CD As Pontes Feminino

www.voltaaria.com

El rey del balón parado se rompe una costilla

Bossa estará de 4 a 6 semanas en el dique seco por rotura de una costilla y fisura en otra

Bossa estará en el dique seco hasta enero | voltaaria.com La tercera división gallega no tendrá a su rey de la “acción a balón parado” en el próximo mes y medio. Bossa volverá el próximo año al verde de un campo de fútbol. Ayer se lesionó. “Fue en un salto y me dieron un golpe con el codo. Yo seguí jugando durante 10 minutos, aproximadamente, pero de repente me empezó a doler mucho y ya no me podía mover” cuenta el mediocentro de As Pontes. El dolor y la situación le obligó a trasladarse a un centro sanitario. Después del partido viajó hasta Coruña y en la clínica de San Rafael le diagnosticaron la rotura de una costilla y la fisura en otra.

La lesión le obligará a mes y medio en reposo total y sin practicar fútbol.

ESMORÍS XOGARÁ EN BERTAMIRÁNS

 

O medio centro do As Pontes Fran Esmorís xogará este mércores 27  ás 20:30 no Campo de Bertamiráns ante o equipo locatario.

Un Bertamiráns FC que se estreou esta tempada na Terceira División e que o está a facer moi ben.  Marcha undécimo con 19 puntos, seis por riba do descenso.

Vinteun xogadores leva o seleccionador Milucho, tres do Somozas, un do Vilalbés. Antigos xogadores do As Pontes, Hugo Soto, Dapo e tamén vai Iago López, que fixera a pretemporada no 2011, pero que definitivamente non continuara no clube.

cdaspontes_0015.jpg

Os convocados son os seguintes:

CCD Cerceda: Jorge Cano, Herbert Rey, Marcos Caridad, Diego López

UD Somozas: Alex Bao, Roberto Baleato, Iago López

Rápido de Bouzas: Pablo Fernández, Sergio Santos

CD Boiro: Marcos Rodríguez, Hugo Soto

Laracha CF: Raúl Añón, Denis López

CD Choco: Carlos Rodríguez, Ángel Bastos

Racing Vilalbés: Jose Castro

Ordes SD: Mario Barreiro

Arousa SC: Jose Ángel Gondar

UD Barbadás:Martín Fernández

CD Dorneda: Oladapo Oladipo

CD As Pontes: Fran Esmorís

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – RACING CLUB VILALBÉS (2-0)

 

Vitoria por 2-0 do As Pontes no derbi disputado esta tarde. Un triunfo que o asenta na cuarta praza a só tres puntos do líder, Boiro.

Aínda que avisou o As Pontes por medio de Amado (1´) e Bossa (3´) foi o Vilalbés o que puido adiantarse tras quedar Nico en posición perigosa e estar a piques de marcar de tiro cruzado (7´). Pero foi o As Pontes o que se adiantou, tras un saque de córner, que un xogador cabecea cara arriba, e Chote empala sen deixala caer facendo o 1-0 (9´). Primeira alegría da tempada para o central pontés, que xa marca poucos goles pola súa posición e por riba anúlanlle os poucos que marca.

Puido ampliar  a vantaxe Nano pouco despois, cando tras un córner non atina a rematar un xogador local é o bravo xogador naronés case sen esperala remata co corpo e vai a rentes do pau (15´). Sen embargo, a ocasión máis clara desta primeira metade é dos visitantes, tras un centro de Nico que en posición inmellorable cabecea Jose Varela por alto (21´).

Antes do descanso, puxo terra de por medio o As Pontes, noutro córner, o balón cáelle a Nano no borde da área, remata mal, pero o balón vai a parar ós pes de David Amado, que en posición legal, só, marca á reviravolta. Sétimo gol da tempada para David.

cdaspontes

No segundo tempo os visitantes saíron a polo gol e o As Pontes a defenderse e tentar aproveitar o contragolpe. Dani complícalle a vida a Kiko cunha cesión, pero o de Viveiro está áxil e despexa o balón a tempo (54´). Nunha perigosa internada de Jose Varela, Chote pon o corpo nun remate que semellaba levar moito perigo para Kiko (66´).

Saíu Chicho con gañas e tras penetrar por banda dereita colocoulle un balón inmellorable a Iván González, pero cabeceou alto (74´).

Mala sorte tivo o As Pontes pois unha vez feitos os tres cambios lesionouse Bossa, que aguantou como puido no campo, pero tivo que retirarse definitivamente a falta de pouco para rematar o partido. Tras un centro dende banda esquerda toca lixeiramente Álvaro e o balón sae por pouco (83´). Xa co tempo vencido é Poratti quen remata dende fóra da área e atalla Kiko en dous tempos 93´).

Moi valiosos tres puntos do As Pontes, que se sitúa na cuarta praza con 29 puntos vendo como ningún dos seus tres rivais de arriba conseguiu gañar esta fin de semana. Así, lidera Boiro con 32 puntos, seguido de Cerceda con 31 e Ordes con 30. Pontevedra e Choco teñen 26, Somozas 25 e Arousa 24.

Sen embargo o As Pontes ten ó rival máis complicado esta vindeira fin de semana, o colista Grixoa, que gañou o seu primeiro partido na Terceira División en Laracha, e que de gañar ó As Pontes pódese situar a dous puntos da salvación.
CD AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano (Fidi, 79), Chote, Dani, Esmorís (Pablo López, 61), Iván González, Bossa, Arias, Amado (Chicho, 68), e Domínguez.

RACING VILALBÉS: Jose Ángel, Pablo Vivero, Alex, López, Javi Varela, Hugo (Álvaro, 53), Make, Jose Varela, Nico (Poratti, 75), Justino, Óscar Martínez (Efrén, 61).

ÁRBITRO: Héctor Castiñeira Blanco (A Coruña), asistido de Diego Sánchez e Aitor Prieto. Amoestou a Nano, Iván González, Alex, Javi Varela e Hugo.
GOLES: Minuto 9 (1-0), Chote. Minuto 41 (2-0), David Amado.
CAMPO E INCIDENCIAS: Campo de O Poboado. Uns 300 espectadores en tarde fría e chuviosa por momentos. Presenza de moitos afeccionados de Vilalba. Gardouse un minuto de silencio na memoria de Rodolfo Yebra Rozas, quen nos anos sesenta do pasado século fora secretario e adestrador do Calvo Sotelo, antecesor do actual CD As Pontes e que faleceu o pasado luns na Coruña.

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA: 23/24 – Novembro – 2013

 

xuvenil
SEGUNDA AUTONÓMICA:  CD Rosalía  – CD As Pontes (1-1)
Seguen atragoándoselle ó As Pontes B os rivais de abaixo e esta xornada empatou a un gol na casa do Rosalía, que vai cuarto pola cola. En tres xornadas o As Pontes perdeu gran parte das súas opcións. Lidera a clasificación o Cedeira con 20 puntos, un impecable A Capela ten 19, igual ca o Rápido de Neda, terceiro; Ortigueira ten 17, e As Pontes e Numancia de Ares suman 15. Complicado rival a semana que vén no Campo do Poboado, o Rápido de Neda.

LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – Sporting Estrada (1-2)
Non remata de tomarlle o pulso á categoría o equipo xuvenil que cada xornada que pasa complícase máis a vida. Nesta ocasión visitaba As Pontes o Sporting Estrada, o terceiro clasificado, equipo que creou moitas ocasións a balón parado, así na primeira metade adiantáronse cun gol de córner olímpico e na segunda poñían terra de por medio tras unha falta moi ben colocada.
Un paradón de Ángel, moi do estilo de Casillas, mantivo con vida ó equipo azul, que se achegou con certo perigo por medio de Tini e Nahúm, aínda que foi nos últimos minutos, o gran Antonio, o máis baixiño, o que marcou de cabeza tras un córner, e subindo todo o equipo arriba, quedando incluso o propio Rivas de central, case marca Gonza o empate, pero outros tres puntos que voan do Poboado.
O peor de todo para os azuis é que ademais de distanciarse os rivais que van por riba, tamén lle medran os ananos e o equipo cae a postos de descenso trala sorprendente vitoria do Betanzos ante o Ordes (4-2), segunda en tres partidos para os da terra do repolo. A día de hoxe tres descensos. Betanzos, As Pontes e Imperátor teñen 9 puntos e pecha o Fátima con só dous. Desprazamento a terras coruñesas para xogar contra o Orillamar, undécimo con 13 puntos, sobra dicir que non queda outra que gañar.
Xogaron de saída,  Ángel, Esteban, Jandro, Gonza, Moi, Iván, Diego, Brais B., Antonio, Rivas, Alex Fernández e no segundo tempo entraron Nahum, Tini, Alex Cabarcos, Jorge e o porteiro Manuel.
xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil
LIGA FEMININA F8: CD As Pontes – Racing Ferrol (0-5)
Derrota previsible do As Pontes Feminino ante o líder Racing de Ferrol que conta os seus 10 partidos por vitorias. Ó final do primeiro tempo chegouse con 0-3 no marcador, e máis relaxadas chegaron as verdes á segunda metade, así as azuis tiveron ocasións por medio de Paula (2), Silvia, Nicole e unha falta ó longueiro de Patri Dopico, pero nos últimos minutos redondearon as ferrolás a goleada, o 0-4 nun balón que controlou Andrea P. en lugar de despexar, e a rápida Paula rouboulle o balón e marcou de tiro cruzado. O 0-5 tras un saque de falta que non consegue atrapar Alba, que fixo dous paradóns nos últimos minutos.  Sétimas con 16 puntos visitan a vindeira semana ó Galicia de Caranza, penúltimo. Xogaron Alba, Andrea Pita, Ángela, Uxía, Lía, Nicole, Paula, Patri, Andrea Montero, Silvia, Sara e Nuria.
feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino
COPA CADETE: CD San Sadurniño – CD As Pontes (xoves 28)
O equipo cadete xogará este xoves en San Sadurniño. Meirás e Ánimas no seu grupo, e Cedeira e Numancia no outro, xogaranse as dúas prazas na final de copa.
COPA INFANTIL: Racing Ferrol EF – CD As Pontes (0-5)
Non fallou o As Pontes Infantil e gañou 0-5 ó EFR. Ferrol, aínda que o Racing de Ferrol B asustou e venceu 16-0 á Cultural Maniños, tamén se mete na pelexa o Portuarios, equipo que sufriu para vencer ó cuarto en discordia, O Val (2-3). Así, Racing de Ferrol B ten 33 puntos,  As Pontes e Portuarios suman 30. Xa quedan descolgados os valexos con 24. Na derradeira xornada o Portuarios recibe a un Narón BP B, que non se xoga nada e o As Pontes recibe ó R. Ferrol B. Para clasificar á final necesitan gañar ós verdes, que suman os seus 11 encontros anteriores por vitorias. Nos partidos entre eles o Racing Ferrol B gañou 3-1 ó Portuarios e o As Pontes perdeu 2-3 contra os arlequinados. Do outro grupo xa se coñece que o finalista será o Galicia de Caranza B.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F8 (2ª Fase)  Gª Mugardos – CD As Pontes (2-2) CD As Pontes B – CD San Sadurniño (5-1)
Comezaron ambos benxamíns a segunda fase da liga no mesmo Grupo B. O Benxamín A empatou a 2-2 (Hugo e Yadai) no campo do Mugardos e o Benxamín B venceu 5-1 (Álex Montero, 3 – Iago, 2) ó San Sadurniño no Poboado. Na vindeira xornada o A descansa e o B visitará ó Eume Deportivo B.
benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

LIGA DE  FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14: BAR XARDÍN NOVO LÍDER

 

O Bar Xardín é o novo líder da liga de fútbol de veteranos de As Pontes despois do seu triunfo diante do ata agora primeiro clasificado, Farmavida, nun partido moi disputado, con alternancias no marcador e con vitoria final do Bar Xardín por un axustado 3-2

Quen tamén está remontando na competición é La Galaxia, que nesta xornada venceu por un gol a cero a Mesón A Cepa. Nos outros partidos, vitoria cómoda de As Pontes 74 (2-0) sobre Maren e goleada de Mobles Eume a Xuntanza (6-0)

Ocupa a primeira posición en solitario, con 18 puntos, Bar Xardín. No segundo posto están empatados a 16 puntos Farmavida e La Galaxia. Na cuarta posición atópase Mobles Eume (12), seguido de As Pontes 74 (10), A Cepa (7), MMYPEM (5), Maren (4) e Xuntanza (2). Na táboa de goleadores ocupan a primeira posición Carlos Piñón (Maren) e Javi (Farmavida) con 6 tantos. Con 5 está Lozano (Bar Xardín) e con 4 Francés (A Cepa) e Julio (As Pontes 74).

RESULTADOS 8ª XORNADA 23/24 – Novembro – 2013

M. Eume – Xuntanza (6-0) Cendán (3), Pablo, Rubén e Carballo

Farmavida – Bar Xardín (2-3) Raúl e Rafa / Pedro (2) e Lozano

La Galaxia – A Cepa (1-0) Senén

Maren – As Pontes 74 (0-2) Vila e Paulino

Descansou: MMYPEM

veteranos

9ª XORNADA 30/Novembro – 1/Decembro – 2013

Xuntanza – A Cepa (Sáb. 30, 20,00h)

Bar Xardín – Maren (Dom. 1, 10,00h)

As Pontes 74 – M. Eume (Dom. 1, 11,00h)

MMYPEM – Farmavida (Dom. 1, 12,00h)

Descansa: La Galaxia

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s