—
Unha xogadora pontesa debuta na máxima categoría do rugbi feminino español
A xogadora pontesa Carla da Silva Castro debutou esta pasada fin de semana co primeiro plantel do Crat Universidade da Coruña, equipo no que noutrora tamén xogou a locataria Jacqueline Cruz Chayana, e que ademáis marcha primeiro clasificado cando se levan desputadas as dúas primeiras xornadas.
O equipo coruñés desprazouse esta fin de semana a Madrid, onde venceu 0-29 ó Cisneros. Na primeira xornada gañaron por 56-0 ó Majadahonda. Lideran a clasificación con 10 puntos, por diante do INEF Barcelona que ten 8, Olímpico de Pozuelo 6, Getxo 6, GEiEG 5, Sanse 5, Majadahonda 1 e pecha Cisneros que aínda non puntuou.
Esta é a cuarta edición da División de Honra Feminina, gañada nas tres tempadas anteriores polo Inef de Barcelona, nas que o clube coruñés acadou dous subcampionatos e un terceiro posto.
Carla, que recentemente cumpriu 20 anos, que foi xogadora do equipo feminino de fútbol, e está estudando Inef na cidade coruñesa, entrou na segunda metade.
Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotografías cortesía http://aralerugby.blogspot.com.es
—
TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – R.C. DEPORTIVO B (1-0)
O As Pontes colócase líder da Terceira División logo da súa vitoria sobre o Deportivo B en partido disputado na tarde deste domingo 9 de febreiro moi chuvioso, con moito frío e por veces con vento e no que os xogadores tiveron que facer auténticas filigranas para sacar o balón adiante, xa que era a única alternativa que quedaba neste encontro que se disputou nun campo en pésimas condicións debido ás chuvias caídas nos últimos días e na medida que transcorrían os minutos foise convertendo en impracticable.
O resultado pódese considerar xusto a tenor do xogo e das ocasións de cada equipo ó longo dos noventa minutos. O As Pontes puido encarrilar ben o partido nada máis comezar en ocasións de Esmorís (min. 3) e David Amado, quen nun man a man envía o esférico ó peito do porteiro Felipe, cando se atopaba nunha boa ocasión. Mellor a tivo este mesmo xogador no minuto 40 cando envía un forte disparo que rexeita o meta coruñés, quen estivo moi acertado nestas intervencións. Pouco a pouco os coruñeses desfixéronse do dominio local, pero sen crear perigo na porta de Kiko, chegándose ó descanso co empate inicial.
No segundo tempo o control do partido seguiu sendo do As Pontes, que tivo as mellores oportunidades nas botas de Pablo Domínguez (m. 12), Chicho, minuto 64, quen mandou un balón rozando o poste da portería visitante. Tres minutos despois o dianteiro pontés enviou un forte disparo que rexeitou in extremis o porteiro fabrilista Felipe. Aitor, no minuto 68, mandou o balón á cruceta; e dous minutos despois, minuto 70, chegou o tanto dos ponteses por mediación de Jorge Nano, quen mandou o balón ó fondo da portería despois dun saque de esquina de Bossa. A partir de aí o Fabril intentou igualar o encontro e a piques estivo de marcar Nierga, pero o seu lanzamento chocou co porteiro Kiko. Sergio Arias tivo outra boa oportunidade, pero o encontro rematou coa mínima e xusta vitoria do As Pontes, que o coloca na primeira posición da clasificación e con claras opcións de disputar a promoción de ascenso á Segunda División B.
C.D. AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano, Aitor, Esmorís (Chote, 63), David Amado (Álex Cabarcos, 89), Bossa, Sergio Arias, Chicho (Iván, 68) Pablo Domínguez. R.C.D DEPORTIVO B: Felipe, Callón, Uxío, Sidibe, Aarón, Queijeiro, Cañi, Bicho, Dani Iglesias (Marc Nierga, 65), Romay e Mujan (Miguel Cardoso, 76).
ÁRBITRO: Javier Pérez Prado, asistido de Tania Fente e Iván Montero, da delegación de Lugo. Tarxetas amarelas ós locais Dani, Bossa e Chicho e ó visitante Sidibe.
GOL: Minuto 70 (1-0), Jorge Nano.
CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da vixésimo quinta xornada de liga de Terceira División disputado no campo do Poboado que rexistrou unha entrada duns 150 espectadores nunha tarde moi fría, con chuvia ó longo de todo o partido e por veces con fortes rachas de vento. Terreo de xogo en moi malas condicións para a práctica do fútbol.
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF
—
CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 7/8/9 – Febreiro – 2014
SEGUNDA AUTONÓMICA: Mandiá CF – CD As Pontes B (1-1)
Empate do segundo equipo pontés na súa visita ó Mandiá (1-1), tanto de Javi. Xogaron polo As Pontes B, Iván Parapar, Nando, Juancito, Totti, Carlos, Dani Villar, Vicente, Samuel, Javi, Troncho e Rubén. Na segunda parte saíron Adrián e Vilasuso. A vindeira xornada reciben ó líder do grupo, Cedeira, que comanda a clasificación con 40 puntos, por 37 do Neda, 32 da Capela e 31 do As Pontes B.
LIGA GALEGA XUVENIL: SD Negreira – CD As Pontes (2-1)
Paso atrás do xuvenil, que perdeu 2-1 en Negreira, con gol de Rivas, de penalti. Seguen as cousas moi difíciles. A día de hoxe, con catro descensos claros, O Val 19, As Pontes 17, Imperátor 13, e Fátima, que segue sumando, con 10. Necesidade imperiosa de vencer na vindeira xornada ó Betanzos, que xa ten 25 puntos, xunto co Victoria B, por 24 do Ordes e 23 do Orillamar, equipo que marca a criba do descenso.
LIGA FEMININA: SD Rápido Neda – CD As Pontes (1-4)
Boa vitoria do equipo feminino que venceu por 1-4 en Neda, con dous tantos de Paula, que xa leva 16, un de Patri e outro de Noelia. Son cuartas na clasificación con 38 puntos. Na vindeira xornada reciben ó antepenúltimo, ó CD Cedeira.
LIGA CADETE: CD As Pontes – SD Cultural Maniños (5-2)
O cadete venceu no seu “exilio” dos Calzados, na Capela, por 5-2 á Cultural Maniños, con dous goles de Josiño e un de Blanco, Andrés e Iago Vázquez. Ocupa a quinta posición con trece puntos. Na vindeira xornada visitan ó Portuarios B.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase) Galicia Caranza – CD As Pontes B (3-2) CD As Pontes B – UD Cebarca (6-0) – Xogado no campo dos Calzados
O Alevín A perdeu 3-2 en Caranza ante o terceiro clasificado, antes de recibir ó Racing de Ferrol C. Moi ben o Alevín B que venceu (6-0) no campo dos Calzados (A Capela) ó Cebarca, da Barqueira. Con sete puntos, reciben na vindeira xornada ó Meiras, que é terceiro.
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase) CCRD Perlío – CD As Pontes (3-3) CD As Pontes B – SD R. Neda (1-2) – Xogado no campo dos Calzados
O prebenxamín A empatou a tres goles en Fene ante o Perlío. Con cinco puntos reciben ó Galicia de Caranza C, que ten sete. O Prebenxamín B perdeu (1-2) co Rápido de Neda B en partido disputado no campo dos Calzados. Na vindeira xornada visitará ó Racing de Ferrol C, que é o derradeiro clasificado.
PARTIDOS SUSPENDIDOS
Tódolos partidos, incluídos os que os equipos do As Pontes tiñan que xogar como local, disputáronse fóra da vila pontesa, debido ó mal estado dos distintos campos das instalacións do Poboado. Aqueles encontros nos o As Pontes xogaba como local disputáronse no campo de fútbol dos Calzados, do concello da Capela. Con todo iso, non se xogou o As Pontes B-Cedeira de categoría benxamín, debido ó mal tempo, pero si se xogaron os de categoría alevín e prebenxamín. Polo mesmo motivo foron aprazados os partidos que se ían xogar o venres, Miño-As Pontes (infantil) e R. Ferrol D-As Pontes (benxamín).
Nova cortesía de Xosé A Ferreiro e AF
—
RAQUEL E ENRIQUE COAS SELECCIÓNS GALEGAS
A xogadora pontesa Raquel Béjar ven de ser convocada pra un novo adestramento da selección galega cadete sub16 que se levará a cabo hoxe luns ás 19:00, coma ven sendo habitual, no Campo Agro Novo de Milladoiro.
Nunha convocatoria sub18 moito máis selectiva de 19 xogadores vai Enrique, que enfrontará este mércores 12 ás 17:00 na Madroa ó Celta de Vigo B de Segunda División B.
Vintecinco xogadoras convocadas, cinco da comarca, e a internacional Ariane.
Atlético Arousana: Carla Falcón, Ariane Martínez, Carmen Sumay, Eva López
Orzán SD: Nerea González, Cristina Revuelta, María Geremías
SD O Val: María Amaneiro, María Corral
O Olivo: Cecilia Fernández, Sara Alonso
Tomiño FF: Judith García
Milladoiro SD: Nuria Rábano
EDA Arzúa: Elena Ramos
Bértola FF: Fátima Area
Tordoia SD: Leticia Santos
SD Ponteareas: Yaiza Cameselle
CD Bueu: María Calvar
ADC MonteForte: Laura Correa
CCD Cerceda: Ainhoa Danis
RC Ferrol: Carmen Barro
Galicia Mugardos SD: Alba Pérez
AJ Lérez: Teresa Abilleira
Orillamar SD: Rosalía Muíño
CD As Pontes: Raquel Béjar
Nunha convocatoria sub18 moito máis selectiva de 19 xogadores vai Enrique, que enfrontará este mércores 12 ás 17:00 na Madroa ó Celta de Vigo B de Segunda División B.
Contento como unhas pascuas acode Alberto Vilariño “Keko”, que ven de xogar coa selección española sub18 o Torneo do Atlántico no que España tivo unha boa actuación e quedou segunda a pesar de empatar a puntos con Arxentina, por marcar un gol menos, no propio partido contra os albicelestes incluso fallaron un penalti.
RC Celta de Vigo: Diego Alende, Brais Méndez, Fede Varela e Iván Villar
RC Deportivo de A Coruña: Ángel Fernández, Óscar García, Enrique Fornos, Hugo Díaz
CD Lérez: Alejandro Sánchez, Iago Martínez, Ricardo Baz
CD Lugo: Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño “Keko”
CD Areosa: Raúl Espinosa, Andrés Pérez
Pabellón Ourense: CF: Martín Torres, Saúl González
Racing Club de Ferrol: Álvaro Rey
Porriño Industrial: Maykel Barbosa
Nova cortesíá de Xose Ferreiro
—
LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14
RESULTADOS 15ª XORNADA
XUNTANZA – MAREN (*)
A CEPA – BAR JARDÍN (1-3) Francés / Pedro (2) e Richi
LA GALAXIA – MMYPEM (5-0) Sito (2), Julio Meizoso, Rubén e Oscarín
FARMAVIDA – MUEBLES EUME (1-2) Rafa / Rubén e Pepe
Descansou: As Pontes 74 (*) Partido suspendido no minuto 11 da primeira parte (0-0), debido a que se foi a luz.
CLASIFICACIÓN
PUNTOS 1º BAR XARDÍN – 35
2º MUEBLES EUME – 26
3º FARMAVIDA – 26
4º LA GALAXIA – 20
5º AS PONTES 74 – 19
6º A CEPA – 15
7º MMYPEM – 12
8º MAREN (*) – 7
9º XUNTANZA (*) – 6
(*) Un partido menos
GOLEADORES
CENDÁN (Mobles Eume) – 15 CARLOS PIÑÓN (Maren) – 10 FRANCÉS (A Cepa) – 8 JAVI (Farmavida) – 8 PEDRO (Bar Xardín) – 8
16ª XORNADA 15/16 – Febreiro – 2014
LA GALAXIA – XUNTANZA (Sáb. 15, 20,00h)
MMYPEM – A CEPA (Dom. 16, 10,00h)
FARMAVIDA – AS PONTES 74 (Dom. 16, 11,00h)
MAREN – M. EUME (Dom. 16, 12,00h)
Descansa: BAR XARDÍN
Nova cortesía de A.F.
—
O CLUBE DE PADEL AS PONTES GAÑA O DERBI LOCAL Ó PADEL EUME B POR UN CONTUNDENTE 5-0
A pasada fin de semana xogouse nas instalacións de padel de San Mateo, en Narón o derbi pontés de padel correspondente á terceira xornada da liga Rias Altas correspondente á categoría 4ª masculina do grupo II entre os equipos da nosa vila Club de Padel As Pontes e o Padel Eume B, vencendo claramente o Club Padel As Pontes por 5-0.
Os resultados de cada enfrontamento foron os seguintes:
A parella formada por David Cazás e Leopoldo Pena gañou en dous sets por 6-4 e 6-2 á parella Armando Maseda-Diego Prieto, de Padel Eume.
Chicho Tembrás e Edgar Franco gañaron en tres sets (6-2,4-6 e 6-4) a Daniel Cillero e Manuel Bermudez.
No terceiro encontro, Raúl Meizoso e Juan Trastoy gañaron tamén en tres sets por 6-4,1-6 e 7-5 á parella formada por David Sevilla e Tomás Diaz, de Padel Eume.
A parella composta por José Luís Trastoy e Antonio Ramos venceron en dous sets por 6-4 e 6-3 á parella formada por José Luís Villasuso e José Carlos Fernández.
E finalmente, Antonio Prieto e Rubén Darío Vivero superaron en dous sets por 6-4 e 6-2 á parella de Padel Eume formada por Borja Pena e Esteban Diaz.
Despois deste resultado o equipo de Padel As Pontes consolida a súa segunda posición do grupo con dúas vitoria e unha derrota, por detrás do primeiro clasificado, Global R, de Narón, que suma tres vitorias nas tres xornadas disputadas. Pola súa banda, o Padel Eume B é terceiro, cunha vitoria e unha derrota.
O partido tería que haberse xogado nas Pontes, pero debido á climatoloxía adversa as pistas situadas na Canle 4, ó seren descubertas, non están aptas para disputar os partidos, e ó non haber tampouco pistas cubertas no noso concello, non quedou mais remedio que ir xogar a Narón. De feito, están sendo moi comentada por todos os usuarios do Padel de As Pontes, a necesidade de que existan pistas cubertas na nosa vila, pois nos meses de outono e inverno, e inclusive na primavera, teñen que desprazarse a outros lugares tanto para adestrar como para disputar os seus partidos de liga.
Nova de Club Padel As Pontes e AF. Fotos de AF (un partido disputado nas Pontes o pasado verán)
—
MALA XORNADA PARA PADEL EUME
Comezaba a fin de semana para os padeleiros ponteses o sábado , o equipo b xogaba o derbi contra o clube de padel As pontes nas pistas de San mateo en Naron.
A primeira parella en liza era a formada por Manel Bermudez e Daniel Cillero, tiveron un compricado partido , o primeiro set entraron moi frios e sucumbiron por un claro 6/2 , repuxeronse con un soberbio segundo set vencendo por 6/4 todo quedaba para o derradeiro set, igualadísimo o cal non podían levar os nosos caendo por 6/4.
Noutra pista xogaban Armando Maseda e Diego Prieto primeiro set igualado que non souberon decantar a favor e segundo con moitos erros non forzados 6/4-6/2 encontra e 0-2 no computo xeral.
Jose Luis Vilasuso e Jose Carlos Portas despois dun bo comenzó cun break a favor no primeiro set entraron no xogo dos rivais fallando bolas xinxelas entregaban o primeiro set por 6/4 , pesoulles moito mentalmente este e o segundo set acusarono e 6/3 abaixo, eliminatoria sentenciada 3-0 encontra.
Borja Pena e Esteban Diaz calcaban o partido anterior comezo esperanzador e despois a debacle sinfín de erros non forzados para perder o primeiro set 6/4 non se repuxeron do primeiro e o segundo todavía mais xinxelo para os contrincantes 6/4.
O ultimo enfrontamento David Sevilla e Tomas Diaz entraban moi frios na pista e perdían un set moi igualado 6/4 , no segundo cambiou o conto moi centrados sen erros sacaban o set moi claramente 6/1 , denovo todo por decidir no ultimo set, a sorte non nos sonreiu tampouco e despois dun agonico tie break chegaba a derrota por 7/6.
A vindeira xornada os ponteses reciben o casino ferrolano b que conta os seus partidos por derrotas, esperemos recuperar a senda da victoria.
O equipo A de padel eume xogabase o liderato nun difícil desprazamento a terras ferrolans contra o clube de campo b, que contaba todos os seus enfrontamentos por victorias, os nosos presentaban un equipo con baixas salientables pero deron a cara ata o ultimo momento.
O primeiro envite xogabano Dani Lopez e Santi Barro frios coma o tempo en poucos minutos regalaban o primeiro set 6/3 , o segundo seria outra historia rápidamente puxeronse con un 5/2 arriba cando todo parecía abocado o derradeiro, a debacle total, 4 xogos consecutivos levabanos a un tie break agonico que nos levaba a primeira derrota da tarde.
Xalo Maira e Manuel Ferro non deron ningún tipo de opción os rivais solidos e contundentes , 6/3 6/0 e empate a uns no envite.
Poty leal e Domingo Rojas tiveron un compricado partido , pouco puideron facer os ponteses caian derrotados por un claro 6/3-6/0 a eliminatoria 2-1 para os ferrolans.
Fernando Caaveiro e Santiago Franco sen apenas fisuras no xogo dominando o partido sen atrancos poñian a igualdade na confronta vencendo por un claro 6/4-6/1.
Todo quedaba para unha parella pontesa que estaba a facer un padel de moitos kilates, Angel Cañizares e Marcos Fdez tiñan toda a responsabilidade nas suas palas, un desastroso primeiro set 6/2 encontra e a remar no segundo sen perder a cara sairon decididos a empatar o encontro puxeronse cun comodo 5/2 pero non souperon cerrar e levounos a un agonico 6/6 tie break no cal os nosos desperdiciaban duas bolas claras de set e xa se sabe o que perdoa acaba pagando, perdían o set e por tanto a eliminatoria.
A vindeira semana os ponteses reciben o School padel Ferrol esperemos solventar cunha victoria para seguir no liderato .
Nova cortesía de Fernando Caaveiro
—