CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – CÉLTIGA F.C. (3-2)

O As Pontes segue nas primeiras posicións despois do seu traballado, pero merecido, triunfo sobre o Céltiga da Illa de Arousa, conxunto que se afunde nas últimas posicións en posto de descenso. O partido foi de dominio do As Pontes cunha primeira parte na que creou moitas ocasións de gol, pero o primeiro gol local tardou en chegar. Foi nun pase de Sergio Arias que Dani enviou ó fondo da portería visitante. Antes, Cañi tivo dúas boas oportunidades para marcar. O empate chegaría cinco minutos despois, logo de que Bossa enviase un forte disparo que o meta visitante Vila desviou a córner. Sería nun dubidoso penalti que o árbitro sinalou ó interpretar un inexistente derribo de Kiko sobre o dianteiro Juanito cando o porteiro pontés o que fixo foi darlle ó balón e o dianteiro visitante tirouse ó chan. Os segundos corenta e cinco minutos de partido foron de total dominio pontés, que unha e outra vez creou perigo na porta de Vila, primeiro en ocasións de Iván González, aínda que nada máis comezar este segundo tempo Cerqueira estivo a piques de marcar nun disparo que pasou rozando o poste esquerdo da porta de Kiko. Os da Illa adiantáronse no minuto nove nun despiste da zaga local que aproveitou Juanito para marcar. Pouco despois empata Cañi tras un centro de Sergio Arias. Acto seguido Rochela manda o esférico ó peito do porteiro do Céltiga que sae a córner e, pola contra, Kiko atalla un balón de Fede nunha inmellobrable ocasión para o xogador do Céltiga. A entrada de Dieguito e David Amado deu moita mobilidade á dianteira pontesa e este xogador creou perigo na porta visitante, incluso o árbitro non quixo ver un penalti sobre el mesmo no minuto trinta. Tamén Dani puido marcar, pero o seu cabezazo foise fóra por pouco. O gol da vitoria pontesa chegou a falta de tres minutos para o final nunha internada de Sergio Arias, o mellor do partido, establecendo o 3-2 definitivo, un resultado que fixo xustiza ó xogo realizado polos dous equipos.

cdaspontes

FICHA DO PARTIDO
CD AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano (Dieguito, m. 75), Chote, Pablo López, Dani, Iván (Esmorís, m. 88), Bossa, Sergio Arias, Cañi (D. Amado, m. 75) e Pablo Domínguez.

CÉLTIGA FC:  Vila, Janeiro, Río, Unai (Beni, m. 60), Sombri, Groba, Cerqueira (Berto, m. 78), Jacinto, Fede, Breogán e Juanito.

ÁRBITRO: Óscar Martínez Santos, da delegación de Santiago. Mal asistido nas bandas por Gay Casal e Sampedro Baliño. Tarxetas amarelas a Kiko, Pablo López e Dani, do As Pontes, e Río e Unai, do Céltiga.

GOLES: Min. 39 (1-0), Dani. Min. 44 (1-1), Janeiro, de penalti. Min. 54 (1-2), Juanito. Min. 60 (2-2), Cañi. Min. 88  (3-2), Sergio Arias.

INCIDENCIAS: Partido de Terceira División disputado no campo do Poboado en tarde chuviosa e fría, a veces cuns raios de sol, con asistencia duns 200 espectadores, con presenza de seguidores da Illa de Arousa.

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

Nova cortesía de A.F.

SEGUNDA AUTONÓMICA (Grupo 4º): CD AS PONTES – CUD NARAHÍO (3-0)

Importante vitoria do segundo equipo pontés ante o cadro de Narahío por tres goles a cero nun partido no que a nova foi a agresión ó colexiado Borja Gundín por parte do xogador do Narahío, Álex Martínez, á saída dos vestiarios cando se ía disputar a segunda parte. O xogador fora expulsado por dobre tarxeta amarela. O árbitro tras consultar coa delegación arbitral decidiu continuar o encontro, iniciándose a segunda parte con máis de media hora de retraso. Posteriormente desprazouse ó hospital para ser consultado, pois ó parecer tiña un forte golpe na cara.

Á marxe deste lamentable incidente, sinalar que o As Pontes adiantouse no primeiro tempo mediante un tanto de cabeza de Borja no minuto 25.  A Segunda parte o As Pontes puido ampliar o marcador por medio de Fermín por dúas veces. No 48´ manda o balón por alto e no 58´, tras unha cesión de Vicente, o gardamallas salva estirándose como Casillas cando case se cantaba o gol.

Foi no minuto 63 nun balón que lle chega a Borja ás costas desmarcándose, e nada máis botar mándalle un zapatazo que se cola polo escuadro nun dos goles do ano no campo do Poboado facendo o 2-0.  Nunha xogada propia dos equipos grandes, no minuto 70, pase en profundidade de Totti, internase por banda esquerda Fermín, centra e Marcos Novo chegando dende atrás marca por alto a pracer.

Con todo decidido, o encontro entrou nunha fase bronca nos últimos instantes sen pasar a cousa a maiores.

segunda

O As Pontes sitúase terceiro con 48 puntos e visita na vindeira xornada ó San Sadurniño, décimo terceiro na clasificación. Miño con 53 puntos, Rápido de Neda con 52, As Pontes B e San Mateo con 48, Cariño, Numancia de Ares e Ortigueira con 47 puntos.
O cadro de Iván Rodríguez xogou con Iván Parapar, Ferreiro, Palas, Fernando, Carlos (Cristian, min. 73), Totti (Alex Antón, min. 79), Vicente, Fermín (Hugo, min. 73), Vilasuso (Marcos Novo, min. 55), Borja, Narciso (Moya, min. 58). Preto dun cento de espectadores no anexo do campo do Poboado.

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

segunda

Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA 23-24 DE MARZO DE 2013

COPA GALEGA FEMININA: ATL. MELIDE – CD AS PONTES (1-2) O equipo feminino sumou un valioso triunfo  no campo do Atlético Melide por 1-2, con tantos de Andrea Pita, que se estrea, e a “capitá” Patri Dopico, o que o achega á segunda fase da Copa Galega feminina á espera de recibir ó Orzán B no primeiro fin de semana de abril.  Pita desprazou o once xusto: Leti, Sara, Noe, Nuria, Silvia, Vicky, Lía, Patri Dopico, Andrea, Sheila e Paula.

LIGA GALEGA XUVENIL: BERGANTIÑOS CF – CD AS PONTES (1-1) Valioso empate do As Pontes xuvenil (1-1) en terras de Carballo ante o Bergantiños, con tanto pontés de Álex. Antes da Semana Santa, o mércores 27 (17,00) visita o Poboado o Eume Deportivo en partido aprazado no seu día polo temporal de chuvia. Os ponteses de momento son sextos,  con 41 puntos. Galicia de Caranza con 57puntos, seguen Residencia (54), O Val (46), Fátima e Racing Vilalbés con 42.

prebenxamina

 

CATEGORÍA CADETE: SD O Val-CD As Pontes (1-2) Gran vitoria do As Pontes cadete en Narón ante O Val, por 1-2 (Brais Blanco e David Rey). Métese así por dereito propio na loita pola segunda praza. Moi contentos quedan os ferroláns, que grazas á vitoria dos azuis case sentencian a liga. Galicia de Caranza 43 puntos, O Val 37, e As Pontes 35. Despois do descanso festivo visita do Ánimas.

CATEGORÍA INFANTIL: CD As Pontes-Gª Caranza B (9-0)
Contundente vitoria do infantil ante o Galicia de Caranza B por 9-0, “hat trick” de Josiño, dous de Andrés e Alberte, e un de Sergio Otero e Martín. Os rivais tampouco afrouxaron, o Racing de Ferrol gañou 1-7 en Pontedeume, o Portuarios 8-0 ó Ánimas, e o Ortigueira 10-2 ó Numancia de Ares. Así as cousas, Racing de Ferrol ten 42, As Pontes 40, Portuarios 35 e Ortigueira 32. Retoman a liga visitando ó Cultural de Maniños en Fene.

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

CATEGORÍA ALEVÍN: CD As Pontes-R. Ferrol (1-2) Cedeira SD-CD As Pontes B (2-3)
Derrota do Alevín A por 1-2 ante o Racing de Ferrol, con tanto de Chema. Equipo con grandes xogadores, como Manuel Fernández, na selección galega, ó igual que Julián Nieto (GªCaranza) e Manuel Orosa (O Val), que son os tres representantes da comarca na selección, curiosamente dos tres primeiros clasificados na Liga dos mellores. O Val 33, Caranza B 31 e Racing de Ferrol 25. Logo, con 18, Amistade Meirás e con 17 As Pontes e Narón. Ó complicado Galicia de Caranza B renderá visita o As Pontes na vindeira xornada. O Alevín B venceu 2-3 (goles de Xan, Xoel e Vicente) ó Cedeira e escala ata a cuarta praza con 22 puntos. O segundo clasificado, Galicia de Caranza E, visitará o Poboado.

alevina

alevina

alevina

alevina

alevina

alevina

alevina

alevina

alevina

alevina

CATEGORÍA BENXAMÍN: Meirás CF-CD As Pontes (4-12) CD As Pontes B-R. San Pedro B (0-5)
Grandes noticias para o Benxamín A que ademais de gañar 4-12 (Jandro 4, Javi 3, Joan 3, Dani e Manu) ó Meirás veuse beneficiado pola derrota do seu inmediato perseguidor, Rápido de Neda, ante o Numancia de Ares (5-4) co que os azuis son líderes con 43 puntos, por 38 do Neda, 35 do San Pedro, e 32 dos aresáns. Non se poden botar as campás pois aínda quedan seis complicados partidos, como visitar ó San Pedro. Próximo encontro na casa ante o Galicia de Caranza D. O Benxamín B pola súa banda perdeu (0-5) diante o líder San Pedro B. Son oitavos con 13 puntos e visitan ó quinto clasificado, Barallobre, no retorno de liga.

benxaminb

benxaminb

benxaminb

benxaminb

benxaminb

benxaminb

benxaminb

benxaminb

benxaminb

benxaminb

CATEGORÍA PREBENXAMÍN: CD As Pontes-R. Ferrol (2-7) SRD Portuarios-CD As Pontes B (5-1)
Derrota do Prebenxamín A (2-7) ante o R. Ferrol B. Os dous goles de Álex Montero. Son oitavos con 9 puntos e visitan ó terceiro, Perlío, na vindeira xornada. O Prebenxamín B perdeu 5-1 (gol de Anxo Blanco) en Ferrol ante o Portuarios. Sétimos con 14 puntos, reciben ó terceiro, San Pedro B.

prebenxamina

prebenxamina

prebenxamina

prebenxamina

prebenxamina

prebenxamina

prebenxamina

prebenxamina

prebenxamina

prebenxamina

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo feminino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s