CD As Pontes Feminino

O ADESTRADOR JAVI SAA ÚLTIMA INCORPORACIÓN DO ESTEO FÚTBOL SALA

 

Javi Saa, actualmente adestrador do Capela de Segunda Rexional, incorpórase ó Esteo Fútbol Sala, equipo no que xa estivo nas tempadas 2005/06 e 2008/09 e na pasada campaña foi segundo adestrador do Parrulo Ferrol de Segunda División.

Nesta nova andadura no conxunto pontés, compaxinando o seu labor no A Capela, Javi Saa adestrará a varios equipos da base, agora con novas categorías, sendo a súa primeira experiencia nesta faceta, formando parte do cadro técnico do Esteo que coordinará Diego Paz, adestrador do primeiro equipo. O cadro pontés contará para a vindeira tempada con equipos prebenxamín, benxamín, alevín, cadete e xuvenil, ademais do conxunto da Segunda División B.

Con Javi Saa péchase o capítulo de fichaxes do Club O Esteo, despois das incorporacións dos xogadores Javichu, Cagi, Lardin, Ferreiro e Púas e tralas baixas de Chotto, Rubi e Rober Paz.

O equipo que prepara Diego Paz está en fase de preparación para afrontar con máis garantías unha tempada máis na Segunda B, competición que comezará o 11 de outubro coa a visita á pista do Cistierna leonés, conxunto novo na categoría. Un grupo primeiro que contará con tan só doce equipos, sete galegos e cinco castelán-leoneses. A liga rematará na súa primeira fase o 28 de marzo de 2015.

Nova de A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 20-21 DE SETEMBRO

 

TERCEIRA DIVISIÓN
Silva SD – CD As Pontes B (1-0)

Preocupante situación do Club Deportivo As Pontes, que vai segundo pola cola tras caer en Meicende ante o Silva (1-0). O peor de todo é que o rival xogou case todo o encontro cun xogador menos, e aínda así marcou un gol polo escuadro nun erro defensivo, e o seu porteiro, o ex internacional español no Europeo Sub17 Israel 2000, o cariñés David Yáñez, apenas tivo que intervir no partido. Dous empates e tres derrotas en cinco partidos de liga, ante tres bos equipos, pero recén ascendidos de Preferente.
De ser o máximo goleador, xunto co Somozas, da tempada anterior con 72 goles, a tan só un gol en 450 minutos disputados. O peor rexistro goleador de toda a Terceira División. Tan só o colista Bertamiráns e o Bergantiños teñen 2 tantos, e logo Ordes e Boiro xa contan con 4.
Hai que tentar gañar sexa como sexa vindeira semana no Poboado ó Cultural Areas, para tan sequera poder achegarse ós postos de salvación. Xogaron Adrián, Rochela, Nano, Chote, Dani, Hugo (Pablo 59´), Iván, Diego Chis (Chicho 59´), Arias, Fidi (Alex 45´) e Santi.

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – SCD A Capela (3-0)

Todo o contrario o segundo equipo, que en dúas xornadas xa leva seis puntos e oito goles tras gañar no derbi ó A Capela por 3-0. Comparte liderato con Perlío e San Mateo, aínda que estes dous equipos teñen peor coeficiente de goles. Xogaron polo As Pontes Krikry, Criado, Ross, Totti, Darío, Juan, Adán, Toni, Marcos, Samuel e Pablo, e na segunda parte entraron os xemelgos Fernando e Carlos, Esteban e Pedro. Marcaron os goles Adán, Totti e Toni. Na vindeira xornada visitan ó Rosalía de Valdoviño.

Segunda_Autonomica_0001

Segunda_Autonomica_0002

Segunda_Autonomica_0003

Segunda_Autonomica_0004

Segunda_Autonomica_0005

Segunda_Autonomica_0006

Segunda_Autonomica_0007

Segunda_Autonomica_0008

Segunda_Autonomica_0009

Segunda_Autonomica_0010

Segunda_Autonomica_0011

Segunda_Autonomica_0012

Segunda_Autonomica_0013

COPA XUVENIL COMARCAL
Numancia de Ares – CD AS Pontes (0-3)

Segunda vitoria consecutiva do xuvenil, nesta ocasión a domicilio, na terra do gran Marcelino, ante o Numancia de Ares (0-3). Sitúase cuarto, pero a un só punto de Galicia de Mugardos, Eume e Miño. Precisamente este último equipo visita ó Poboado na vindeira xornada.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
SD O Val B – CD As Ponte (2-0)

Non lle van moi ben as cousas ó equipo feminino, trala segunda derrota consecutiva; nesta xornada diante do Val B (2-0). Reciben este próximo sábado ó Amistade de Meirás, equipo que tampouco puntuou no que vai de liga, se ben só xogou un partido.

COPA CADETE COMARCAL
CD As Pontes –Narón BP (21-0)

Excesiva goleada do Cadete pontés ante o Narón BP, equipo que acudiu ó Poboado con só dez xogadores, dos que seis iniciáronse hai uns vinte días no fútbol, polo que pouco puideron facer ante un As Pontes moi superior. O equipo pontés sitúase terceiro con catro puntos á espera de visitar ó Val na vindeira xornada.

Cadete_0001

Cadete_0002

Cadete_0003

Cadete_0004

Cadete_0005

Cadete_0006

Cadete_0007

Cadete_0008

Cadete_0009

Cadete_0010

Cadete_0011

Cadete_0012

COPA INFANTIL COMARCAL
Cedeira SD – CD As Pontes (1-3)

Vitoria do Infantil (1-3) en Cedeira, co que segue líder con seis puntos, acompañado do Val. Na vindeira xornada recibe no Poboado ó San Sadurniño. Recuperada a tarxeta, van as fotos do partido As Pontes-Barallobre da anterior xornada.

Infantil_0001

Infantil_0002

Infantil_0003

Infantil_0004

Infantil_0005

Infantil_0006

Infantil_0007

Infantil_0008

Infantil_0009

Infantil_0010

LIGA ALEVÍN
CD As Pontes – R. Ferrol (0-12)
Libunca SD – CD As Pontes B (4-1)

Coma un tornado pasou o R. Ferrol e goleou 0-12 ó Alevín A pontés. Non lle foi mellor ó Alevín B, que caeu en Ferrol por 4-1 ante o Libunca. O conxunto A visita ó perigoso Portuarios mentres que o B descansa na vindeira xornada.

LIGA BENXAMÍN
Meirás CF – CD As Pontes (4-8)
CD As Pontes B – CCRD Perlío B (2-7)

Con bo pé comezou o Benxamín A tras gañar a domicilio (4-8) ó Meirás antes de recibir ó Val B na segunda xornada. Pola súa banda, o Benxamín B debutou con derrota (2-7) ante o Perlío B con goles locais de Ángel e Martín. Visitará no seguinte partido ó recén creado Narón O Freixo.

Benxamin_0001

Benxamin_0002

Benxamin_0003

Benxamin_0004

Benxamin_0005

Benxamin_0006

Benxamin_0007

Benxamin_0008

Benxamin_0009

Benxamin_0010

Benxamin_0011

Benxamin_0012

Benxamin_0013

Benxamin_0014

Benxamin_0015

Benxamin_0016

Benxamin_0017

Benxamin_0018

Benxamin_0019

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes – CD As Pontes B (4-3)
Cedeira SD – CD As Pontes B (8-1)

Gañou o Prebenxamín A por 4-3 ó Portuarios nun bonito partido que os ponteses tiveron que remontar na segunda parte (2 goles de Destau e un de Antonio e Sergio), mentres o conxunto Prebenxamín B perdeu (8-1) en Cedeira. O conxunto A con 6 puntos visitará ó Cariño na vindeira xornada mentres que o B cun punto recibirá ó R. Ferrol B.

Prebenxamin_0001

Prebenxamin_0002

Prebenxamin_0003

Prebenxamin_0004

Prebenxamin_0005

Prebenxamin_0006

Prebenxamin_0007

Prebenxamin_0008

Prebenxamin_0009

Prebenxamin_0010

Prebenxamin_0011

Prebenxamin_0012

Prebenxamin_0013

Prebenxamin_0014

Prebenxamin_0015

Prebenxamin_0016

Prebenxamin_0017

Prebenxamin_0018

Prebenxamin_0019

Prebenxamin_0020

Nova de X. Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Resto de CAtegorias C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s