CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 – ORDES SD 1

Pasan as xornadas e o As Pontes segue sen despegar, aumentando a preocupación do público local.

Comezou máis metido no encontro o cadro visitante, e un disparo de Alex Blanco dende uns 30 metros acabase colando por enriba de Adrián, que puido facer máis (6´). Comezou algo descolocado o equipo azul pois xa antes marcara Abelenda (2´), por fortuna en fóra de xogo.

Como de costume houbo que ir a remolque, e non foi por ocasións para os locais, así Iván queda so e o seu disparo salvao Mario cos pés (29´), tres córner seguidos, un directo de Bossa, que desvía in extremis Mario (34´), e dous cabeceados por Iván (36´) e Dani (38´), que salva o meta visitante, sobre a misma liña o primeiro. Outra vez queda Dani so e o seu forte disparo vai a mans do cancerbeiro (45´).

O segundo tempo transcorría polos mesmos derroteiros, o As Pontes a polo gol, con máis corazón que cabeza, e o Ordes replegado buscando arañar algún punto, aínda así outra contra ordense que volveu a pillar desprevenido ó cadro local con remate final de Blanco salvaa Adrián cunha gran parada (49´).
Pero os azuis seguían apretando e así tras un perfecto saque de falta do mago Bossa cabecea hacia atrás o menudo gran xogador naronés Nano, facendo as táboas (71´).

Outro forte disparo lateral de Iván desvíao Mario (85´), contra con disparo lonxano de Julián preto do escuadro (88´), e incluso a tivo Santi xa nas postrimerías, un balón morto que lle cae que nin pintado e volve a salvar o meta visitante (91´) que se convirtiu no héroe do encontro polas súas intervencións e as imprecisións locais.

Crece nos afeccionados o desexo de que haxa catro equipos con menos puntos e que se salve o Somozas. Recibe o As Pontes ó Alondras o próximo domingo e necesita gañar si o si, ó estar so un punto por riba do descenso e pensando que na segunda volta serán dúas visitas seguidas.

1 CD AS PONTES. Adrián, Rochela, Nano, Chote (Javi 77´), Aitor, Dani, Iván, Bossa, Arias, Alex (Santi 62´), Domínguez.
1 ORDES SD. Mario, Rendo, Caamaño, David, Abelenda (Álvaro 81´), Soñora (Cabrejo 46´), Juanpa, Julián, Alex (Nacho 71´), Ángel, Souto.
Goles: 0-1, Alex Blanco (6´). 1-1, Nano (71´).
Árbitro: Uxío Caamaño Vázquez (Vigo). Auxiliado nas bandas por Álvarez Domínguez e Mosquera Doce. Amoestou a Aitor, Dani e Iván polos locais e Mario, David, Abelenda e Souto polos visitantes.
Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en tarde chuviosa por momentos.

aspontes-ordes_0002

aspontes-ordes_0003

aspontes-ordes_0004

aspontes-ordes_0005

aspontes-ordes_0006

aspontes-ordes_0007

aspontes-ordes_0008

aspontes-ordes_0009

aspontes-ordes_0010

aspontes-ordes_0011

aspontes-ordes_0012

aspontes-ordes_0013

aspontes-ordes_0014

aspontes-ordes_0015

aspontes-ordes_0016

aspontes-ordes_0017

aspontes-ordes_0018

aspontes-ordes_0019

aspontes-ordes_0020

aspontes-ordes_0021

aspontes-ordes_0022

aspontes-ordes_0023

aspontes-ordes_0024

aspontes-ordes_0025

aspontes-ordes_0026

aspontes-ordes_0027

aspontes-ordes_0028

aspontes-ordes_0029

aspontes-ordes_0030

aspontes-ordes_0031

aspontes-ordes_0032

aspontes-ordes_0033

aspontes-ordes_0034

aspontes-ordes_0035

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 21-22-23 NOVEMBRO 2014

 

Xornada na que o As Pontes no pasou do empate a un gol no Poboado ante o Ordes, a pesar de dominar máis e contar con moitas e claras ocasións de gol. Os ponteses continúan na 14º posición empatado a 16 puntos co Barbadás, dous por riba do descenso directo. A vindeira xornada, outra vez no Poboado, terá que acadar os tres puntos ante o Alondras, se non quere complicar a súa situación na clasificación. Os equipos de categoría alevín e benxamín comezan a liga o vindeiro 6 de decembro.

SEGUNDA AUTONÓMICA
CCRD Perlío – CD As Pontes B (2-2)

Empatou o segundo equipo ante o Perlío no campo dos Pinares (2-2), co que comparte o liderato a 29 puntos co Miño, que venceu 1-3 na Capela. Galicia de Caranza e Perlío quedan con 25. A semana que vén visitan ó Mandiá, sétimo con 16 puntos. Unha mágoa porque cederon dous puntos no último minuto. Adiantouse con goles de Fernando e Marcos Novo, pero Álvaro acurtaba distancias antes do descanso. O mesmo xogador, xa co tempo cumprido, poñía o empate no marcador. Xogaron polo As Pontes B: Rafita, Esteban, Rubén, Totti, Ross, Juan, Criado, Carlos, Novo, Samuel e Nando, saíndo no segundo tempo Adán, Lucho e Darío.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
EF Ensanche – CD As Pontes (1-1)

Non comezou ben a liga o equipo xuvenil, que empatou na súa visita ó Ensanche (1-1), un complicado rival que estivo a un paso de meterse nas semifinais de copa e das que quedou fóra polo goal average co Narón BP. Adiantáronse os ponteses no minuto 24 por obra de Casas, pero igualaron o encontro os ferroláns ós tres minutos do segundo tempo. A vindeira semana reciben no Poboado ó Eume Deportivo.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
R. Ferrol – CD As Pontes (0-1)

Impresionante e sorprendente triunfo (0-1) do equipo feminino ante o todopoderoso e imbatido Racing de Ferrol. Xogaron polo As Pontes: Malena, Noelia Santalla, Uxía, Nuria, Nato, Paula Baamonde, Paula Castro (1), Carlota, Alba, Xeila, Indira e Yara. O equipo pontés é noveno con 13 puntos. Reciben a vindeira fin de semana ó Santa Mariña, que está dous puntos por riba. Non foi a única sorpresa da xornada, pois o Maniños venceu ó ata de agora intratable líder Mandiá por un claro 1-4.

1ª AUTONÓMICA CADETE
CD As Pontes- Galicia de Caranza B (5-0)

Comezou con moi bo pe o equipo cadete ó vencer 5-0 ó Galicia de Caranza B, equipo co que xogará nas semifinais de copa de cara ó final de tempada. Jandro anotou tres goles e Sergio Otero dous. A vindeira semana visita ó Ortigueira.

cadete_0001

cadete_0002

cadete_0003

cadete_0004

cadete_0005

cadete_0006

cadete_0007

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
SRD Ánimas – CD As Pontes (3-0)

Dura derrota do cadro infantil, que perdeu 3-0 en Ferrol ante o Ánimas, o que o alonga da loita pola título de liga. Así, R. Ferrol B e San Pedro lideran con 12 puntos, e na cuarta praza marchan os azuis con 7. Reciben na seguinte xornada ó Cedeira, que é décimo con tres puntos.

LIGA PREBENXAMÍN
R. Ferrol B – CD As Pontes (7-6)
CD As Pontes B – O Freixo Narón B (10-0)

O prebenxamín A comezou a segunda fase no Grupo A con derrota ante o R. Ferrol B (7-6) nun vibrante partido que se decidiu nos minutos finais. A vindeira xornada recibe ó Galicia de Mugardos. O prebenxamín B venceu, na súa estrea no grupo C, por un contundente 10-0 ó Narón O Freixo B. Lidera a clasificación á espera de visitar ó Cultural Maniños. Marcaron polos de Javi, Diego Ortigosa (3, foto), Nico (2), Paulo (2) e Xoel, Xalo e Bea (foto).

inicio

prebenxamin_0001

prebenxamin_0002

prebenxamin_0003

prebenxamin_0004

prebenxamin_0005

prebenxamin_0006

prebenxamin_0007

prebenxamin_0008

prebenxamin_0009

prebenxamin_0010

prebenxamin_0011

prebenxamin_0012

prebenxamin_0013

prebenxamin_0014

prebenxamin_0015

prebenxamin_0016

prebenxamin_0017

prebenxamin_0018

prebenxamin_0019

prebenxamin_0020

prebenxamin_0021

prebenxamin_0022

prebenxamin_0023

prebenxamin_0024

prebenxamin_0025

prebenxamin_0026

prebenxamin_0027

prebenxamin_0028

Nova cortesía de X.A. Ferreiro e AF

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: CLUB MOSTEIRO DE BEMBRIVE F.S. – O ESTEO AS PONTES F.S. – (9-1)

 

Severo correctivo o que recibiu o Esteo na súa visita á parroquia viguesa de Bembrive, ante o cuarto clasificado.

O equipo local é un dos fortes da categoría, non en van, hai apenas 20 días xogou nos oitavos de final da Copa do Rei contra o FC Barcelona, Campión de Europa, nas Travesas, co que perdeu 2-12.

Doblete de Mariokele e Morgade, e un tanto para Mario, Jhony Fabián, Carlos Cora e o porteiro Kuka para o conxunto olívico, mentres que Bruno Cagiao anotou o gol da honra para os ponteses.

O Esteo é cuarto pola cola con seis puntos, por cinco de Albense, dous de Leis e un de Ventorillo, que agora sería o equipo descendido, e que sumou o seu primeiro empate esta fin de semana ante o Cuéllar Cojalba (2-2).

Nada menos que o líder Universidade de Valladolid visita o Pavillón Municipal da Fraga a vindeira semana, equipo ante o que o Esteo debe facer gala da súa condición de locatario para tentar de seguir sumando e afastarse o máximo posible do último posto.

FICHA DO PARTIDO

BEMBRIVE FS: Kuka, Mario, Mariokele, Ges, Jacobo –cinco inicial- Cora, Jhony, Eloy, Bruno, Morgade, Fabián e Nene.

O ESTEO FS: Iván, Cagi, Bolly, Fran, Gerardo–cinco inicial- Lardín, Pelu, Púas e Héctor.

ÁRBITROS: Jose Luis Rey, Jose Ángel Vilas e María Jesús Mayo (Santiago). Amoestaron a Héctor, Cagi e Nene.

GOLES: Min 3 (1-0), Mario. Min. 6 (2-0), Morgade. Min. 13 (3-0), Jhony. Min 22 (3-1), Cagi. Min. 22 (4-1), Mariokele. Min 23 (5-1), Mariokele. Min. 31 (6-1), Morgade. Min. 32 (7-1), Kuka. Min. 35 (8-1), Cora. Min. 38 (9-1), Fabián.

INCIDENCIAS: Sétimo encontro de Liga do grupo primeiro da Segunda División B desputado este sábado no pavillón da parroquia de Bembrive.

Nova cortesía de A.F.

2ª TERRITORIAL GALEGA DE RUGBI: FENDETESTAS RC 13 – BIERZO RC 13

Os ponteses marchan segundos na clasificación.

Cun empate a 13 solventouse o encontro desputado este sábado entre o Fendetestas e o equipo do Bierzo.

O cadro pontés conta con tres vitorias no que vai de Liga, Ourense (13-5), Zalaeta Arteixo (34-39), CRAT A Coruña B (7-24), e unha derrota, ante o líder Lalín (12-22).

Lidera Coreti Lalín con 22 puntos, por 16 do Fendetestas, segundo. A continuación, Keltia Ourense 14, Bierzo 13, Zalaeta 11, CRAT B 5, e pecha a clasificación Santiago cun punto.

Rematan a primeira volta en Santiago e comezan a segunda en Ourense, e logo a competición reanudarase en 2015.

rugbi_0002

rugbi_0003

rugbi_0004

Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF. Fotos de arquivo.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2014/15

 

O Mobles Eume continúa de líder en solitario, con 18 puntos, despois de disputarse a sétima xornada, na que os mobleiros venceron con apuros a Galiorient. Tamén gañaron pola mínima La Galaxia e A Cepa, mentres que a goleada da xornada correspondeu a Bar Xardín, segundo na clasificación.

RESULTADOS 7ª XORNADA
22/23 – Novembro – 2014

La Galaxia – Electricidad J&C (1-0) Oscarín
Bar Xardín – MMYPEM (4-0) Cabanela, Javi, Felipe Mieres e Jorge
M. Eume – Galiorient (2-1) Cendán (2), Carballo e Cupeiro / Julio
A Cepa – As Pontes 74 (1-0) Ramón
Descansou: Farmavida

CLASIFICACIÓN

1º MOBLES EUME – 18 PUNTOS
2º BAR XARDÍN – 16 PUNTOS
3º LA GALAXIA – 11 PUNTOS
4º A CEPA – 10 PUNTOS
5º AS PONTES 74 – 7 PUNTOS
6º FARMAVIDA – 6 PUNTOS
7º GALIORIENT – 6 PUNTOS
8º ELECTRICIDAD J&O – 2 PUNTOS
9º MMYPEM – 1 PUNTOS

GOLEADORES

IVÁN FERREIRO (M. Eume) – 7
CENDÁN (M. Eume) – 7
FELIPE MIERES (Bar Xardín) – 4
FERNÁNDEZ (A Cepa) – 4
PACO (Galiorient) – 4
SITO (La Galaxia) – 3
JUANJO (Farmavida) – 3
MIGUEL (Electricidad J&O) – 3

8ª XORNADA – 29/30 – Novembro – 2014

Electricidad J&O – Galiorient (Sáb. 29, 20,00h)
M. Eume – Bar Xardín (Dom. 30, 10,00h)
Farmavida – La Galaxia (Dom. 30, 11,00h)
As Pontes 74 – MMYPEM (Dom. 30, 12,00h)
Descansa: Electricidad J&O

veteranos_0002

veteranos_0003

veteranos_0004

veteranos_0005

veteranos_0006

veteranos_0007

veteranos_0008

veteranos_0009

veteranos_0010

veteranos_0011

veteranos_0012

veteranos_0013

veteranos_0014

veteranos_0015

veteranos_0016

veteranos_0017

veteranos_0018

veteranos_0019

veteranos_0020

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: