pellón. Min. 39 (4-1), Carlos. Min. 39’56” (4-2), Anxo. Min. 39’59” (5-2), Jairo.

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s