CD As Pontes Feminino

Gran actuación de Raquel e a selección galega esta fin de semana en Asturias

A xogadora pontesa Raquel Béjar Castro ven de xogar esta fin de semana en Asturias coa selección galega sub16 a segunda fase do Campionato de España.

No primeiro partido empataron coa selección local, 2-2, despois de ir a remolque todo o encontro, este empate foi vital pra o cadro asturián, que ó igual que a selección de Madrid, gañou todos os seus encontros no torneo agás o que empataron con Galicia tanto asturianas como madrileñas.

No seguno encontro, máis cómodo, venceron a Murcia 1-4. Raquel xogou os dous encontros de titular.

Galicia pecha a súa participación con dúas vitorias ante A Rioxa (6-4) e Murcia (4-1) e dous empates ante Madrid (2-2) e Asturias (2-2) co que quedou a un so punto de clasificar á Fase Final.

“galega”

Lidera Cataluña con 12 puntos, por 10 de Asturias e Madrid, e 9 de Navarra, estas son as catro seleccións clasificadas para semifinais. Fora por pouco quedan a Comunidade Valenciana e Galicia con 8 puntos, Castela A Mancha 7, Baleares 6, Aragón e País Vasco 5, Andalucía, A Rioxa e Extremadura 3, Canarias 1, e Castela León e Murcia sen puntuar.

No torneo sub18 clasificaron Madrid, Cataluña, Castela A Mancha e a Comunidade Valenciana.

Xogaron por Galicia 1 Carmen Sumay (Atl.Arousana), 2 María Calvar (Bueu), 3 Judit García (Tomiño), 4 Carla Falcón (Atl. Arousana), 5 Helena Ramos (Arzúa), 6 Fátima Area (Bétola), 7 Teresa Abilleira (Lérez), 8 Ariane Martínez (Atl. Arousana), 9 Raquel Béjar (As Pontes), 10 Nerea González (Orzán), 11 Cecilia Fernández (Olivo), 12 Nuria Rábano (Milladoiro), 13 Sara Alonso (Olivo), 14 Leticia Santos (Tordoia), 15 Cristina Revuelta (Orzán), 16 María Geremías (Orzán), 17 Yaiza Cameselle (Ponteareas), 18 Ainhoa Danis (Cerceda).

galega

galega

galega

galega

galega

galega

galega

galega

galega

galega

galega

galega

galega

galega

Nova cortesía de Xose Ferreiro. Fotos cortesía Federación Asturiana de Fútbol.

Enrique Fornos, a Extremadura

O futbolista pontés Enrique Fornos Domínguez ven de ser convocado para a segunda fase do Campionato de España que a selección galega desputará en Zafra, xunto ó combinado local e a seleción de A Rioxa.
Non poderá contar a selección con Yelko Pino, recentemente convocado pola selección espñaola sub19, cun ano menos, pero si terá a internacionais, como o dianteiro Javier Fernández “Bicho”, o medio Alberto Vilariño “Keko”, ou internacionais sub17 deste ano como o extremo esquerdo Brais Méndez, o porteiro Iván Villar, ou o propio Enrique.
O venres 28 enfrontaránse á selección local, e o sábado 1 á selección de A Rioxa. Ambos encontros xogaranse ás 12:15. Galicia sub18 necesita vencer os seus dous encontros despois dunha primeira fase na que perdeu con Cantabria (3-1), e gañou a Melilla (2-0).
En mellor posición está a sub16, pois venceu os seus dous partidos da primeira fase.

“fornos”

Na convocatoria tamén acude o extremo de Cabanas Álvaro Rey, e na sub16 o dianteiro, gran goleador, do Vilalbés, Víctor Eimil, ademáis dos internacionais Martín Fuentes e Alex Rey.
Selección Galega Sub18
RC Celta de Vigo: Brais Méndez, Fede Varela, Julio Delgado, Iván Villar, Diego Alende

RC Deportivo de A Coruña: Enrique Fornos, Óscar García, Javier Fernández, Hugo Díaz

CD Lugo: Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño

Pavillón Ourense CF: Saúl González, Martín Torres

CD Lérez: Alejandro Sánchez, Iago Martínez

RC Ferrol: Álvaro Rey

Rápido de Bouzas CF: Federico Mintegui

CD Areosa: Raúl Espinosa
Selección Galega Sub16
RC Celta de Vigo: Martín Fuentes, Alex Ubeira, Alex Rey, Pablo Salgueiro, Samuel Martínez

RC Deportivo de A Coruña: Juan Brandariz, Aarón Sánchez, Rodrigo Parafita, Iago Parga.

Pavillón Ourense CF: Martín González

Ponte Ourense: Alberto Novoa

CD Conxo: Jorge Rama

Sárdoma CF: Diego Pérez

CD Areosa: Antón Alonso

RC Vilalbés: Víctor Eimil

CD Moaña: Xoel Del Río

SD Chantada: Pedro Delgado

Dumbría CF: Juan Lado

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – PONTEVEDRA CF 4

Gran varapalo o que sofreu o As Pontes na xornada de onte. Sabíase da maior calidade dos granates, pero non se agardaba un resultado tan avultado, o que indica que os azuis terán que loitar, e moito, para meterse entre os catro primeiros e aínda así será moi difícil.
A pouca contundencia defensiva local e o maior empaque visitante decidiu o encontro. Medio partido xa se puso de cara para os granates en apenas cinco minutos cando tras un saque o balón paséase pola área sen que ninguén o despexe e Javi Otero case sen querelo manda ó fondo das mallas.
A unha cabalgada de Arias non chega Amado (12´), e tras outra galopada do de Portomarín, tívoa Alex a medio palmo e con todo a favor pero mandouna por alto (34´). Replicou Carnero un minuto máis tarde facendo estirarse a Kiko. Nun contragolpe en posible fóra de xogo case se aproveita Javi Otero pero salva Kiko in extremis (37´), con algo de fortuna para os locais, pois o despexe vai ó corpo do xogador e o rebote sae a rentes do pau.
Sentenciou o Pontevedra nada más iniciarse o segundo tempo, tras un saque de falta, Javi queda so, quizáis en fora de xogo, pero o cadro local queda durmido reclamando, e Carnero chegando dende atrás libre de marca, dálle tempo a parar o balón e marcar a pracer (49´). Minutos de desconcerto no As Pontes, pois puido sentenciar Javi un minuto más tarde pero Kiko sacou co corpo, e outra vez o mesmo xogador e entre Pablo e Kiko salvan como poden (53´).
Tamén tivo as súas ocasións clarísimas o As Pontes pero hoxe non era o día, Pablo Domínguez, so, a medio metro, mandouna tamén por alto (58´).
“cdaspontes”

Roto o encontro, o As Pontes, con cambios ofensivos, buscou o gol que lle achegara no marcador, e o Pontevedra reservábase para as contras, así Carnero volve a quedar so, regatea a Kiko e marca a placer (78´).
Iván González dende fora da área manda o balón ó longueiro (80´), e xa nas postrimerías Benja marca de forte disparo dende o borde da área (92´) e apenas un minuto despois cabalgada de Amado que se leva o balón coa cabeza ante a saída de Sousa e marca a porta baleira.
Varapalo para un As Pontes ó que lle agarda o calendario máis complicado de aquí ó final de Liga e resultarálle moi difícil acabar entre os 4 primeiros. Dous perigosos envites lle agardan, visitar a un necesitado Negreira e recibir a un Ordes que está moi preto dos azuis na clasificación.
CD AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano, Pablo López (Iván González 54´), Aitor, Dani, Amado, Bossa, Arias, Alex (Santi 63´), Pablo Domínguez.
PONTEVEDRA CF: Edu, Caco, Feito, Pablo, Yago, Kevin, Javi (Tubo 77´), Lede, Carnero (Benja 82´), Fran (Moreira 86´), David Pérez.
GOLES: 0-1, Javi Otero (5´). 0-2, Carnero (49´), 0-3, Carnero (78´), 0-4, Benja (92´), 1-4, Amado (93´).
CAMPO E INCIDENCIAS: Tarde fría pero soleada. Boa entrada, uns 500 espectadores nas gradas, con moita presenza de seguidores pontevedreses.

ÁRBITRO: David Congost Larrosa, auxiliado por Jordi García e Nico Horna, de Cataluña. Tarxetas amarelas a Caco, Feito, Kevin, Tubo e Aitor.

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

cdaspontes

Nova de Xosé Ferreiro e AF

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 21/22/23 – Febreiro – 2014

CD As Pontes.jpgSEGUNDA AUTONÓMICA: Numancia de Ares – CD As Pontes B (3-0)
O segundo equipo perdeu en Ares por un contundente 3-0 nun encontro que xogaron Iván, Nando, Rubén, Dario, Carlos, Héctor Antón, Adrián Vilasuso, Samuel, Javi, Troncho e Marcos Novo, saíndo no segundo tempo Moisés, Picallo e o xuvenil Iván Carballeira. Cedeira 44, Neda 41, A Capela 36, Numancia 35, Ortigueira 32, As Pontes e San Mateo 31. A vindeira xornada toca recibir ó Cebarca da Barqueira.
LIGA GALEGA XUVENIL: CD Calasanz – CD As Pontes (2-0)
Xornada aciaga para o Xuvenil, que veu como perdía na casa do líder Calasanz (2-0) e ó mesmo tempo os seus rivais, O Val, gañaba en Vilalba (0-2) e o Imperátor facía o mesmo ante o veciño Ural (2-1), asentado na zona media. Betanzos 25, O Val 22, e descendidos a día de hoxe, As Pontes 20, Imperátor 16 e Fátima 10. Unha final o vindeiro sábado, As Pontes-O Val.

LIGA FEMININA: CD Cariño – CD As Pontes (1-3)
Moi ben o feminino, que gañou 1-3 en Cariño, tantos de Lía, Sara e Andrea Pita, e escala á terceira praza. Lidera Racing de Ferrol con 57 puntos, Maniños 47, As Pontes 44, Mandiá 42, San Sadurniño 40 e O Val B 37. Gran partido o sábado, As Pontes-Cultural Maniños.
LIGA INFANTIL: SD O Val – CD As Pontes (1-3)
Gran vitoria do equipo infantil ante O Val (1-3), e o triunfo do Ferrol B en San Pedro (0-4) e do Portuarios en Perlío (0-1) mantén a clasificación como estaba, os verdes 25 puntos e As Pontes e Portuarios 22. O noveno clasificado Racing San Pedro visita O Poboado.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase) Amistade Meirás – CD As Pontes (3-1) Descansou o CD As Pontes B
Perdeu o Alevín A 3-1 ante o Amistade de Meirás, o que o deixa moi afundido na última praza cun só punto, antes de recibir ó Eume Deportivo, cuarto clasificado. O Alevín B xoga en Ferrol diante do Ánimas.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
SD O Val B – CD As Pontes (3-3) CD As Pontes B – SD O Val A (5-4) – Xogado no campo dos Calzados
O Benxamín A empatou 3-3 co Val B, e o Benxamín B venceu 5-4 ó Val A. Benxamín B, oitavo con 13 puntos, e Benxamín A, noveno con 11, visitan ó Portuarios B e reciben ó Portuarios A, respectivamente.
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
SD O Val – CD As Pontes (1-4) Descansou o CD As Pontes B
Vitoria do Prebenxamín A 1-4 ante O Val, co que escala á sexta praza con 11 puntos. A semana que vén descansan e o Prebenxamín B visita Cabanas para enfrontarse ó Escola de Fútbol.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO AS PONTES FS – UNIVERSIDAD DE VALLADOLID (1-5)

Mal se poñen as cousas para o Esteo despois de perder por un claro e contundente 1-5 diante do Universidad de Valladolid, equipo que amosou a posición que ocupa na táboa clasificatoria, e que tras este triunfo sobe momentaneamente á terceira posición na á espera do resultado do partido Bembrive-Cuéllar.  Nada hai que obxectar á vitoria dos vallisoletanos, que ó longo do partido amosaron a súa superioridade fronte a un impotente Esteo, que en ningún momento soubo estar na pista do pavillón da Fraga. Ó descanso o equipo visitante gañaba por un claro 0-3, con goles de Ofa, Javi López e Miguelín. Ós oito minutos do segundo acurta diferenzas Fran. Pero, isto foi un espellismo, xa que o dominio visitante era evidente mentres que o Esteo era un querer pero non poder e que nos derradeiros minutos recibiu dous goles máis por mediación de Balle e Ofa, este por segunda vez, cando o cadro local xogaba á desesperada co porteiro xogador.

En definitiva, resultado xusto para o conxunto castelán ante un impotente Esteo, no que terán que cambiar moito as cousas nas vindeiras xornadas se quere lograr a permanencia na categoría de bronce do fútbol sala español.

Nesta xornada salientar a sorprendente derrota do líder Cidade de Narón na súa propia pista ante o Noia por un claro1-4, co que o título amósase cada vez máis caro. Precisamente o conxunto noiés visita As Pontes o vindeiro 8 de marzo despois de viaxar a Lugo para enfrontarse ó Azkar B, un partido de auténtica final para os dous equipos.

“esteo”

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Chotto, Gerveno, Héctor, Rubi, Rober Paz –cinco inicial- Pelu, Gerardo, Fran e Bolli.

U. VALLADOLID: Félix, Molina, Ofa, Javi López, Dani Martín –cinco inicial- Víctor, Leal, Mario, Fraile, Balle e Miguelín.

GOLES: Min 13 (0-1), Ofa. Min. 17 (0-2), Javi López. Min 19 (0-3), Miguelín. Min 28 (1-3), Fran. Min 39 (1-4), Balle. Min. 40 (1-5), Ofa.

ÁRBITROS: David Álvarez e Jesús Santoveña, de Gijón; na mesa Berta González, da Coruña. Amoestados Chotto e Rubi, do Esteo, e Ofa e Dani Martín, do Universidad de Valladolid.

INCIDENCIAS: Partido da vixésima xornada de liga da Segunda División B disputado no pavillón municipal da Fraga ante uns 250 espectadores nas gradas. Antes de iniciarse o encontro gardouse un minuto de silencio polo falecemento do avó de Iván, porteiro do Esteo.

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

Nova cortesía de A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14: O BAR XARDÍN CAMPIÓN DE LIGA A FALTA DA DERRADEIRA XORNADA

O empate a un gol diante de Farmavida foi suficiente para que o equipo de Bar Xardín se proclamase matematicamente campión de liga 2013/14, renovando así o campionato logrado a pasada tempada co nome de Santaballés. A falta da derradeira xornada de liga, a disputar na segunda fin de semana de marzo, o Bar Xardín supera en catro puntos ó segundo clasificado, Mobles Eume, campión na tempada 2011/12. Este é o terceiro título de liga acadado polo conxunto amarelo nas últimas cinco tempadas, xa que antes lograra o campionato nas tempadas 2010/11 e 2012/13.
RESULTADOS 17ª XORNADA

XUNTANZA – M. EUME (1-4) Alberto / Manel, Carlos Villasuso (2) e Pepe

B. XARDÍN – FARMAVIDA (1-1) Pedro / Alberto

A CEPA – LA GALAXIA (1-2) Andrés / Sito (2)

AS PONTES 74 – MAREN (0-0)

Descansou: MMYPEM

“veteranos”

 

CLASIFICACIÓN
PUNTOS

1º BAR XARDÍN – 36

2º MUEBLES EUME – 32

3º FARMAVIDA – 28

4º LA GALAXIA – 26

5º AS PONTES 74 – 21

6º A CEPA – 16

7º MMYPEM – 13

8º MAREN – 8

9º XUNTANZA – 6
GOLEADORES
CENDÁN (M. Eume) 15 CARLOS PIÑÓN (Maren) 10 PEDRO (Bar Jardín) 9 FRANCÉS (A Cepa) 8 JAVI (Farmavida) 8
18ª XORNADA (Derradeira) 8/9 – Marzo – 2014
A CEPA – XUNTANZA (Sáb. 8, 20,00h)

MAREN – BAR XARDÍN (Dom. 9, 10,00h)

M. EUME – AS PONTES 74 (Dom. 9, 11,00h)

FARMAVIDA – MMYPEM (Dom. 9, 12,00h)

Descansa: LA GALAXIA
PALMARÉS FÚTBOL VETERANOS DE AS PONTES
CAMPIONATO DE LIGA
2009/10 CONS. GUERREIRO

2010/11 SANTABALLÉS

2011/12 MOBLES EUME

2012/13 SANTABALLÉS

2013/14 BAR XARDÍN (antes Santaballés)
CAMPIONATO DE COPA
2009/10 FARMAVIDA

2010/11 MOBLES EUME

2011/12 MOBLES EUME

2012/13 AS PONTES 74

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos
Nova cortesía de AF

Tres ponteses nas seleccións de Ferrol

ponteses.jpgA Delegación de Ferrol ven de facer pública esta semana unha nova convocatoria das distintas seleccións comarcais.

As seleccións Infantil Masculina e Alevín Feminina seguen na competición, mentres que a Alevín Masculina e a Infantil Feminina caeron na primeira fase así que levarán a xogadores/as de primeiro ano para preparar a competición do ano que ven.

No cadro Infantil sub14, que alcanzou a Fase Final, está Sergio Otero, que ademáis foi titular no encontro da Primeira Fase. Na selección infantil feminina estréanse Andrea Montero e Yara Fernández.

Os 23 convocados do cadro infantil son:

Racing de Ferrol: Javier Sanmartín, Antón Quindimil, Alberto Rodríguez, Cristopher García, Luis Rodríguez.

Galicia de Caranza: Kevin Bellas, Javier Varela, Manuel Penedo, Carlos Díaz

Portuarios: Adrián González, Pablo Couselo

Cedeira: Francisco Pernas, Miguel Ponce

Ortigueira: Andrés Barcón, Luis Pereira

Miño: Martín Lago, Diego Salazar

Ánimas: Jesús Ameneiro

O Val: Adrián Fernández

Numancia de Ares: Antón López

Meirás: Borja Sedes

Cultural Maniños: Andrés Pena

As Pontes: Sergio Otero

Pola selección infantil feminina acuden:

Cedeira: Antía Martín, Marta García, Lucía Vázquez, Miriam López, Para Pires, Antía Vilar, Noelia Serantes

Galicia de Caranza: Lara Rodríguez, Paula Marcos, Yessica Carro, Paula Rey, Marta Rodríguez, Antía Delgado

Amistade de Meirás: Natalia Vilar, Zaira María González, Natalia Veiga

San Sadurniño: Emma Fernández, Aldara Pérez, Yaiza González

Galicia de Mugardos: Aída Vázquez, Alba García

As Pontes: Andrea Montero, Yara María Fernández

Cariño: Eva Fraguela

Deberán persoarse nas instalacións de Caranza este domingo, os rapaces ás 9:30, as rapazas ás 11:00.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Borja Prieto comeza a tempada 2014

O piragüista pontés Borja Prieto Valera comezou o ano piraguistico esta fin de semana coa desputa do XXV Memorial Miguel Ángel Pérez, unha regata de catro kilómetros e medio.

Venceu o piragüista asturián Milín Llamedo (Rápidos Jaire de Arriondas), doble campión de Europa sub23 e subcampión do Mundo da mesma categoría en maratón, segundo foi Javier López (Club de Mar Avilés) e terceiro Borja.

Por clubes gañou o Covadonga, do que agora Borja é o seu segundo adestrador.

A vindeira competición será o Campionato de Asturias de Inverno, a próxima fin de semana, o sábado contrareloxo de 2000 metros e o domingo final sobre 5000 metros.

borja.jpg

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s