CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 3 – RIBADEO FC 0

O As Pontes conseguiu sacar adiante no segundo tempo o derradeiro encontro da primeira volta contra o recén ascendido Ribadeo, co mesmo resultado que se produxo a última vez que ambos conxuntos se enfrontaron, na tempada 1983-84.

Dominou máis dende o inicio o cadro azul, aínda así resaltar a gran presión e a tela de araña tecida polo equipo lucense, que non está nos postos de arriba por casualidade. Unha falta botada por Bossa era rexeitada cos puños por Kiko (4´), por certo, un dos catro ex xogadores do CD As Pontes presentes no cadro de Ribadeo, xunto a Dapo, Fernando, e Brais que hoxe non foi da partida. O propio xogador de Viveiro quere enganar ó seu paisano Kiko, picando o balón que marcha preto do escuadro (10´).

As dúas mellores ocasións locais nos primeiros 45 minutos estiveron nos pes de Chicho (14´) e Pablo Domínguez (33´), con disparos que marcharon lamendo o pau. Tamén tiveron as suas os visitantes, tiro cruzado dende fóra da área que marcha a rentes do poste (37´), e sobre todo unha perigosa contra con ata dous xogadores que quedaron sos no borde da área, e foi o ex xogador do Racing de Ferrol Rafa Casanova o que chutou, despexando milagrosamente Marcos (44´).

Pero foi tralo descanso cando puxo terra de por medio o cadro local, xa se puido adiantar cando tras un córner e un posterior remate de Iván, o balón caelle morto a Aitor pero o chut do bo central de Marín vai por riba do longueiro (46´). Posteriormente pase ó oco de Chicho, e subindo por banda dereita, dende o borde da área, o esquío de Pol Iván regatea a un defensa, amaga ó outro e ó final acaba cruzando ó segundo pau coa punteira esquerda e Kiko non consegue chegar (48´).

Ó conxunto azul puxeronselle as cousas de cara cando o capitán visitante Vilela era expulsado por unha forte entrada por detrás a Chicho (55´), do estilo da de Planas a Denis. Pase de Bossa a Chicho, que recurta, e salva Kiko co corpo (60´). Pouco despois o propio xogador ferrolán marcaba o 2-0, tras un córner botado por Bossa, que prolonga de cabeza Arias e chegando ó segundo pau Chicho cabecea a gol (61´).

Un trallazo do gladiador Nano que marcha perto do escuadro (71´), precede a dous discutibles goles anulados, un do propio pequeno gran xogador naronés (75´) e outro de Miguel (79´), para cada conxunto, un por suposto fora de xogo, outro por suposta falta.

Unha boa xogada de Criado, que remata Arias por riba do longueiro (87´), precedeu á estocada definitiva, nun xogadón do mago de Viveiro Bossa, que recupera un balón, regatea ó defensa, pica ante Kiko, o balón pega inxustamente no longueiro, pero ahí estaba coa caña preparada Arias para marcar a pracer o 3-0 definitivo (88´), facendo xustiza co eterno peleón solitario de Portomarín, para un As Pontes que acabou con 6 canteiráns sobre terreo de xogo.

Respira un pouco o cuadro local, que se sitúa 15º con 23 puntos, pero debe seguir sumando no inicio da segunda volta, pois a maioría de rivais de abaixo tamén gañaron, caso do Silva en Bertamiráns (3-4), o Laracha ante o Areas (1-0), e o gran equipo do Boiro que gañou de penalti no 94´ ó Ordes (2-1), así que os azuis so suman 3 puntos por riba do descenso.

Os máis apurados da primeira volta serían Bouzas 26, Silva 24, As Pontes 23, Boiro e Barbadás 20, Laracha 17, e xa máis desafiuzados Areas 13 e Bertamiráns 5. Partido importantísimo o vindeiro fin de semana no Poboado ante o Deportivo B, 3º con 34 puntos.

3 CD AS PONTES. Marcos, Rochela, Nano (Juan 83´), Chote, Aitor, Fidi, Iván (Criado 80´), Bossa, Arias, Chicho (Alex 66´), Pablo

0 RIBADEO FC. Kiko, Koki, Isma, Fernando, Alex, Vilela, Rafa, Andrés (Jacobo 78´), David, Santi (Miguel 78´), Javi Pérez (Dapo 59´).

Goles: 1-0, Iván González (48´), 2-0, Chicho (61´), 3-0, Sergio Arias (88´).

Árbitro: Alejandro Del Río Amor (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Pichel Castro e Castreje Ferrío. Expulsou con vermello directo a Vilela (55´), e ó delegado visitante (82´). Amarela a Chicho.

Campo e incidencias. Uns 250 espectadores, moitos visitantes, no Campo de O Poboado, en tarde fría e soleada.

aspontes-ribadeo_0002

aspontes-ribadeo_0003

aspontes-ribadeo_0004

aspontes-ribadeo_0005

aspontes-ribadeo_0006

aspontes-ribadeo_0007

aspontes-ribadeo_0008

aspontes-ribadeo_0009

aspontes-ribadeo_0010

aspontes-ribadeo_0011

aspontes-ribadeo_0012

aspontes-ribadeo_0013

aspontes-ribadeo_0014

aspontes-ribadeo_0015

aspontes-ribadeo_0016

aspontes-ribadeo_0017

aspontes-ribadeo_0018

aspontes-ribadeo_0019

aspontes-ribadeo_0020

aspontes-ribadeo_0021

aspontes-ribadeo_0022

aspontes-ribadeo_0023

aspontes-ribadeo_0024

aspontes-ribadeo_0025

aspontes-ribadeo_0026

aspontes-ribadeo_0027

aspontes-ribadeo_0028

aspontes-ribadeo_0029

aspontes-ribadeo_0030

aspontes-ribadeo_0031

aspontes-ribadeo_0032

aspontes-ribadeo_0033

aspontes-ribadeo_0034

aspontes-ribadeo_0035

aspontes-ribadeo_0036

aspontes-ribadeo_0037

aspontes-ribadeo_0038

aspontes-ribadeo_0039

aspontes-ribadeo_0040

aspontes-ribadeo_0041

aspontes-ribadeo_0042

aspontes-ribadeo_0043

aspontes-ribadeo_0044

aspontes-ribadeo_0045

aspontes-ribadeo_0046

aspontes-ribadeo_0047

aspontes-ribadeo_0048

aspontes-ribadeo_0049

aspontes-ribadeo_0050

aspontes-ribadeo_0051

aspontes-ribadeo_0052

aspontes-ribadeo_0053

aspontes-ribadeo_0054

aspontes-ribadeo_0055

aspontes-ribadeo_0056

aspontes-ribadeo_0057

aspontes-ribadeo_0058

aspontes-ribadeo_0059

aspontes-ribadeo_0060

As Pontes-Ribadeo 04-01-2015 3ª División 009_3110x2074

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes, Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: