CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 19-20-21 DECEMBRO 2014

A tódolos deportistas e ós que traballan polo deporte pontés os desexos dunhas boas festas e os mellores éxitos deportivos no vindeiro 2015

Boas festas deportivas

TERCEIRA DIVISIÓN
BERGANTIÑOS FC – CD As Pontes (2-2)

O As Pontes sacou un empate na súa visita a Carballo no duelo co Bergantiños (2-2) que poñía fin ó 2014. A pesar de adiantarse por dúas veces no marcador, tras senllos saques de falta do mago Bossa, ben rematados por Aitor e Chicho, este último co calcaño, os tantos foron replicados por Roberto Piñeiro, cun golazo tras regatear a tres azuis, e Iván Amor preto do descanso. Mal se lle poñían as cousas ós ponteses cando no comezo do segundo tempo era expulsado Hugo por dobre amoestación, e así os azuis tiveron que aguantar corenta minutos cun xogador menos conseguindo manter as táboas e salvando un punto.
Xogaron Adrián, Rochela, Hugo, Dani, Aitor (Chote 90´), Nano, Fidi (Alex 55´), Bossa, Sergio, Chicho (Criado 85´) e Pablo Domínguez. Segue nunha situación delicada o cadro de Iván Rodríguez, porque os rivais de arriba suman de tres en tres e vanse escapando. A cousa semella que serán sete equipos os que loitarán por dúas prazas de salvación, Silva 21, As Pontes 20, Barbadás 19, Boiro 17, Laracha 14, Areas 13 e Bertamiráns 5 puntos. Terá un encontro vital o As Pontes para comezar o ano recibindo no Poboado ó ascendido Ribadeo no remate da primeira volta.

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – AD Miño (1-1)

Bo empate do segundo equipo de Marco Roca ante o mellor equipo da categoría, o Miño, nun disputado encontro que acabou 1-1. Mediado o segundo tempo anotou o gran xogador, ex do Dorneda, Chequi, o home que estivo a piques de meter ó As Pontes no play off a tempada pasada, que consigue o seu decimo sexto tanto no que vai de curso. Pero xa co tempo cumprido gran centro de Marcos Novo que remata ó fondo da rede o lateral esquerdo Rubén no segundo pau. Resaltar un paradón de Krikry e un posible penalti a prol dos locais que acabou en fóra de xogo. Voltaron ó Poboado Alberto Fornos e Menéndez. Xogaron polo segundo equipo pontés Rafita (por lesión, Krikry 25´), Criado, Rubén, Totti, Ross, Juan, Lucho (Brais 55´), Carlos, Marcos, Nando e Casas (Jandro 75´). Miño 39, Caranza 35, As Pontes 33 e Perlío 31. O As Pontes comeza a segunda volta recibindo ó San Sadurniño, 11º con 15 puntos.

autonomica_0001

autonomica_0002

autonomica_0003

autonomica_0004

autonomica_0005

autonomica_0006

autonomica_0007

autonomica_0008

autonomica_0009

autonomica_0010

autonomica_0011

autonomica_0012

autonomica_0013

autonomica_0014

autonomica_0015

autonomica_0016

autonomica_0017

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
AD Miño – CD As Pontes (3-3)

Empate do xuvenil 3-3 en Miño. Despide o ano na sexta posición con 6 puntos, a catro do líder Narón BP. Retomarán recibindo ó Perlío, que ten os mesmos puntos que os ponteses. Xogaron Ángel, Caínzos, Jorge, Alex Blanco (1), Jandro (1), Moi, Nahúm, Iván, Brais, Miguel (1), Iago, saíndo no segundo tempo Sergio, Alberte, Martínez e Roberto. Adiantouse por dúas veces o cadro de Felipe Mieres, que veu como os locais empatábanlle no tempo engadido.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
Narón BP Piñeiros – CD As Pontes (0-1)

Moi ben o equipo feminino que rematou o ano con outra vitoria, a quinta consecutiva. Gañou por 0-1 ó Narón BP, co que se colocan sextas con 25 puntos, nunha liga cun interesante duelo pola primeira praza entre R. Ferrol (37), San Sadurniño (36) e Mandiá (34). Xogaron Malena Mieres, Nuria, Indira, Andrea Pita, A. Montero, Paula Castro (1), Carlota, Noelia Ameneiro, Alba, Xeila, Paula Baamonde, Uxía, Noelia Santalla e Yara. Retomarán a segunda volta visitando ó Rápido de Neda, noveno con 21 puntos.

1ª AUTONÓMICA CADETE
Narón BP Piñeiros – CD As Pontes (3-1)

Derrota do cadete (3-1) ante o Narón BP, o que o distancia dos primeiros postos, a pesar de que comezou adiantándose por medio de Jorge. No duelo entre os dous mellores, empataron dous goles Portuarios e Racing de Ferrol B, polo que os verdes seguen líderes con 13 puntos por 10 dos arlequinados, 9 de Narón e Galicia Caranza B e 7 dos ponteses que na seguinte xornada visitarán ó Perlío. Xogaron Malena, Manuel, David, Martín, Esteban, Ayrton, Josiño, Sergio, Jandro, Adrián, e Jorge saíndo no segundo tempo Bruno, Alberte, Carlos e Alex.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
SD O Val – CD As Pontes (1-5)

Vitoria do infantil, 1-5 no campo do Val, rematando o ano na cuarta praza con 16 puntos, por 24 de R. Ferrol B, 19 de Eume Deportivo e 18 de San Pedro, ó que recibirán para comezar o 2015. Xogaron Andrés, Andrea, Antonio Carballeira, Javier, Germán (1), Xan (1), Mateo (1), Chema, Vicente, Dani (2) e Jose, saíndo no segundo tempo Antonio Silven, Xavier, Santiago e Xoel.

LIGA ALEVÍN
CD As Pontes – Meirás CF (2-1)
Cañoles CF – CD As Pontes B (3-1)

Terceira vitoria consecutiva do Alevín A, 2-1 ó Meirás en partido xogado no campo dos Calzados da Capela. Remata o ano compartindo o liderato co Amistade de Meirás B, con 9 puntos no grupo C, e na cuarta xornada visitarán ó Rápido de Neda, que ten 3 puntos. Goles de Alejandro e un en propia meta. Non puido o Alevín B co Cañoles no Grupo D, que gañou o cadro do Barqueiro por 3-1 (gol pontés de Joao), equipo que logrou o primeiro triunfo do ano, xa que anteriormente só fora quen de conseguir un empate, así que os azuis rematan 2014 sen puntuar agardando poder facelo no 2015. Reciben no Poboado ó Barallobre.

LIGA BENXAMÍN
CD As Pontes – O Freixo Narón (2-0)
EF Cabanas – CD As Pontes B (4-0)

Moi bo primeiro triunfo do Benxamín A no Grupo A, onde gañou por 2-0 ó Narón O Freixo, con dobrete de Alex Montero, e cos seus tres primeiros puntos sitúase quinto antes de visitar ó líder do grupo, Narón BP. O Benxamín B perdeu 4-0 co EF Cabanas, no Grupo C, e tentarán sumar o seu primeiro punto na seguinte xornada na que reciben ó Meirás, cos dous equipos aínda sen puntuar.

benxamin_0001

benxamin_0002

benxamin_0003

benxamin_0004

benxamin_0005

benxamin_0006

benxamin_0007

benxamin_0008

benxamin_0009

benxamin_0010

benxamin_0011

benxamin_0012

benxamin_0013

benxamin_0014

benxamin_0015

benxamin_0016

benxamin_0017

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes – SDR Ánimas (5-5)
CD As Pontes B (Descansou)

Primeiro punto no Grupo A do Prebenxamín A que empatou (5-5) nun vibrante encontro diante do Ánimas, equipo que logrou o empate nos segundos finais. No vindeiro 2015 visitará ó líder, R. Ferrol. Dous goles de Destaw, e un de Adrián, Diego e Alex Leal. Descansou o Prebenxamín B, que segue líder do Grupo C empatado a doce puntos co Rápido de Neda B, que ten un encontro máis, e comezarán o 2015 recibindo ó Animas B, que ten 7 puntos.

prebenxamin_0001

prebenxamin_0002

prebenxamin_0003

prebenxamin_0004

prebenxamin_0005

prebenxamin_0006

prebenxamin_0007

prebenxamin_0008

prebenxamin_0009

prebenxamin_0010

prebenxamin_0011

prebenxamin_0012

prebenxamin_0013

prebenxamin_0014

prebenxamin_0015

prebenxamin_0016

prebenxamin_0017

prebenxamin_0018

Nova de X.A. Ferreiro e AF

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: