CD As Pontes Feminino (AF)

CLUB DEPORTIVO AS PONTES

Con seis baixas o As Pontes recibe este domingo no Poboado ó Ribadeo, equipo que retornou á Terceira División despois de case vinte anos ausente. Un Ribadeo que está a facer unha campaña realmente extraordinaria. Ocupa a 5ª posición a dous puntos da promoción de ascenso. O cadro mariñán, no que militan catro ex do As Pontes (Kiko, Brais, Fernando e o nixeriano Dapo, que estivo no cadro pontés na División de Honra xuvenil), visita O Poboado despois de 31 anos.

Polo tanto, partido difícil para os ponteses, que contan co hándicap da calidade do equipo visitante e as numerosas baixas coas que ten que afrontar este vital partido, porque o que non sexa unha vitoria, calquera outro resultado complicaríalle, e moito, a súa situación na clasificación.

TERCEIRA DIVISIÓN (19ª xornada)
C.D. AS PONTES – RIBADEO F.C.
CAMPO DO POBOADO (Domingo 4 – 16,300 h)
ÁRBITRO: ALEJANDRO DEL RÍO AMOR (A Coruña)

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: