Por Xose Ferreiro

ALEX CABARCOS E A SELECCIÓN GALEGA CLASIFICANSE PRA A FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA QUE XOGARÁN CONTRA A C.VALENCIANA.

Sensacionais noticias nos chegaban no día de onte desde Sant Boi de Llobregat, onde a selección galega sub18 se impoñía 0-1 á todopoderosa selección catalana na súa propia casa.

Tras unha primeira metade de dominio e ocasións catalanas pasouse á segunda onde os galegos se foron facendo co control do encontro e das oportunidades ata que no minuto 89´o xogador do Arousa Eloy Fariña anotaba o tanto que daba o pase á selección galega á final.

Xogaron por Galicia, David Gómez, Marcos González, Alex Cabarcos, Jorge Callon, David Goldar, Jose L Varela (Eloy Fariña 76), Jordan Domínguez, Dani Iglesias (Alberto Rey 89), Juan Barros (Brais Abelenda 83), Karim Herrero (David Remeseiro 46) e Sergio González. Moi meritorio ademáis si se teñen en conta as ausencias dos célticos Jonathan Castro e Rubén Blanco.

A selección galega afrontará o domingo ás 11:30 unha gran final na que se enfrontará á C.Valenciana que hoxe gañou 0-4 a Castela A Mancha. Destacar na selección valenciana entre outros ó dianteiro Juan Delgado (Valencia), o medio esquerdo Cámara (Villarreal), ademáis do lateral esquerdo valencianista Gayá.

Esta entrada foi publicada en Deportistas destacados/as ponteses/as. Ligazón permanente.

Deixar un comentario