CD As Pontes Feminino

O PONTÉS DAVID ROCHELA PODER SER CAMPIÓN DA LIGA TAILANDESA ESTE DOMINGO

O Buriram United, equipo no que xoga o pontés David Rochela, deu este mércores un importante paso de cara ó título de Liga.

O Buriram venceu 0-2 en Bangkok ó Telephone Organization of Thailand FC, e veuse acompañado do empate do anterior líder, o Chonburi, 1-1 no campo do Chainat Hornbill.

Co cal a falta de unha xornada, o Buriram supera ó Chonburi en un punto, e con gañar no derradeiro partido será campión matemático. No caso dun hipotético empate a puntos tamén sería campión o Buriram pois conta coa goal average a favor.

A derradeira xornada xogarase este domingo ás 12:00, o Buriram United recibe ó Police United, namentres que o seu perseguidor, o Chonburi, recibe ó TOT, xogandose a Liga e o descenso os catro implicados.

O Buriram United ía líder antes da interrupción da competición por 40 días por mor dos Xogos Asiáticos, parón que non lles sentou moi ben pois trala reanudación perderon a final da Copa Tailandesa ante o Bec Tero Sasana, 0-2, e tamén o primeiro posto en Liga, recuperado hoxe e que pode ser refrendado o domingo co terceiro título da tempada despois da Supercopa Tailandesa e a Toyota Premier Cup ó Nagoya Grampus Eight.

rochela_2

rochela_3

Nova cortesía de Xose Ferreiro

GABRIEL TEMBRÁS COMPETIRÁ DEFINITIVAMENTE EN MÉXICO

O taekwondista pontés Gabriel Tembrás Corrales logrou definitivamente o apoio necesario para poder acudir ó Mundial de Taekwondo, e de feito xa se atopan en México tanto él como o seu mestre, Antonio Montes, que xa dirixira á gran Lucía Legaspi, bronce europeo e mundial en 1996, e o resto da delegación española.

Gabriel competirá con so 13 anos en Cadete individual e parellas (xunto á viguesa Lucía Penin) de formas e en Freestyle Junior a partir do xoves e ata o próximo domingo.

Por fin poderá Gabri disputar un Mundial, i é que xa fora convocado o ano pasado para o de Bali (Indonesia), pero un cambio de normativa de última hora que non permitía a participación a menores de 15 anos impediulle participar.

España aspira a superar os 2 ouros e 2 bronces conseguidos o ano pasado, en que foi séptimo e primeiro país europeo do medalleiro tras Corea do Sur, Vietnam, Filipinas, Irán, EEUU e Tailandia.

gabriel_0001

gabriel_0002

gabriel_0003

gabriel_0004

gabriel_0005

gabriel_0006

gabriel_0007

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Oito ponteses nas seleccións de Ferrol

 

Os futbolistas ponteses Malena, Andrea, Sergio e Dani veñen de ser convocados pra os encontros oficiais do Campionato Galego de Seleccións Comarcais que se celebrarán este sábado.

A selección masculina sub14 xogará ese sábado ás 12h en Meicende ante Lugo. Na outra semifinal da zona norte xogarán A Coruña e Santiago.
Os convocados son:
Racing de Ferrol: Marcos Amado, Alberto Rodríguez, Adrián Fernández, Iván Guerrero, Borja Pita
Galicia de Caranza: Martín Rico, Julián Nieto, Juan Caínzos, Manuel Penedo
SRD Portuarios: Javier Muíño, Pablo Couselo, Brais González, Alejandro Beade
CD As Pontes: Sergio Otero, Daniel Da Silva
Eume Deportivo: Martín Lago
SD O Val: Iván Pérez
Ánimas: Alejandro Gabarre

A selección feminina sub14 xogará en Arteixo o sábado ás 10h, un triangular con A Coruña e Lugo.
As convocadas son:
Galicia Caranza: Noelia Otero, Zaira González, Jessica Carro, Paula Rey
SD Cedeira: Alicia Rey, Ana López, Marta García, Lucía Vázquez
CD San Sadurniño: Marta García, Yaiza González, Aldara Pérez
CD As Pontes: Malena Mieres, Andrea Montero
SRD Portuarios: Antía Delgado
SD Barallobre: Antía Formoso
CD Cariño: María Corral
Galicia de Mugardos: Alba Pérez
CF Mandiá: Alba Permuy

Por outra banda comezan os adestramentos as seleccións alevíns sub12, en féminas son chamadas 31 xogadoras das que van catro pontesas, na masculina 21 xogadores, ningún do CD As Pontes.
O adestramento terá lugar este domingo ás 10:45h .
As convocadas son:
Ánimas: Luz López, Valeria Filgueira, Alba Platas, Elena Yáñez
CD As Pontes: Carolina Paz, Paula Seoane, Paula Rodríguez, Laura Rodríguez
San Sadurniño: Clara López, Iria Penedo, Judith González
SD Barallobre: Uxía Cabada, Iria Fernández, Sabela López
Racing de Ferrol: Nora Piñón, Paula Toja
Cedeira: Laura Rodríguez, Marina Caneiro
Rápido de Neda: Alesandra Pérez, Lara Formoso
Cariño: Lucía López, Ania Rodríguez
Galicia de Caranza: Aroa González
Narón BP: Sara Acedo
Narón O Freixo: Lucía Rivas
Eume Deportivo: Ainhoa Tenreiro
Galicia de Mugardos: Sofía Martínez
Numancia de Ares: Martina Oliveira
Amistade Meirás: Ariadna Guzmán
Cultural Maniños: Nayara Prida
Libunca: Marta Bello

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: CUÉLLAR COJALBA – O ESTEO AS PONTES F.S. (1-1)

O Esteo suma o segundo punto empatando a un gol na casa do Cuéllar Cojalba, ata agora líder do grupo.

O horario do partido, mediodía do domingo, non sentou ben ós dous equipos, tanto no xogo como no momento de materializar as súas ocasións, de aí o resultado final, tan só dous goles marcados nos corenta minutos de partido. Os primeiros minutos foron de dominio dos ponteses, que tiveron as primeiras ocasións en disparos de Púas e Gerardo, que non atoparon porta. Logo viñeron ocasións dos locais e tamén do Esteo. Nos instantes finais do primeiro tempo houbo unha oportunidade para cada equipo, a primeira nun dobre penalti para o Cuéllar que lanzou Taveras pero Javichu, que debutaba na liga, estivo moi acertado. A segunda foi a falta de 26 segundos cando Cagi, só ante o porteiro, envía o balón fóra.

Na segunda parte os ponteses seguiron dominando e controlando ben a situación, sobre todo en defensa, e así no minuto 28 Pelu marca tras un roubo de balón no medio da pista. Ocasións para os dous equipos. Sen embargo o empate non chegaría ata o minuto quince deste segundo tempo que culminou Corrus. Ós poucos segundos estivo a piques de marcar o 1-2 Cagi, pero o porteiro local, nunha boa intervención, evitouno. Co empate a un gol chegouse ó final do partido, un resultado que se pode considerar xusto. Na vindeira xornada o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó Leis Pontevedra.

FICHA DO PARTIDO

CUÉLLAR COJALBA: Cano, Corrus, Manu, Higinio, Taveras –cinco inicial- Chuki, Pablo, Valco, Gonza, Lalo e Germán.

O ESTEO FS: Javichu, Púas, Gerardo, Héctor, Cagi –cinco inicial- Fran, Lardín e Pelu.

ÁRBITROS: Carro e Navarro, de Salamanca. Amoestaron a Taveras, Higinio, Manu e Lalo, do Cuéllar, e a Cagi, do Esteo, que foi expulsado por dobre amarela.

GOLES: Min 28 (0-1), Pelu. Min. 35 (1-1), Corrus.

INCIDENCIAS: Partido da terceira xornada de liga de Segunda División B disputado este domingo no polideportivo municipal de Santa Clara, de Cuéllar (Segovia) ante uns 300 espectadores nas gradas.

Nova cortesía de A.F.

Terceira División: CD As Pontes 1 – UD Barbadás 1

Unha xornada máis segue sen carburar o As Pontes e amosouse incapaz ante un conservador Barbadás contra o que so foi capaz de rascar un empate que non lle sirve de moito.

Puido adiantarse o conxunto azul cando se plantou so Pablo Ramos ante Berto, pero picou por alto e o balón saiu por pouco (2´). Ben é certo que as ocasións máis claras foron para os visitantes en sendos erros locais de categoría biberón nos que Karim en primeira instancia (5´) e o ex deportivista Hugo García despois (11´), quedaron completamente sos e con todo a favor, pero o porteirazo Adrián Laureda salvou sendos remates.

Cun disparo de Arias preto do poste (21´) e outro do mesmo xogador que salvou Berto co pe (44´) chegouse ó descanso.

Trala reanudación avisou Jaime cun trallazo no 47´, pero foi Luis o que marcou de falta lateral pola escadra nun disparo que Adrián non alcanzou a despexar (55´).
Foi o equipo azul a polo empate e un testarazo de Aitor sacao o lateral Jorge baixo paus (63´). Na xogada seguinte desmarcase Arias e bate a Berto por baixo facendo o empate (64´).

Buscou o As Pontes o segundo mentres o Barbadás deixaba que pasaran os minutos, pero foi un querer e non poder, un tiro de Chicho dende banda esquerda (78´) e un potente disparo de Iván (87´), ambos marcharon por alto, foron as xogadas de maior perigo.

Desgraciadamente segue competindo o As Pontes co Bertamiráns polo título de equipo máis triste da categoría, e tendo que visitar ó Arousa, segundo, e recibir ó Choco, primeiro, nas próximas xornadas, que a día de hoxe semellan inalcanzables coma os equipos da NBA, os sufridos afeccionados ponteses agardan ós regalos navideños pra tener una mínima alegría na vida.

1 CD As Pontes. Adrián, Hugo (Rochela 45´), Nano, Dani, Aitor, Pablo D, Iván, Bossa, Arias, Pablo R (Chicho 54´), Javi (Fidi 72´).
1 UD Barbadás. Berto, Jorge, Alfredo, Iago, Vieytes, Nacho Currás, Cristian, Karim (Jorge De Dios 65´), Hugo, Luis (Nuno 80´), Jaime (Oli 72´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en tarde soleada. Partido correspondente á 10ª xornada.
Árbitro: Óscar López (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Patiño García e Villamuelas Castro. Amoestou a Nano, Dani, Rochela, Jaime, Hugo e Currás.
Goles: 0-1, Luis (55´), 1-1, Sergio Arias (64´).

futbol_0001

futbol_0002

futbol_0003

futbol_0004

futbol_0005

futbol_0006

futbol_0007

futbol_0008

futbol_0009

futbol_0010

futbol_0011

futbol_0012

futbol_0013

futbol_0014

futbol_0015

futbol_0016

futbol_0017

futbol_0018

futbol_0019

futbol_0020

futbol_0021

futbol_0022

futbol_0023

futbol_0024

futbol_0025

futbol_0026

futbol_0028

futbol_0029

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 24-25-26 DE OUTUBRO

O CD As Pontes semella non reaccionar a súa delicada situación. Tralo empate ante o Barbadás, baixa á penúltima posición da clasificación no peor arranque de liga de toda a súa historia

TERCEIRA DIVISIÓN
CD As Pontes – UD Barbadás (1-1)

Unha xornada máis segue sen carburar o Club Deportivo As Pontes, e xa van dez, case un terzo da liga. Este domingo o equipo pontés amosouse incapaz ante un conservador Barbadás, contra o que só foi capaz de rascar un empate que non se serve de moito, pois baixa á penúltima posición da clasificación trala sorprendente vitoria do Areas en Carballo.

O As Pontes é penúltimo con só 8 puntos de 30 posibles, sendo o equipo menos goleador do grupo con tan só 6 tantos en dez partidos. Lamentablemente segue competindo o As Pontes co Bertamiráns polo “título” de equipo máis triste da liga, e tendo que visitar a vindeira xornada ó Arousa, segundo clasificado, e recibir na seguinte no Poboado ó Choco, novo líder do grupo. Despois enfrontarase a Rápido de Bouzas, Ordes, Alondras, Cerceda, Pontevedra, Bergantiños para rematar a primeira volta recibindo no Poboado ó Ribadeo, conxunto que volve a As Pontes despois de 31 anos cando o fixera por última vez na tempada 1983/84 e Rexional Preferente.

Os sufridos afeccionados ponteses amosan a súa decepción e seguen sen comprender esta delicada situación do seu equipo cando a tempada anterior estivo a piques de xogar a promoción de ascenso. Posiblemente esperan a unha intervención divina para saír desta situación ou ós agasallos de Nadal para ter unha mínima ledicia esta tempada.

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – Gª Mugardos B (3-0)

Segue nun gran momento o segundo equipo e nesta xornada venceu por 3-0 ó Galicia de Mugardos B. Continúa de líder con 19 puntos, aínda que non perden comba Perlío (18), Miño (17) e Galicia Caranza (16). A semana que vén visitan ó complicado Numancia de Ares, terra do gran Marcelino. Xogaron Rafita, Criado, Rubén, Ross, Darío, Totti, Adán, Carlos, Marcos (1), Samuel, Nando, e no segundo tempo saíron Lucho e os xuvenís Francisco (2), Esteban e Antonio.

segunda_0001

segunda_0002

segunda_0003

segunda_0004

segunda_0005

segunda_0006

segunda_0007

segunda_0008

segunda_0009

segunda_0010

segunda_0011

segunda_0012

COPA XUVENIL COMARCAL
CD As Pontes (Descansou)

Na xornada de descanso do equipo xuvenil, venceron case todos os seus rivais, e baixa á terceira praza. Lidera a clasificación o Meirás (18), seguido de Eume (17), As Pontes (15), Perlío e Numancia (14) e Miño (13). O As Pontes recibe ó Galicia de Mugardos, sétimo con 10 puntos, e xogarase en Valdoviño a semana seguinte as súas últimas opcións de entrar en semifinais.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
Cultural Maniños SD – CD As Pontes (4-1)
Perdeu o equipo feminino por 4-1 no campo do Cultural Maniños. O As Pontes ocupa a décima posición con 6 puntos. Na vindeira xornada recibe no Pobado ó Cedeira, antepenúltimo clasificado.

COPA CADETE COMARCAL
CCRD Perlío – CD As Pontes (1-2)

Sensacional vitoria do conxunto cadete en Fene ante o Perlío (1-2), o que o encarama á primeira praza con 19 puntos seguido do anterior líder Perlío (18) e Portuarios (16), O Val e Mugardos (15). Visitan na vindeira xornada ó San Sadurniño. Cunha vitoria e tendo en conta o resultado do Perlío-Portuarios da última xornada garantirían unha praza nas semifinais.

COPA INFANTIL COMARCAL
CD As Pontes – SD O Val (2-1)

Moi ben tamén o infantil, que gañou 2-1 ó Val e conseguiu clasificarse como líder do grupo C con 21 puntos, seguido de Narón BP e O Val con 15. O Eume foi o clasificado no grupo B e o Galicia de Caranza B no grupo A. En teoría o segundo mellor clasificado é o Amistade de Meirás, se nón sería o R. Ferrol B. Estes catro equipos, os tres líderes, máis o mellor segundo, pasan a semifinais.

infantil_0001

infantil_0002

infantil_0003

infantil_0004

infantil_0005

infantil_0006

infantil_0007

infantil_0008

infantil_0009

infantil_0010

infantil_0011

infantil_0012

LIGA ALEVÍN
CD As Pontes – Cedeira SD (4-0)
R. Ferrol – CD As Pontes B (20-0)

O alevín A gañou por 4-0 ó Cedeira e suma a súa segunda vitoria da tempada. Peor lle foron as cousas ó alevín B, que perdeu 20-0 ante o R. Ferrol. Oitavo con oito puntos e undécimo con ningún, visita ó Libunca o conxunto A, que marcha noveno con 6 puntos, e recibe ó Portuarios o B, que vai segundo con 17 puntos.

LIGA BENXAMÍN
CD As Pontes – SDR Portuarios (4-0)
O Freixo Narón C – CD As Pontes B (2-3)

O benxamín A gañou por 4-0 ó Portuarios e segue líder empatado a 18 puntos co Rápido de Neda. Na vindeira xornada reciben ó Mugardos, terceiro con 16. Grande o benxamín B, que logrou a súa primeira vitoria da tempada, 2-3 ante o Narón Freixo C, co que cos seus primeiros tres puntos colle forzas para visitar ó líder R. Ferrol.

benxamin_0001

benxamin_0002

benxamin_0003

benxamin_0004

benxamin_0005

benxamin_0006

benxamin_0007

benxamin_0008

benxamin_0009

benxamin_0010

benxamin_0011

benxamin_0012

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes – SD R. Neda B (7-0)
SRD Portuarios – CD As Pontes (6-0)

O prebenxamín A goleou 7-0 ó R. Neda B, e segue cuarto, a tres puntos de R. Neda A e San Pedro, e a dous de R. Ferrol B. Visitan ó Cedeira, sétimo. O prebenxamín B perdeu por 6-0 co Portuarios. É noveno con catro puntos, recibe na vindeira xornada ó Cariño, oitavo con nove.

prebenxamin_0001

prebenxamin_0002

prebenxamin_0003

prebenxamin_0004

prebenxamin_0005

prebenxamin_0006

prebenxamin_0007

prebenxamin_0008

prebenxamin_0009

prebenxamin_0010

prebenxamin_0011

prebenxamin_0012

Nova de X.A. Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s