CD As Pontes Feminino

TRES XOGADORES PONTESES CONVOCADOS POLA SELECCIÓN GALEGA, E DEZ POLA SELECCIÓN DE FERROL

 

Os futbolistas ponteses Enrique Fornos, Mireia Cabarcos e Raquel Béjar foron convocados pra os primeiros adestramentos das seleccións galegas.

Un asiduo na galega sub18, Quique, acudirá este martes 14 ás 16.30 ó Campo de As Cancelas, sito na capital galega.

Compartirá adestramento cos seus compañeiros de selección española, o gardamallas cangués Iván Villar e o extremo esquerdo de Mos, Brais Méndez, ambos olívicos.

Tamén acuden os xogadores do Racing de Ferrol, Alvaro Rey e Aitor Pascual, e o prometedor xogador fenés do Deportivo, Iago Novo.

Na selección galega sub18 van dúas xogadoras pontesas na diáspora, Mireia Cabarcos, xogadora de O Val, que a tempada pasada cun ano menos quedou ás portas da lista definitiva. Precisamente, sendo xuvenil de primeiro ano, acude tamén Raquel Béjar, que este ano forma parte do Friol lucense.

Será o luns 13 en Milladoiro ás 19.30. Do Val tamén acude Veronica Díaz, unha habitual a tempada pasada, e Eva Pernas. Tamén a internacional Ariane Martínez.

Gran presencia de Ferrolterra nas seleccións galegas sub16, Antón Quindimil e Javier Sanmartín do Racing de Ferrol e Raúl Fernández do Caranza (Quizáis se Sergio fose de segundo ano). Na sub16 feminina van Carmela Barro do Racing de Ferrol, Alba Pérez do Galicia de Mugardos e María Ameneiro de O Val. Tamén vai a nena prodixio, internacional sub16, e gran goleadora, Nuria Rábano do Milladoiro.

Na selección sub14 ferrolá masculina acudirá unha vez máis Sergio Otero, nesta ocasión acompañado de Dani Da Silva.

A gran representación pontesa estará na selección sub14 feminina, xa que serán oito as representantes pontesas, Malena Mieres e Paula Baamonde, que estiveron na derradeira convocatoria a tempada anterior, ademáis de Uxía Cupeiro, Nicole Béjar, Noelia Santalla, Xeila Adega, Yara Fernández e Andrea Montero.

Os rapaces deben acudir este domingo ás 9.30, mentres as rapazas adestrarán ás 11.30, ambas seleccións, en Caranza.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 3-4-5 DE OUTUBRO

 

TERCEIRA DIVISIÓN
CD Boiro – CD As Pontes (1-0)

Complícase de novo a vida o As Pontes tras caer ante un rival directo, se ben hai uns meses era polos postos de arriba, agora é polos de abaixo, e que, aínda así, segue tendo un gran plantel, o Boiro (1-0), un equipo necesitado de puntos igual que os azuis o de Barbanza, e que fixo valer o vello refraneiro de “a adestrador novo vitoria segura” cun gol en propia meta nos últimos minutos. Tampouco acompañaron os resultados coas sorprendentes vitorias do Bergantiños en Sanxenxo ou do Ribadeo en Ribadumia, amosando que nesta categoría non hai rival pequeño e hai que pelexar cada partido. Así o As Pontes volve ó penúltimo posto da clasificación con 5 puntos e ten dúas finais seguidas, o vindeiro domingo ante o Laracha, que está tres puntos por riba, no Poboado, e dúas semanas despois en Bertamiráns ante o actual colista e que conta cun so punto. Xogaron Adrián, Rochela, Hugo (Javi 85´), Dani, Aitor, Nano, Iván, Bossa, Arias, Fidi (Chis 73´), e Cabarcos (Pablo 63´).

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – San Mateo CF (1-0)

Si venceu o segundo equipo por 1-0 ó San Mateo, co que continúa terceiro empatado a dez puntos co Miño e a dous do Perlío, antes de visitar ó Cariño, que marcha undécimo, pero é un equipo de solera. Marcou Marcos Novo ó pouco de comezar e xogaron polo As Pontes B, Rafita, Criado, Ros, Carlos, Darío, Juan, Adán, Toni, Marcos, Samuel e Pablo, saíndo no segundo tempo Nando, Rubén e Esteban.

autonomica_0001

autonomica_0002

autonomica_0003

autonomica_0004

autonomica_0005

autonomica_0006

autonomica_0007

autonomica_0008

autonomica_0009

autonomica_0010

autonomica_0011

autonomica_0012

COPA XUVENIL COMARCAL
SRD Portuarios – CD As Pontes (0-1)

Tamén segue en racha o xuvenil, e aínda que sufriu para gañar (0-1) en Ferrol ó Portuarios, con gol de Moi pouco antes do descanso. Soben, con 4 triunfos seguidos, á primeira praza, con 12 puntos, aproveitando que o Eume descansou esta semana. A vindeira xornada no Poboado xogará o Cedeira.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
CD San Sadurniño – CD As Pontes (1-0)

Serias dificultades opuxo o As Pontes feminino a un dos grandes da categoría, o San Sadurniño, equipo con pleno de vitorias e sen encaixar un gol, co que acabou perdendo 1-0. Novenas con tres puntos, descansan a vindeira xornada e logo recibirán ó Ortigueira.

COPA CADETE COMARCAL
CD As Pontes – Amistade Meirás (8-0)

Moi ben o cadete que goleou 8-0 ó Amistade de Meirás, con dobrete de Carlos, Alberte, Josiño, e un de Jorge e Fraga, e con dez puntos e xunto co Portuarios, segue metendo presión ó líder Perlío, imperturbable con 12 puntos. Xóganse moito a vindeira xornada coa complicada visita ó cuarto clasificado, Cariño, que ten 9 puntos e este sábado perdeu 4-0 co líder.

cadete_0001

cadete_0002

cadete_0003

cadete_0004

cadete_0005

cadete_0006

cadete_0007

cadete_0008

cadete_0009

cadete_0010

cadete_0011

cadete_0012

COPA INFANTIL COMARCAL
Gª Caranza – CD As Pontes (0-4)

Segue respondendo o infantil e esta xornada gañou 0-4 ó Caranza C, tantos de Dani Dasilva, Chema, Jorge e Mateo. Mantén o liderado con 12 puntos, e ten a sorte de recibir a semana que vén, ademais de na última xornada, ós dous equipos que lle perseguen con 9 puntos, Narón BP e O Val, respectivamente. Do resultado ante estes opoñentes e da visita entremedias ó Portuarios B dependerá a súa primeira praza.

LIGA ALEVÍN
CD As Pontes B – Gª Caranza (0-7)
CD As Pontes A (Descansou)

O Alevín A descansou mentres o Alevín B perdeu 0-7 co Galicia de Caranza, e seguen con dous puntos o A e sen estrear o casilleiro o B, á espera da seguinte xornada na que o Alevín A recibe ó segundo clasificado, Galicia de Caranza B, e o Alevín B visita ó cuarto clasificado, San Pedro.

alevin_0001

alevin_0002

alevin_0003

alevin_0004

alevin_0005

alevin_0006

alevin_0007

alevin_0008

alevin_0009

alevin_0010

LIGA BENXAMÍN
SD R. Neda B – CD As Pontes (3-11)
CD As Pontes B – CCRD Perlío (0-8)

Moi ben o Benxamín A que gañou 3-11 ó Rápido de Neda B, con catro goles de Alex Montero, dous de Eloy Pita e Antón, e un de Iago, Xandre e Carlos. Segue líder con 9 puntos antes de recibir ó Ortigueira. O Benxamín B pouco puido facer ante un Perlío, que gañou claramente por 0-10. Agardan sumar o seu primeiro punto na súa visita ó Cariño, que ten 3 puntos.

benxamin_0001

benxamin_0002

benxamin_0003

benxamin_0004

benxamin_0005

benxamin_0006

benxamin_0007

benxamin_0008

benxamin_0009

benxamin_0010

benxamin_0011

benxamin_0012

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes – R. Ferrol C (6-2)
Narón O Freixo – CD As Pontes B (4-2)

O Prebenxamín A gañou 6-2 ó R. Ferrol C, hat trick de Antonio, dous de Destaw e un de Xalo, e sitúase terceiro con 12 a un só punto do líder R. Ferrol B, tendo que visitar ó compricado San Pedro que vai cuarto, tamén con 12 puntos. O Prebenxamín B perdeu 4-2 co quinto, O Freixo, con goles de Diego Ortigosa e Nicolás Meizoso, e segue cun punto á espera de recibir ó Narón BP, que ten 3.

prebenxamin_0001

prebenxamin_0002

prebenxamin_0003

prebenxamin_0004

prebenxamin_0005

prebenxamin_0006

prebenxamin_0007

prebenxamin_0008

prebenxamin_0009

prebenxamin_0010

prebenxamin_0011

prebenxamin_0012

prebenxamin_0013

Nova de X. Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Resto de CAtegorias C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s