CD As Pontes Feminino

HOXE HAI DEZ ANOS, BORJA PRIETO VALERA, CAMPIÓN DE EUROPA

Pois si amigos, tal día coma hoxe, un 25 de Xullo nin máis nin menos, hai 10 anos, o piragüista pontés Borja Prieto Valera proclamábase Campión de Europa en Polonia.

Coñecemos moito máis ó Borja Prieto posterior, que en 2009 gañou o bronce no Campionato de Europa Alemania 2009, en K1 200 relevos, ou que foi 4º no Mundial Canadá 2009, en K4 200, que estivo en seis Mundiais e sete Europeos Absolutos coa selección española e quedou a un paso de tres Xogos Olímpicos.

Neste décimo aniversario, quixemos coñecer un pouco máis como foron os comezos deste bravo piragüista pontés, dende os seus inicios ata a consecución deste Campionato de Europa Sub23 aquel 25 de Xullo de 2004 en Poznan, e como foi esa gloriosa experiencia en terras polacas.

borja

Borja iniciouse no mundiño do piragüismo “Pois eu cando era pequeno facía de todo coma calquer outro rapaz, fútbol sala, baloncesto, kárate, atletismo … e foi no verán de 1994, con 11 anos, que me apuntei a un cursiño de Piraguismo, rematei as clases e apetecíame estar disfrutando na auga, ¿e porque non facelo enriba dunha piragua?, así pasei ese verán e xa son 20 anos que estou enganchado”. “Eu teño o recordo de pasar bos veráns todo o día na auga e que tamén íamos ás regatas, e pasabamolo moi ben”. “Nos meus inicios comecei fixandome en Arturo Torrente, o primeiro integrante do Grupo Xuvenil en acudir a un Mundial, un grandísimo deportista”.

Borja destacou dende ben noviño e pouco a pouco foi entrando nos plans da selección española “As miñas primeiras convocatorias coa selección española foron como junior en 2000 para a Regata Internacional de Bratislava, na que participei en 5 probas, no K4 ía con Ekaitz Saies, Francisco Morales e Álvaro Fernández Fiuza, e fixemos moi boas regatas, pero o meu gran éxito foi a victoria en K1 500 e o bronce en K1 1000”. “Nese mesmo 2000 fun ó Europeo Junior en Francia e formei xunto a Javier Hernanz, Eduardo Isorna e Fiuza, fomos 5º en K4 500 e 6º en K4 1000. No ano 2002 disputei o Europeo sub23 en Croacia, e xunto a Hernanz, Fran Llera e Víctor López fomos 8º en K4 500 e 9º en K4 1000. Xa logo no 2003 participei no Preolímpico en Atenas e fun segundo no K1 500 e 5º no K1 1000, tamén xa fora anteriormente 4 veces Campión de España”.

“borja”

borja

borja

borja

borja

Sobre a súa convocatoria ó Europeo Sub23 de Poznan dinos Borja “Pois Saúl e máis eu xa estábamos a loitar no K2 500 para asistir ó clasificatorio para os Xogos Olímpicos, pero gañaronnos Fran Llera e Damián Vindel, que finalmente clasificaron e lograron o 6º posto en Atenas. Nós, como non logramos praza, acudimos ó Europeo Sub23”.

Xa alí no Europeo “había xente que logo chegou a un alto nivel, xa so en España fáloche de Jose Luis Bouza, Diego Cosgaya, Víctor Rodríguez ou Ana Varela, e a nivel mundial poderíache dicir o Campión Mundial Sebastien Jouve e o canoísta Campión Olímpico Yuri Cheban”. Sobre as dúas regatas que desputou en terras polacas “O K1 1000 no que fun cuarto foi moi duro, arrisquei a facer unha regata rápida e casi me sae, por un par de décimas non conseguín metal. Os meus rivais eran moi bos, o primeiro, Gabor Kucsera, foi varias veces Campión do Mundo en K2 1000, o segundo, Emmanuel Silva, foi subcampión olímpico en K2 1000 en Londres 2012, e o terceiro, Arnd Goldsmith, foi Campión do Mundo en K4 1000 no 2005, así que xa ves que foron rivais de categoría”.

borja

borja

borja

borja

Sobre a regata na que conseguiu o ouro “Logo no K2 con Saúl, entre que él gañou o K1 500, e eu quería marchar con bo sabor de boca saiunos a regata perfecta”. “Saúl daquela era como é agora, gran rapaz, bromista e grandísimo amigo, o único que cambiou en dez anos é que agora é máis coñecido, sobre todo a raíz de ser Campión Olímpico”. “Foi unha felicidade inmensa, acordaste de tódalas persoas que sempre te apoiaron, e escoitar o himno do teu país estando no máis alto do pódium é unha das cousas que un deportista de alto nivel sempre quere conseguir, así que desfrutei moito ese momento”. “E fíxate que tivemos rivais bos, os rumanos que quedaron segundos, Ionut Anghel e Marian Sevici, o ano despois foron Campións de Europa en K2 1000, un alemán, Torsten Eckebert, foi medallista olímpico, ou o húngaro Boros, que logo integrou a selección húngara e curiosamente foi un piragüista co que eu adestrei varias veces cando ía a Budapest a visitar á miña moza”.

Sobre a localidade polaca, onde ademáis de gañar o ouro, Borja desputou varias competicións anos despois dinos “pois gardo moi bo recordo, pero prefiro como “segunda casa” á localidade húngara de Szeged, pois alí disputei dous Mundiais e coñécín á miña noiva no de 2005, e alí vou a desputar en Setembro a miña mellor regata, xa que vou casar alí”.

Pois que sexa noraboa.

borja

borja

borja

borja

Nova cortesía Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Deportistas destacados/as ponteses/as. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s