CD As Pontes Feminino

ROCHELA CAMPIÓN DE LIGA

 

O Buriram United do pontés David Rochela, o ex céltico Tuñez, de Carmelo ou Patiño, entre outros, ven de proclamarse hai uns minutos Campión de Liga tras vencer 2-1 ó Police United, con decisivo tanto de penalti de Rochela, o seu quinto gol da tempada nos 36 partidos que xogou.

Iso unido ó empate do Chonburi ante o TOT 1-1, fai que o Buriram sexa campión de Liga con 79 puntos, por 76 do Chonburi, 71 do Muang Thong, 68 do Bec Tero Sasana, equipo que lle gañou a Copa ó Buriram, e 65 do Ratchaburi.

Este é o terceiro título do Buriram nesta campaña, trala Supercopa e a Toyota Premier Cup (Máis información nos próximos días).

clasificacion 38

Nova cortesía de Xose Ferreiro

gabriel_0000

Actuación e fotos de Gabriel no Mundial de México

O pequeno gran deportista pontes Gabriel Tembrás Corrales (21-09-2001) competiu durante esta fin de semana en tres probas no 9º Mundial de Taekwondo Poomsae desputado en Aguascalientes (México), que rexistrou a participación de máis de 700 deportistas procedentes de 46 países.

O primeiro día, xoves, participou en Formas na categoría cadete. O vencedor final e medalla de ouro foi o coreano Jin Ho Shin, medalla de prata para o danés Nikolai Kronborg, e bronce para Jose Emilio Jaramillo de México e Kyle Tanimura de Estados Unidos. Gabriel acabou na décima posición.

O segundo día de competición, venres, participou na proba de Freestyle, na que é Campión de Europa Junior, contra rapaces ata catro anos maiores nalguns casos. Brillantemente venceu o chino Xing Yuan, prata para Minh Phuc Vo, de Vietnam, e bronce para o ruso Sergei Slepich. Gabriel finalizou na séptima praza.

Xa na cuarta e derradeira xornada de competición, domingo, Gabri competía en Formas por Parellas na categoría Cadete, e non puido superar a primeira criba dos oito primeiros por mor dunha lesión da súa compañeira, a viguesa Lucía Penín. Os vencedores foron, como non, os coreanos Jin Ho Shin e Su Yeong Choi, seguidos dos vietnamitas Dang Khoa Tran e Tran Kim Uyen Le, mentres que o bronce foi a parar a mans da parella canadiense Briam Lam/Emily Waung, e os chinos Mulin Wan-Ruilin Cheng.

España acadou seis metais neste Mundial, brillantes Laura Kim e o seu pai Jeong Cheol Kim, que lograron o seu terceiro ouro mundial consecutivo ambos. Ademáis a delegación española acadou unha prata e tres bronces.

Corea do Sur foi o absoluto dominador desta edición gañando 13 das 35 medallas de ouro que se repartiron, seguido de China (5), EEUU (4), Vietnam e Filipinas (3), Turquía e España (2), e con unha presea de ouro México, China Taipei e Alemaña.

gabriel_0001

gabriel_0002

gabriel_0003

gabriel_0004

gabriel_0005

gabriel_0006

gabriel_0007

gabriel_0008

gabriel_0009

gabriel_0010

gabriel_0011

gabriel_0012

gabriel_0013

gabriel_0014

gabriel_0015

gabriel_0016

gabriel_0017

gabriel_0018

gabriel_0019

gabriel_0020

gabriel_0021

gabriel_0022

gabriel_0023

gabriel_0024

gabriel_0025

gabriel_0026

gabriel_0027

gabriel_0028

gabriel_0029

gabriel_0030

gabriel_0031

gabriel_0032

gabriel_0033

gabriel_0034

gabriel_0035

gabriel_0036

gabriel_0037

gabriel_0038

gabriel_0039

gabriel_0040

gabriel_0041

gabriel_0042

gabriel_0043

gabriel_0044

Nova cortesía de Xose Ferreiro

DIEGO CHIS ABANDOA O CD AS PONTES

O xogador naronés Diego Chis pediu a baixa no As Pontes, ante a falta de minutos co primeiro equipo pontés, para poder retornar ó Galicia de Mugardos. O medio centro, que xa xogara en Terceira no Narón e Racing de Ferrol, chegou recuperándose dunha lesión e para paliar a baixa de Esmorís, e apenas xogou coma suplente en 4 partidos, tendo a competencia de Nano, Dani, Fidi e Bossa por diante no seu posto.

Con esta baixa, e as lesións de Amado e Pablo Ramos, o clube pode intentar fichar un xogador en punta para tratar de solucionar os problemas de gol do equipo nestas xornadas e tamén se presenta como unha oportunidade para o canteirán, ex selección galega sub18, Juan Prieto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 30-31 OUTUBRO / 1-2 NOVEMBRO

O As Pontes sacou tres importantísimos puntos no campo da Lomba diante do segundo clasificado, o Arousa, con tres goles do centrocampista Dani o que lle permite saír dos postos de descenso directo

TERCEIRA DIVISIÓN
Arousa SC – CD As Pontes (1-3)

Gran alegría a que deu o primeiro equipo, que venceu claramente por 1-3 no complicado campo da Lomba, de Vilagarcía de Arousa, ante o equipo que marchaba segundo clasificado, o Arousa. Tres goles consecutivos de Dani situaban un sorprendente 0-3 no marcador, aínda que sufriu moito o cadro azul pois, os locais recortaron cun tanto de Javi Pazos e cun segundo de Pablito pouco despois, tanto que o colexiado daba por válido pero, tras uns segundos de incerteza, definitivamente anulaba por supostas mans de Kike Cubas.

Tres vitais puntos do As Pontes que sae dos postos de descenso directo, pero está en descenso virtual por arrastre do Somozas, quinto pola cola con 11 puntos e cun vital enfrontamento co líder Choco a semana que vén, que debe ser a do referendo da recuperación do equipo pontés. Xogaron Adrián, Rochela, Nano, Chote, Aitor, Dani (Santi 89´), Iván (Fidi 75´), Bossa, Arias, Chicho (Hugo 63´) e Pablo Domínguez.

SEGUNDA AUTONÓMICA
Numancia de Ares – CD As Pontes B (1-2)

Segue enrachado o segundo equipo e venceu por 1-2 no complicado campo do Numancia de Ares. Conserva o liderato con22 puntos por 21 do Perlío e 20 do Miño, recibindo a semana que vén ó Narahío, décimo terceiro con cinco puntos. Xogaron: Rafita, Criado, Ross, Totti, Darío, Carlos, Lucho, Juan, Marcos, Javi, Nando e no segundo tempo entraron Adán, Rubén e Esteban. Dous goles no primeiro tempo de Marcos Novo adiantaron ós azuis ata que Fernando, polo Numancia, recortou distancias nos derradeiros minutos do encontro.

COPA XUVENIL COMARCAL
CD As Pontes – Gª Mugardos (5-4)

Sufrido triunfo do xuvenil, 5-4 ó Galicia de Mugardos, o que aínda os mantén con vida, pois están terceiros con 18 puntos, a dous de Eume Deportivo e a tres de Meirás. Precisamente en Valdoviño xogaranse a vindeira fin de semana as súas últimas posibilidades de acceder a semifinais nun encontro no que necesitan os tres puntos.

xuvenil_0001

xuvenil_0002

xuvenil_0003

xuvenil_0004

xuvenil_0005

xuvenil_0006

xuvenil_0007

xuvenil_0008

xuvenil_0009

xuvenil_0010

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
CD As Pontes – Cedeira SD (3-0)

Vitoria do equipo feminino por 3-0 ó Cedeira, co que escala á novena praza con 9 puntos, antes de visitar ó intratable líder, Mandiá. Xogaron polo As Pontes: Malena, Andrea Pita (1), Nuria, Nato, Paula Baamonde (1), Noelia Ameneiro, Paula Castro (1), Carlota, Noelia Santalla, Uxía, Xeila e Alba.

feminino_0001

feminino_0002

feminino_0003

feminino_0004

feminino_0005

feminino_0006

feminino_0007

feminino_0008

feminino_0009

feminino_0010

feminino_0011

COPA CADETE COMARCAL
CD San Sadurniño – CD As Pontes (1-2)

Virtualmente clasificou o equipo cadete para as semifinais da copa despois de gañar por 1-4 en San Sadurniño e afianzar a primeira posición con 22 puntos. O feito de que os seus perseguidores, Perlío e Portuarios, sumen 19 puntos, pero se enfronten entre eles na derradeira xornada fai que o último encontro contra o Mugardos sexa un mero trámite Iso si, aínda que a diferenza de goles é considerable, hai que alomenos empatar para asegurar o primeiro posto.

LIGA INFANTIL COMARCAL
CD As Pontes – Gª Caranza B (1-1)

O equipo infantil, clasificado para a semifinal de copa, disputou a primeira xornada de liga contra o Galicia de Caranza B, rival precisamente da semifinal que se xogará ó remate da liga regular. O resultado final foi de empate a un gol, con tanto de Dani Dasilva.

infantil_0001

infantil_0002

infantil_0003

infantil_0004

infantil_0005

infantil_0006

LIGA ALEVÍN
Libunca SD – CD As Pontes (1-4)
CD As Pontes B – SRD Portuarios (0-13)

Moi ben o alevín A que gañou 1-4 ó Libunca, conseguindo a súa terceira vitoria da tempada. Non correu a mesma sorte o alevín B, que perdeu 0-13 co Portuarios. O A situase sexto con 11 puntos e o B segue undécimo con ningún, antes de enfrontarse entre ambos o vindeiro sábado no Poboado.

LIGA BENXAMÍN
CD As Pontes – Gª Mugardos (2-0)
R. Ferrol – CD As Pontes B (11-0)

O benxamín A gañou por 2-0 (Anxo e Álex) ó Galicia Mugardos e así distancia a un rival directo por meterse no Grupo A en 5 puntos. Segue de líder empatado co Rápido de Neda a 21 puntos á espera de que ambos se enfronten a semana que vén. Difícil o tiña o benxamín B que visitaba ó líder R. Ferrol, que venceu por 11-0. Novenos con tres puntos, o vindeiro sábado reciben ó Miño, que nesta xornada logrou os seus primeiros tres puntos tras vencer 8-4 ó colista Narón O Freixo C.

benxamin_0001

benxamin_0002

benxamin_0003

benxamin_0004

benxamin_0005

benxamin_0006

benxamin_0007

benxamin_0008

benxamin_0009

benxamin_0010

benxamin_0011

benxamin_0012

benxamin_0013

LIGA PREBENXAMÍN
Cedeira SD – CD As Pontes (3-5)
CD As Pontes B – CD Cariño (3-4)

O Prebenxamín A venceu (3-5) en Cedeira, namentres que o prebenxamín B perdeu 3-4 co Cariño. O A suma 21 puntos e segue cuarto a tres puntos do líder recibindo o sábado ó R, Ferrol B, que marcha segundo, mentres que o B é décimo con 4 puntos e visita ó R. Ferrol C, que é o derradeiro clasificado.

prebenxamin_0001

prebenxamin_0012

prebenxamin_0011

prebenxamin_0010

prebenxamin_0009

prebenxamin_0008

prebenxamin_0007

prebenxamin_0006

prebenxamin_0005

prebenxamin_0004

prebenxamin_0003

prebenxamin_0002

Nova de X.A. Ferreiro e AF

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO AS PONTES F.S. – LEIS PONTEVEDRA F.S. (6-2)

 

Gran triunfo o conseguido polo Esteo na tarde do sábado ante o histórico equipo pontevedrés; que chegou a militar na máxima categoría do fútbol sala estatal; co que acumula cinco puntos e sitúase na zona media baixa da táboa.

E iso que o cadro local comezou perdendo 0-2, en tantos de Pocho e Gustavo, pero antes de chegar ó descanso Gerardo recortou distancias.

Un golazo polo escuadro de Héctor nada máis comezar o segundo tempo situaba o empate no marcador. Tívoa Bolly para marcar de cabeza e desnivelar o marcador, e tamén sacou unha baixo paus Héctor pouco despois. Foi Gerardo de forte disparo ante Rubén o que puxo ó Esteo por diante, e cando apenas faltaban tres minutos, Cagi, de dobre penalti situaba un tranquilizador 4-2 no electrónico.

Xa nos derradeiros instantes e co porteiro xogador nos visitantes, Lardín aproveitou para marcar dende propia pista e outra vez Cagi de dobre penalti, esta vez por alto, redondeou unha goleada nun partido que realmente foi moi complicado para os locais.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Pelu, Gerardo, Héctor, Cagi –cinco inicial- Púas, Fran, Bolly e Lardín.

PIZARRAS TC: Rubén, Alejandro, Carlos, Dani Taboada, Noel “Pocho” –cinco inicial- Gustavo, Pablo, Jose Manuel e Gabi.

ÁRBITROS: Rocío Ruano e Javier Menendez. Amoestaron a Púas, Fran, Héctor e Bolly polo Esteo, e Alejandro, Gustavo, Jose Manuel e Noel, polos visitantes.

GOLES: Min 7 (0-1), Noel. Min. 16 (0-2), Gustavo. Min. 18 (1-2), Gerardo. Min 22 (2-2), Héctor. Min. 32 (3-2), Gerardo. Min 37 (4-2), Cagi. Min. 39 (5-2), Lardín. Min. 40 (6-2), Cagi.

INCIDENCIAS: Cuarto partido de liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha asistencia duns 200 afeccionados.

esteo_0001

esteo_0002

esteo_0003

esteo_0004

esteo_0005

esteo_0006

esteo_0007

esteo_0008

esteo_0009

esteo_0010

esteo_0011

esteo_0012

esteo_0013

esteo_0014

esteo_0015

esteo_0016

esteo_0017

esteo_0018

esteo_0019

esteo_0020

esteo_0021

esteo_0022

esteo_0023

esteo_0024

esteo_0025

Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2014/15

O Bar Xardín lidera en solitario a clasificación despois de disputarse a cuarta xornada

RESULTADOS 4ª XORNADA 1/2 – Novembro – 2014

Electricidad J&C – Bar Xardín (2-3) Miguel e Manolo / Felipe Mieres (2) e Lozano
A Cepa – MMYPEM (3-2) Fernández (2) e Alberto / Riveira e Franquito
Galiorent – As Pontes 74 (2-2) Paco e Tomás / Anselmo e Vila
M. Eume – Farmavida (4-1) Cendán (2), Iván Ferreiro e Villa / Javi Franco
Descansou: La Galaxia

CLASIFICACIÓN

1º BAR XARDÍN – 10 PUNTOS
2º MOBLES EUME – 9 PUNTOS
3º LA GALAXIA – 7 PUNTOS
4º A CEPA – 7 PUNTOS
5º FARMAVIDA – 3 PUNTOS
6º AS PONTES 74 – 3 PUNTOS
7º ELECTRICIDAD J&O – 2 PUNTOS
8º GALIORENT – 2 PUNTOS
9º MMYPEM – 0 PUNTOS

GOLEADORES

IVÁN FERREIRO (M. Eume) 4
CENDÁN (M. Eume) 3
FELIPE MIERES (B. Xardín) 3
FERNÁNDEZ (A Cepa) 3
JAVI FRANCO (Farmavida) 3
SITO (La Galaxia) 3

6ª XORNADA 8/9 – Novembro – 2014

Farmavida – Electricidad J&C (Sáb. 8, 20,00h)
As Pontes 74 – La Galaxia (Dom. 9, 10,00h)
A Cepa – M. Eume (Dom. 9, 11,00h)
MMYPEM – Galiorent (Dom. 9, 12,00h)
Descansa: Bar Xardín

veteranos_0001

veteranos_0002

veteranos_0003

veteranos_0004

veteranos_0005

veteranos_0006

veteranos_0007

veteranos_0008

veteranos_0009

veteranos_0010

veteranos_0011

veteranos_0012

veteranos_0013

veteranos_0014

veteranos_0015

veteranos_0016

veteranos_0017

veteranos_0018

veteranos_0019

veteranos_0020

veteranos_0021

Nova cortesía A.F.

Esta entrada foi publicada en Deportistas destacados/as ponteses/as, Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s