CD As Pontes Feminino

CHARLAMOS CON IVÁN RODRÍGUEZ GARCÍA. POR XOSE FERREIRO

É un domingo de Agosto, amence co ceo nubrado en As Pontes. Sobre ás 10:30 visitanos moi amablemente o adestrador do As Pontes Iván Rodríguez e mantemos una charla de tres cuartos de hora con él cun café de por medio.

O técnico Iván Rodríguez García (1975) estrease esta tempada 2014-15 ó mando do primeiro equipo do As Pontes. Nado en Ponferrada, anque residindo na localidade pontesa dende ben pequeno, Iván tivo uns prometedores comezos no mundo do Piragüismo “Estiven dous anos no Centro de Tecnificación de Pontevedra, participei en adestramentos coa selección española infantil e cadete, fun varias veces Campión Galego e algunha que outra vez de España. Alí no centro compartín habitación con Jovino González, e co triple subcampión mundial de Canoa, David Mascato, marido de Teresa Portela, co que me une unha gran amizade”.

Resume a súa carreira futbolística “Estiven no Alevín do As Pontes, pero creo que nin cheguei a debutar porque me centrei no Piragüismo, cando xa o deixei en xuvenís, estiven no Roupar, onde metín 32 goles, logo no Foz en Preferente, despois no Santaballés cinco tempadas, Sagrado Corazón, onde me lesionei, regresei ó As Pontes, onde casi nin xoguei, e rematei a miña carreira no Cabreiros, onde volvín a ter outra lesión grave e xa o deixei definitivamente”.

Os seus inicios como adestrador “Pois comecei a adestrar ó Momán, trouxenme a algúns rapaces de As Pontes, e no segundo ano conseguimos ascender a 2ª Rexional, con 19 vitorias, 9 empates, sen derrotas, e con so 13 goles en contra, ó ano seguinte quizáis non houbo o mesmo compromiso, a categoría quedounos algo grande, e volvemos a baixar. Logo funme ó Cabreiros, que levaba varios anos intentando ascender a 2ª Rexional e tivemos a sorte de conseguilo o primeiro ano, e as seguintes campañas salvamonos, algunhas na zona media, outras na derradeira xornada”.

Dende a súa estancia no As Pontes, xa dirixiu ó segundo equipo, Cadete, Infantil e Alevín B. Os seus equipos xogaron cinco finais de Copa, gañando tres cos infantís, ten catro subcampionatos de Liga e xogou catro fases de ascenso nas que caeu por pouco. Comentanos Iván “Tiven satisfaccións con todos os equipos, quizáis recordo o cadete, porque nos quedamos a un palmo do ascenso, o equipo era limitado, pero moi competitivo, e fixo grandes cousas, logo co B tamén xogamos a fase de ascenso e a clave foi o partido de casa, íamos 1-0 e xogando contra 10, e empataronnos, xa en Carnoedo, eles non perderan ningún partido na casa, alá metían a moito público, marcaron un golazo pola escadra e logo non puidemos empatar. Tamén recordo o primeiro ano co B que nos salvamos e conseguimos chegar á final de Copa, que íamos gañando 0-2 e perdemos 3-2, unha pena, A Malata fixosenos grande, estábamos mermados e o Eume acabou sendo superior. E xa cos Infantís, recordo a fase de ascenso de hai dous anos, eu creo que ese equipo merecía haber subido, e quedamos eliminados polo Ciudad Jardín coruñés polo valor doble dos goles, marcando eles no último minuto”.

ivan.jpg
O As Pontes fixo dúas últimas campañas excelentes cun 6º e un 5º posto, pero o equipo vai entrando en anos, deixaron o clube tres xogadores e so se puido incorporar a dous, ós rapaces da canteira hai que darlles tempo e os rivais reforzanse e moito, polo que repetir os logros será complicado “A situación económica é a que é, houbo que facer algúns recortes, e este ano tiñamos pensado un plantel de 16, subimos a Javi do filial e por sorte conseguimos reter a un xogador dos importantes, e a última hora renovamos a Fidi, así que xa temos 19, certo que o ano pasado había 20 e polo tanto perdemos un central, pero hai que traballar coa xente nova de cara ó futuro. Sei que ó ser da casa vaiseme a mirar con lupa, pero eu non me podo parar a pensar en iso, e por traballo, adicación e ilusión non vai a ser. O corpo técnico e máis eu estamos aportando ideas para tratar de xuntar o mellor de cada un, e estou encantado con eles e cos xogadores, son un grupo 10, moi cohesionado, un vestiario san, implicado ó 100%. Os rivais seguen tendonos respeto, así que imos a tentar prolongar o éxito destas dúas últimas campañas, agardamos darlle continuidade e hai que ser ambiciosos e ter ó obxectivo de saír a gañar cada domingo”.

Sobre as tres fichaxes e a xente da casa que está traballando co primeiro equipo “Sabíamos que Kiko por motivos laborais non ía a poder continuar con nós, consultamos a fichaxe do porteiro Adrián Laureda con xente que traballou con él e falaronnos maravillas, sendo unha persoa que xa ten unha traxectoria de varios anos en 2ªB, o medio centro Diego Chis xa xogou en Terceira, era un referente no Mugardos, un equipo moi serio, e é unha aposta que nos pode aportar cousas. Ambos veñen con pequenas lesións, pero tentaremos contar con eles para o inicio de Liga. O outro porteiro, Rafita, ten condicións e proxección, co adestramento específico con Momán ten unha marxe de mellora considerable, pero ten que aprender e estará con Cris no B e ambos deberán estar preparados por si teñen que dar o salto en calquer momento. No que respecta ós rapaces da casa estamos moi contentos con todos, Juan está cumprindo e Criado estase adaptando moi ben ó lateral dereito, se tácticamente aprende, ten condicións e futuro, pero todos están traballando moito, este ano os xoves ven que, anque ninguén lles vai a regalar nada, hai unha luz, así que si ademáis de conseguir o primeiro obxectivo que é a salvación, podemos asentar a dous rapaces ponteses no primeiro equipo será unha satisfacción.”

Con respecto á súa idea do fútbol e o que quere dos seus xogadores “non variaremos moito o que facía Manolo co equipo, cando algo funciona é mellor non tocalo, hai que adaptarse ás características dos futbolistas e non tratar de cambiar dun ano a outro, o bloque gustanos e por iso renovamos a 16 xogadores. Temos xente no medio que xestiona moi ben o balón, somos moi rápidos arriba, pero tamén temos unha serie de dificuldades cando o perdemos, si podemos ser protagonistas co balón seremolo, pero en zonas seguras, non nos imos a complicar. En definitiva, quero que o equipo sexa moi sólido en defensa, xogar en campo rival e ter as ideas moi claras.

Sobre os rivais, aparte dos clásicos de sempre ou da tempada pasada, Pontevedra, Deportivo B, Cerceda, Boiro, Ordes, Bouzas ou Choco, Iván engade “O Alondras e o Arousa estánse reforzando moito e ben, e logo o Vilalbés será moi competitivo, fichou a bos xogadores defensivos, e arriba a Javi Otero, Rubén e Iván González, que son xente que ven avalada por uns números. Este ano vai a haber moita igualdade, con máis equipos con capacidade para estar na zona de arriba que na de abaixo”.

Sobre os dous primeiros partidos de Liga “Non me disgusta, a un filial é mellor collelo ó principio que cando xa está rodado, anque vai a ser moi difícil, e logo o ascendido Ribadumia reforzouse moi ben e o adestrador ten experiencia, así que hai que pelexalo moitísimo, cada partido será unha final, e o obxectivo é que todos os xogadores cheguen nas mellores condicións a Abegondo ”.

DESDE O BLOG DO EQUIPO FEMININO QUEREMOS ANIMAR E DESEXARLLE MOITA SORTE Ó CD AS PONTES NESTA QUINTA CAMPAÑA CONSECUTIVA NA MÁXIMA CATEGORÍA DO FÚTBOL GALEGO.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s