CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN: CD CHOCO DE REDONDELA – 2 CD AS PONTES – 4: OS AZUIS ESCALAN Á CUARTA PRAZA

 

Trinta e nove anos despois visitaba o As Pontes ó Choco de Redondela, e fixoo pola porta grande, pese a comezar perdendo, para acabar gañando 2-4 a pesar de marcar 5 goles.

O conxunto de Redondela era un rival compricado, a pesar de conseguir o ascenso a Terceira  32 anos despois, marcha nos postos de arriba, e de feito os vermellos dominaron nos primeiros vinte minutos nos que o As Pontes apenas pasaba do medio do campo.

redondela

Dous xogadores quedaron sos, anque por sorte Domínguez sacou co corpo (4´), ou tamén unha volea de Caloi que marcha a rentes do pau (5´). No 12´ xogada moi extraña, centra Michel dende banda esquerda, con dous xogadores tirados no chan na área pequena, un por cada equipo, o dianteiro non acerta a darlle e o balón e este entra manseniñamente na porta de Kiko .

Moi mal se poñían  as cousas pero no primeiro remate a porta dos azuis chega o empate, pase en profundidade hacia Arias que se descolga pola banda dereita e marca de tiro cruzado (19´).

Aí cambiaron as tornas, falta lanzada por Bossa que salva in extremis Cortegoso (22´), córner que cabecea, creemos que Chote por riba do longueiro (23´), ata que no 29´ nunha falta lateral moi ben botada por Bossa chega Nano completamente so e cabecea ó fondo as mallas.

Mellor non se lle podían poner as cousas ós azuis, que estaban sendo un vendaval, e así, desmarcase Iván González por banda dereita, recurta cara adentro ante a entrada do defensa por detrás, e bate por baixo o garadamallas local (36´).

Volve Bossa a poñer en apuros ó porteiro local tras falta que saca cos puños (39´). Avisa o Choco, Yeray quedaba so pero Kiko sae a tempo (40´).

No 43´ semellaba sentenciar o encontro o As Pontes tras golazo de falta de Bossa, casi sacando de centro o arbitro anulao a intancias do liña, non sabemos si por falta ou fora de xogo queso viu él. Instantes máis tarde a piques estivo de poñer o 2-3 o Choco, sería moi inxusto, Alber cun remate que empala a rentes do pau (44´). Asi se chegou ó descanso.

No segundo tempo é Arias o que lle gaña a partida ó defensa, e prantase ante Cortegoso, pero este saca co corpo e o balón sae a córner por pouco (49´). Zapatazo de Lojo dende fóra da area que vai ó longueiro (53´).

Pero non hai partido do As Pontes sen sufrimento, e asi recurtou distancias o Choco cando Yeray bate por baixo a Kiko (62´).

Vironse algo aliviados os azuis trala rigurosa expulsión de Xose por dobre amarela tras unha falta a Bossa (68´), anque non había  que confiarse, pois o Ordes empataralles hai pouco un partido cun xogador menos.

Xogadón de Amado que regatea a un defensa dentro da área e case sen ángulo pica ante a saída do porteiro e o esférico marcha a rentes do pau (71´), anque tamén avisaron os locais cun cabezazo de Alber que chapa Kiko (73´).

Puido sentenciar Amado, gañandolle a partida ó defensa quere regatear a Cortegoso pero este adiviñalle a intención e agarra o balón (77´).

Bossa puido marcar de falta, pero entre o porteiro e o poste impedirono (80´), moi ben o de Viveiro nas catro faltas directas que botou, un golazo, e tres paradóns.

Non fallou Amado no 83´ cando tras marcharse en posición dubidosa marca de tiro cruzado imparable facendo a sentencia.

O As Pontes situase cuarto con 26 puntos, por detrás de Boiro (31), Cerceda e Ordes (30), alonxa ó Arousa, quinto,  a 3 puntos, e ó descenso a 13 puntos.

A vindeira xornada, partido mou difícil no derbi ante o Vilalbés, que marcha undécimo con 18 puntos.

CD Choco. Cortegoso, Ángel, Saúl (Molinos 87´), Cristian, Michel, Lojo, Yeray, Xose, Caloi, Rober (Curri 59´), Alber (Javi Pazos 84´).

CD As Pontes. Kiko, Rochela, Nano, Chote, Dani, Fidi (Esmorís 88´), Iván (Alex Cabarcos 72´), Bossa, Arias (Chicho 58´), Amado, Domínguez.

Goles: 1-0, Michel (12´), 1-1, Arias (19´), 1-2, Nano (29´), 1-3, Iván González (36´). 2-3, Yeray (62´), 2-4, Amado (83´).

Campo e incidencias: Campo de Santa Mariña. Uns 250 espectadores en tarde fría pero moi soleada.

Árbitro: Alejandro Muñiz Ruiz (Pontevedra). Auxiliado por Fariña Biasi e Gondar Martínez. Amonestou a Saúl, Chicho e Dani. Expulsou con dobre cartón a Xose (68´).

redondela

redondela

redondela

redondela

redondela

redondela

redondela

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA: 16/17 – Novembro – 2013

 

SEGUNDA AUTONÓMICA:  FC Ortigueira – CD As Pontes (3-1) Perdeu o As Pontes B, esta semana, ante un bo equipo, o Ortigueira, 3-1, co cal en dúas xornadas baixa do liderato á quinta praza con 14 puntos, por detrás de Cedeira, 19, Neda, 18, A Capela e Ortigueira teñen 16. Visita ó Rosalía a semana que ven, marcha décimo segundo con 8 puntos.
LIGA GALEGA XUVENIL: E.F. Lalín – CD As Pontes (2-1) Perdeu o xuvenil en Lalin, 2-1, pero deixou boa imaxe ante o segundo clasificado, adiantáronse con gol de Antonio, e Gonza estivo piques de poñer o empate a 2-2 antes do final, pero estrelou o balón no poste. Toca recibir ó Sporting Estrada, que marcha cuarto, nun partido no Poboado no que haberá que buscar a vitoria. Cuartos pola cola con 9 puntos, seguidos de Imperátor, 8, Betanzos, 6, e Fátima, 2, que serían a dia de hoxe os tres descendidos.
LIGA FEMININA F8: Gª Mugardos – CD As Pontes (0-3) O equipo feminino non tivo problemas para impoñerse con claridade ó Galicia de Mugardos no campo da Pedreira por 0-3. Pita aliñou a Leti, Andrea Pita, Lia, Patri, Carlota, Vicki, Paula, Noelia, Nicole, Ángela, Yara, Uxía e Andrea Montero. Marcaron os tantos ponteses Carlota, Lía e Noelia. Continúa na sexta praza con 16 puntos, por detrás de R. Ferrol (27), San Sadurniño (24), Maniños (22), O Val B (21) e Mandiá (19). Para o sábado no Poboado visita do líder, que conta os seus encontros por vitorias.

feminino

COPA CADETE: CD As Pontes – UD Cebarca (7-1) Vitoria do equipo cadete (7-1) ó Cebarca, xa sen opcións de xogar a final, pero escala á cuarta praza con 10 puntos, moi lonxe de Ánimas 24, Meirás, 21, e Eume, 18. Visita ó San Sadurniño, para rematar a liguiña recibindo ó colista,  Amistade Meirás.
COPA INFANTIL: CD As Pontes – FC Ortigueira (14-1) Goleou o infantil excesivamente ó Ortigueira (14-1), e aproveitando que o Racing de Ferrol B descansou situouse a tres puntos dos verdes, que teñen 30, por 27 de As Pontes e Portuarios e 24 de O Val. Visitan os azuis ó penúltimo EFR. Ferrol a vindeira xornada para, de gañar, acabar xogándose a clasificación contra o líder na última xornada no Poboado.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F8 (1ª Fase)  CD As Pontes – Amistade Meirás (1-3) AD Miño – CD As Pontes B (2-8) Derrota do Alevín A ante o líder Amistade Meirás B (1-3), pero conseguiu clasificarse para o Grupo A como terceiro con 20 puntos. Marcou o gol pontés Javi. Alegría do Alevín B, que gañou os seus tres primeiros puntos tras vencer en Miño (2-8). Xogarán no Grupo D.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F8 (1ª Fase)  CD As Pontes – CD Cariño B (9-0) SD R. Neda – CD As Pontes B  (2-6) Venceu o Benxamín A (9-0) ó Cariño B, pero acabou cuarto con 15 puntos. Iker marcou 4 goles, Mario Fraga (2), Hugo, Xosé Paz e en propia porta. O mesmo pasoulle ó Benxamín B, que, a pesar de gañar 2-6 ó Rápido de Neda B, tamén acabou cuarto con 15 puntos, polo que ambos equipos xogarán no Grupo B. Marcaron polo As Pontes B, Sergio (2), Iago (2), Martín e Ángel.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F8 (1ª Fase)   CCRD Perlío – CD As Pontes (6-5) CD As Pontes B – SD Ánimas (0-8) Perdeu o Prebenxamín A (6-5) en Perlío, co que ambos equipos acaban con 21 puntos e acompañan ó líder R. Ferrol ó Grupo A. Goles de Xandre (2), Antón, Anxo e Augusto. Derrota do Prebenxamín B (0-8) diante do Ánimas. Xogarán no Grupo C.

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

Nova cortesia de Xose Ferreiro e A.F.

ENRIQUE FORNOS XOGARÁ CONTRA O PONTEVEDRA

 

O futbolista pontés do Deportivo, Enrique Fornos, xogará hoxe contra o Pontevedra de Terceira División noutro dos encontros de preparación da selección galega sub18 antes do Campionato de España.

O encontro xogarase ás 17:00 no Campo de O Buelo, en Moraña.

Gran equipo o do Pontevedra, anque marcha tres puntos por detrás dun bo As Pontes, e que conta entre outros con Domínguez, Richi, Carnero, Luismi, Benja, Tubo, Lede, Moreira, Otero, Iago Paz, Candela, Feito ou Edu.

Para este encontro chamou o seleccionador galego a 19 xogadores, entre eles, o porteiro de Cangas, Iván Villar, que recentemente ven de empatar dous encontros, co resultado de 1-1, con España sub17 en Alemania, en sendos amistosos ante a selección local.
A lista é a seguinte:

RC Celta de Vigo: Diego Alende, Brais Méndez, Fede Varela, Iván Villar
RC Deportivo de A Coruña: Ángel Fernández, Óscar García, Miguel Real, Enrique Fornos
CD Lérez: Alejandro Sánchez, Jose Filgueira, Iago Martínez
CD Lugo: Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño
CD Areosa: Andrés Pérez, Raúl Espinosa
Pabellón Ourense CF: Martín Torres, Saúl González
Rápido de Bouzas CF: Federico Mintegui
Porriño Industrial: Maykel Barbosa

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE  FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14: O EQUIPO DE FARMAVIDA LÍDER EN SOLITARIO

 

Despois de sete xornadas disputadas, o equipo de Farmavida comanda en solitario a clasificación do campionato de liga de fútbol de veteranos de As Pontes. Os farmacéuticos suman 16 puntos de 18 posibles.

Nesta xornada hai que salientar o triunfo por 1-2 de MMYPEM sobre Mesón A Cepa e os oito goles do choque Mobles Eume-Maren (5-3). Vitorias pola mínima (1-0) de Farmavida e La Galaxia sobre As Pontes 74 e Xuntanza.

Ocupa a primeira posición, con 16 puntos, Farmavida. Bar Xardín é segundo, con 15. A continuación están La Galaxia (13), Mobles Eume (9), As Pontes 74 e A Cepa (7), MMYPEM (5), Maren (4) e Xuntanza (2).

Os tres goles marcados nesta xornada por Carlos Piñón (Maren) diante de Mobles permítenlle colocarse de primeiro na táboa de goleadores, con 7 goles. A continuación están Javi, de Farmavida, con seis tantos, Julio (As Pontes 74) e Lozano (Bar Xardín) con catro tantos cada un.

Na vindeira xornada salientar o choque que disputarán o domingo, ás dez da mañá, os dous primeiros clasificados, Farmavida e Bar Xardín.
RESULTADOS 7ª XORNADA 15/17 – Novembro – 2013

Xuntanza – La Galaxia (0-1) Rubén

A Cepa – MMYPEM (1-2) Francés / Alberto e Genu

Farmavida – As Pontes 74 (1-0) Manolo

M. Eume – Maren (5-3) Emilio, Cendán, Manel, Pablo e Rubén / Carlos Piñón (3)

Descansou: Bar Xardín

veteranos

8ª XORNADA 23/24 – Novembro – 2013

M. Eume – Xuntanza  (Sáb. 23, 20,00h)

Farmavida – Bar Xardín  (Dom. 24, 10,00h)

La Galaxia – A Cepa  (Dom. 24, 11,00h)

Maren – As Pontes 74  (Dom. 24, 12,00h)

Descansa:  MMYPEM

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s