CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 21/22/23 – MARZO – 2014

A XORNADA
AS PONTES-SOMOZAS (3ª División): Un Club Deportivo As Pontes en horas baixas e un Somozas nun meteórico ascenso coma escuma enfróntanse este domingo no campo do Poboado nun interesante derbi comarcal da Terceira División, onde os puntos son de vital importancia, sobre todo para o As Pontes, que de ser o líder da categoría hai catro xornadas pasou á sexta praza da clasificación tras perder tres encontros seguidos –dous no Poboado- contra rivais directos (Pontevedra, Ordes e Boiro) e empatar in extremis en Negreira e con dous xogadores máis durante todo o segundo tempo.

CD-As-Pontes.jpg Chega a As Pontes o Somozas nun gran momento de xogo e resultados, feito que está a sorprender a propios e estraños. Abonda botar unha ollada á súa andaina na tempada, pero sobre todo nas últimas xornadas e os números din o seu bo momento. Sete partidos gañados e dous empatados nas últimas nove xornadas, 20 goles a favor e tan só 3 en contra. Máis non se pode pedir, segundo na clasificación con 60 puntos, a un do líder Boiro e 7 máis có As Pontes. O partido promete ser interesante con dous equipos na procura dos tres puntos e dada á proximidade das dúas vilas espérase unha boa entrada de afeccionados no Poboado. Arbitrará o bo colexiado ferrolán Víctor García Villaverde. A directiva do Club pontés declarou o encontro como Medio día do Club, polo que os socios terán que pasar por taquilla.

AS PONTES B: En principio, partido accesible para o As Pontes B na Segunda Rexional, cuarto na clasificación con 37 puntos, contra o Rosalía de Vilaboa, décimo terceiro con 19 puntos. Na primeira volta, empate a un gol en campo valdoviñés.

AS PONTES XUVENIL: Complicada saída para o equipo xuvenil á Coruña, onde se enfrontará ó Victoria B, noveno na clasificación con 13 puntos máis có As Pontes, que está en posto de descenso. Na primeira volta vitoria mínima por 3-2 do As Pontes no Poboado.

AS PONTES FEMININO: Pola súa banda o As Pontes feminino, que a pasada xornada tropezou na casa  co Galicia de Mugardos, ten esta xornada un complicado e difícil partido na casa Malata, Racing de Ferrol, equipo que gañou no Poboado por un contundente 0-5.

AS PONTES CADETE: Partido en principio fácil para o conxunto cadete que este venres recibe a visita do Perlío, ó que gañou nos Pinares por un claro 0-4.

AS PONTES INFANTIL: Pola súa banda, o As Pontes infantil xoga este sábado en Ares diante do colista, Numancia, conxunto ó que goleou no Poboado por 12-0. Os ponteses non poden desperdiciar esta ocasión para achegarse ó líder Racing de Ferrol.

CATEGORÍAS DE FÚTBOL 8: En categoría alevín, difícil saída para o As Pontes A á casa do Racing de Ferrol, segundo na clasificación (no Poboado, 0-12), mentres que o equipo B recibe no campo pontés ó Cultural Maniños, segundo na clasificación (no Pote, 6-0). En categoría benxamín, partido difícil para o As Pontes A diante do Cedeira, quinto na clasifcación e que gañou no Poboado por 5-6. Descansa o As Pontes B benxamín. Finalmente en prebenxamíns, o As Pontes A (6º) viaxa a Ferrol para enfrontarse ó Galicia de Caranza B (3º), mentres que o conxunto B (11º) enfróntase no Poboado ó Ortigueira (4º).

 

HORARIOS PARTIDOS FIN DE SEMANA
TERCEIRA DIVISIÓN (31ª xornada) C.D. AS PONTES – U.D. SOMOZAS CAMPO DO POBOADO (Domingo 23 – 17,00 h) ÁRBITRO: VÍCTOR GARCÍA VILLAVERDE  (Ferrol)
SEGUNDA AUTONÓMICA CD AS PONTES B – CD ROSALÍA (Vilaboa) Campo do Poboado (Sábado 22 – 16,30 h)
LIGA FEMININA F-8 R. FERROL – CD AS PONTES Campo da Malata (Sábado 22 – 16,15 h)
LIGA XUVENIL GALEGA VICTORIA B – CD AS PONTES Campo Leyma, A Coruña (Sábado 22 – 18,00 h)
LIGA CADETE CD AS PONTES – CCRD PERLÍO Campo do Poboado  (Venres 21 –  17,30 h)
LIGA INFANTIL NUMANCIA ARES – CD AS PONTES Campo de Prados Vellos  (Sábado 22 –  11,00 h)
LIGA ALEVÍN R. FERROL – CD AS PONTES Campo da Malata-2  (Sábado 22 –  12,15 h) CD AS PONTES B – CULTURAL MANIÑOS SD Campo do Poboado (Sábado 22 – 11,00 h)
LIGA BENXAMÍN CEDEIRA SD – CD AS PONTES Campo do Beco, Cedeira ( Sábado 22, 11,00 h) CD AS PONTES B – Descansa
LIGA PREBENXAMÍN GALICIA CARANZA B – CD AS PONTES Campo dCaranza, Ferrol (Venres 21, 19,00 h) CD AS PONTES B – FC ORTIGUEIRA Campo do Poboado  (Sábado 22, 12,10 h)
CATEGORÍA BIBERÓN CD AS PONTES – CEDEIRA SD Campo do Poboado  (Luns 24,  17,30 h)
Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

CD-Albense-Don-Ulpiano.jpgSEGUNDA DIVISIÓN B  (23ª Xornada) CD ALBENSE DON ULPIANO – O ESTEO F.S. Sábado 22 – Marzo – 2014 (18,15 h) Pavillón Municipal de ALBA DE TORMES  (Salamanca)
LIGA DA TERRA CHÁ (11ª) Sábado 22 – Marzo – 2014

Pavillón Colexio Monte Caxado Cadete:  O ESTEO FS – PASTORIZA FS  (11,00 h)

Pavillón Colexio Monte Caxado Benxamín B:  O ESTEO FS “B” – PASTORIZA FS  (12,00 h)

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s