CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – ALONDRAS C.F. (6-0)

Xa había anos que non se vía no campo do Poboado un resultado tan avultado como o que se rexistrou hoxe entre o As Pontes e o Alondras, un equipo do que a priori esperábase máis, dado que nas últimas xornadas ía a máis, pero que no campo pontés atopouse cun As Pontes pletórico e que soubo aproveitar ó cen por cento as súas oportunidades. O encontro encarrilouse ben co gol do pequeno gran xogador Jorge Nano ó enviar ó fondo da rede un tiro cruzado logo dun rexeite defensivo. Despois o Alondras ten unha oportunidade para marcar tras un saque de esquina e uns minutos despois (14’) o mesmo Nano, a saque de falta de Bossa, manda un balón rozando o poste esquerdo da portería visitante. O As Pontes puido marcar en ocasións de Chicho (19’), David Amado (30’), Bossa (33’) e Nano (34’), pero o balón non entrou. Tamén tivo a súa oportunidade o Alondras, que no minuto 40 quedouse cun home menos por expulsión de Mauro, por dobre tarxeta amarela.

Na segunda metade,  dominio e control do partido por parte do As Pontes, que xogaba a favor do marcador e que  nada máis comezar este segundo tempo marca o terceiro tanto por obra de Rochela despois dun saque de falta de Bossa (49’). O Alondras non era capaz de desfacerse do dominio do cadro pontés, que facía o partido que tiña que facer dada a súa vantaxe no marcador, controlar o balón e saír ó contragolpe. E así no minuto 32 chegou o cuarto gol, por mediación de Chicho, xogador que volveu a marcar dez minutos despois, e xa no tempo de prolongación o canteirán Álex Cabarcos anotou o 6-0 definitivo, un resultado que xa facía tempo os afeccionados non vían no campo pontés. Hai que remontarse doce anos atrás para ver un 6-0, foi ó San Lázaro lucense na temporada 2002/03 en Rexional Preferente, e un 8-0 ó Moscardó madrileño en Segunda División B na temporada 1995/96.

Tras os resultados que se rexistraron nesta xornada, o As Pontes ascende á segunda posición con 45 puntos, a un do Boiro, que empatou na casa do Choco, mentres que o Cerceda cedeu no seu campo un empate ó Betanzos. O Pontevedra colócase cuarto ó gañar en Ponteareas ó Cultural Areas.
“futbol”

C.D. AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano (Esmorís, 75), Pablo López, Aitor, Dani, David AmAdo, Bossa (Fidi, 75), Sergio Arias (Álex, 54), Chicho e Pablo Domínguez. ALONDRAS C.F.: Martín, Casti, Nano, Chichi (Toni, 31), Javi, Casas, Denis, Fernando, Abraham (Serxio, 54), Iago (Joni, 54) e Mauro.
ÁRBITRO: Pablo Álvarez Calderón, auxiliado por Mosquera Goce e Pérez Torres, da delegación de Vigo. Expulsou no minuto 40 ó visitante Mauro, por dobre amarela. Iago, do Alondras, tamén foi amoestado.
GOLES: Minuto 3 (1-0), Nano. Minuto 39 (2-0), David Amado. Minuto 48 (3-0), Rochela. Minuto 73 (4-0), Chicho. Minuto 78 (5-0), Chicho. Minuto 91 (6-0), Álex Cabarcos.
CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da vixésimo terceira xornada de liga de Terceira División disputado no campo do Poboado, que rexistrou unha entrada duns 150 espectadores nunha tarde fría e de orballo ó longo de todo o partido.

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

futbol

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS: 25/26 – Xaneiro – 2014

“prebenxamin”

SEGUNDA AUTONÓMICA: SDC A Capela – CD As Pontes B (2-5) Importante vitoria (2-5) do segundo equipo no campo da Capela, dous de Javi, Totti, Vicente e Adrián. Xogaron Cristian, Nando, Juancito, Totti, Carlos, Dani Villar, Vicente, Marcos, Javi, Troncho, Rubén, e no segundo tempo saíron Samuel, Adrián, Darío e o xuvenil Esteban. Cedeira 36, Neda 34, A Capela 31 e As Pontes 29. Visita o Poboado o Narahío, penúltimo, haberá que ter moito coidado, pois o Bertón, antepenúltimo, gañou 1-2 ós azuis na primeira volta.

LIGA GALEGA XUVENIL: CD Lugo B – CD As Pontes (2-1)

Perdeu o Xuvenil (2-1) ante o Lugo B, gol postreiro de Jandro, co cal segue terceiro pola cola.  Con catro descensos a día de hoxe, Victoria B ten 21 puntos, Orillamar e O Val 19, As Pontes 16, Imperátor 13, e o Fátima 6 puntos. O equipo santiagués conseguiu a súa primeira vitoria da tempada, nin máis nin menos que 3-0 ó que ía terceiro clasificado, o EF Lalín. O As Pontes necesita vencer este sábado ó Conxo no Poboado.

LIGA FEMININA F-8: CD As Pontes – Mandiá CF (2-2)
Decepción do equipo feminino, que perdeu dous puntos ante o equipo que marchaba  segundo clasificado, Mandiá, tras recibir dous goles nos últimos minutos. En liñas xerais xogaron moi ben e plantaron cara ante un dos mellores equipos da categoría, e, con dous goles en cada tempo de Paula, que xa leva 14, poñían terra de por medio, pero no último cuarto concederon moitas faltas e saques de banda, o que aproveitaron as verdes para igualar, case co tempo cumprido anotaron o 2-1 nunha falta que Leti non puido despexar, e no desconto, nun fallo defensivo, aproveitase a dianteira visitante para marcar a porta baleira, incluso a mesma xogadora estivo a piques de facer o 2-3.

Reparto de puntos o que deixa ó Racing de Ferrol líder con 48, Maniños 37, Mandiá 36, As Pontes 35, O Val B e San Sadurniño 34.  Na vindeira xornada as pontesas descansan. Xogaron Leti, Silvia, Andrea P, Nuria, Sara, Ángela, Xeila, Lía, Paula, Carlota, Lau e Patri Dopico.

“feminino”

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

feminino

LIGA CADETE: CD As Pontes – Meirás CF (3-2)

O equipo cadete xogou como locatario no Campo dos Calzados de A Capela e venceu por 3-2 ó Meirás, co que sube á terceira posición con 10 puntos, antes de visitar ó Racing de Ferrol B que ten os mesmos puntos.

LIGA INFANTIL: CCRD Perlío – CD As Pontes (2-5)
O Infantil venceu 2-5 en Perlío e segue segundo empatado a 13 puntos co Portuarios e a 3 do Racing de Ferrol B. Reciben o vindeiro sábado ó perigoso Narón BP, que está cuarto.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)  Narón BP – CD As Pontes (7-2) CD As Pontes B – Eume Dep. B (1-2) O Alevín A perdeu 7-2 na casa do líder Narón BP e recibe ó Ánimas B. O Alevín B perdeu por pouco co segundo clasificado Eume B, 1-2, e con 4 puntos tentarán sacarse a espiña o vindeiro sábado que visitan ó Miño B, que pecha a clasificación.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)  Eume Dep. B – CD As Pontes (2-6) CD As Pontes B – Gª Mugardos (2-1) O Benxamín A venceu 2-6 ó Eume B, e moi ben estivo o Benxamín B que venceu 2-1 ó Galicia de Mugardos, que marchaba segundo. A pesar de sumar 10 puntos ambos, nunha liga moi apertada, continúan noveno e décimo respectivamente á espera do derbi que se vivirá este sábado no Poboado.

“benxamin”

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)  Cedeira SD – CD As Pontes (3-3) CD As Pontes B – Cedeira SD B (4-3) O Prebenxamín A conseguiu o seu cuarto punto tras empatar 3-3 en Cedeira. Reciben ó Galicia de Mugardos que vai último con dous puntos. Primeiro triunfo do Prebenxamín B que se impuxo 4-3 ó Cedeira B, antes de visitar o vindeiro sábado ó líder Cariño.

“prebenxamin”

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

Nova cortesía de Xose A. Ferreiro e AF

RESULTADOS DO CLUBE ATLETISMO OLYMPO EN FRIOL

Intensa fin de semana a do Clube Atletismo Olympo, que participou en varias probas desputadas no Concello lucense de Friol este domingo.

No Campionato Galego de Cross curto, participou Miguel Vilaboy Romero, que foi 137º, nunha carreira gañada polo gran Pedro Nimo en homes e Leticia Fernández en mulleres. Por equipos venceu Comesaña SC en mulleres e SG Pontevedra en homes.

No Campionato Galego de Cross Natalia Fraga foi 40ª en Xuvenil, Carla Franco e Paula Tembrás foron 41ª e 68ª respectivamente en cadete. Na mesma categoría Oliver Núñez foi 59ª.

No Memorial Alejandro Lorenzo competiron África Morales, que foi 27ª en Alevín e Aloia Murado, 18ª en Benxamín.

“olympo”

 

olympo

olympo

olympo

olympo

olympo

olympo

olympo

olympo

olympo

olympo

olympo

olympo

Nova cortesía de Susana Castro e Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s