CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN: NARÓN BP 0 – CD AS PONTES 1

Victoria visitante nun derbi descafeinado que deixa ó As Pontes momentáneamente quinto con 50 puntos, mentres o Narón desgraciadamente é colista con 16 e casi matemáticamente está en Rexional Preferente.

Foi un partido triste como o xogado hai catro días ante o Céltiga dos que non gusta xogar. Afortunadamente o As Pontes, ó contrario que a tempada pasada, suma 50 puntos, e ten que aspirar nos sete encontros que restan, a acabar a Liga o máis arriba posible, anque por desgracia os puntos que sobren non se poden acumular pra a tempada que ven.

Toca felicitar ó presidente Xaime Castro, á directiva, a Manolo, ó corpo ténico e ós xogadores.

Nun encontro no que non parou de chover nos 90 minutos comezou dominando o cadro local, que contaba nas súas filas cos ponteses Cabarcos e Carballeira, asi coma o fillo de Momán, Marcos Souto, que non puido actuar na portería ó estar lesionado, pero conforme pasaban os minutos os visitantes sacudironse o dominio e así Bossa lanzou unha perigosa falta no 28´.

naron

Adiantouse o As Pontes na primeira metade, no 33´, un saque de esquina botado por Bossa co seu “guante”, e Nano, sen deixala caer, na zona do punto de penalti, empala ó segundo pau e acaba o balón no fondo das mallas. Ós seus 36 anos o bravo xogador marca o seu terceiro gol da tempada ante o equipo no que xogou durante 14 anos.

Antes de rematar a primeira metade, no 38´, taconazo de Dieguito para Domínguez e ó seu perigoso centro non chega Amado.

No segundo tempo outra combinación entre Bossa e Domínguez acaba nos pes de Amado e o seu remate vai lamendo a escadra (61´).

Complicouselle o encontro ó As Pontes coa rigurosa expulsión de Esmorís por dobre cartón no 63´, quedando trinta minutos por diante cun xogador menos.

Pero curiosamente apenas dous minutos despois Amado regatea, conduce, prantase so ante Jose Ramón e este sacou un gol cantado cunha man providencial.

Chegaron os mellores minutos pra os locais, destacando un centro chut do ex pontés Coedo (66´) e a máis clara, no 74´, nun balón que lle deixan en franquía a Santi no borde da área pero o seu disparo salvao Kiko.

Iván González rematou dende fóra da área preto da escadra no 86´ e xa no desconto (91´) puido marcar Arias, que recibe un pase maxistral de Cañi, pica ante a saída do porteiro e o balón pega na cruceta pola parte interna e pasease pola área local sen atopar rematador.

Sen tempo pra máis o As Pontes soubo conservar a mínima vantaxe e levouse os tres puntos nun triste e chuvioso derbi que agardemos que se volva a repetir dentro de dúas tempadas, iso si, na mesma categoría.

A falta de setes xornadas queda o As Pontes na quinta posición con 50 puntos á espera de que se complete a xornada o domingo. Por diante estarían os catro equipos da fase de ascenso, Racing de Ferrol 79, Celta B 62, Compostela 56 e Deportivo B 54. Pontevedra ten 49 e Ordes 48, ambos cun partido menos, e precisamente os da capital do Lérez visitan o Poboado a vindeira fin de semana.

0 Narón BP. Jose Ramón, Agustín, Cabarcos, Alberto, Justo, Óscar (Coedo 55´), Juanito, Cholo, Carballeira, Queijeiro, Diego (Santi 55´).

1 CD As Pontes. Kiko, Hugo, Jorge Nano, Pablo López, Rochela, Esmorís, Dieguito (Cañi 68´), Bossa, Eloy (Sergio Arias 79´), David Amado (Iván González 68´), Pablo Domínguez.

Campo e incidencias: Campo de Río Seco. Uns 300 espectadores en tarde moi chuviosa. Moitos visitantes.

Árbitro: Jose Luis González Sobrado. Auxiliado nas bandas por Adrián Díaz González e Jorge Correia Caballero (Vigo). Amonestou a Justo, Óscar, Bossa. Expulsou con dobre amarela a Esmorís no 63´.

Goles: 0-1, Jorge Nano (33´).

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

naron

Narón-As Pontes 28-03-2013 3ª Div 088_2916x1944

Narón-As Pontes 28-03-2013 3ª Div 147_2916x1944

Narón-As Pontes 28-03-2013 3ª Div 149_2916x1944

Narón-As Pontes 28-03-2013 3ª Div 151_2916x1944

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 6 EUME DEPORTIVO 0

En partido aprazado no seu día pola chuvia que encharcou o campo, e disputado onte precisamente ante unha chuvia atronadora, venceu o As Pontes xuvenil, no derbi comarcal, ó colista Eume de Pontedeume por un contundente 6 a 0.

Pouco hai que comentar dun derbi, desagradable de xogar pola situación na táboa dos visitantes, pois xa o reflicte o marcador, dous goles de Dani Villar, e un de Javi, Criado, Adrián e Tiny redondearon o marcador no segundo tempo, pois ó descanso chegouse con 2 a 0.

Un encontro no que os de Carballo xogaron con Krikry (Ángel Prieto 45´), Saviola (Gonza 60´), Rubén, Darío, Esteban, Juan, Adrián (Tiny 71´), Alex Montero (Capela 60´), Javi, Dani Villar, Criado (Jandro 71´).

Este resultado, deixa a un As Pontes, que hai un mes se compricara a vida perdendo na casa co Boiro, nin máis nin menos que na quinta posición.

Sigue liderando Caranza 57, Residencia 54, O Val, 46, Vilalbés 45, As Pontes 44, e por detrás Lugo B e Fátima 42, Boiro 40, Lalín 39, Bergantiños, Negreira e Milagrosa 38.

Xa máis comprometidos Orillamar 36, Conxo B 32, Montañeros B 28, e máis desafiuzados Brexo Lema 21, Viveiro 16 e pecha o Eume con 9.

Precisamente despois de Semana Santa partidazo no Poboado, As Pontes contra Galicia de Caranza.

xuvenil
xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2012/13 – COPA

RESULTADOS 1ª XORNADA 23 – Marzo – 2013

M. Eume – A Cepa (8-1) Susín (4), Carballo (3) e Carlos / Lolo

Partido suspendido a falta de 11 minutos para o final por un incidente entre dous xogadores e cando o equipo de A Cepa xa levaba varios minutos cun xogador menos. Dado por finalizado con ese resultado de 8-1

Farmavida – As Pontes 74 (4-0) Javi (2), Tino e Manolo

Descansou: MMYPEM e Grupo B

 

2ª XORNADA 6/7 – Abril – 2013

Maren – Xuntanza (Sáb. 6, 20,00)

Santaballés – La Galaxia (Dom. 7, 10,00)

A Cepa – Farmavida (Dom. 7, 11,00)

As Pontes 74 – MMYPEM (Dom. 7, 12,00)

Descansa: M. Eume

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s