CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 3 CD CHOCO O

 

Ó fin resucitou o As Pontes, algo que celebran os afeccionados de O Poboado.

Chegaba coa etiqueta de líder o Choco, pero o As Pontes quixo comezar mandando e así Sergio Arias tivo unha moi clara que sacou Cortegoso co corpo (3´). O mesmo xogador volveu a tela tras un bo pase en profundidade de Dani e un bo desmarque seu prantase ante o porteiro visitante, pero o seu tiro cruzado marchase lamendo o poste (23´). Avisou o Choco con unha contra perigosa que salvou Rochela (32´), anque Javi un pouco despois confiouse, o que aproveitou Hugo para meter a punteira e desviar Adrián cunha man salvadora (35´). Pero o equipo que merecía o gol era o local e, despois dun zapatazo de Dani perto do escuadro (41´), un centro dende banda dereita de Iván cabeceao Chicho ó poste (42´), e así se chegou ó descanso.

Trala reanudación o As Pontes quixo seguir ó mando do encontro e foi tras un bo pase de Chicho que Pablo Domínguez chegando por banda esquerda marcou o 1-0 de forte zapatazo (52´). Noutra galopada por banda do mesmo xogador, o seu disparo desviao a córner Cortegoso (72´).

Apretaron os de Redondela nos últimos minutos, con varios córners, a destacar unha indecisión de Adrián Laureda que salva Aitor baixo paus (75´).

Pero hoxe o As Pontes merecía gañar e tras un córner e un rexeite da defensa empala Iván González dende fora da área e o porteiro non acerta a deter o balón (85´). O mesmo xogador é obxeto dun claro penalti por derribo do meta, que transforma o Rooney de Portomarín no 3-0 definitivo.

Colle algo de aire o As Pontes que alonxa nun punto ó descenso, sumando dous triunfos seguidos que lle permiten afrontar con algo máis de garantías os complicados seguintes compromisos ante Bouzas, Ordes, Alondras, Cerceda e Pontevedra.

3 CD AS PONTES. Adrián, Rochela, Nano (Alex 89´), Chote, Aitor, Dani, Iván, Bossa, Arias, Chicho (Hugo 63´), Domínguez (Santi 74´).
0 CD CHOCO. Cortegoso, Iago, Saúl, Lucas (Cris 18´), Carminatti, Molinos, Pablo (Gonza 71´), Xose, Comis, Hugo, Albert (Aitor 62´).
Goles: 1-0, Pablo Domínguez (52´). 2-0, Iván González (85´). 3-0, Sergio Arias, de penalti (88´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, en tarde noite chuviosa, con 200 espectadores nas gradas, entre eles, Manolo García, Germán Amil, e o campión de Liga tailandesa Rochela.
Árbitro: Bruno Méndez Castro. Auxiliado nas bandas por Taboada Dafonte e Soto Eiroa. Amonestou a Bossa, Nano, Cortegoso e Cris.

aspontes-choco_0001

aspontes-choco_0002

aspontes-choco_0003

aspontes-choco_0004

aspontes-choco_0005

aspontes-choco_0006

aspontes-choco_0007

aspontes-choco_0008

aspontes-choco_0009

aspontes-choco_0010

aspontes-choco_0011

aspontes-choco_0012

aspontes-choco_0013

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 7-8-9 NOVEMBRO 2014

 

O As Pontes parece que espertou e logo de cinco xornadas sen perder, as dúas últimas con claras vitorias sobre os primeiros clasificados, está fóra dos postos de descenso

TERCEIRA DIVISIÓN
CD As Pontes – CD Choco (3-0)

Vitoria merecida do As Pontes sobre o ata onte líder, Choco, por un claro 3-0. Os ponteses saen dos postos de descenso por un punto, e o máis importante, seis goles en dous partidos, cando nos dez primeiros só marcara outros seis. Compre seguir na mesma liña pois agora afróntase o tramo máis difícil da tempada ante cinco equipos que están na zona alta da clasificación, como son Rápido de Bouzas, Ordes, Alondras, Cerceda e Pontevedra, para rematar a primeira volta ante Bergantiños e Ribadeo, dous equipos que ascenderon este ano, pero que o están a facer moi ben, sobre todo os da Mariña de Lugo. De momento, visita ó Baltasar Pujales o vindeiro domingo, contra o Rápido de Bouzas, sétimo con 19 puntos, e que vén de perder (1-2) esta xornada en Vigo co Ordes.

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – Narahío UD (3-2)

Sufriu o segundo equipo para gañar ó Narahío (3-2), pero segue liderando a táboa con 25 puntos, e segundo agora é o Miño, que venceu 0-7 en Cerdido, con 23. A semana que vén xogan contra o Estrella, décimo terceiro, recibindo dentro de dúas semanas ó Perlío, que se sitúa terceiro con 21 puntos tras perder 2-1 co San Mateo. Xogaron Krikry, Esteban (Lucho 60´), Rubén, Totti, Ross, Juan, Criado, Toni (Carlos 25´), Marcos (Darío 80´), Samuel e Javi. Adiantouse por tres veces o equipo azul por medio de Ross, Criado e Samuel.

segunda_0001

segunda_0002

segunda_0003

segunda_0004

segunda_0005

segunda_0006

segunda_0007

segunda_0008

segunda_0009

segunda_0010

segunda_0011

segunda_0012

COPA XUVENIL COMARCAL
Meirás CF – CD As Pontes (2-4)

Xenial o Xuvenil que venceu 2-4 en Valdoviño ó Meirás, e xunto a sorprendente derrota do Eume na casa ante o Cedeira (0-2), ten moitas posibilidades de entrar nas semifinais. As Pontes e Meirás teñen 21 puntos e Eume Deportivo 20. Xa sen opción, Numancia (17), Miño (16) e Perlío (15). Na derradeira xornada o As Pontes recibe ó Cultural Maniños, penúltimo clasificado con 4 puntos. Necesitan a vitoria para asegurar a clasificación e o primeiro posto. Do outro grupo pasan Portuarios, primeiro, e Narón BP, segundo, cos mesmos puntos que o EF Ensanche.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
Mandiá CF – CD As Pontes (4-0)

O equipo feminino perdeu 4-0 ante o líder Mandiá. Novenas, con nove puntos, reciben ó Galicia de Caranza, que ten os mesmos puntos. Xogaron Malena, Andrea Pita, Nuria, Uxía, Yara, Paula Castro, Noelia Ameneiro, Paula Baamonde, Noelia Santalla, Xeila e Alba.

COPA CADETE COMARCAL
CD As Pontes-SDC Galicia Mugardos (7-0)

Moi ben o equipo cadete, que venceu 7-0 ó Galicia de Mugardos e selou a súa presenza en semifinais como primeiro de grupo. O Portuarios venceu 1-3 en Perlío e pasa como segundo. No outro grupo aínda queda unha xornada, pero pasarán como primeiro Racing de Ferrol B, e de segundo, o Galicia de Caranza B.

LIGA INFANTIL COMARCAL
SD R. Neda – CD As Pontes (1-3)

Venceu o Infantil, que gañou por 1-3 en Neda e escala á terceira praza con 4 puntos, por detrás de San Pedro e Racing de Ferrol B. A vindeira semana recibe ó Narón BP.

LIGA ALEVÍN
CD As Pontes – CD As Pontes (9-0)

O Alevín A venceu (9-0) ó Alevín B, o que os sitúa sextos con 14 puntos e undécimos sen puntuar, respectivamente, a falta da derradeira xornada na que o conxunto A visita ó Galicia de Caranza A, oitavo, e o cadro B recibe ó Galicia de Caranza B, líder.

LIGA BENXAMÍN
SD R. Neda – CD As Pontes (4-2)
CD As Pontes B – AD Miño (5-3)

No duelo de equipos con pleno de puntos, perdeu o Benxamín A en Neda por 4-2 co que se sitúa segundo con 21 puntos, a tres do líder. Na derradeira xornada necesitan gañar ó Ánimas, cuarto e con posibilidades, ou un favor do Rápido de Neda en Mugardos, terceiro, para asegurar o pase ó Grupo A. Xenial o Benxamín B, que logrou o seu segundo triunfo da tempada ó vencer 5-3 ó Miño. Oitavo con seis puntos, visitan ó San Pedro, que é sexto.

benxamin_0001

benxamin_0002

benxamin_0003

benxamin_0004

benxamin_0005

benxamin_0006

benxamin_0007

benxamin_0008

benxamin_0009

benxamin_0010

benxamin_0011

benxamin_0012

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes-R. Ferrol B (1-2)
R.Ferrol C-CD As Pontes B (5-2)

O Prebenxamín A perdeu 1-2 ante o R. Ferrol B. Seguen cuartos con 21 puntos, e necesitan gañar na derradeira xornada ó Freixo en Narón –sexto- para meterse no Grupo A. Por desgraza, o R. Ferrol C logrou os seus tres primeiros puntos da tempada, a costa do Prebenxamín B (5-2) co que os azuis seguen décimos con 4 puntos, antes de recibir ó San Pedro, que é terceiro.

prebenxamin_0001

prebenxamin_0002

prebenxamin_0003

prebenxamin_0004

prebenxamin_0005

prebenxamin_0006

prebenxamin_0007

prebenxamin_0008

prebenxamin_0009

prebenxamin_0010

prebenxamin_0011

prebenxamin_0012

prebenxamin_0013

prebenxamin_0014

prebenxamin_0015

prebenxamin_0016

prebenxamin_0017

Nova de X.A. Ferreiro e AF

ENRIQUE FORNOS EN ABEGONDO

O futbolista pontés Enrique Fornos Domínguez ven de ser convocado pra un novo partido de adestramento da selección galega sub18

O encontro xogarase este mércores 19 no Mundo do Fútbol en Abegondo, e a selección sub18 xogara contra o Deportivo de A Coruña de División de Honra Xuvenil, o actual líder da categoría.

Acuden os internacionais Enrique, Brais e Iván. Tamén vai Aitor do Racing de Ferrol e Arturo do Viveiro. Na su16, que xoga contra o Deportivo Xuvenil de Liga Nacional acuden Javier Sanmartín e Antón Quindimil do Racing de Ferrol.

Os 20 convocados son:

RC Celta de Vigo: Brais Méndez, Iván Villar, Pape Diop, Diego Allende, Alex Ubeira
RC Deportivo de A Coruña: Hugo Díaz, Enrique Fornos, Álvaro Naveira
Pontevedra CF: Jose Filgueira, Iago Martínez, Ignacio Villanueva
Pavillón Ourense: Martín Torres, Alberto Novoa
ED Val Miñor: Roberto Doncel, Eduardo Otero
Coruxo FC: Ángel Expósito, Francisco Monroy
RC Ferrol: Aitor Pascual
Porriño Industrial: Ricardo Calviño
Viveiro CF: Arturo Calvo

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: NOIA F.S. – O ESTEO AS PONTES F.S. (6-3)

 

Comezaron adiantándose os locais por medio de Aramburu, pero pronto empataba Bolly. Os de Noia poñían terra de por medio con dous tantos en minuto e medio, pero oito segundos antes de chegar ó descanso Cagi recurtaba distancias, 3-2.

No segundo tempo, o mesmo guión, volvía a marcar Aramburu e desta vez Pelu voltaba a achegar ós ponteses no marcador, 4-3.

Os verdes puxeron en apretos ós locais, e incluso reclamaron unha expulsión, pero nos derradeiros minutos os locais, menos cansos pola súa maior rotación de banquillo, conseguiron dous goles por medio de Ossorio, un deles co porteiro-xogador, o que sentenciou o encontro para os da casa.

Queda o Esteo oitavo con 5 puntos, e a semana que ven recibe ó Guardo; equipo contra o que debutou nesta Segunda División B o ano pasado; que está noveno cos mesmos puntos que os ponteses e ó que hai que tentar gañar para alonxar aínda máis ó colista e descendido momentaneamente Ventorrillo.

FICHA DO PARTIDO

NOIA FS: Carlos, Quique, Aramburu, Alex, Diego Pernas –cinco inicial- Christian, Marquitos, Ossorio, Pepe, Oscarín, Ricardo e Brais.

O ESTEO FS: Javichu, Púas, Gerardo, Héctor, Cagi –cinco inicial- Lardín, Fran e Pelu.

ÁRBITROS: Eduardo Corral, Pablo Fernández e Lucía Darriba (Lugo). Amoestaron a Alex, Ossorio, Héctor, Cagi, Lardín e Pelu.

GOLES: Min 3 (1-0), Aramburu. Min. 6 (1-1), Bolly. Min. 9 (2-1), Pepe. Min 11 (3-1), Quique. Min. 20 (3-2), Cagi. Min 24 (4-2), Aramburu. Min. 29 (4-3), Pelu. Min. 33 (5-3), Ossorio. Min. 34 (6-3), Ossorio.

INCIDENCIAS: Quinto partido de liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado este sábado no pavillón municipal de Noia, que rexistrou unha asistencia duns 200 espectadores.

Nova cortesía de A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2014/15

O Mobles Eume é o novo líder despois de disputarse a quinta xornada con dous puntos máis que Bar Xardín, que descansou nesta xornada, na que hai que salientar o primeiro punto acadado por MMYPEM

RESULTADOS 5ª XORNADA
8/9 – Novembro – 2014

Farmavida – Electricidad J&C (2-1) Juanjo e Raúl / Miguel
As Pontes 74 – La Galaxia (1-1) Julio / Juan
A Cepa – M. Eume (1-3) Ramón / Iván Ferreiro e Cendán (2)
MMYPEM – Galiorent (0-0)
Descansou: Bar Xardín

CLASIFICACIÓN

1º MOBLES EUME – 12 PUNTOS
2º BAR XARDÍN – 10 PUNTOS
3º LA GALAXIA – 8 PUNTOS
4º A CEPA – 7 PUNTOS
5º FARMAVIDA – 6 PUNTOS
6º AS PONTES 74 – 4 PUNTOS
7º GALIORIENT – 3 PUNTOS
8º ELECTRICIDAD J&O – 2 PUNTOS
9º MMYPEM – 1 PUNTOS

GOLEADORES

IVÁN FERREIRO (M. Eume) 5
CENDÁN (M. Eume) 5
FELIPE MIERES (Bar Xardín) 3
FERNÁNDEZ (A Cepa) 3
JAVI FRANCO (Farmavida) 3
SITO (La Galaxia) 3
JUANJO (Farmavida) 3
MIGUEL (Electricidad J&O) 3

6ª XORNADA
15/16 – Novembro – 2014

MMYPEM – M. Eume (Sáb. 15, 20,00h)
La Galaxia – Bar Xardín (Dom. 16, 10,00h)
Farmavida – As Pontes 74 (Dom. 16, 11,00h)
Galiorent – A Cepa (Dom. 16, 12,00h)
Descansa: Electricidad J&O

veteranos_0001

veteranos_0002

veteranos_0003

veteranos_0004

veteranos_0005

veteranos_0006

veteranos_0007

veteranos_0008

veteranos_0009

veteranos_0010

veteranos_0011

veteranos_0012

veteranos_0013

veteranos_0014

veteranos_0015

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: