www.amigus.org

O DEPORTIVO DE VETERÁNS EN AS PONTES

Este sábado o equipo de veteráns do Deportivo de La Coruña visita As Pontes para xogar co equipo local do As Pontes 74. O choque foi organizado por este equipo da liga local pontesa que celebra así a consecución do título de Copa na competición doméstica. Diante vai ter a un Deportivo plagado de lendas, con xogadores que o gañaron todo como profesionais e agora seguen a sumar éxitos na categoría de veteráns.

Integrantes do actual plantel de veteráns como Manjarín, Nando, Fran, José Ramón, ou Andrade estarán no Poboado para disputar o sábado a partir das 6 o Trofeo Gándara motor, que terá entrada libre.

O equipo que terán en fronte está formado por un grupo de amigos liderados por algún xogadores con pasado en equipos de terceira e segunda B como Paz, Fran Pena, ou Marco Roca.

Para a organización do partido contaron coa colaboura de Concello de as Pontes, Comisión de festas, e C. D. As Pontes.

veterans.jpg

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s