CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN C.D. AS PONTES – CLUB ORDES S.D. (0-1)

Non pintan nada ben as cousas no Club Deportivo As Pontes despois da súa segunda derrota consecutiva no Poboado, nesta ocasión diante dun Ordes que pouco a pouco estase achegando ós postos de promoción. Mal partido o que presenciaron na tarde de onte os poucos afeccionados que se deron cita no campo do Poboado, xa que se agardaba algo máis de dous equipos que están na zona alta da clasificación. O encontro foi malo e por veces aburrido, con apenas ocasións claras de gol, aínda que a iniciativa levouna sempre o As Pontes, que tivo a súa primeira ocasión de gol cando ían quince minutos de xogo nun forte disparo de Bossa que o porteiro ordense enviou a córner. Pola súa banda, o Ordes tivo a súa mellor oportunidade nesta primeira parte no minuto 32 nun despiste da zaga pontesa que Capelo aproveitou centrando, pero o remate de Quintairos foise ás mans de Kiko.

No segundo tempo, máis do mesmo, mal xogo de dous equipos que parecían conformarse co empate. A primeira ocasión local veu nun centro de Pablo Domínguez ó que non chegou ninguén; despois gol anulado a Iván ó parece por posible fóra de xogo dun dianteiro pontés sinalado polo árbitro. E no minuto trece chegou o tanto da vitoria visitante. Foi nunha falta que lanzou Mariño respondendo ben Kiko enviando coa punta dos dedos o balón ó poste, pero o posterior rexeite colleuno Jesús Torres para enviar o balón ó fondo da rede. A partir de aquí máis dominio e presión dos ponteses tentando igualar cando menos o partido. Pero, o marcador non se movería a pesar das oportunidades de Iván, Bossa, Sergio Arias e Aitor.

Tres puntos máis que se van do Poboado diante doutro rival directo e nas vindeiras xornadas complicados compromisos, primeiro na casa do cada vez máis líder Boiro e no seguinte visita ó Poboado do Somozas, conxunto que nesta xornada goleou a domicilio ó Bertamiráns e ten pendente de xogar os derradeiros sete minutos do partido contra o Cerceda, encontro que ía gañando por 1-0 cando se produciu o fatal falecemento do seu presidente Manuel Candocia, polo que de sumar os tres puntos colocaríase na segunda posición a un só punto do Boiro.
“aspontes-ordes”

C.D. AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano, Pablo López (Fidi, 75), Aitor, Esmorís (Álex, 65), Iván, Bossa, Sergio Arias, David Amado e Pablo Domínguez.

CLUB ORDES: Mario, Cea, Jesús Torres, David Rey, Cabrejo, Maniño, Quintairos (António, 59), Rodri, Capelo, Martín (Vía, 88) e Abelenda.
ÁRBITRO: Gonzalo Goyanes López, da delegación de Santiago, que estivo a tono co partido. Estivo asistido por García Martín e Teijeiro Fernández. Sen amoestacións, aínda que houbo algunha que outra xogada merecedora de tarxeta.

GOL: Minuto 58 (0-1), Jesús Torres.

CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da 29ª xornada de liga da Terceira División disputado no campo do Poboado nunha tarde soleada e calorosa, coa presenza duns 200 espectadores nas gradas, que non saíron nada contentos polo xogo ofrecido polos dous equipos.

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

aspontes-ordes

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 7/8/9 – Marzo – 2014

DESPOIS DE CASE MES E MEDIO OS EQUIPOS DE BASE XOGARON NO POBOADO
Nunha fin de semana na que os equipos de base volveron a xogar no Poboado despois de mes e medio de facelo no campo dos Calzados, da Capela, houbo resultados para tódolos gustos, sendo o resultado máis doloroso a derrota do equipo de Terceira División, que parece afrouxar nas últimas xornadas, nas que só sumou un punto na súa visita a Negreira e perdeu no Poboado contra dous rivais directos pola loita na promoción de ascenso.

Primeiro foi o Pontevedra, que o goleou por 1-4 e na tarde do pasado domingo foi o Ordes quen se levou os tres puntos do Poboado ó gañar por 0-1 nun partido que non gustou a ninguén e que será mellor esquecer. Os da terra dos queiques sumaron así a súa terceira vitoria na historia dos 22 enfrontamentos entre os dous equipos no campo pontés, sendo o primeiro na tempada 1961/62, na Serie A Rexional (hoxe Preferente) con vitoria do entón Calvo Sotelo por 1-0. O Calvo Sotelo aliñara naquel partido xogado no Poboado o 25 de febreiro de 1962 a Man, Nené, Modesto, Barreira, Hurtado, Cayetano, Cruz, Lexo, Burgos –autor do gol- Peci e Teruel.

Era adestrador do equipo pontés o coruñés Rodrigo Vaquero Casal. O Calvo Sotelo quedara campión do grupo norte da Serie A e na fase de ascenso quedou terceiro, por detrás de Foz e Bueu, equipos que ascenderon á Terceira División.

Na vindeira xornada difícil e complicado partido na casa do cada vez máis líder Boiro, e na seguinte a visita ó Poboado do Somozas, conxunto que nesta xornada goleou a domicilio ó Bertamiráns e ten pendente de xogar os derradeiros sete minutos do partido contra o Cerceda, encontro que ía gañando por 1-0 cando se produciu o fatal falecemento do seu presidente Manuel Candocia, polo que de sumar os tres puntos colocaríase na segunda posición a un só punto do Boiro.

Tamén dolorosa a derrota do conxunto xuvenil no Poboado ante o cadro do Val por 0-1, resultado que o coloca nunha complicada situación para manterse na categoría.

Sinalar que o equipo biberón non puido disputar o seu partido contra o Perlío por atoparse enfermos varios xogadores do conxunto de Fene. Rivas aproveitou para facer unha sesión de adestramento.
Calvo-Sotelo-1961-62-b

SEGUNDA AUTONÓMICA: SD Bertón – CD As Pontes B (0-3) Gañou sen xogar o segundo equipo pontés por retirada do Bertón (0-3), e escala ata a cuarta praza con 37 puntos, por detrás de Cedeira (45), Neda (43) e A Capela (39), antes de recibir ó perigoso Ortigueira, sexto con 36.
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – SD O Val (0-1)

Complicouse moito a vida o equipo xuvenil ó perder por 0-1 na “final” disputada este sábado ante O Val. Adiantáronse ós valexos ó pouco de comezar o encontro, tanto de Manuel Brandeiro, e a partir de aí adicáronse a conservar o marcador, e non lles foi mal. Non quere dicir que os azuis non tiveran as súas ocasións, como un centro chut dende medio campo preto do longueiro que salvou o meta visitante, un remate de Marcos que salva o porteiro e no rexeite Alex Fernández manda por alto, ou unha cabezada de Marcos que salvou milagrosamente Rafa. Pero non se moveu o marcador e o xuvenil dá dous pasos atrás. Conxo 27, Betanzos e O Val 25, e en descenso, As Pontes 23, Imperátor 16 e Fátima 10. A vindeira semana decisiva visita a Vilalba. Xogaron Ángel, Esteban (Caínzos), Jandro, Gonza, Marcos, Moi (Alex Cabarcos), Brais (Alex Fdez), Iván, Antonio, Rivas, Lucho (Tiny).

“xuvenil”

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

xuvenil

LIGA FEMININA: ACD Santa Mariña – CD As Pontes (3-0) Patinou o equipo feminino na súa visita a Santa Mariña (3-0), incluso ós cinco minutos xa perdía 2-0, e non soubo aproveitar a derrota do Maniños ante o Neda (0-1). Si estivo listo o Mandiá que venceu 1-5 ó Mugardos e asalta a segunda posición. Intratable Racing de Ferrol 66 puntos, aínda que esta semana só puido vencer 3-2 ó Val B, Mandiá 48, Maniños e As Pontes 47 e San Sadurniño 46. As pontesas reciben ó Galicia de Mugardos, décimo segundo con 17 puntos. Xogaron Leti, Andrea Pita, Sara, Nuria, Andrea Montero, Paula, Lía, Patri Dopico, Xeila, Yara, Noelia Santalla, Alba e Uxía.

LIGA CADETE: CD As Pontes – Gª Caranza B (5-4) Xogado no campo dos Calzados Moi ben o cadete que gañou ó quinto clasificado Galicia Caranza B por 5-4 en partido xogado no campo dos Calzados, e aproveitando o descanso de Cedeira sube á segunda posición. Intratable Ánimas con 30 puntos, As Pontes e Cedeira 22, Eume 21. Complicada visita o próximo sábado a Ferrol a xogar contra o líder, que a excepción dunha sorprendente derrota ante o noveno clasificado Numancia de Ares (0-1), conta todos os seus partidos por vitorias.

LIGA INFANTIL: Meirás CF – CD As Pontes (1-1) Complicado inimigo o que atopou o Infantil no Meirás, pois o conxunto verde quitoulle cinco puntos a un equipo que so perdeu sete no que vai de Liga. O empate a 1-1 afasta definitivamente o cadro azul da loita polo título, aínda que poden conseguir a segunda praza da promoción de ascenso. Racing de Ferrol B 31, Portuarios 28 e As Pontes 26. O Galicia de Caranza B, quinto con 18 puntos visita o Poboado a semana que vén.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase) SDR Portuarios – CD As Pontes (3-3) CD As Pontes B – R. Ferrol D (2-0)
Gran empate do Alevín A na súa visita ó sétimo clasificado, Portuarios, 3-3, co que suma o seu segundo punto nesta fase final, antes de recibir ó antepenúltimo, O Val, que supuxo o outro punto da primeira volta. O Alevín B venceu 2-0 (goles de Jandro) ó Racing de Ferrol D. É sexto con 11 puntos visita ó derradeiro clasificado, que suma seis puntos, Rápido de Neda B.

“alevin”

alevin

alevin

alevin

alevin

alevin

alevin

alevin

alevin

alevin

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase) CD As Pontes – Gª Mugardos (3-1) CD San Sadurniño – CD As Pontes B (2-2) O Benxamín A venceu 3-1 ó Mugardos mentres que o Benxamín B empatou 2-2 na súa visita ó derradeiro clasificado, San Sadurniño, que só tiña tres puntos. Son oitavo e noveno con 17 e 15 puntos respectivamente, antes de descansar o A e recibir o B ó penúltimo clasificado, Eume Deportivo B.

“benxamin”

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

benxamin

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase) Narón BP Piñeiros – CD As Pontes (7-4) CD As Pontes B – R. San Pedro B (2-7) Moi ben o Prebenxamín A na casa do líder Narón BP, que leva 20 vitorias de 20 partidos e que se impuxo por 7-4 ós azuis, que son sextos con 11 puntos, antes de recibir ó EFR Ferrol, que é terceiro na clasificación. O Prebenxamín B perdeu 2-7 co San Pedro B. Antepenúltimo con catro puntos, visita ó Galicia de Caranza D, quinto con 16 puntos.
“prebenxamin”

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

prebenxamin

“destramento”

destramento

destramento

destramento

destramento

destramento

destramento

destramento

destramento

destramento

destramento

destramento

destramento

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO AS PONTES F.S. – NOIA F.S. (3-2)

Triunfo agónico pero xusto e merecido do Esteo diante do Noia, segundo clasificado do grupo, que lle permite ó cadro pontés situarse nunha inmellorable posición na clasificación para manter a categoría. O partido estivo moi disputado, pero con mellores ocasións para os ponteses, que anotaron o primeiro gol ós sete minutos de xogo por mediación de Rubi. Logo viñeron tres boas ocasións de Fran, Rober e Bolly. Sen embargo, a dous minutos do descanso Quique lograba empatar para os noieses.

Na segunda metade a tónica do xogo seguiu sendo a mesma, maior dominio local ante un Noia que individualmente amosábase superior e que en certos momentos puxo en apuros ó meta que defendeu ben Chotto. Nada máis comezar este segundo tempo Héctor lograba o segundo gol do Esteo e uns minutos despois o Noia sacaba porteiro xogador, función que cumpriu ben Marquitos, que foi o mellor do seu equipo. Trala expulsión de Álex, os visitantes quedáronse cun home menos, circunstancia que non aproveitaron os locais e si os visitantes que logran empatar o partido ós trinta minutos por mediación de Pepe tras unha perda de balón no medio do campo. Logo viñeron claras oportunidades para os ponteses nas botas de Fran, Gerardo e Rober. Tamén tivo as súas ocasións o Noia, sobre todo nun disparo de Marquitos que se foi ó longueiro. Gerardo tamén mandou ó poste un balón de tiro cruzado. Cando o partido se atopaba nunha fase de continuos contraataques nunha e outra portería chegou o terceiro tanto local a falta de tres minutos para o remate, que ó final sería o do triunfo definitivo do Esteo. Foi nun contragolpe que finalizou maxistralmente de cabeza Rober Paz.

En definitiva, xusto e merecido triunfo do Esteo que o coloca na sétima posición empatado a puntos co Guardo, que nesta xornada perdeu na casa diante do conxunto vigués do Bembrive.

esteo_0001.jpg

FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Chotto, Gerardo, Fran, Rubi, Rober Paz –cinco inicial- Pelu e Bolly.
NOIA FS: Carlos, Quique, Álex, Diego Pernas, Marquitos –cinco inicial- Marcial, Pepe e Romario.
GOLES: Min 7 (1-0), Rubi. Min. 18 (1-1), Quique. Min 21 (2-1), Héctor. Min 29 (2-2), Pepe. Min 37 (3-2), Rober Paz.
ÁRBITROS: Carreira Romero e Manteiga Rodríguez, da Coruña. Amoestaron ós visitantes Carlos, Diego Pernas e Álex, que recibiu a vermella directa no minuto cinco da segunda parte por unha forte entrada a Rubi.
INCIDENCIAS: Partido da 22ª xornada de liga de Segunda División B disputado no pavillón municipal da Fraga ante uns cento cincuenta  espectadores nas gradas que saíron satisfeitos do xogo realizado polo seu equipo.

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

esteo

Nova cortesía de A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14 

REMATOU A COMPETICIÓN DE LIGA CO BAR XARDÍN COMO CAMPIÓN O vindeiro domingo 16 comeza a Copa

Rematou a liga de fútbol veteranos de As Pontes co Club Bar Xardín como campión, renovando así o acadado a tempada anterior co nome de Santaballés, que conquista o título por terceira vez, xa que quedara campión nas tempadas 2010/11 e 2012/13. En segunda posición quedou Mobles Eume mentres que Farmavida foi terceiro. Cendán, de Mobles Eume, foi o máximo goleador do campionato con 20 goles, seguido de Carlos Piñón (Maren), con 11, e Javi Franco (Farmavida), con 10. Peruzzi, de Mobles Eume, foi o porteiro menos goleado, con quince tantos. A vindeira fin de semana comeza a competición de copa, cos nove equipos emparellados en dous grupos. No A estarán A Cepa, MMYPEM, Bar Xardín, La Galaxia e Maren, e no B, Mobles Eume, As Pontes, Farmavida e Maren. A primeira fase será por sistema de liga a unha soa volta, lanzándose penaltis en caso de empate para desfacer posibles empates na clasificación final. Só queda eliminado nesta primeira fase o quinto equipo do Grupo A. Os restantes xogaran os cuartos de final, primeiros contra cuartos e segundos contra terceiros. As semifinais e final disputaranse o 3 de maio.

RESULTADOS 18ª XORNADA A CEPA – XUNTANZA (3-0) MAREN – BAR JARDÍN (2-2) Geluco e Carlos Piñón / Felipe Mieres e Rego MUEBLES EUME – AS PONTES 74 (5-1) Cendán (5) / Xosé Cendán FARMAVIDA – MMYPEM (4-1) Javi Franco, Alberto e Rafa Peña / Franco Descansou: La Galaxia

“veteranos”

CLASIFICACIÓN FINAL
PUNTOS 1º BAR XARDÍN – 37 2º MOBLES EUME – 35 3º FARMAVIDA – 31 4º LA GALAXIA – 26 5º AS PONTES 74 – 21 6º A CEPA – 19 7º MMYPEM – 13 8º MAREN – 10 9º XUNTANZA – 7
GOLEADORES
CENDÁN (Mobles Eume) – 20 CARLOS PIÑÓN (Maren) – 11 JAVI FRANCO (Farmavida) – 10
PORTEIRO MENOS BATIDO
PERUZZI (Bar Xardín) – 13
1ª XORNADA DE COPA 16 – Marzo – 2014
MMYPEM – BAR XARDÍN (Dom. 16, 10,00 h) LA GALAXIA – MAREN (Dom. 16, 11,00 h) Descansa: A Cepa e Grupo B

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

Nova cortesía de A.F.

LIGA DE PÁDEL DAS RÍAS ALTAS 2014

VITORIA DO CLUB DE PÁDEL AS PONTES FEMININO ANTE O PÁDEL SAN MATEO E DERROTA DO MASCULINO EN FERROL DIANTE DO CASINO FERROLANO

Importante vitoria do conxunto feminino do Pádel As Pontes diante do Pádel San Mateo por 3-2 en partido correspondente á sexta xornada. Por primeira vez as pontesas xogaban na casa nas pistas da Canle IV, xa que antes non puideron facelo debido a que ó non estar cubertas as pistas o mal tempo impedíao.

O primeiro enfrontamento foi o da parella local formada por Vanessa Martínez e Laura Rodríguez, que venceron en dous sets (7-5 e 6-0) ás ferrolás Lucía Formoso e Eva Carro. Na pista dúas xogaban Marta del Moral e Cecilia García contra Mili Prieto e Natalia Ruza. As pontesas venceron tamén en dous sets por 6-4 e 6-0. Angie García e Mónica Tojeiro comezaron mal o seu enfrontamento con Eva Alonso e Elena Fraga, perdendo o primeiro set por un contundente 0-6. Sen embargo, reaccionaron no segundo vencendo por 6-3, o mesmo resultado que se deu no terceiro.

Rita del Moral e Obdulia García enfrontáronse á mellor parella ferrolá, Paula Rivera e Vanessa Martín, perdendo por 0-6 e 1-6, aínda que o resultado non di o que sucedeu na pista, cun partido que durou máis dunha hora e con xogos moi igualados e disputados.

Tamén perdeu o seu enfrontamento a outra parella pontesa formada por Sandra Pajón e Merce Fraga diante das ferrolás Alicia Dacosta e Hermitas Breijo. O resultado final foi 4-6 e 1-6 a prol das visitantes.

Logo deste resultado, as pontesas están na cuarta posición do grupo segundo da Terceira División feminina. Na vindeira xornada, sétima, correspóndolles descansar, pero xogan en Ortigueira o partido que fora suspendido o pasado un de febreiro, correspondente á segunda xornada.

padel_aspontes_1.jpg

DERROTA DO EQUIPO MASCULINO EN FERROL ANTE O CASINO FERROLANO B POR 4-1
Non tivo a mesma sorte o conxunto masculino, que na súa saída a Ferrol caeu diante do Casino Ferrolano Tenis Club B polo resultado global de 4-1.

A única vitoria dos ponteses veu da parella formada por José Trastoy e Pablo Fernández, que venceron por 2-6 e 3-6 ós ferroláns Jesús Gutiérrez e Antonio Faraldo. Juan Trastoy e Manuel Fernández perderon por 6-4 e 6-3 ante Eduardo Méndez e Santiago Fernández-Couto. Antonio Fernández e Gerardo gañaron ós ponteses Chicho Tembrás e Raúl Meizoso por 6-3 e 6-4.

padel_aspontes_2.jpg

Carlos Díaz Pache e Manuel Boado impuxéronse por 6-1 e 6-2 ós ponteses Rubén Vivero e Carlos Martínez. Finalmente David Cazás e Antonio perderon por 7-5 e 6-3 diante dos ferroláns Manuel Pol e Carlos Ruiz.

padel_aspontes_3.jpg

A pesar desta derrota o Pádel As Pontes segue na segunda posición do grupo segundo da Cuarta División masculina empatado a puntos co Pádel Eume B e o Casino Ferrolano Tenis Club B. Na vindeira xornada, a sétima, os ponteses reciben ó líder Globalpadel R, que conta os seus enfrontamentos por vitorias.
padel_aspontes_4.jpg

Nova de AF e Pádel As Pontes Fotos de Pádel As Pontes

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s