CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – U.D. SOMOZAS (2-2)

Esperábase máis do derbi entre o As Pontes e Somozas que rematou co resultado final de empate a dous goles despois de que se adiantara o equipo da vila de Santiago Seré das Somozas con dous goles acadados en menos de dez minutos, xa que o primeiro chegou nos segundos finais do primeiro tempo e o 0-2 cando apenas ían transcurridos seis minutos do segundo período. Non se pode dicir que o partido entre ponteses e somocenses foi bonito, aínda que si foi moi intenso, cun As Pontes que semella ir a menos dun xeito estraño e ademais contra rivais directos na loita pola promoción e un Somozas que, sen facer un gran esforzo, veu ó Poboado moi motivado e segue no seu meteórico ascenso co obxectivo de acadar o título de liga ou cando menos xogar a promoción de ascenso, un título de liga que cada vez que pasan as xornadas, e xa só restan sete para o remate da liga, preséntase máis atraínte para tres ou catro equipos mentres que para o resto a cumprir o papel. Ó final dos noventa minutos empate a dous goles entre dous equipos que trataron de acadar os tres puntos e no que o xogo foi máis intenso por parte do equipo visitante ante un As Pontes que parece haber perdido a alegría de xornadas anteriores que o fixeron colocarse de líder do grupo galego da Terceira División. Houbo ocasións por parte dos dous equipos. A primeira foi para o As Pontes nun disparo de Iván que pasou rozando o poste da portería de Abraham. Respondeu uns minutos despois o cadro somocense nun disparo de Edi que rexeitou Marcos, que neste partido substituíu a Kiko. De seguido tivo unha oportunidade David Amado, e xa nos segundos finais deste primeiro tempo chegou o primeiro gol visitante nunha combinación de Heber, Berros que culminou Luis Ángel. aspontes-somozas_0001.jpg A segunda parte comezou do mesmo xeito e a pouco de comezar Heber propiciou o segundo do seu equipo nunha desgraciada xogada de Aitor, quen no intento de despexar mandou o balón ó fondo da rede, un resultado que parecía case sentenciar o partido, pero os ponteses reaccionaron e Santi estivo a piques de marcar no minuto 17 deste segundo tempo. Sen embargo, sería Sergio Arias, quen no minuto 23 culminou un contragolpe do As Pontes marcando o primeiro para o seu equipo. Seguiron ataques para unha e outra portería e cando os afeccionados contaban cunha nova derrota do As Pontes no Poboado chegou o gol do empate nun lanzamento de Bossa que Aitor, emendando o seu erro anterior, mandou ó fondo das mallas da portería visitante. Podemos considerar o reparto de puntos como xusto, cun Somozas que continúa na segunda posición a un só punto do Boiro, que nesta xornada só puido empatar en Betanzos, e un As Pontes na quinta praza cos mesmos puntos que Ordes e Choco.

C.D. AS PONTES: Marcos, Rochela, Hugo, Dani, Aitor, Nano (Chote, 84), Iván (Santi, 55), Bossa, Sergio Arias, Chico (Álex, 78) e David Amado.

U.D. SOMOZAS: Abraham, Javi Rosa, José Manuel, Iago, Fiuza, Edy, Heber (David Franch, 85), Baleato, Rubén (Nes, 88), Luis Ángel e Berros.

ÁRBITRO: Víctor García Villaverde con Rodriguez Dopico e Pita Lorenzo, da delegación de Ferrol. Ben en liñas xerais, aínda que moi mal asistido polo liña da banda da tribuna principal. Tarxetas amaralas ós locais Dani e Nano e ós visitantes Rubén e Berros.

GOLES: Minuto 45 (0-1), Luis Ángel. Min. 52 (0-2), Aitor en propia porta. Min. 68 (1-2), Sergio Arias. Min. 89 (2-2), Aitor.

CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da 31ª xornada de liga da Terceira División disputado no campo do Poboado, en tarde agradable e a veces con sol, ante uns 300 espectadores nas gradas, a maioría afeccionados do Somozas. aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas aspontes-somozas Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 21/22/23 – Marzo – 2014

inicio.jpg SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes B – CD Rosalía (1-1) Seguen atragantandoselle ó segundo equipo azul os equipos da zona baixa e este sábado empatou co Rosalía 1-1, cuarto pola cola. Comezou perdendo pero a falta de 20 minutos Marcos Novo rescatou un punto. Xogaron Iván, Nando, Rubén, Darío, Carlos, Héctor Antón, Adrián Vilasuso, Samuel, Dani Villar, Troncho, Marcos e no segundo tempo saíron Adrián e Caínzos. A vindeira semana visitan ó perigoso Rápido de Neda que marcha segundo nunha táboa liderada polo Cedeira con 51, Neda (49) e As Pontes (41). “segunda” segunda segunda segunda segunda segunda segunda segunda segunda segunda segunda segunda segunda segunda segunda segunda LIGA GALEGA XUVENIL: Victoria B – CD As Pontes (3-3) Perdeu dous puntos de oxíxeno o xuvenil na Coruña ante o Victoria B. Non puideron manter o 2-3, xenial hat trick de Antonio, e os coruñeses empataron ó final coma xa acontecera hai unhas semanas co Conxo. Os ponteses quéixanse moito dun penalti e que o terceiro gol dos locais foi no minuto 97. Xogaron Ángel, Esteban, Jandro, Gonza, Marcos, Moi, Brais, Iván Carballeira, Antonio, Tiny e Diego. No segundo tempo saíron Jorge, Alex Cabarcos, David Rey e David García. Seguen descendendo As Pontes 24, Imperátor e Fátima con 16, os santiagueses non se dan por vencidos e gañaron ó Vilalbés 3-1. Os rivais máis de preto, Betanzos 26, Conxo e O Val 28. Próximo partido na casa contra o EF Lalín, cuarto, necesítanse os tres puntos. LIGA FEMININA: R. Ferrol – CD As Pontes (3-1) Contra o mellor equipo da categoría, si estivo moi ben o equipo feminino que so perdeu 3-1 ante o EFR Ferrol. A primeira metade acabou con empate, cun tanto en propia meta e outro de Noelia para igualar, e na segunda dous goles de Silvia, un sobre a bocina deron os tres puntos ás verdes. Xogaron Leti, Sara, Nuria, Paula, Patri Dopico, Lía, Noelia Ameneiro, Silvia, Raquel, Andrea Montero e Nicole. Casi campión Ferrol con 69 puntos, pola segunda praza pelexarán Mandiá 54 e Maniños 53, e pola cuarta As Pontes 48, San Sadurniño 47 e O val B 45. O Galicia de Caranza, terceiro pola cola, visita ó Poboado na vindeira xornada. LIGA CADETE: CD As Pontes – CCRD Perlío (1-1) Tropezou na casa o cadete ante un bo equipo como o Perlío, 1-1, co que se escapa o Eume Deportivo na loita pola segunda praza que dá dereito á fase de ascenso. Na clasificación, Ánimas (34), Eume (27), As Pontes e Cedeira (23), Galicia Caranza B (21) e Perlío (19). Precisamente a Pontedeume desprazarase a vindeira semana o cadro azul para xogarse o último cartucho. “cadete” cadete cadete cadete cadete cadete cadete cadete cadete cadete cadete cadete cadete LIGA INFANTIL: Numancia Ares – CD As Pontes (0-4) Moi ben o As Pontes infantil que gañou en Ares ó Numancia por 0-4 e aproveitouse do sorprendente empate do Ferrol B ante o Eume por 2-2. Tamén gañou o Portuarios ó Val 2-0, e os tres equipos están empatados a 35 puntos. Ten o As Pontes dúas etapas de montaña consecutivas, recibir ó Portuarios e visitar ó Ferrol B. 1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase) R. Ferrol – CD As Pontes (9-0) Cultural Maniños – CD As Pontes B (1-1) O segundo clasificado, Ferrol goleou 9-0 ó Alevín A que segue con dous puntos antes de recibir ó Amistade de Meirás B, noveno. Moi ben o Alevín B que empatou co Cultural de Maniños (1-1), conxunto que gañou os outros dez partidos agás do que perdera co líder Eume B, equipo ó que precisamente teñen que visitar a semana que vén. Están sextos con 12 puntos. “alevin_b” alevin_b alevin_b alevin_b alevin_b alevin_b alevin_b alevin_b alevin_b alevin_b alevin_b alevin_b alevin_b alevin_b 1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase) Cedeira SD – CD As Pontes (4-4) O Benxamín A empatou 4-4 ante o quinto clasificado, Cedeira, mentres que o Benxamín B descansou. Ambos equipos están oitavo e noveno empatados con 18 puntos antes de recibir ó cuarto Animas o A e visitar o B ó líder EFR Ferrol D. 1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase) Galicia Caranza B – CD As Pontes (7-2) CD As Pontes B – FC Ortigueira (0-3) O segundo clasificado Caranza B goleou 7-2 ó Prebenxamín A que, oitavo con 11 puntos recibe ó cuarto, Racing San Pedro. O Prebenxamín B perdeu 0-3 co terceiro, Ortigueira, e sétimos con 4 puntos visitan ó Cedeira B, que no duelo de colistas perdeu 11-1 co Ferrol C. “prebenxamin_b” prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b prebenxamin_b Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

DÚAS PONTESAS NA SELECCIÓN GALEGA DE RUGBI

Este domingo día 30 terá lugar nas instalacións de Acea da Má en Culleredo os adestramentos da selección galegas femininas, dende sub14, pasando por sub16, ata sub 18, de Rugbi.

Dúas xogadoras do Fendetestas pontés, Carmen Boo Rivas, irmá do ex xogador do As Pontes, actual preparador físico da SD Compostela de 2ªB, e Eloise Pérez López, ex xogadora do equipo feminino de fútbol pontés, integran una lista de 31 xogadoras nas que destaca a presencia de 10 xogadoras do Crat coruñés.

 

As seleccionadas son:

CRAT A CORUÑA: Yanca Almeida De Sena, María De Las Heras Fernández, Iria García Rodríguez, Gema López Gestal, Candela Pérez Colombo, Candela Romero Vázquez, Marta Seara Carballo, Rocío Pérez Colombo, Zaida Carrillo Varela, Claudia López Cascón
VIGO: Laura Miguez Bouzón, Paula Mariño Carrera, Eugenia Covelo Beloso, Gleiciane Gayar Romero
OURENSE: Noa Alonso Gracia, Belén Rico Iglesias, Natalia Alvarez Schwintt, Nieves Vilanova
PONTEVEDRA: Teresa Gálvez Estévez, Valle Viñas Moure, Paloma Delgado Fernández, Isabella Foylan Clayton
LALÍN: María Alamo Pérez, Valeria Garrido Blanco, Anabel Viana Fernández, Antía Ferreiro Silva
FENDETESTAS: Carmen Boo Rivas, Eloise Pérez López
OS INGLESES VILAGARCÍA: Alba Gómez Abal, Virginia Padín Toro
ZALAETA A CORUÑA: Sabrina Sugueti García

Nova cortesía de Carla da Silva e Xose Ferreiro

COPA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2014

Disputouse a segunda xornada de copa, na que sorprende a severa derrota de Farmavida ante Mobles Eume, aínda que hai que sinalar que os farmacéuticos acudiron ó partido con moitas baixas e tan só dispuxeron dun cambio ó longo de todo o partido. Vitoria mínima de As Pontes 74 sobre Xuntanza e empate a un gol nos outros dous choques. Mobles e Eume e Bar Xardín encabezan a clasificación dos seus respectivos grupos.

RESULTADOS 2ª XORNADA

AS PONTES 74 – XUNTANZA (1-0) Óscar

BAR JARDÍN – LA GALAXIA (1-1) Lozano / Barcón

A CEPA – MMYPEM (1-1) Francés (penalti) / Franco

MOBLES EUME – FARMAVIDA (8-1) Cendán (3), Pepe (2), Carballo, Manel e Carlos / Rafa Peña “veteranos” CLASIFICACIÓNS GRUPO “A” – PUNTOS 1º BAR XARDÍN – 4 2º MAREN – 3 3º A CEPA – 1 4º MMYPEM – 1 5º LA GALAXIA – 1 GRUPO “B” – PUNTOS 1º MOBLES EUME – 3 2º AS PONTES 74 – 3 3º XUNTANZA – 0 4º FARMAVIDA – 0

3ª XORNADA 29/30 – Marzo – 2014 XUNTANZA – FARMAVIDA (Sáb. 29, 20,00 h) BAR XARDÍN – A CEPA (Dom. 30, 10,00 h) MMYPEM – MAREN (Dom. 30, 11,00 h) M. EUME – AS PONTES 74 (Dom. 30, 12,00 h) Descansa: La Galaxia veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos veteranos Nova cortesía de A.F.

DERROTA DO PADEL AS PONTES FEMININO EN FERROL DIANTE DO CLUB DE CAMPO (3-2)

Por tres vitorias a dúas perdeu en Ferrol o equipo feminino do Pádel As Pontes diante do Club de Campo C.

Os dous puntos das pontesas foron conseguidos por Cecilia García e Marta del Moral que venceron por 2-6 e 5-7 á parella ferrolá formada por Mª José Núñez e Olaia Rivera. Sandra Pajón e Obdulia García gañaron en tres sets a Sonia Estévez e Elia Estraviz por 6-3, 6-7 e 6-7.

Vanesa Martinez e Mercedes Dopico caeron por un dobre 6-0 ante Helena Orjales e María José Sobrin. O mesmo resultado deuse no partido entre Marta Rodríguez e Beatriz Gómez, do Club de Campo, e Carmen Sánchez e Mercedes Fraga, do Pádel As Pontes. Finalmente as pontesas Mónica Tojeiro e Laura Rodríguez perderon por 6-1 e 6-0 ante a parella ferrolá formada por Sandra Blanco e Ana Belén Formoso.

As pontesas ocupan a sexta posición con dous puntos e este domingo (16,00) reciben a visita do Pádel Ortigueira, segundo clasificado do grupo con cinco vitorias, equipo que venceu ás pontesas por 3-2 en partido da segunda xornada que fora aprazado no seu día e que se disputou en terras do Ortegal o pasado domingo.

Pola súa banda o conxunto masculino, que a semana pasada perdeu contra o Pádel Eume, disputa o derradeiro partido –xa que descansa na xornada final do campionato regular– recibindo este sábado (16,00) ó Padelmar 06, colista do grupo.

padel.jpg

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s