CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS: 18/19 – Xaneiro – 2014

futbol
TERCEIRA DIVISIÓN: Betanzos CF – CD As Pontes (2-2)
Non foi bo o resultado do As Pontes, que perdeu dous puntos co Betanzos, equipo que se está xogando a salvación. Os da terra do repolo puxeron o encontro do seu favor no primeiro tempo. En dous despistes defensivos, o xogador pontés internacional sub15 Carballeira regalou o primeiro gol a Tomás e anotou o segundo. Así se chegou ó descanso. Púxose serio o As Pontes no segundo tempo, amosando que quere loitar por quedar entre os catro primeiros, e recortou distancias por medio de Chicho e a pouco do final empatou Dani de cabeza, incluso Amado tivo o tanto do triunfo. Perdeu o As Pontes catro puntos ante un rival dos postos de abaixo, pero visto o visto, o punto pode darse por bo, e os azuis chegan a 42. Rivais complicados agardan nas próximas xornadas, visita dun dos mellores equipos da liga, o Alondras, con 19 dos últimos 27 puntos gañados, e que agarda devolver o 0-2 da ida, e o Rápido de Bouzas en Vigo onde non se gaña desde que se voltou á Terceira. Xogaron polo As Pontes: Kiko, Rochela, Nano, Pablo López (Bossa, 45), Chote, Dani, Iván (Chicho, 45), Fidi (Alex Cabarcos, 70), Arias, Amado, Pablo Domínguez.

SEGUNDA AUTONÓMICA: CD Cariño – CD As Pontes B (1-1)
Sacou un valioso punto o As Pontes B en Cariño e situase cuarto pero detrás de Cedeira (33), A Capela (31) e Neda (31), que se escapan. Os azuis teñen 26, e precisamente iniciarán a segunda volta visitando ó conxunto veciño da Capela, con vellos coñecidos como Fermín, Alex Anton ou Isma. Xogaron Iván, Fernando, Marcos, Totti, Carlos, Juancito, Borja, Vicente, Troncho, Samuel e Rubén. No segundo tempo xogaron Adrián, Darío e Villar. Marcou Marcos Novo e salientar a presencia de Troncho.
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – SCD Milagrosa (2-0)
Importante vitoria do Xuvenil ante o sétimo clasificado, a Milagrosa de Lugo, por 2-0, o que deixa ós de Felipe Mieres terceiros pola cola, nunha das tres prazas de descenso momentáneas, pero con algo de oxíxeno. Na segunda metade chegaron os dous goles tras unha cabezada de Brais (70´) e un penalti transformado por Ribas (75´).  Puido marcar máis o As Pontes, xa anteriormente nun balón que semella que entrou pero non o entendeu así o colexiado, logo Tini tivo unha clarísima pero trompicouse, e preto do final o mesmo xogador fixo un sensacional lanzamento de falta que se estrelou na cruceta pola cara interna. Nun día lamentable para a práctica do fútbol aliñou Felipe a Ángel, Esteban, Jandro, Gonza, Marcos, Moi, Brais (Nahúm, 86), Iván, Antonio (Tini, 77), Ribas (Cabarcos, 89) e Lucho (Alex, 82). Mala saída a vindeira semana ó Lugo B que vai oitavo e venceu 0-5 en Narón. Victoria B ten 21 puntos, Orillamar e O Val 19, As Pontes 16, Imperátor 13 e Atlético Fátima 3.

“xuvenil”

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

LIGA FEMININA F-8: SD O Val B – CD As Pontes (0-1)
Excelente vitoria do equipo feminino en Sinde ante O Val B (0-1) co que se comprimen os postos de arriba. Inalcanzable Racing de Ferrol con 16 vitorias e 48 puntos, e despois van Mandiá 35, O Val B, Maniños e As Pontes 34, e San Sadurniño 33. Precisamente o difícil Mandiá visita o Poboado a vindeira fin de semana.
LIGA CADETE: Numancia de Ares – CD As Pontes (0-1)
Vitoria do conxunto cadete en Ares por 0-1 ante o Numancia, segundo clasificado, escalando á quinta praza con 7 puntos, á espera de recibir ó Meirás, que vai cuarto cos mesmos puntos.
LIGA INFANTIL: CD As Pontes – R. Ferrol B (0-0)
Moi ben o equipo infantil,  que empatou a cero goles co Racing de Ferrol B e despois de 17 partidos son os primeiros dous puntos que perden os verdes, que seguen liderando con 13 puntos, por 10 do As Pontes e Portuarios.

“infantil”

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

infantil

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)  CD As Pontes – CD San Sadurniño (3-4) Cultural Maniños – CD As Pontes B (6-0)
O Alevín A perdeu 3-4 co San Sadurniño, visitando a vindeira semana ó Narón BP que marcha segundo. O líder Cultural Maniños, goleou 6-0 ó Alevín B, que o vindeiro sábado recibe ó Eume B, segundo clasificado.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)  CD As Pontes – CD San Sadurniño (4-1) SDR Portuarios – CD As Pontes B (3-4)
O Benxamín A gañou 4-1 ó San Sadurniño e o Benxamín B venceu 4-3 en Ferrol ante o Portuarios. Ambos son noveno e décimo con sete puntos, visitando ó Eume B, undécimo, e recibindo ó Galicia de Mugardos, segundo, respectivamente.

“benxamin”

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)  CD As Pontes – CD San Sadurniño (5-2) FC Ortigueira – CD As Pontes B (6-0)
O Prebenxamín A logrou os seus primeiros tres puntos tras gañar por 5-2 ó San Sadurniño. Tentarán manter a racha na súa visita a Cedeira, que ten os mesmos puntos. O Prebenxamín B perdeu 6-0 diante do líder Ortigueira. Reciben na vindeira xornada ó Cedeira B.

“prebenxamin”

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Enrique e Raquel coa selección galega

ponteses.jpgOs xogadores ponteses Enrique Fornos e Raquel Béjar veñen de ser convocados de novo pola selección galega en vistas á segunda fase de clasificación á que a selección sub18 masculina de Enrique acude con tres puntos (tras gañar a Melilla e perder con Cantabria), e a sub16 feminina de Raquel acude con catro (tras gañar á Rioxa e perder coa todopoderosa Madrid).

No caso de Raquel, adestra este luns, ás 19:00 no Campo Agro Novo de Milladoiro. Van 24 xogadoras, das que sairán as 18 definitivas.

Revolución de Ferrolterra con ata 5 xogadoras, Raquel, María Ameneiro de O Val, Carmen Barro do Racing de Ferrol, Alba Pérez do Galicia de Mugardos, e a futbolista de Cariño María Corral, que xoga no Val, e que foi compañeira de Malena na selección galega alevín.

Salientar como anécdota a xogadora Nuria Rábano do Milladoiro, que está na selección sub16, e tamén na selección sub17 de fútbol sala

A lista é a seguinte:

Atlético Arousana: Carla Falcón, Ariane Martínez, Carmen Sumay, Eva López

O Olivo: Cecilia Fernández, Sara Alonso

Orzán SD: Nerea González, Cristina Revuelta

SD O Val: María Ameneiro, María Corral

Milladoiro SD: Nuria Rábano

Tomiño FF: Judith García

EDA Arzúa: Elena Ramos

Bértola FF: Fátima Area

Tordoia SD: Leticia Santos

SD Ponteareas: Yaiza Cameselle

CD Bueu: María Calvar

ADC Monteforte: Laura Correa

CCD Cerceda: Ainhoa Danis

RC Ferrol: Carmen Barro

Galicia Mugardos SCD: Alba Pérez

AJ Lérez: Teresa Abilleira

Orillamar SD: Rosalía Muíño

CD As Pontes: Raquel Béjar

Pola súa banda Enrique ven de ser convocado a un partido de adestramento contra a SD Compostela, que se levará a cabo este mércores ás 16:30 no Campo de San Lázaro, e no que terá que capear dous temporais, o más que probable de choiva, e tamén a Joselu.

O adestramento levarano a cabo tan so 19 xogadores, anque poderíamos dicir 20 se incluiramos ó extremo-dianteiro zurdo de Mos, Brais Mendez, do Celta, que este mércores xogará con España sub17 un amistoso ante Italia. Tamén foi asiduo o porteiro de Aldán Iván Villar, e agardemos que nas próximas semanas haxa algún galego máis adestrando na selección española.

Volve o xogador de Cabanas Álvaro Rey, dun ano menos, como Enrique.

Os convocados son os seguintes:

RC Deportivo de A Coruña: Ángel Fernández, Óscar García, Javier Fernández “Bicho”, Enrique Fornos, Hugo Díaz.

RC Celta de Vigo: Diego Alende, Fede Varela, Iván Villar

CD Lugo: Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño

CD Areosa: Raúl Espinosa, Andrés Pérez

Pabellón Ourense CF: Martín Torres, Saúl González

CD Lérez: Alejandro Sánchez, Iago Martínez

Racing Club de Ferrol: Álvaro Rey

Rápido de Bouzas CF: Federico Mintegui

Porriño Industrial: Maykel Barbosa

Nova cortesía Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO AS PONTES FS – PIZARRAS TC (3-3)

Mal partido do Esteo nun encontro de vital importancia para a permanencia na categoría e no que perdeu dous puntos ante un rival directo que lle complican a salvación pois visitan ó imbatible Cidade de Narón na vindeira xornada e despois descansan.

Nada máis comezar o partido adiantáronse os visitantes, pero inmediatamente respondeu Fran. Mediado o primeiro tempo dous goles de Rubi e entremedias, un de Corzo situaban o 3-2 co que se chegou ó descanso.

Ó pouco de iniciarse o segundo período, grave erro de Choto, nun balón despexado polos visitantes, con case todos os xogadores en campo contrario, colle un balón manso coas mans fora da área sendo expulsado con vermella directa.

Xogou en inferioridade o Esteo e acabou empatando Óscar. Puxeron o listón moi alto as colexiadas, pois posteriormente houbo senllas infraccións, unha de Ito, ou unha entrada de Jesús por detrás, que foron sancionadas con tarxeta amarela.

Foi máis a pola vitoria o Esteo, pero errou contras en superioridade, aínda que tamén nos últimos minutos houbo algunha xogada na que os visitantes quedaron sós. Así que ó final os dous equipos deron por bo o empate.

Tras este resultado, o Esteo segue na oitava posición, pero os equipos de abaixo acurtan diferenzas e o posto de descenso está tan só a tres puntos, polo que os resultados das vindeiras xornadas van a decidir moito nesta liga de tan só trece equipos en canto ós postos de descenso.

“esteo”

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Choto, Rober, Héctor, Rubi, Fran, Pelu –cinco inicial- Pelu, Gerveno, Gerveno, Pelu, Bolli e Ito.

PIZARRAS TC: Borja, Bruno, Jesús, Santi, Óscar –cinco inicial- Delin, Corzo, Jairo e Maelo.

GOLES: Min 3 (0-1), Bruno. Min. 4 (1-1), Fran. Min 11 (2-1), Rubi. Min 12 (2-2), Corzo. Min 11 (3-2), Rubi. Min. 5 (3-3), Óscar.

ÁRBITRAS: Regular arbitraxe de Raquel Manteiga, Beatriz Remeseiro e Berta García (mesa), da Coruña. Expulsaron con rigorosa vermella directa ó meta local Chotto e amosaron tarxetas amarelas a Gerveno, Héctor e Ito, do Esteo; e a Delín, Bruno, Jesús e Óscar, do Pizarras TC.

INCIDENCIAS: Partido da Segunda División B correspondente á décimo quinta xornada de liga disputado no pavillón municipal da Fraga ante unha frouxa entrada de afeccionados, apenas uns cen seguidores nas gradas.

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

Nova cortesía de A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14

RESULTADOS 12ª XORNADA

18/19 – Xaneiro – 2014
MAREN – A CEPA  (1-4) Carlos Piñón / Vili (2), Francés e Lolo

BAR XARDÍN – XUNTANZA  (6-0) Javi (3), Pedro, Lozano e Richi

M. EUME – LA GALAXIA  (4-1) Cendán (2), Pablo e Carlos / Barcón

AS PONTES 74 – MMYPEM  (4-1) Vila (2), Paz e Julio / Franco

Descansou:  FARMAVIDA

“veteranos”

CLASIFICACIÓN– PUNTOS

1º BAR XARDÍN   – 28

2º FARMAVIDA    – 23

3º MUEBLES EUME – 22

4º LA GALAXIA   – 17

5º AS PONTES 74 – 16

6º A CEPA       – 11

7º MMYPEM       – 8

8º MAREN        – 7

9º XUNTANZA     – 3

GOLEADORES CENDÁN (Mobles Eume) – 13 CARLOS PIÑÓN (Maren) – 8 JAVI (Farmavida)     – 8 JAVI (Bar Xardín)    – 7 LOZANO (Bar Xardín)  – 7

13ª XORNADA

25/26 – Xaneiro – 2014
XUNTANZA – FARMAVIDA  (Sáb. 25, 20,00h)

MMYPEM – BAR XARDÍN  (Dom. 26, 10,00h)

LA GALAXIA – AS PONTES 74  (Dom. 26, 11,00h)

A CEPA – M. EUME  (Dom. 26, 12,00h)

Descansa:  MAREN

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

Nova cortesía de A.F.

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA DE RUGBI: Fendetestas RC – Muralla RC (12-36)

En partido xogado este pasado domingo á mañá no Campo Monte Medulio de As Pontes, con moita chuvia e campo embarrado, caeu o Fendetestas ante o líder, Muralla de Lugo. Arbitrou o colexiado J. Salgado. Os ponteses marcharon por diante no descanso pero trala reanudación os lucenses amosaron porque contan todos os seus encontros por vitorias.

En nove xornadas disputadas o Fendetestas suma 3 vitorias, dúas ante o Santiago, e una co equipo vigués, por seis derrotas. Pero sen embargo, marcha cuarto clasificado.

Líder é o Muralla RC con 44 puntos, seguido de preto polo CR Ferrol con 41. Xa máis distanciado está o Bierzo RC, que suma 24. Fendetestas RC tería 18, B.Universidade de Vigo 17, Jabatos RC 15, Santiago RC 13 e pecha a clasificación o CRAT da Coruña con 11.

Quédanlle cinco partidos ós verdes, visitar ó Bierzo, recibir a Jabatos e Crat, para rematar a liga en terras ferrolás, máis unha xornada aprazada na que terá que visitar Vigo. Os catro primeiros clasificados xogarán o play off polo título.

“fendetestas”

 

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

fendetestas

Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Resto de CAtegorias C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s