CD As Pontes Feminino

ADRIÁN LAUREDA DEIXA O FÚTBOL MOMENTÁNEAMENTE E O AS PONTES FICHA A MARCOS SOUTO

O porteiro coruñés Adrián Laureda León comunicou onte ó CD As Pontes a súa decisión de abandoar o fútbol momentáneamente polas súas continuas molestias a causa de unha artrose no pulso dunha man.

O porteiro de 31 anos xa se operou desta doenza en verán pero ó non remitir a dor vaise someter a unha nova intervención, polo que o ex xogador de Lugo, Alavés B, Racing de Ferrol, Benidorm, Gramanet, Jaén, Pontevedra e Compostela perdese o resto da tempada.

A directiva do CD As Pontes buscoulle sustituto na figura de Marcos Souto, xogador que se comprometera coa SD O Val ata final de tempada coa condición de poder marchar se lle chegaba unha oferta dun equipo de categoría superior, como é o caso.

O gardamallas cedeirés de 23 anos formouse nas categorías inferiores do Cedeira SD, estando dous anos no xuvenil da entidade pontesa, dando o salto posteriormente ó xuvenil de División de Honra do Racing de Ferrol, para logo xogar tres temporadas no Narón BP.

Tras retornar unha tempada e media ó conxunto departamental da Segunda División B, fai aproximadamente un mes comprometeuse coa SD O Val para axudar ó equipo de O Sinde a tentar manterse outro ano máis na Preferente Norte. Marcos, á súa vez, é fillo do adestrador de porteiros do CD As Pontes, o mítico Jose Souto “Momán”.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ADESTRAMENTO DE RAQUEL COA SELECCIÓN GALEGA SUB18

Boa nova tiñamos esta semana coa convocatoria de Raquel coa selección galega. A xogadora pontesa de 16 anos (cumpre 17 o vindeiro día 30), perderase a primeira fase de clasificación do Campionato de España por lesión.

Raquel, que aínda é xuvenil de primeiro ano e que esta tempada milita no Peluquería Mixta Friol, segundo clasificado da Segunda División, tras O Olivo, foi convocada xunto a outras 22 xogadoras para adestrar este luns 19 ás 19:00 horas no Campo Agro Novo de Milladoiro.

Tamén acude a súa compañeira, a medio campista Sabela, e a xogadora de O val, Vero Díaz. Na sub16 van Carmela Barro (R.Ferrol), Alba Pérez (G.Mugardos) e María Corral (Cariño). As 23 convocadas sub18 son as seguintes:
O Olivo: Sheila Fernández, Paula Domínguez, Sara Alonso, Cecilia Fernández, Raquel Porto.
Orzán SD: Nerea González, María Geremías, Cristina Revuelta
Sárdoma CF: Irina Martínez, Judith García, Fátima Area.
AD Monteforte: María Saco, Laura Correas
PM Friol: Sabela Roca, Raquel Béjar.
Victoria CF: Natalia Llames
CD Conxo: Helena Ramos
Atlético Arousana: Sara Pazos
Bértola FF: Alba Ferre
SD Villestro: Carla Falcón
SD O Val: Verónica Díaz
UD Barbadás: Marta Besada
SD Arrabaldo: Carolina Álvarez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PARTIDO DE QUIQUE FORNOS COA SELECCIÓN GALEGA

O futbolista pontés do RC Deportivo de A Coruña Enrique Fornos Domínguez xogará hoxe mércores un encontro amigable coa selección galega sub18, tras recuperarse dunha lesión de xeonllo que o tivo apartado dos terreos de xogo dende setembro.

Os 20 convocados deberán estar presentes ás 16:15 no Campo de A Madroa, onde se enfrontarán ó RC Celta de Vigo B, décimo clasificado da Segunda División B.

Ademáis de Quique tamén acuden outros internacionais coma o porteiro Iván Villar e o extremo esquerdo Brais Méndez.

 
Na sub16, que se enfrontará ó UD Santa Mariña da Liga Galega Xuvenil en Cotobade van os xogadores do Racing de Ferrol Javier Sanmartín e Antón Quindimil, e o dianteiro vilabés do Deportivo Victor Eimil.

Os 20 convocados sub18 son os seguintes:

 
RC Celta de Vigo: Brais Méndez, Iván Villar, Pape Diop, Diego Allende, Alex Ubeira
RC Deportivo A Coruña: Hugo Díaz, Enrique Fornos, Álvaro Naveira, Rodrigo Parafita
Pontevedra CF: Jose Filgueira, Iago Martínez, Ignacio Villanueva
Coruxo FC: Ángel Expósito, Francisco Monroy
Pavillón Ourense: Martín Torres, Alberto Novoa
Sárdoma CF: Diego Gabriel Pérez
ED Val Miñor: Roberto Doncel
Victoria CF: Pablo Varela
Viveiro CF: Arturo Calvo

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 16-17-18 XANEIRO 2015

TERCEIRA DIVISIÓN
CD Ribadumia – CD As Pontes (4-1)

Varapau do As Pontes, que saíu goleado do campo da Senra ante o ascendido Ribadumia, equipo que lle endosou un 8-2 nos dous encontros disputados nesta 2014-15, con 6 goles de Changui, que anotou un terzo ó cadro azul dos 18 goles que leva na liga. Complícase moito a vida o As Pontes tras caer claramente, dando unha mala imaxe, e gañar os seus rivais directos, un renovado Barbadás en Ponteareas (0-4), o Boiro ó Bertamiráns (4-1), e redondeou unha tarde aciaga o triunfo no último minuto do Laracha en Ordes (1-2). Sorte que o Arousa venceu na Coruña ó Silva (0-2) e o Somozas (1-0), en Segunda B, nada máis e nada menos que ante todo un Burgos. Non queda outra que tentar gañar a vindeira xornada ó Xuventude Sanxenxo para ter posibilidades de salvación, pois nesa mesma xornada hai un Barbadás-Boiro e un Bertamiráns-Laracha.
Pouco que comentar dun encontro que o Ribadumia xa gañaba por 3-0 ó descanso. Sergio Arias marcou no segundo tempo e o cadro de Gabi Leis pechou a goleada no desconto. Xogaron Marcos, Rochela, Hugo, Chote, Aitor, Fidi, Iván, Nano (Juan 46´), Arias, Chicho (Alex 76´) e Domínguez (Criado 66´). Os máis apurados, Ordes 29, Bergantiños 28, As Pontes e Barbadás 26, Silva 24, Laracha e Boiro 23, Areas 16 e Bertamiráns 5.

SEGUNDA AUTONÓMICA
SDC A Capela – CD As Pontes B (3-3)

No derbi nos Calzados empatou o As Pontes B co locatario A Capela (3-3), con dobrete do xoven Miguel e un de penalti do ferrolán Toni. Puxéronse dúas veces por diante os ponteses, incluso cun 0-2, pero o equipo local logrou sumar un punto na súa loita por evitar os postos de abaixo. Xogaron Rafita, Moisés, Rubén, Carlos, Ross, Cabarcos, Brais, Nando, Marcos, Toni e Miguel, saíndo Iván e Danilo no segundo tempo. Preto do final foi expulsado o central Ross. Escapase o Miño con 43 puntos, por 38 de Caranza e 37 de As Pontes. Na vindeira xornada visita do Rosalía, décimo segundo con 18 puntos.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
SD O Val B – CD As Pontes (2-5)

Triunfo do xuvenil por 2-5 no campo do Val B, co que o equipo de Mieres sitúase cuarto con 12 puntos, por 15 do líder Portuarios e 14 de Narón BP e Numancia. A vindeira xornada o As Pontes descansa. Xogaron Manuel, Caínzos, Jorge, Moi, Jandro, Alex Cabarcos, Josiño, Iván, Antonio (1), Casas (1), Brais Blanco (2) e no segundo tempo Alex Fernandez, Sergio Otero, Iago Vázquez (1) e Brais Martínez. Adiantáronse os valexos por dúas veces pero remontaron os azuis.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
CD As Pontes – SD O Val B (0-0)

Empate a cero goles no encontro feminino entre o As Pontes e O Val B. O cadro de Palotes segue de sexto con 27 puntos, mentres que lidera a clasificación o San Sadurniño con 42, seguido por R. Ferrol e Mandiá con 40 puntos. A vindeira semana visita ó Amistade de Meirás, colista e que aínda non puntuou. Xogaron polo As Pontes: Paula Baamonde, Andrea Pita, Noelia Ameneiro, Andrea Montero, Lía, Carlota, Paula Castro, Alba, Xeila, Indira, Uxía e Noelia Santalla.

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-182_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-183_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-188_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-191_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-197_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-198_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-200_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-209_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-212_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-214_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-216_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-217_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-218_3110x2074

As-Pontes-O-Val-B-17-01-2015-Feminino-219_3110x2074

1ª AUTONÓMICA CADETE
CD As Pontes (descansou)

Descansou o equipo cadete, que a semana que vén recibe, sendo quinto con 10 puntos, ó Numancia de Ares, que vai cun punto menos. Lidera a clasificación R. Ferrol B, con 19, seguido de Portuarios e Ortigueira con 16 puntos.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Numancia Ares – CD As Pontes (4-3)

Paso atrás do infantil, que perdeu 4-3 en Ares e xa queda moi descolgado dun dos dous primeiros postos. Baixa á sexta praza con 16 puntos. Gran partido entre o R. Ferrol B e o Eume Deportivo, con vitoria dos de Pontedeume por 5-6, co que os branquiazuis se colocan líderes con 25 puntos por 24 dos verdes, que, iso si, teñen un encontro menos. Precisamente o equipo ferrolán visitará o Poboado a vindeira fin de semana. Xogaron en Ares: Juan, Alex, Antonio, Javier, Germán, Xan, Mateo (1), Chema, Joan (1), Dani (1) e Jose, saíndo no segundo tempo Vicente, Antón Paz, Jorge, Antón Cillero e Brais. Adiantáronse os da terra de Marcelino con 2-0, chegaron a remontar o 2-3 os azuis, pero nos últimos cinco minutos deulle a volta o Numancia.

LIGA ALEVÍN
SD R. Neda – CD As Pontes (1-3)
CD As Pontes B – SD Barallobre (3-8)

O alevín A venceu por 1-3 en Neda e segue de líder do grupo terceiro empatado a doce puntos co Amistade de Meirás B. Na vindeira xornada recibe ó R. Ferrol B, que é cuarto. Goles de Alejandro, Xoel e Daniel. O alevín B perdeu na casa por un claro 3-8 ante o Barallobre, no grupo cuarto. Visitará na próxima xornada ó Libunca, que vai de terceiro. Os tres goles de Sergio Da Silva.

LIGA BENXAMÍN
Narón BP – CD As Pontes (6-3)
CD As Pontes B – Meirás CF  (4-6)

O benxamín A perdeu en Narón (6-3) ante o líder do grupo primeiro, Narón BP. Sétimo con tres puntos a semana que vén visita ó Galicia de Mugardos, noveno cun punto. Goles de Sergio, Antón e Iago. No duelo de equipos sen puntuar, no grupo terceiro, perdeu o benxamín B por 4-6 ante o Meirás. O vindeiro sábado recibe ó R. Ferrol B, que é segundo. Tres goles de Diego Purriños e un do seu irmán Ángel.

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-010_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-012_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-023_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-027_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-029_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-036_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-037_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-048_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-052_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-057_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-058_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-077_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-081_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-090_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-094_3110x2074

As-Pontes-B-Meirás-17-01-2015-BB-104_3110x2074

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes – SD R. Neda (0-2)
SD R. Neda B – CD As Pontes B (2-2)

O prebenxamín A perdeu 0-2 co Neda A no primeiro grupo. Na vindeira xornada visitará ó Caranza, terceiro. Pola súa banda, no grupo terceiro, o prebenxamín B empatou a dous goles co R. Neda B, que sumado ó triunfo do Narón BP ante o Maniños, 8-0, fai que os tres equipos sumen 16 puntos, por 14 do R. Ferrol C, equipo que visitará o Poboado o vindeiro sábado. Goles de Xalo e Nicolás para un As Pontes que se adiantou por dúas veces, pero que ó final conseguiu empatar o Rápido de Neda.

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-113_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-114_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-117_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-119_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-123_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-124_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-125_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-128_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-130_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-131_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-140_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-145_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-152_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-154_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-155_3110x2074

As-Pontes-R.-Neda-17-01-2015-PBA-160_3110x2074

Nova de XA Ferreiro e AF

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2014/15

A décimo primeira xornada da competición de fútbol de veteranos pontesa saldouse coas vitorias de As Pontes 74 e Bar Xardín, triunfos que entran na lóxica da liga. Salientar a vitoria da Cepa sobre Farmavida, equipo que semella ir a menos, e o meritorio quinto punto de MMYPEM, logo de empatar ante La Galaxia no derradeiro partido da xornada. Segue liderando a clasificación Mobles Eume.

RESULTADOS 11ª XORNADA 17/18 – Xaneiro – 2015

As Pontes 74 – Electricidad J&O (4-1) Paz (2), Platas e Óscar Cepa / Fran
Bar Xardín – Galiorient (3-1) Jorge (2) e Javi / Tomás
A Cepa – Farmavida (2-1) Jose (2) / Rafa Peña
La Galaxia – MMYPEM (0-0) Descansou: Mobles Eume

CLASIFICACIÓN

1º MUEBLES EUME – 25 PUNTOS
2º BAR XARDÍN – 22 PUNTOS
3º AS PONTES 74 – 16 PUNTOS
4º LA GALAXIA – 14 PUNTOS
5º A CEPA – 13 PUNTOS
6º FARMAVIDA – 9 PUNTOS
7º GALIORIENT – 9 PUNTOS
8º ELECTRICIDAD J&O – 9 PUNTOS
9º MMYPEM – 5 PUNTOS

GOLEADORES

CASCUDO (Bar Xardín) 11
CENDÁN (M. Eume) 10
FRANCÉS (A Cepa) 7
IVÁN FERREIRO (Mobles Eume) 7
JAVI (Bar Xardín) 6

veteranos_0002

veteranos_0003

veteranos_0004

veteranos_0005

veteranos_0006

veteranos_0007

veteranos_0008

veteranos_0009

veteranos_0010

veteranos_0011

veteranos_0012

veteranos_0013

veteranos_0014

veteranos_0015

veteranos_0016

veteranos_0017

veteranos_0018

veteranos_0019

veteranos_0020

veteranos_0021

veteranos_0022

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: