CD As Pontes Feminino

CUMPRENSE DEZ ANOS DA PRIMEIRA CONVOCATORIA DE DAVID ROCHELA CUNHA SELECCIÓN ESPAÑOLA

Pois si amigos, hoxe hai dez anos do primeiro adestramento do pontés David Rochela Calvo cunha selección española.

Fora un 10 de Xaneiro de 2005 en Las Rozas, en Madrid. Para comezar o ano, o seleccionador español, o gran e inigualable Don Juan Santisteban, quixo probar a varios xogadores de 1989 e 1990, concretamente 30, nuns adestramentos sub16 que se levaron a cabo durante tres días.

Gran mérito de David, que fora convocado cun ano menos, sendo quince rapaces de 1989 e outros quince de 1990, e así estivo Roche xunto a Beny, Marc de Val, Víctor Muñoz, Sergi Enrich, Joanes, Berniche, Cristian, e algúns dos compañeiros cos que gañou o Europeo Sub17 dous anos e medio despois, Bojan Krkic, Fran Mérida, Nacho, Ximo, Moisés, Yelco, e Jordi Pablo, que anque definitivamente non puido ir ó Europeo por lesión, era o capitán da xeneración do 90 o de Vinaroz, non en van, é do 1 de Xaneiro, coma o prometedor Fornos.

Dos convocados hai unha década podemos ver a xogadores que hoxe en día están na Primeira División, como Dani Parejo (Valencia), Sergio Asenjo (Villarreal), Nacho Fernández (Real Madrid), Yuri Berniche (Real Sociedad), Lillo (Eibar); ou na Segunda categoría do fútbol español, como Sergi Enrich (Numancia) ou Jordi Pablo (Mirandés).

Algúns probaron fortuna no fútbol extranxeiro, como o propio David (Buriram United tailandés), Bojan Krkic (Stoke City inglés), Emilio Nsué (Middlesbrough inglés), Fran Mérida (Atlético Paranaense brasileño), Víctor Muñoz (Kansas City estadounidense), Marc de Val (Doncaster Rovers inglés), Walter Fernández (Skoda Xanthi grego), Ximo Forner (Larissa grego), Ramón Soria (Ottawa Fury canadiense) ou Jesús Coca (Sant Juliá andorrano).

Outros camiñan entre a 2ª División B e a 3ª, no mellor dos casos. Resaltar o curmán de Guti, Javi Hernández, que hoxe xoga no Burgos, despois de anotar os dous goles que lle deron ó Ourense a Copa Federación antes de desaparecer por desgracia o cadro da cidade das Burgas. O compañeiro de Rochela na zaga no Europeo sub17, o lateral dereito Moisés Jiménez, hoxe pertence ó Atlético Sanluqueño da 3ª Andaluza, despois de superar unha grave enfermidade intestinal. O gran central da xeneración do 89 Guillem Savall atópase sen equipo despois de deixar o Olot hai uns meses. Yelco Ramos, porteiro que lle facía a competencia ó mesmísimo David De Gea no Europeo sub17 tamén está sen ficha tras deixar o Puerta Bonita de Carabanchel.

Outros coma “Piojo” Hernández está na UCAM Murcia de 2ª B; Cristián Fernández, goleador do líder da Preferente asturiana, Rayo Carbayín; e Adrián Bernalte no Benidorm da Preferente valenciana.

Sen embargo, pouco máis se soubo do outro galego convocado, o dianteiro colchoneiro de Rianxo, Beny Ordoñez, coma de Dani Castillo, Marc Blasco, Einard Torrents, Samu Valdivia e Joanes Goikoetxea.

Con esta convocatoria convertíase Rochela no terceiro futbolista pontés en ser chamado a unha selección española, despois de Xoel González (1997) e Adrián López (2002). Nese mesmo ano 2005, en Marzal, era convocado Dani Carballeira, e nove anos despois Quique Fornos.

Rescatando unha entrevista que lle fixemos hai dous anos e medio dicíamos David “Foi toda unha sorpresa. Nunca na miña vida se me pasara pola cabeza pensar en chegar a ir simplemente a un adestramento coa selección española. E nunca entenderei demasiado ben que facía un rapaz de As Pontes en Madrid adestrando cos mellores xogadores de España. Foron tres días fantásticos. Ó principio sempre estás con incertidume por saber que vai a pasar, pero realmente eramos rapaces que disfrutábamos moito xogando ó fútbol”.

Amén de moitas convocatorias para adestramentos, David xogou un total de 44 partidos internacionais coas seleccións españolas, dende sub15 a sub19, dous con España sub15, once con España sub16, dezaoito con España sub17 e trece con España sub19.

Foi Campión de Europa sub17 un glorioso 13 de Maio de 2007 en Bélxica, tras gañar España na final a Inglaterra 1-0, con gol de Bojan. Meses máis tarde, un 9 de Setembro, perdeu a final do Mundial sub17 nos penaltis contra Nixeria, despois de aguantar estoicamente o poderío físico da selección africana os 120 minutos de tempo regulamentario con empate a 0-0.

Adestramentos Sub16 Xaneiro 2005.PDF

Nova cortesía Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES – RC DEPORTIVO DE A CORUÑA B (2-1)

Sensacional vitoria a conseguida na tarde de onte polo cadro local no único encontro adiantado á xornada do sábado. O cadro azul xogou o mellor encontro da tempada, aínda que quizáis o equipo máis talentoso que pasou polo Poboado, xunto co Pontevedra, foi o filial coruñés.

Nun partido no que Fornos e Cañizares non puideron ser da partida por ambas lesións, non se lle poñían as cousas moi de cara ós de Iván Rodríguez, e nun tiro dende o borde da área de Santi Taboada, o balón roza lixeiramente nun zagueiro local, e a pesar da estirada de Marcos acabaselle colando pegado ó poste (9´).

Por sorte empatou asiña o cadro azul, tras un córner botado por Bossa, rematado por Nano, que rebota nun defensa herculino, o balón queda morto, a pracer para Arias, que cabecea mal, coa sorte de que cae a pes de Chicho e o correcamiños de Ferrol marca o 1-1 (15´).

Moi clara a tivo o As Pontes pouco despois, recuperan no medio campo, nun dous para dous é Arias quen pica ante a saída do ex internacional David, este despexa, e o rexeite recolleo Bossa que dispara e saca o outro ex internacional Rober coa cabeza baixo paus (20´).

Antes do descanso a xogada polémica, un xogador do filial deportivista derriba a Arias dentro da área, con nitidez, o liña sinala penalti, para logo retrasar o balón a falta ó borde da área. Impúxose o mago de Viveiro Bossa á inxustiza, marcando de tiro suave a falta polo mesmo escuadro coa súa luva (37´). Unha boa combinación entre Chicho e Arias acaba con remate por riba do de Portomarín (45´) antes do descanso.

Saiu o Depor B a polo empate e embotellou nos primeiros minutos da reanudación ó cadro local, aínda así, boa internada de Iván, que centra, e Bossa pégalle mordida (47´). O perigoso coreano Kim, un incordio todo o partido, cabeceou ó poste (55´). Nun mal despexe da defensa deportivista caélle o balón franco a Arias, que en lugar de revolverse e tirar querella dar de tacón a Iván e o balón quedalle entre os pes (60´). Responde Pancho cun trallazo que despexa Marcos como pode (61´).

Colmo de males, ó As Pontes, que leva varias xornadas dispoñendo do titán Arias como único atacante, lesionóuselle o central Aitor, que estaba facendo unha boa labor, no 65´. Por sorte non semella nada grave, pero recompuxo Iván a defensa con Chote, Nano e Rochela, que volveu ós seus tempos de gran central, ten adn de central, e Hugo e Domínguez nos laterais, realizando toda a zaga un gran traballo de contención.

Nos últimos minutos o partido foi un correrrúas, o Depor poñendo máis mordente no ataque e os azuis aproveitando as contras, gran pase de Chicho a Arias que non acerta a rematar de cabeza (67´). Resaltar dous remates locais de Chicho (72´) e Iván (86´), que en posición franca e sen oposición tiraron lambendo o poste, e o mesmo pasou cunha cabezada de Remeseiro (80´).

Aguantou o As Pontes no desconto excesivo e sumou tres puntos vitais nunha xornada na que os seis equipos de abaixo se enfrontan entre si, así que por lóxica varios rivais directos sumarán. Pero o cadro azul suma 26 puntos antes de visitar ó Ribadumia.

2 CD As Pontes. Marcos, Rochela, Nano, Chote, Aitor (Hugo 65´), Fidi, Iván (Criado 89´), Bossa, Arias, Chicho (Alex 75´), Domínguez.

1 Deportivo B. David, Adrián, Jorge, Rober, Iago, Piette, Ángel (Pancho 56´), Santi (Mussampu 56´), Iglesias (Alex Pérez 74), Remeseiro, Kim

Goles: 0-1, Santi Taboada (9´), 1-1, Chicho (15´), 2-1, Bossa (37´).

Árbitro: Jose Luis González Sobrado (Vigo). Auxiliado nas bandas por Vázquez Martínez e Martínez Barciela. Amoestou a Jorge, Rober, Mussampu, Hugo e Bossa. Xa concluido o encontro expulsou ó canadiense Piette.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en tarde fría e nubosa. Primeiro partido da segunda volta.

aspontes-deportivo_0002

aspontes-deportivo_0003

aspontes-deportivo_0004

aspontes-deportivo_0005

aspontes-deportivo_0006

aspontes-deportivo_0007

aspontes-deportivo_0008

aspontes-deportivo_0009

aspontes-deportivo_0010

aspontes-deportivo_0011

aspontes-deportivo_0012

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO AS PONTES F.S. – CIDADE DE NARÓN FS (0-4)

Vitoria clara e contundente do Cidade de Narón diante do Esteo por 0-4 en partido da Segunda División B disputado este sábado no pavillón pontés da Fraga. Comezou ben o partido para os locais que tiveron ocasións para marcar. Sen embargo, sería o cadro visitante quen inauguraba o marcador por obra de Juve, resultado co que se chegou ó descanso. Pouco a pouco foise impoñendo o mellor xogo dos naroneses, sobre todo na segunda parte, logrando o segundo tanto de penalti. Neste segundo tempo os árbitros pitaron calquera contacto, pero sobre todo en contra dos locais, que de camiño se atoparon coas cinco faltas. Así veu o terceiro gol nun dobre penalti lanzado por Juve. No minuto 33 Christian Ayalita sentenciou o partido. Os ponteses saíron á desesperada co porteiro xogador, pero a táctica non serviu para moito e incluso os naroneses tiveron ocasións nos minutos finais para acadar unha goleada máis ampla. O Cidade de Narón rompeu así a racha de malos resultados e alzouse con tres merecidos puntos que o sitúan na zona alta da clasificación, mentres que os ponteses seguen na zona baixa da clasificación, aínda que libres do descenso. Resulta paradóxico que tralo partido foi cesado o adestrador do equipo de Narón, Jorge Rodríguez.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Héctor, Fran, Bolly, Cagi –cinco inicial- Lardin, Gerardo, Púas, Ferreiro e Tucho.

CIDADE DE NARÓN: Arrivi, Jaco, Rober, Brais, Juve –cinco inicial- Lito, Ayalita e Borja.

ÁRBITROS: Mal arbitraxe dos lugueses Pablo Fernández Becerra e Eduardo Corral Martinez. Expulsaron, por dobre amarela, ós locais Héctor e Ferreiro, e amoestaron a Pelu, Fran e Juve.

GOLES: Min 11 (0-1), Juve. Min. 24 (0-2), Jaco (penalti). Min. 26 (0-3), Juve (dobre penalti). Min 33 (0-4), Ayalita.

INCIDENCIAS: Partido da derradeira xornada da primeira volta da Segunda División B disputado no pavillón municipal da Fraga ante uns 200 espectadores.

esteo_0002

esteo_0003

esteo_0004

esteo_0005

esteo_0006

esteo_0007

esteo_0008

esteo_0009

esteo_0010

esteo_0011

esteo_0012

esteo_0013

esteo_0014

esteo_0015

esteo_0016

esteo_0017

esteo_0018

esteo_0019

esteo_0020

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 9-10-11 XANEIRO 2015

TERCEIRA DIVISIÓN
CD As Pontes – RC Deportivo B (2-1)

Importante vitoria do As Pontes ante o Deportivo B (2-1), nunha xornada crucial na que os equipos de abaixo se enfrontaban entre eles coa consecuente e lóxica suma de puntos. Así, o Laracha venceu ó Boiro (2-1), o Areas venceu en Bertamiráns (0-1), mentres que o Barbadás se impoñía ó Silva (2-1). Así as cousas, por abaixo quedarían Bergantiños con 28, Bouzas 27, As Pontes 26, Silva 24, Barbadás 23, Laracha e Boiro 20, Areas 16 e Bertamiráns 5. A semana que vén toca visitar ó Ribadumia e tentar vingar os 4 goles de Changui anotados no Poboado. Non o terá nada doado o cadro azul, pois marchan cuartos con 33 puntos, en zona de play off, e ademais levaban seis vitorias consecutivas, e no día de onte foron quen de remontar un 0-3 adverso ante o Rápido de Bouzas para acabar con empate a 3-3.

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – CD San Sadurniño (3-1)

O As Pontes B impúxose no segundo tempo ó San Sadurniño 3-1 tras chegarse ó descanso con táboas no marcador, 1-1. Comezaron adiantándose os visitantes por medio de Marco pero empatou Marcos Novo. Xa no segundo tempo perigoso tiro de Alejandro no 53´ que chapa Krikry, no 57´ tras saque de córner o balón cáelle nos pes ó gran central Ross, que con todo a favor non atina a rematar. Dous goles consecutivos, potente disparo de Samuel que despexa o porteiro visitante como pode, e na xogada posterior marca Nando (64´). No 69´, tras outro forte disparo de Samuel rexeita o gardamallas e o balón vai a pes de Casas, que marca a pracer. Dous ataques perigosos dos visitantes, nun salva Krikry cunha saída (70´) e no outro o balón rebótalle a Criado no corpo (73´). Sen tempo para máis, a tripleta de colexiados moi noviños, que tiveron unha boa actuación, puxeron fin ó partido.

Xogaron Cristian, Criado, Jandro (Toni 45´), Carlos, Ross, Juan, Brais (Casas 45´), Nando (Iván 75´), Novo (Nahúm 75´), Samu e Rubén. Nunha xornada na que empatou o Miño en Mugardos (3-3) e perdeu o Galicia de Caranza en Ares (2-0), sube o cadro de Marco Roca á segunda praza con 36 puntos, por 40 de Miño, 35 de Caranza e 34 dun Perlío que se achega ós postos de arriba con tres vitorias consecutivas. Derbi a vindeira fin de semana ante A Capela, que marcha antepenúltimo con 14 puntos.

autonomica_0001

autonomica_0002

autonomica_0003

autonomica_0004

autonomica_0005

autonomica_0006

autonomica_0007

autonomica_0008

autonomica_0009

autonomica_0010

autonomica_0011

autonomica_0012

autonomica_0013

autonomica_0014

autonomica_0015

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
CD As Pontes – CCRD Perlío (5-0)

Contundente triunfo do xuvenil, que inicia o ano con bo pé, 5-0 ó Perlío. Xogaron Ángel, Caínzos, Jorge, Moi, Jandro, Alex Cabarcos, Nahúm, Iván, Antonio, Casas, Brais Blanco e no segundo tempo saíron Alex Fernández, Rey, Brais Martínez e Iago. Dous goles de Antonio e un de Casas e os dous Brais do equipo. Escalan á cuarta praza con 9 puntos, por 13 de Narón, 12 de Portuarios que ten un encontro menos, e 11 de Numancia de Ares. A semana que vén visitan ó Val B, antepenúltimo con cinco puntos.

xuvenil_0001

xuvenil_0002

xuvenil_0003

xuvenil_0004

xuvenil_0005

xuvenil_0006

xuvenil_0007

xuvenil_0008

xuvenil_0009

xuvenil_0010

xuvenil_0011

xuvenil_0012

xuvenil_0013

xuvenil_0014

xuvenil_0015

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
SD Rápido de Neda – CD As Pontes (1-1)

Cortou a súa racha de triunfos o equipo feminino ó empatar a un gol no campo do Rápido de Neda, no inicio da segunda volta. Xogaron Paula Baamonde, Noelia Santalla, Andrea Pita, Nuria, Noelia Ameneiro, Paula Castro, Carlota, Nato, Indira, Yara, Lía e Andrea Montero. Adiantaronse as locais por medio de Vanesa pero antes do descanso empatou Lía, que voltou ó equipo. Son sextas con 26 puntos. Na vindeira xornada recibe ó Val B, que marcha quinto, tres puntos por riba.

1ª AUTONÓMICA CADETE
CCRD Perlío – CD As Pontes (1-8)

Tamén rotundo triunfo do cadro cadete, que foi quen de vencer 1-8 nos Pinares ó Perlío. Xogaron, Lino, Manuel Fernández, David, Martín, Antón, Ayrton, Alberte, Sergio, Jandro, Carlos e Josiño, saíndo na segunda parte Cazás, Alex Barro, Manuel Romero, Bruno e Adrián. Triplete de Jandro, dous de Ayrton e un de Carlos, Alberte e Josiño. Póñense quintos con dez puntos, a seis do líder Racing de Ferrol B. Descansa na vindeira xornada.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
CD As Pontes – R. San Pedro (2-3)

Caeu o infantil (2-3) ante un rival directo, o Racing San Pedro, equipo que se adiantou 0-1, remontou o cadro azul con dobrete de Dani, pero volveu poñerse por diante o cadro de Ferrol con senllos tantos antes do descanso. Xogaron Juan, Alex, Xan, Javier, Germán, Jose, Mateo, Chema, Joan, Dani e Antón, saíndo no segundo tempo Vicente, Andrea, Xavier, Antonio e Azoin. O As Pontes é quinto con 16 puntos, nunha táboa liderada polo Racing de Ferrol B con 24. Próxima visita ó Numancia de Ares, décimo con 6 puntos.

infantil_0001

infantil_0002

infantil_0003

infantil_0004

infantil_0005

infantil_0006

infantil_0007

infantil_0008

infantil_0009

infantil_0010

infantil_0011

infantil_0012

infantil_0013

LIGA PREBENXAMÍN
R. Ferrol – CD As Pontes (14-0)
CD As Pontes B – SDR Ánimas B (2-0)

O Prebenxamín A caeu contundentemente ante o líder do primeiro grupo, o R. Ferrol, por 14-0. Na vindeira xornada recibe ó Rápido de Neda. Namentres o Prebenxamín B segue líder do terceiro grupo, tras gañar 2-0 ó Animas B, con tantos de Alexander e Xalo. Comparten o liderato con 15 puntos, aínda que cun encontro menos, co Rápido de Neda B, equipo ó que visitan a vindeira xornada.

prebenxamin_0001

prebenxamin_0002

prebenxamin_0003

prebenxamin_0004

prebenxamin_0005

prebenxamin_0006

prebenxamin_0007

prebenxamin_0008

prebenxamin_0009

prebenxamin_0010

prebenxamin_0011

prebenxamin_0012

prebenxamin_0013

prebenxamin_0014

prebenxamin_0015

Nova de X.A. Ferreiro e AF

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2014/15

Houbo sorpresas na primeira xornada da segunda volta da liga de fútbol de veteranos de As Pontes despois do parón das festas de nadal e fin de ano. Salientar a primeira vitoria do colista MMYPEM sobre Farmavida; a de As Pontes 74 ante Bar Xardín, o segundo clasificado, e o empate do líder Mobles Eume ante Electricidad J&O. Vitoria de La Galaxia sobre A Cepa nunha xornada na que descansou Galiorient

RESULTADOS 10ª XORNADA 10/11 – Xaneiro – 2015

M. Eume – Electricidad J&O (2-2) Purriños e Pepe / Manolo e Marcos
As Pontes 74 – Bar Xardín (5-2) Vila (2), Paz (2) e Julio / Jorge (2)
MMYPEM – Farmavida (1-0) Luis
La Galaxia – A Cepa (2-0) Barcón e Sito
Descansou: Galiorient

CLASIFICACIÓN

1º MOBLES EUME – 25 PUNTOS
2º BAR XARDÍN – 19 PUNTOS
3º LA GALAXIA – 14 PUNTOS
4º AS PONTES 74 – 13 PUNTOS
5º A CEPA – 10 PUNTOS
6º FARMAVIDA – 9 PUNTOS
7º GALIORIENT – 9 PUNTOS
8º ELECTRICIDAD J&O – 9 PUNTOS
9º MMYPEM – 4 PUNTOS

GOLEADORES

CENDÁN (Mobles Eume) 10
IVÁN FERREIRO (Mobles Eume) 7
CASCUDO (Bar Xardín) 6

11ª XORNADA
17/18 – Xaneiro – 2015

As Pontes 74 – Electricidad J&O (Sáb. 17, 20,00h)
Bar Xardín – Galiorient (Dom. 18, 10,00h)
A Cepa – Farmavida (Dom. 18, 11,00h)
La Galaxia – MMYPEM (Dom. 18, 12,00h)
Descansa: Mobles Eume

veteranos_0001

veteranos_0002

veteranos_0003

veteranos_0004

veteranos_0005

veteranos_0006

veteranos_0007

veteranos_0008

veteranos_0009

veteranos_0010

veteranos_0011

veteranos_0012

veteranos_0013

veteranos_0014

veteranos_0015

veteranos_0016

veteranos_0017

veteranos_0018

veteranos_0019

veteranos_0020

veteranos_0021

veteranos_0022

veteranos_0023

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: