CD As Pontes Feminino

O FENDETESTAS CELEBRA O SEU 25º ANIVERSARIO

O equipo de Rugbi pontés Fendetestas celebrou este pasado sábado o seu 25º aniversario, pois ese mesmo día do ano 1989 comezou a colocar as súas primeiras pedras.

Un dos poucos equipos que conseguiu manterse todos estes anos, dende a súa fundación ata o día de hoxe, xunto ó CD As Pontes e o Grupo Xuvenil de Piraguismo.

Gañadores dunha Copa Deputación Alevín, e unha Copa Xunta Xuvenil, amén de xogar en Liga Estatal hai uns anos, entre outros logros, polo clube pasaron grandes xogadores, coma o internacional español, Pablo Enríquez Megino “Chucky” ou a propia Jacqueline Cruz Chayana, que estivo en concentracións da selección española, entre outros moitos.

Unha prolífica canteira que segue dando os seus froitos, non en van, a pontesa Cintia Arias, xogadora do clube vigués, foi convocada recentemente pola selección galega absoluta.

Nunha xornada de sábado para recordar vellos tempos desputáronse tres encontros. Dous eran de carácter amigable, ás 12h xogaron un combinado de “vellas glorias” que formaron parte do equipo pontés, e ás 18h, un grupo de “rugbiers” pontesas.

Entremedias e xa en competición oficial, ás 16h, o Fendetestas recibía ó Santiago en partido aprazado no seu día, equipo ó que venceu por un claro 31-0, con 5 ensaios e 3 transformacións, o que serviu ó equipo verde para escalar á segunda praza.

Líder indiscutible Coreti Lalín con 32 puntos, 21 para o Fendetestas, Keltia Ourense 19, Bierzo 18, Zalaeta de Arteixo 16, Crat A Coruña B 9, e pecha a táboa o equipo santiagués cun punto.

Xa entrada a noite celebrouse unha cea onde os máis dun centenar de asistentes puideron dar conta das vivencias acumuladas durante este cuarto de século.

¡FELICIDADES FENDETESTAS!

fendetestas_0002

fendetestas_0003

fendetestas_0004

fendetestas_0005

fendetestas_0006

fendetestas_0007

fendetestas_0008

fendetestas_0009

fendetestas_0010

fendetestas_0011

fendetestas_0012

fendetestas_0013

fendetestas_0014

fendetestas_0015

fendetestas_0016

fendetestas_0017

fendetestas_0018

fendetestas_0019

fendetestas_0020

fendetestas_0021

fendetestas_0022

fendetestas_0023

fendetestas_0024

fendetestas_0025

fendetestas_0026

fendetestas_0027

fendetestas_0028

fendetestas_0029

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2014/15

O Mobles Eume logrou o título oficioso de campión de inverno da liga de fútbol de veteranos de As Pontes ó vencer na novena xornada de liga a La Galaxia por 2-0.

O conxunto mobleiro ten unha cómoda vantaxe de nove puntos sobre o segundo clasificado, Bar Xardín. Despois da derradeira xornada da primeira volta, pecha a clasificación o equipo de MMYPEM cun só punto.

Logo do parón de Nadal reiniciase a competición na segunda fin de semana de xaneiro coa disputa da décima xornada de liga, primeira da segunda volta.

RESULTADOS 9ª XORNADA

Electricidad J&O – MMYPEM (3-0) José, Carlos e Miguel
Bar Xardín – A Cepa (6-1) Cascudo (2), Javi (2) e Mieres / Fernández
La Galaxia – M. Eume (0-2) Villa e Cendán
Farmavida – Galiorient (1-4) Tino / Cata (2), Pelu e Manolo
Descansou: As Pontes 74

RESULTADOS 8ª XORNADA

Electricidad J&O – Galiorient (1-0) David
M. Eume – Bar Xardín (2-1) Cendán (2) / Javi
Farmavida – La Galaxia (1-0) Tino
As Pontes 74 – MMYPEM (2-1) Platas (2) / Genucho
Descansou: A Cepa

CLASIFICACIÓN

1º MOBLES EUME – 30 PUNTOS
2º BAR XARDÍN – 19 PUNTOS
3º LA GALAXIA – 11 PUNTOS
4º A CEPA – 10 PUNTOS
5º AS PONTES 74 – 10 PUNTOS
6º FARMAVIDA – 9 PUNTOS
7º GALIORIENT – 9 PUNTOS
8º ELECTRICIDAD J&O – 8 PUNTOS
9º MMYPEM – 1 PUNTOS

10ª XORNADA (2ª Volta)
10/11 – Xaneiro – 2015

M. Eume – Electricidad J&O (Sáb. 10, 20,00h)
As Pontes 74 – Bar Xardín (Dom. 11, 10,00h)
MMYPEM – Farmavida (Dom. 11, 11,00h)
La Galaxia – A Cepa (Dom. 11, 12,00h)
Descansa: Galiorient

veteranos_0002

veteranos_0003

veteranos_0004

veteranos_0005

veteranos_0006

veteranos_0007

veteranos_0008

veteranos_0009

veteranos_0010

veteranos_0011

veteranos_0012

veteranos_0013

veteranos_0014

veteranos_0015

veteranos_0016

veteranos_0017

veteranos_0018

veteranos_0019

veteranos_0020

veteranos_0021

veteranos_0022

veteranos_0023

veteranos_0024

veteranos_0025

veteranos_0026

Nova cortesía de A.F.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: