CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN (17ª XORNADA): CD AS PONTES – PONTEVEDRA CF (0-2)

Tralo varapau en Cerceda (4-1) e a clara derrota de hoxe ante o Pontevedra (0-2), son dúas xornadas consecutivas sen sumar que sitúan ó As Pontes en situación moi comprometida.

Comezou o cadro de Iván Rodríguez cunha gran ocasión de Pablo Domínguez que tira desviado preto do escuadro (1´). A continuación responde Mouriño con parada de Adrián, e Pedro, que, dende fora da área, manda o balón ó longueiro (3´). Tras unha boa xogada con forte disparo de Arias que se pasea pola área (11´), seguen tres boas intervencións de Adrián, tirazo de Anxo (18´) dende o borde da área que desvía a córner, paradón ó ex racinguista Jorge Rodríguez que queda so (35´), e outra boa intervención ante Tubo, que recibe un pase maxistral de Carnero (41´).

De pouco lle serviu ó gardameta coruñés, pois na continuación saca unha falta sen perigo Anxo, case dende o medio campo, bota o balón na área, pasa por riba de Laureda e acaba no fondo das mallas (49´). Tras sacar de centro tívoa Domínguez, improvisado atacante dun As Pontes en cadro, pero o seu forte zapatazo marchou por riba do longueiro (50´). Tentouno o equipo azul con máis corazón que cabeza, ata que o mago das xogadas a balón parado, Mouriño, marcou polo escuadro e pechou o partido (84´).

A pesar de que as sensacións non foron boas nestes dous últimos encontros, sobre todo en Cerceda -quizais serían dúas derrotas asumibles- de non perder dous puntos en Bertamiráns ou ante un Silva con dez, entre outras cousas, así non queda outra ó As Pontes que arrimar o ombreiro e tentar gañar en Carballo o vindeiro sábado, ou cando menos empatar, se non quere acabar o 2014 en postos de descenso.

FICHA DO PARTIDO

CD AS PONTES (0): Adrián, Rochela, Hugo, Chote (Fidi 66´), Aitor, Nano, Iván (Chicho 45´), Bossa, Arias, Dani, Domínguez (Alex 80´).

PONTEVEDRA CF (2): Edu, Adrián, Anxo, Campillo, Pablo, Kevin, Tubo (Centrón 68´), Pedro, Carnero, Mouriño (Benja 90´), Jorge (Jacobo 83´).

GOLES: 0-1, Anxo (min. 49); 0-2, Mouriño (min. 84).

ÁRBITRO: Joaquín Ventoso Noal, auxiliado por Zas Varela e Mirazo Insua. Amoestou a Rochela, Chote, Fidi, Nano, Anxo, Pablo e Pedro.

CAMPO E INCIDENCIAS: Campo do Poboado. Uns 200 espectadores en tarde-noite moi fría, con presenza duns poucos afeccionados pontevedreses. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento o pasado mércores do ex xogador do Endesa As Pontes, Jose Manuel Prieto Chao.

futbol_0002

futbol_0003

futbol_0004

futbol_0005

futbol_0006

futbol_0008

futbol_0009

futbol_0010

futbol_0011

futbol_0012

futbol_0013

futbol_0014

As Pontes-Pontevedra 13-12-2014 3ª Div 105

Nova de Xosé A. Ferreiro e AF

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 12-13-14 DECEMBRO 2014

Gran preocupación na afección pontesa pola situación do seu equipo no presente campionato de liga na Terceira División. Semellan sete equipos que loitarán por dúas prazas de salvación (14º e 15º), tendo en conta os catro descensos directos e un posible por arrastre da Segunda B. Así Silva, conta con 20 puntos, As Pontes e Barbadás, con 19; Boiro, 16; Laracha, 13; Cultural Areas, 12, e Bertamiráns, con 5. Duro traballo para o As Pontes, que aínda lle resta unha final antes de que remate o ano. Será o vindeiro sábado, en Carballo, ante o Bergantiños.

SEGUNDA AUTONÓMICA
Gª CARANZA – CD As Pontes B (2-1)

Gañou o Caranza ó segundo equipo azul (2-1), e o maior vencedor da xornada foi o Miño, que puxo terra de por medio de cara a conquistar o título de liga tras gañar ó Cariño por 5-1 e situarse con 38 puntos, por 32 de As Pontes e Galicia de Caranza. Xogaron Rafita, Criado, Rubén, Totti, Ross (1), Juan, Nando, Carlos, Marcos, Samuel e Brais, saíndo no segundo tempo Andrés, Esteban e Lucho. Precisamente o As Pontes verase ás caras co Miño na derradeira xornada da primeira volta.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
CD As Pontes – Meirás CF (2-1)

Primeira vitoria do equipo xuvenil ante o Meirás (2-1), que os sitúa sextos con 5 puntos a catro do líder Portuarios. Visitan ó Miño, que vai terceiro con 7 puntos. Xogaron: Ángel, Iago, Jorge, Caínzos, Alejandro, Alex Blanco, Nahúm, Brais, Antonio, Sergio e Andrés, saíndo no segundo tempo Martínez, Rey, Roberto e Óscar. Dobrete de Alejandro.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
CD As Pontes – Gª Mugardos (3-0)

O equipo feminino gañou por 3-0 ó Galicia de Mugardos e xa se sitúa sexto con 22 puntos, os mesmos que o Narón BP ó que visitarán para pechar a primeira volta. Xogaron polo As Pontes Malena, Andrea Pita, Nuria, Indira (1), Paula Baamonde, Paula Castro, Carlota, Noelia Ameneiro (1), Noelia Santalla, Uxía, Yara (1), Andrea Montero e Xeila.

1ª AUTONÓMICA CADETE
CD As Pontes – Meirás CF (4-2)

Tamén venceu ó Meirás (4-2) o cadro cadete, que vai terceiro con 7 puntos a cinco do líder racinguista. No seguinte encontro reciben ó Narón BP, que marcha quinto cun punto menos. Xogaron: Paulino, Fraga (Alex), Bruno (Carlos), Martín, Esteban, Ayrton, Alberte, Jorge (David), Jandro, Adrián e Dani (Manuel). Hat trick de Ayrton e un de Dani.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
CD As Pontes – EF Amistade Meirás (0-2)

Tropezou o equipo infantil que perdeu (0-2) co Amistade de Meirás, antes de visitar ó Val, antepenúltimo. Andrés (Juan), Alex, Antonio, Javier, Germán, Alejandro (Cillero), Xan (Xoel), Chema, Joan (Brais), Antón, Vicente (Jose) xogaron polo As Pontes neste partido que tivo que xogarse no campo dos Calzados, da Capela.

LIGA ALEVÍN
Narón BP Piñeiros – CD As Pontes (1-3)
CD As Pontes B – CCRD Perlío B (0-6)

O Alevín A gañou 1-3 ó Narón BP B e con seis puntos segue no liderato empatado con R. Ferrol B e Amistade de Meirás B. Goles de Alejandro, Hugo e Yadai. A vindeira xornada reciben ó Meirás. Segunda derrota do Alevín B que caeu 0-6 ante o Perlío B antes de visitar ó Cañoles, do Barqueiro, que tampouco suma ningún punto.

LIGA BENXAMÍN
R. Ferrol – CD As Pontes (5-4)
CD As Pontes B – Gª Caranza C (0-4)

O Benxamín A perdeu un disputado partido ante o R. Ferrol por 5-4, con tres goles de Alex Montero e un de Xandre. Reciben a vindeira xornada ó Narón O Freixo antes do parón de Nadal. O Benxamín B, pola súa banda, perdeu 0-4 ante o Caranza C. Na vindeira xornada visita ó EF Cabanas.

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes (Descansou)
SD Barallobre – CD As Pontes B (0-6)

O Prebenxamín A descansou e moi ben nesta xornada o Prebenxamín B que venceu (0-6) ó Barallobre e segue líder con doce puntos. Dobrete de Diego Ortigosa e Alexander, e un de Xoel e Nicolás. Descansa o B a vindeira xornada e o A recibe no Poboado ó Ánimas.

Nova de X.A. Ferreiro e AF

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: VENTORRILLO F.S. – O ESTEO AS PONTES F.S. (3-5)

Triunfo vital o obtido polo Esteo este sábado no seu desprazamento a Coruña no derradeiro encontro do 2014. A pesares do marcador non foi un encontro doado para os ponteses, e non se resolveu ata os últimos segundos.

Gran parte do seu futuro na categoría se xogaba o Esteo nesta xornada e ambos conxuntos prantexaron un duelo con moito respecto no que comezaron adiantándose os locais, Cagi e Púas poñían distancia de por medio e outra vez Matos, en xogada de estratexia, situaba as táboas no marcador antes de chegar ó descanso.

Kike adiantou ós coruñeses no comezo do segundo tempo e despois era Héctor o que situaba o empate 3-3. Non deixou de intentalo o Esteo e así Bolly a falta duns tres minutos poñía en vantaxe ós verdes.

Os locais tentaron igualar o marcador incluso xogaron con porteiro-xogador, pero foi Iván quen a falta de catro segundos para o remate, e dende a súa portería, establecía o definitivo 3-5.

Queda así o Esteo con dez puntos, afastando ós coruñeses -agora descendidos- en nove puntos, antes de comezar o 2015 o 10 de xaneiro recibindo no pavillón da Fraga no derbi zonal ó Cidade de Narón, equipo que ultimamente está cedendo terreo na loita polo título, con tres derrotas e dous empates.

FICHA DO PARTIDO

VENTORRILLO FS: David, Matos, Aitor (A), Deivi, Berto –cinco inicial- Chetis, Andrés, Kike, Borja e Juanjo.

O ESTEO FS: Iván, Héctor (A), Bolly (A), Cagi, Lardín (A) –cinco inicial- Gerardo (A), Púas, Fran e Tucho.

GOLES: Min 7 (1-0), Matos. Min. 11 (1-1), Cagi. Min. 15 (1-2), Púas. Min 17 (2-2), Matos. Min 24 (3-2), Kike. Min. 30 (3-3), Héctor. Min. 37 (3-4), Bolly. Min 40 (3-5), Iván.

INCIDENCIAS: Encontro da décima xornada de liga disputado este sábado no pavillón municipal de Ventorrillo (A Coruña) cuns 200 espectadores nas gradas.

RESULTADOS DOS EQUIPOS DE BASE

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA: ED VIGO 2015 – ESTEO FS (4-1)

CADETE: ESTEO FS – BEGONTE (5-6)

ALEVÍN: ESTEO FS – BEGONTE (7-2)

BENXAMÍN: ESTEO FS B – BEGONTE (4-1)

Nova de Xosé A. Ferreiro e AF

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: