CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 14/15/16 – MARZO – 2014

A XORNADA
Difícil saída do As Pontes á casa do líder Boiro despois de dúas derrotas seguidas no Poboado ante Pontevedra (1-4) e Ordes (0-1) e un empate na casa do Negreira (3-3). Uns resultados que colocan ó equipo das Pontes na cuarta posición do grupo galego da Terceira División despois de que este mércores o Somozas acabase gañando ó Cerceda por 1-0, logo de disputarse os minutos que faltaban cando o encontro foi suspendido no minuto 82 a consecuencia do fatal falecemento do seu presidente, Manuel Candocia, no mesmo campo de fútbol o pasado día 19 de xaneiro.

Uns minutos que serviron de homenaxe ó que fora seu presidente e alcalde das Somozas durante moitos anos. Os xogadores ofrecéronlle este triunfo ante o Cerceda e loitarán ó máximo de aquí ó final para adicarlle o título de liga, que nestes momentos teñen a un punto. Precisamente na xornada 31ª (23 de marzo) visita o campo do Poboado o conxunto somocense.

Tras este resultado, a clasificación segue moi apertada nas primeiras posicións, co Boiro como líder, con 58 puntos; seguido de Somozas (57), Pontevedra (56), As Pontes (53), Cerceda (52), Ordes (50) e Choco (48).

Complicada saída tamén para o conxunto xuvenil a Vilalba, onde se enfrontará ó sexto clasificado, Racing Vilalbés, equipo que gañou no Poboado por 2-3.

Pola súa banda, o segundo equipo recibe no Poboado a un sempre complicado Ortigueira, conxunto que ocupa a sétima posición mentres que o As Pontes B é sexto. En Ortigueira, vitoria local por 3-1.

Non debe pasar demasiados apuros o equipo feminino ante o Galicia de Mugardos, ó que xa gañou por 0-3 no campo da Pedreira na primeira volta.

Difícil saída para o As Pontes cadete á casa do líder Ánimas, equipo que tan só perdeu un partido de once disputados. No Poboado gañou por 2-3. Os ponteses deben puntuar para seguir na segunda praza á espera do que faga o Cedeira diante do Galicia de Caranza B.

En canto ó cadro infantil, terceiro a dous puntos de Portuarios e R. Ferrol B, ten un partido en principio asequible ante o Val (8º con  14 puntos). En campo valexo os ponteses gañaron por 1-3.

En categoría alevín complicado partido para o conxunto A ante ó Val, mentres que o B ten unha boa oportunidade de puntuar en Neda. O benxamín B recibe a visita do cuarto clasificado, Eume Deportivo B, mentres que o conxunto A descansa. En prebenxamín partidos complicados para os dous equipos, o A recibe ó Racing de Ferrol (2º) e o B xoga en Caranza ante o Galicia D (5º).

 

HORARIOS PARTIDOS FIN DE SEMANA
TERCEIRA DIVISIÓN (30ª xornada)

C.D. BOIRO – C.D. AS PONTES

CAMPO MUNICIPAL DE BARRAÑA

(Domingo 16 – 16,45 h)

ÁRBITRO: ALEJANDRO DEL RÍO AMOR  (A Coruña)
CD-Boiro.jpg

SEGUNDA AUTONÓMICA CD AS PONTES B – FC ORTIGUEIRA Campo do Poboado (Domingo 16 – 16,30 h)

LIGA FEMININA CD AS PONTES – GALICIA MUGARDOS Campo do Poboado (Sábado 15 – 16,30 h)

LIGA XUVENIL GALEGA RACING VILALBÉS – CD AS PONTES Campo Roca, Vilalba (Sábado 15 – 17,00 h)

LIGA CADETE SD ÁNIMAS – CD AS PONTES Campo da Gándara-1, Ferrol  (Sábado 15 –  16,00 h)

LIGA INFANTIL CD AS PONTES – Gª CARANZA B Campo do Poboado  (Venres 14 –  17,45 h)

LIGA ALEVÍN CD AS PONTES – SD O VAL Campo do Poboado  (Sábado 15 –  11,00 h)

SD R. NEDA B – CD AS PONTES B Campo Municipal de Neda (Sábado 15 – 11,15 h)

LIGA BENXAMÍN CD AS PONTES – Descansa

CD AS PONTES B – EUME DEPORTIVO B Campo do Poboado  (Venres 14, 18,00 h)

LIGA PREBENXAMÍN CD AS PONTES – RACING FERROL Campo do Poboado  Sábado 15, 12,10 h)

Gª CARANZA D – CD AS PONTES B Campo de Caranza-3, Ferrol  (Venres 14, 18,00 h)

CATEGORÍA BIBERÓN SD O VAL – CD AS PONTES Campo de Sinde, O Val  (Luns 17,  19,30 h)
Nova de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s