CD As Pontes Feminino

O PONTÉS GABRIEL TEMBRÁS CONSIGUE 3 MEDALLAS DE OURO NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA.

 

O taekwondista pontés Gabriel Tembrás desprazouse esta fin de semana á localidade castellonense de Oropesa del Mar para a disputa do Campionato de España de Taekwondo.

Gabri, da Escola Municipal de As Pontes, gañou na categoria infantil individual e tamén por parellas cadete, que formaba coa viguesa Lucía Penin Costas. Tamén gañou con solvencia en freestyle, proba na que é Campión Europeo Junior. Tan so perdeu por unhas décimas o campionato cadete individual, competindo contra rapaces dous anos maiores. Aínda así conquistou o bronce.

Estos brillantes resultados, sumados ó ouro cadete e ó bronce por parellas no Open de España, competición internacional de máxima categoría, outorgan a Gabriel moitas posibilidades de entrar na convocatoria da selección española de cara ó Mundial que se celebrará dentro dun mes en Aguascalientes (México).

Tamén agarda poder ser convocado en Freestyle, modalidade na que o ano pasado no Mundial disputado en Indonesia, Gabri ía tentar defender o seu título europeo, pero un cambio de normativa de última hora da Federación Mundial de Taekwondo so permitiu participar a maiores de 15 anos imposibilitándolle viaxar ó Campionato asiático.

Nova cortesía de Xose Ferreiro
Fotografías cortesía Antonio Montes.

Gabriel_2

Gabriel_3

 

TERCEIRA DIVISIÓN 2014/15: C.D. AS PONTES – C.D. CULTURAL AREAS (2-0)

 

Grande Club Deportivo As Pontes, por fin chegou a primeira vitoria na liga

Un gran afeccionado pontés que andaba hoxe por terras bercianas no mundial de ciclismo enviou unha bonita mensaxe dicindo “Grande As Pontes”. E non é para menos; pois, despois de cinco xornadas o equipo pontés logrou a primeira vitoria no que vai de campionato de liga ó vencer con toda xustiza ó Cultural Areas por 2-0, un resultado que se queda curto a tenor das claras ocasións das que dispuxo o conxunto pontés ó longo dos noventa minutos.

Na primeira parte o control do xogo estivo de parte do As Pontes, que tivo claras ocasións para marcar e irse ó descanso con máis vantaxe. A primeira, foi nun centro de Chicho que ninguén colleu. Logo veu o gol de Bossa tras lanzamento de falta ó borde da área ó que non puido facer nada o porteiro visitante. Logo chegou unha das poucas ocasións do Areas nun disparo de Couso sen maiores consecuencias. Despois viñeron dúas oportunidades de Sergio Arias, a primeira, tras un centro de Chicho e o de Portomarín manda ás mans de Hortal e na seguinte vaise só enviando o balón ó pé de Hortal. Bossa lanza a falta e rexeita o porteiro.

A máis clara chegou no minuto 39 nun penalti que executa Bossa, pero o porteiro visitante intúe o disparo e rexeita o balón. A acción veu precedida dun derribo sobre Chicho, que se encaraba só á portería visitante. Con este resultado chégase ó descanso. Na segunda parte, máis do mesmo, control do partido por parte do As Pontes, que non arriscaba moito e ó seu favor atopouse cun segundo gol por mediación de Sergio Arias, quen no minuto dous colle un balón, corre cara a portería contraria e por baixo bate ó meta Hortal.

De aquí ó final un tira e afrouxa, con máis oportunidades para os ponteses, que a dicir verdade mereceron a vitoria. Un importantísimo triunfo que incluso se quedou curto a tenor das ocasións das que dispuxo. Tras esta primorosa e merecida vitoria, o As Pontes sae dos postos de descenso, e o máis importante, con gañas de seguir escalando postos na clasificación, que sorprendentemente encabezan Sanxenxo e Barbadás, con trece puntos, seguidos de Ribadumia e Arousa, con once.

C.D. AS PONTES: Adrián, Rochela, Hugo, Chote, Dani, Nano, Iván (Toni, 88), Bossa, Sergio Arias, Chicho (Javi, 82) e Fidi (Álex, 71).

CULTURAL AREAS: Hortal, Costa, Cañi, Campos, Aramos, Mota, Damián (Alberto, 61), Hugo, Félix, Couso (Cuadrado, 61) e Manu.

ÁRBITRO: Alexandre López Vila, asistido de Ordóñez e Carreira, da delación da Coruña. Amosou amarelas ós visitantes Damián, Hugo e Couso e a Hugo, Chote e Bossa, por parte do As Pontes.

GOLES: Min. 8 (1-0) Bossa, de lanzamento de falta. Min. 47 (2-0), Sergio Arias.

CAMPO E INCIDENCIAS: Campo do Poboado con asistencia de 200 espectadores en tarde agradable e calorosa. Presenza de seguidores do Cultural Areas. Os xogadores ponteses saíron cunha camiseta co lema de ánimos ó dianteiro David Amado, quen ten que pasar polo quirófano logo da súa grave lesión en Sanxenxo, polo que estará de baixa uns tres meses.

aspontes-areas_0001

aspontes-areas_0002

aspontes-areas_0003

aspontes-areas_0004

aspontes-areas_0005

aspontes-areas_0006

aspontes-areas_0007

aspontes-areas_0008

aspontes-areas_0009

aspontes-areas_0010

aspontes-areas_0011

aspontes-areas_0012

aspontes-areas_0013

aspontes-areas_0014

aspontes-areas_0015

aspontes-areas_0016

aspontes-areas_0017

aspontes-areas_0018

aspontes-areas_0019

aspontes-areas_0020

aspontes-areas_0021

aspontes-areas_0022

aspontes-areas_0023

aspontes-areas_0024

aspontes-areas_0025

aspontes-areas_0026

aspontes-areas_0027

aspontes-areas_0028

aspontes-areas_0029

aspontes-areas_0030

aspontes-areas_0031

aspontes-areas_0032

Nova de A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 26-27-28 DE SETEMBRO

 

TERCEIRA DIVISIÓN
CD As Pontes – Cultural Areas (2-0)

Un gran afeccionado pontés que andaba onte por terras bercianas vendo in situ o mundial de ciclismo enviou unha bonita mensaxe dicindo “Grande As Pontes”. E non é para menos, pois despois de cinco xornadas o equipo azul logrou a primeira vitoria no que vai de campionato de liga ó vencer con toda xustiza ó Cultural Areas por 2-0, un resultado que se queda curto a tenor das claras ocasións das que dispuxo o conxunto pontés ó longo dos noventa minutos.

Un importantísimo triunfo do As Pontes ante un Cultural Areas que viña ó Poboado con seis puntos. Unha vitoria moi esperada polos afeccionados ponteses, pero, sobre todo polos xogadores, que por fin atoparon o camiño do triunfo. Onte, ó remate do partido, había ledicia en todos.

Tras esta primeira e merecida vitoria, o As Pontes sae por primeira vez fóra dos postos de descenso; e, o máis importante, con máis ilusión e gañas de seguir escalando postos na clasificación desta Terceira División, que sorprendentemente encabezan Sanxenxo e Barbadás, con trece puntos, seguidos de Ribadumia e Arousa, con once.

terceira_000

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD – Rosalía – CD As Pontes B (0-0)

O empate do As Pontes B ante o Rosalía (0-0) e a vitoria do Perlío en Ortigueira (1-2) fai perder o liderato ós azuis e agora son terceiros empatados a 7 puntos con Miño e Galicia de Caranza. Na próxima semana visita o Poboado o San Mateo, sexto con 6 puntos. Xogaron polo As Pontes B: Rafita, Criado, Ross, Totti, Darío, Juan, Adán, Pablo, Marcos, Samuel e Nando, saíndo no segundo tempo Carlos e Rubén.

COPA XUVENIL COMARCAL
CD As Pontes – AD Miño (5-0)

Goleada do As Pontes xuvenil, 5-0 ó Miño. Polo As Pontes xogaron Manu, Caínzos, Jorge, Airton, Moi, Cabarcos, Nahúm, Iván, David Rey, Miguel e Andrés. No segundo tempo entraron Martínez, Antonio, Brais Blanco e Jandro. Nahúm, con tres goles, David Rey e Andrés Pita foron os autores dos goles ponteses. Sitúase con tres vitorias consecutivas a un só punto do líder Eume Deportivo, á espera de visitar ó Portuarios B a vindeira xornada.

xuvenil_0001

xuvenil_0002

xuvenil_0003

xuvenil_0004

xuvenil_0005

xuvenil_0006

xuvenil_0007

xuvenil_0008

xuvenil_0009

xuvenil_0010

xuvenil_0011

xuvenil_0012

xuvenil_0013

xuvenil_0014

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
CD As Pontes – Amistade Meirás (4-0)

Primeira vitoria do equipo feminino sobre o Amistade de Meirás (4-0), que acudiu co xusto, oito xogadoras (na foto de equipo visitante falta a porteira por expreso desexo dela mesma, xa que manifestou que non lle gustaban as fotos). Próxima visita ó cuarto clasificado, San Sadurniño, que ten 6 puntos, pero conta os seus encontros por vitorias. O líder Mandía con con nove puntoa.

Xogaron polo As Pontes Alba, Andrea, Noelia Ameneiro, Lía, Paula, Carlota, Uxía, Nicole, Noelia e Indira. Hat trick da veterana Carlota e o cuarto foi obra de Noelia Ameneiro dun forte disparo dende fóra da área..

feminino_0001

feminino_0002

feminino_0003

feminino_0004

feminino_0005

feminino_0006

feminino_0007

feminino_0008

feminino_0009

feminino_0010

feminino_0011

feminino_0012

feminino_0013

feminino_0014

feminino_0015

COPA CADETE COMARCAL
SD O Val – CD As Pontes (0-6)

O equipo cadete goleou 0-6 ó Val, co que segue terceiro empatado a puntos puntos co Portuarios, a dous de Perlío e Cariño. Reciben no Poboado o vindeiro sábado ó Amistade de Meirás.

COPA INFANTIL COMARCAL
CD As Pontes – CD San Sadurniño (6-0)

O equipo infantil gañou con claridade (6-0) ó San Sadurniño e segue encabezando a clasificación con 9 puntos. Na vindeira xornada visita ó Galicia de Caranza C. marcaron os goles Dani Dasilva (3), Mateo (2) e Jorge.

infantil_0001

infantil_0002

infantil_0003

infantil_0004

infantil_0005

infantil_0006

infantil_0007

infantil_0008

infantil_0009

infantil_0010

infantil_0011

infantil_0012

infantil_0013

infantil_0014

infantil_0015

LIGA ALEVÍN
SRD Portuarios – CD As Pontes (4-2)
CD As Pontes B (Descansou)

O Alevin A perdeu en Ferrol co Portuarios (4-2), con goles de Xoel Purriños e Eloy Galdo. Descansou nesta xornada o conxunto B, que recibe na vindeira xornada ó Galicia de Caranza, descanso o As Pontes A.

LIGA BENXAMÍN
CD As Pontes – SD O Val B (10-0)
Narón O Freixo – CD As Pontes B (11-1)

O Benxamín A goleou 10-0 ó Val B e lidera o seu grupo con 6 puntos antes de visitar na vindeira xornada ó Rápido de Neda B. Álex Montero, con seis goles, foi o protagonista desta goleada. Tamén anotaron Xandre (2), Anxo e Carlos.O Narón O Freixo, novo equipo, goleou (11-1) ó Benxamín B. Diego Purriños foi o autor do único tanto pontés. Na vindeira xornada recibe ó Perlío

benxamin_0001

benxamin_0002

benxamin_0003

benxamin_0004

benxamin_0005

benxamin_0006

benxamin_0007

benxamin_0008

benxamin_0009

benxamin_0010

benxamin_0011

benxamin_0012

benxamin_0013

benxamin_0014

benxamin_0015

LIGA PREBENXAMÍN
CD Cariño – CD As Pontes (1-7)
CD As Pontes B – R. Ferrol B (0-7)

O Prebenxamín A ó Cariño por 1-7, con cinco goles de Antonio Graña e un de Álex Leal e Xalo. Pola súa banda, o Prebenxamín B perdeu (0-7) co R. Ferrol. O A é terceiro na clasificación con 9 puntos e recibe na vindeira xornada ó R. Ferrol C; e o conxunto B que ten un punto, visita ó Narón O Freixo.

prebenxaminb_0001

prebenxaminb_0002

prebenxaminb_0003

prebenxaminb_0004

prebenxaminb_0005

prebenxaminb_0006

prebenxaminb_0007

prebenxaminb_0008

prebenxaminb_0009

prebenxaminb_0010

prebenxaminb_0011

prebenxaminb_0012

prebenxaminb_0013

prebenxaminb_0014

prebenxaminb_0015

Nova de X. Ferreiro e AF

DÍA DA BICICLETA NAS PONTES

 

Récord de participación con máis de 600 persoas, a maioría nenos e nenas, nun día de sol e calor

Un gran éxito de participación dunha nova edición do Día da Bicicleta, que unha vez máis organizou La Voz de Galicia e Radio Voz. As máis de 600 persoas participantes triplica a da anterior edición. A excelente climatoloxía con sol e calor, pese á chuvia da noite, favoreceu que ós 400 inscritos con anterioridade se sumasen na mañá do domingo máis de duascentas persoas da propia vila e outras localidades cercanas.

Non foi unha proba competitiva, senón unha xornada para gozar da bicicleta e do medio natural, como o lugar de avituallamento establecido no lago, o casco antigo da Vila co paso sobre a ponte de García Rodríguez do século XV. A marcha, cun percorrido de oito quilómetros por rúas e avenidas da vila e dos arredores, partiu diante da Casa do Concello, onde rematou unha hora e media despois.

Ó remate houbo entrega de agasallos nun sorteo no que Aloia Murado levouse a bicicleta que entregou o alcalde pontés, Valentín González Formoso, quen tamén participou na marcha xunto á súa familia. Outros premiados con diversos agasallos, doados por diversas casas comerciais da localidade, foron Beatriz Ananías, Nacho Villasuso, Miguel López, Aroa Blanco, Antí Pita, Antía Rodríguez, Sabela Calvo, Roberto Pita, Héctor Nieves, José M. Pita, Alejandro Rey e Tomás Losada.

Esta nova edición do Día da Bicicleta foi patrocinada polo Concello de As Pontes en colaboración coas empresas Matojoma, Galiorient e Valoriza, correndo a organización a cargo dos clubs ciclistas As Pontes-Vilalba e Terras do Eume coa colaboración da Policía Local e o Servizo de Protección Civil.

As Pontes, 28 de setembro de 2014 (AF)

dia_da_bicicleta_0002

dia_da_bicicleta_0003

dia_da_bicicleta_0004

dia_da_bicicleta_0005

dia_da_bicicleta_0006

dia_da_bicicleta_0007

dia_da_bicicleta_0008

dia_da_bicicleta_0009

dia_da_bicicleta_0010

dia_da_bicicleta_0011

dia_da_bicicleta_0012

dia_da_bicicleta_0013

dia_da_bicicleta_0014

dia_da_bicicleta_0015

dia_da_bicicleta_0016

dia_da_bicicleta_0017

dia_da_bicicleta_0018

dia_da_bicicleta_0019

dia_da_bicicleta_0020

dia_da_bicicleta_0021

dia_da_bicicleta_0022

dia_da_bicicleta_0023

dia_da_bicicleta_0024

dia_da_bicicleta_0025

dia_da_bicicleta_0026

dia_da_bicicleta_0027

dia_da_bicicleta_0028

dia_da_bicicleta_0029

dia_da_bicicleta_0030

dia_da_bicicleta_0031

dia_da_bicicleta_0032

dia_da_bicicleta_0033

dia_da_bicicleta_0034

dia_da_bicicleta_0035

dia_da_bicicleta_0036

dia_da_bicicleta_0037

dia_da_bicicleta_0038

dia_da_bicicleta_0039

dia_da_bicicleta_0040

dia_da_bicicleta_0040

dia_da_bicicleta_0041

dia_da_bicicleta_0042

dia_da_bicicleta_0043

dia_da_bicicleta_0044

dia_da_bicicleta_0045

dia_da_bicicleta_0046

dia_da_bicicleta_0047

dia_da_bicicleta_0048

dia_da_bicicleta_0049

dia_da_bicicleta_0050

dia_da_bicicleta_0051

dia_da_bicicleta_0052

dia_da_bicicleta_0053

dia_da_bicicleta_0054

dia_da_bicicleta_0055

dia_da_bicicleta_0056

dia_da_bicicleta_0057

dia_da_bicicleta_0058

dia_da_bicicleta_0059

dia_da_bicicleta_0060

dia_da_bicicleta_0061

dia_da_bicicleta_0062

dia_da_bicicleta_0063

dia_da_bicicleta_0064

dia_da_bicicleta_0065

dia_da_bicicleta_0066

dia_da_bicicleta_0067

dia_da_bicicleta_0068

dia_da_bicicleta_0069

dia_da_bicicleta_0070

dia_da_bicicleta_0071

dia_da_bicicleta_0072

dia_da_bicicleta_0073

dia_da_bicicleta_0074

dia_da_bicicleta_0075

dia_da_bicicleta_0076

dia_da_bicicleta_0077

dia_da_bicicleta_0078

dia_da_bicicleta_0079

dia_da_bicicleta_0080

dia_da_bicicleta_0081

dia_da_bicicleta_0082

dia_da_bicicleta_0083

dia_da_bicicleta_0084

dia_da_bicicleta_0085

dia_da_bicicleta_0086

dia_da_bicicleta_0087

dia_da_bicicleta_0088

dia_da_bicicleta_0089

dia_da_bicicleta_0090

dia_da_bicicleta_0091

dia_da_bicicleta_0092

dia_da_bicicleta_0093

dia_da_bicicleta_0094

dia_da_bicicleta_0095

dia_da_bicicleta_0096

dia_da_bicicleta_0097

dia_da_bicicleta_0098

dia_da_bicicleta_0099

dia_da_bicicleta_0100

dia_da_bicicleta_0101

dia_da_bicicleta_0102

dia_da_bicicleta_0103

dia_da_bicicleta_0104

dia_da_bicicleta_0105

dia_da_bicicleta_0106

dia_da_bicicleta_0107

dia_da_bicicleta_0108

dia_da_bicicleta_0109

dia_da_bicicleta_0110

dia_da_bicicleta_0111

dia_da_bicicleta_0112

dia_da_bicicleta_0113

dia_da_bicicleta_0114

dia_da_bicicleta_0115

dia_da_bicicleta_0116

dia_da_bicicleta_0117

dia_da_bicicleta_0118

dia_da_bicicleta_0119

dia_da_bicicleta_0120

dia_da_bicicleta_0121

dia_da_bicicleta_0122

dia_da_bicicleta_0123

dia_da_bicicleta_0124

dia_da_bicicleta_0125

dia_da_bicicleta_0126

dia_da_bicicleta_0127

dia_da_bicicleta_0128

dia_da_bicicleta_0129

dia_da_bicicleta_0130

dia_da_bicicleta_0131

dia_da_bicicleta_0132

dia_da_bicicleta_0133

 —

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s